José María Calatayud Sánchez co DI 18164080z e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña 

MANIFESTA:

Que o pasado 2 agosto de 2018 o Concello da Coruña fixo unha consulta a Función Pública de Galicia en relación a si estes postos que figuran barrados C1/ RPT dende o 31 de agosto de 2017, poden ser reclasificados ou se é necesario o sistema de promoción interna para cambio de grupo.

Que case 6 meses despois dista consulta,  o goberno municipal manifesta que non ten resposta dende a  Dirección Xeral de Función Pública.

Que se acordou por unanimidade en MXN que a primeira opción para o paso ao grupo B é a reclasificación no caso de existir un aval xurídico no ámbito galego.

Que actualmente están en marcha tres procesos de promoción interna para o grupo B.

Que o Consello Consultivo de Galicia podería emitir un ditame xurídico ao respecto.

Que é urxente coñecer se a reclasificación é unha opción xurídica viable

SOLICITAMOS:

  • Que que se faga unha consulta ao CONSELLO CONSULTIVO DE GALICIA atendendo ás seguintes consideracións:

CONSULTA RECLASIFICACIÓN GRUPO B                       

Ao abeiro do establecido nos artigos 14.3 e 21 da Lei 3/2014, do 20 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, por medio do presente escrito solicito do Órgano que Vd. preside informe facultativo sobre a cuestión que se concreta deseguido, e que ten a ver coa reclasificación no grupo B do persoal que ocupa prazas da subescala de técnicos auxiliares da Escala de Administración Especial, clasificados actualmente no grupo C1 no cadro de persoal do Concello da Coruña, ao que se lle esixiu para o ingreso o título de Técnico Especialista, segundo os antecedentes de feito e xurídicos que se recollen de seguido:

1.- ANTECEDENTES DE FEITO:

No cadro de persoal do Concello de Coruña, existen  prazas de técnicos en informática  de delineantes, de deseñadores e animadores centros cívicos para as que se indica como titulación requirida para o ingreso os Títulos de Técnico Especialista Formación profesional 2º grao ou equivalente, respectivamente.

As prazas están clasificadas dentro da Escala de Administración Especial,  subescala técnica e clase de técnicos auxiliares, e encadradas actualmente no grupo C1.

Algunha das ditas prazas atópase na actualidade vacante ou cuberta interinamente, e está incluída na oferta de emprego público para o 2018, sen que foran aprobadas ata agora as bases específicas para a súa provisión mediante o preceptivo proceso selectivo.

Igualmente, debido á acumulación de tarefas ou para desenvolver programas específicos, o Concello ten necesidade de contratar temporalmente persoal destas cualificacións, ao que se lle debe requirir os Títulos de Técnico Especialista en informática ou delineación, e aplicarlles as retribucións correspondentes ao grupo.

Ao mesmo tempo, algunha das prazas están na actualidade ocupadas por persoal próximo á idade de xubilación, que en breve xerarán vacantes, que deberán ser provistas e encadradas no grupo que corresponda ao abeiro da lexislación básica. 

Compre sinalar que na modificación da Relación de Posto de Traballo publicada no BOP número 165 do pasado 31 de agosto de 2017, os postos que corresponden cas devanditas prazas, foron abertos ao grupo B.

Con data 2 de agosto de 2018 remitiuse dende o Concello da Coruña unha consulta a Función Pública en relación si estos postos que figuran barrados C1/ RPT dende o 31 de agosto de 2017, poden ser reclasificados ou se é necesario o sistema de promoción interna para cambio de grupo. Esta consulta non foi contestada a día de hoxe.

2.- ANTECEDENTES XURÍDICOS:

Para os efectos da clasificación profesional deste persoal, a lexislación básica estatal e a propia da Comunidade Autónoma de Galicia establecen o seguinte:

Artigo 76 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público

“Grupos de clasificación profesional del personal funcionario de carrera.

Los cuerpos y escalas se clasifican, de acuerdo con la titulación exigida para el acceso a los mismos, en los siguientes grupos:

Grupo A: Dividido en dos Subgrupos, A1 y A2.

Para el acceso a los cuerpos o escalas de este Grupo se exigirá estar en posesión del título universitario de Grado. En aquellos supuestos en los que la ley exija otro título universitario será éste el que se tenga en cuenta.

La clasificación de los cuerpos y escalas en cada Subgrupo estará en función del nivel de responsabilidad de las funciones a desempeñar y de las características de las pruebas de acceso.

Grupo B. Para el acceso a los cuerpos o escalas del Grupo B se exigirá estar en posesión del título de Técnico Superior.

Grupo C. Dividido en dos Subgrupos, C1 y C2, según la titulación exigida para el ingreso.

C1: Título de Bachiller o Técnico.

C2: Título de Graduado en Educación Secundaria Obligatoria.”

Artigo 131. Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local.

