imprimir

Jose María Calatayud Sánchez con DI 18164080 Z e enderezo para os efectos de notificación nos locais que a CIG ocupa no pazo de María Pita, na miña calidade de Secretario da Sección Sindical da CIG no concello da Coruña

DIGO:

Que o pasado día 28 de decembro (LIGAZÓN) publicouse no BOP da Coruña unha modificación da Oferta de Emprego Público para o ano 2018 acompañadas dun anexo das prazas a ofertar.

Que contra estas bases, mediante este escrito, ao amparo do disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións Públicas, dentro do prazo legal de un mes formulo potestativamente RECURSO DE REPOSICIÓN.

FUNDAMENTOS.

I COMPETENCIA.- En canto á competencia, é competente o órgano ao que teña o honor de dirixirme por ser o mesmo que ditou as bases que agora se impugnan, tal e como dispón o artigo 123.1 da Lei  39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas

II LEXITIMACION-  Ostento plena lexitimación para interpoñer o presente recurso. Os sindicatos desempeñan, tanto polo recoñecemento expreso da Constitución (artigos 7 e 28)como por obra dos tratados internacionais subscritos por España na materia ( por todos, Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais. Artigo 8 e artigo 5, parte II Carta Social Europea, unha función xenérica de representación e defensa dos intereses dos traballadores que, como xa sostivo a doutrina constitucional, non descansa só no vinculo da afiliación, senón na propia natureza sindical do grupo).

III PROCEDEMENTO.- En canto a formalidades procedimentais, o presente recurso cumpre cos requisitos que esixen expresamente os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións Públicas.

IV

Que o pasado día 28 de decembro publicouse no BOP da Coruña unha modificación da Oferta de Emprego Público para o ano 2018 acompañadas dun anexo das prazas a ofertar.

Que descoñecemos si esta OPE esta informada polo Secretario do Concello polo que solicitamos que se nos dé traslado ou vista do dito INFORME.

Que na ampliación da OPE 2018 no proceso de estabilización aparecen encadrados no subgrupo C1 as seguintes prazas de DELINEANTE e ANIMADOR/A DE CENTROS CÍVICOS.

Que na totalidade dos postos da RPT do Concello da Coruña das prazas mencionadas teñen como requisito específico as seguintes titulacións:

Que segundo o ANEXO I: CÓDIGOS DE TÍTULOS ACADÉMICOS das Normas de Xestión da Relación de Postos de Traballo, as titulacións que na RPT son requisito específico para Delineantes, Xefatura de Delineación e Animadores Centros Cívicos corresponden únicamente a TITULACIÓNS SUPERIORES DE FORMACIÓN PROFESIONAL encadradas no GRUPO B.

Que o EBEP no seu artigo número 76 dí: “ Grupo B. Para o acceso aos corpos ou escalas do Grupo B exixirá estar en posesión do título de Técnico Superior.”

Polo anteriormente exposto

SOLICITO:

Que , tralos tramites legais oportunos, se dite resolución pola que se declaren contrarios a dereito as prazas de DELINEANTE e ANIMADOR/A CENTROS CÍVICOS encadradas no subgrupo C1 e que éstas sexan ofertadas no grupo B.

 

A Coruña, 14 de xaneiro de 2019

 

Ao coidado da concelleira delegada de Persoal do Concello da Coruña

Categoría: INICIO
Visitas: 2660