  1. Las subescalas, clases y categorías quedarán agrupadas conforme a la legislación básica del Estado en los grupos que esta determine, de acuerdo con la titulación exigida para su ingreso

Disposición transitoria terceira do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público:

Entrada en vigor de la nueva clasificación profesional.

  1. Hasta tanto no se generalice la implantación de los nuevos títulos universitarios a que se refiere el artículo 76, para el acceso a la función pública seguirán siendo válidos los títulos universitarios oficiales vigentes a la entrada en vigor de este Estatuto.
  2. Transitoriamente, los Grupos de clasificación existentes a la entrada en vigor de la Ley 7/2007, de 12 de abril, se integrarán en los Grupos de clasificación profesional de funcionarios previstos en el artículo 76, de acuerdo con las siguientes equivalencias:

Grupo A: Subgrupo A1.

Grupo B: Subgrupo A2.

Grupo C: Subgrupo C1.

Grupo D: Subgrupo C2.

Grupo E: Agrupaciones Profesionales a que hace referencia la disposición adicional sexta.

Artigo 42 da LEI 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Grupos de clasificación dos corpos e escalas do persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

Os corpos e as escalas do persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia clasifícanse nos seguintes grupos e subgrupos, consonte a titulación exixida para o acceso a eles:

  1. a) Grupo A. Para o acceso a este grupo é necesario estar en posesión do título universitario oficial de grao, agás nos supostos en que unha norma con rango de lei exixa outro título universitario oficial.

Subgrupo A1. Pertencen a este subgrupo o corpo superior de Administración xeral e o corpo facultativo superior de Administración especial.

Subgrupo A2. Pertencen a este subgrupo o corpo de xestión de Administración xeral e o corpo facultativo de grao medio de Administración especial.

  1. b) Grupo B. Para o acceso a este grupo é necesario estar en posesión do título de técnico superior. Pertence a este grupo o corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial.
  2. c) Grupo C:

Subgrupo C1. Para o acceso a este subgrupo é necesario estar en posesión do título de bacharel ou técnico. Pertencen a este subgrupo o corpo administrativo de Administración xeral e o corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial.

- Subgrupo C2. Para o acceso a este subgrupo é necesario estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria. Pertencen a este subgrupo o corpo auxiliar de Administración xeral e o corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial.

Artigos 243 e 244 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

Artigo 243:

  1. Os funcionarios de carreira da Administración local que non teñan habilitación de carácter nacional integraranse nas escalas de administración xeral e administración especial de cada Corporación, que quedarán agrupadas, conforme o disposto na lexislación básica do Estado sobre función pública, nos grupos que esta determine, de acordo coa titulación esixida para o seu ingreso.
  2. A escala de administración xeral subdivídese nas subescalas seguintes: a) Técnica. b) Xestión. c) Administrativa. d) Auxiliar. e) Subalterno.

A escala de administración especial subdivídese nas subescalas seguintes:

  1. a) Técnica.
  2. b) Servicios especiais.

Artigo 244:

Correspóndelle a cada Corporación local determina–los corpos, as escalas, as prazas e as categorías dos seus funcionarios, que se agruparán de acordo cos grupos de titulación establecidos pola lexislación básica estatal.

Para os efectos da entrada en vigor da nova clasificación profesional establecida no EBEP, a disposición transitoria terceira da propia Lei establece:

“Disposición transitoria tercera.- Entrada en vigor de la nueva clasificación profesional

1.- Hasta tanto no se generalice la implantación de los nuevos títulos universitarios a que se refiere el artículo 76, para el acceso a la función pública seguirán siendo válidos los títulos universitarios oficiales vigentes a la entrada en vigor de este Estatuto. 

A respecto dos novos títulos de F.P. A Disposición Adicional Primeira da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, dispón:

“O Goberno, previa consulta coas Comunidades Autónomas , aprobará o calendario de aplicación desta Lei, que terá un ámbito temporal de cinco anos, a partir da entrada en vigor da mesma.”

Neste sentido, o artigo 18.2 Real Decreto 2/2006, de 30 de xuño, polo que se establece o calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo, dispón que “A implantación das titulacións correspondentes aos estudios de Formación Profesional e dos respectivos novos currículums comenzará no ano académico 2007/2008 e deberá completarse dentro do prazo de aplicación da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

 

No ámbito da Comunidade Autónoma Galega, esta previsión do EBEP xa foi recollida na Lei 2/2015, do 29 de abril, do Emprego Público de Galicia, que define entre os corpos da Administración Especial o seguinte:

Artígo 41.3.- Son corpos de Administración especial os seguintes:

  1. a) O corpo facultativo superior. Intégrase neste corpo o persoal funcionario seleccionado para ocupar postos que teñan atribuída a realización de actividades profesionais para o desempeño das cales se precise unha titulación do mesmo nivel académico que o requirido para o acceso ao corpo superior de Administración xeral.
  2. b) O corpo facultativo de grao medio. Intégrase neste corpo o persoal funcionario seleccionado para ocupar postos que teñan atribuídas funcións profesionais para o desempeño das cales se requira unha titulación do mesmo nivel académico que o requirido para o acceso ao corpo de xestión de Administración xeral.
  3. c) O corpo de técnicos de carácter facultativo. Intégrase neste corpo o persoal funcionario seleccionado para ocupar postos que teñan atribuídas funcións técnicas para o desempeño das cales se requira unha titulación de técnico superior.
  4. d) O corpo de axudantes de carácter facultativo. Intégrase neste corpo o persoal funcionario seleccionado para ocupar postos que teñan atribuídas funcións de execución, colaboración e apoio aos corpos facultativos de grao superior e medio, no exercicio da súa titulación académica ou profesión.
  5. e) O corpo de auxiliares de carácter técnico. Intégrase neste corpo o persoal funcionario seleccionado para ocupar postos que teñan atribuídas funcións correspondentes ao seu nivel de titulación que non teñan carácter xeral ou común.

A Disposición adicional quinta da Lei 2/2015, establece:

Equivalencia de titulacións a efectos do acceso aos corpos e escalas do persoal funcionario dos subgrupos de clasificación profesional A1, A2 y do grupo B:

  1. Poden acceder aos corpos e escalas de persoal funcionario do grupo de clasificación profesional B as persoas que estean en posesión da titulación de técnico especialista ou equivalente.

Para máis abondamento, a Disposición Adicional Oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do Emprego Público de Galicia, crea a Escala Técnica de delineantes, encadrada no grupo B, e declárase a extinguir a Escala de delineantes do corpo de axudantes de carácter facultativo. Na Comunidade Autónoma tamén existe xa a Escala Técnica de Sistemas e Informática encadrada no grupo B. E no mesmo senso, a Disposición Adicional Novena da Lei 2/2015, do 29 de abril, do Emprego Público de Galicia, declarou a extinguir as escalas existentes con anterioridade:

Disposición adicional novena. Escalas e especialidades dos corpos de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

  1. Decláranse «a extinguir» as seguintes escalas dos corpos de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia:
  2. a) A escala de delineantes do corpo de axudantes de carácter facultativo.
  3. b) A escala de axentes facultativos ambientais do corpo de axudantes de carácter facultativo.
  4. c) A escala de axentes forestais do corpo de auxiliares de carácter técnico.

 

Para os efectos da homologación das titulacións de Formación Profesional, compre remitirse ao artigo 10 do RD 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo.

“Artículo 10. Efectos académicos y profesionales del título de Técnico Especialista

El título de Técnico Especialista en la correspondiente especialidad tiene los mismos efectos académicos y profesionales que el título de Técnico superior, tal como se indica en el anexo III, según lo preceptuado en la disposición adicional cuarta, apartado 4, de la Ley Orgánica de Ordenación General del Sistema Educativo.”

Á vista do establecido no artigo 76 da Lei 7/2007 do EBEP, sobre a clasificación no novo grupo B dos técnicos superiores de Formación Profesional e tendo en conta que o artigo 10 de RD 777/1998 de 30 de abril establece que o título de Técnico Especialista na correspondente especialidade ten os mesmos efectos académicos e profesionais que o título de Técnico Superior, establecidos na disposición adicional cuarta apartado catro da LOGSE.

Parece obvio, á vista da lexislación citada, que as condicións establecidas pola Disposición transitoria terceira do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público,

cúmprense sobradamente, ao estar hoxe plenamente implantadas as novas titulacións ás que fai referencia a propia Lei.

 

3.- FUNDAMENTACIÓN DA PETICIÓN DO INFORME:

A Lei 3/2014, do 20 de abril, do Consello Consultiva de Galicia, establece:

Artigo 14. Propostas e informes.

3.- Así mesmo, as persoas titulares da presidencia das entidades locais poderán solicitar do Consello Consultivo de Galicia a emisión de informes sobre cuestións concretas de especial transcendencia para a Comunidade Autónoma de Galicia. Para istos efectos, entenderase que unha cuestión reviste especial transcendencia para a Comunidade Autónoma de Galicia nos seguintes casos:

 

  1. a) Cando apareza referida a normas cuxa aplicación ao caso ou cuxa interpretación na súa aplicación ao mesmo resulte dubidosa.
  2. b) Cando trascenda do caso concreto porque presente unha cuestión xurídica de relevante e xeral repercusión económica ou social.
  3. c) Cuando hubiese sido resuelta por distintas administraciones públicas de Galicia con criterios jurídicos contradictorios.

Artigo 21. Sección de Estudios e Informes.

Compételle, así mesmo, a realización dos informes que a persoa titular da Presidencia da Xunta de Galicia e as persoas titulares da presidencia das entidades locais soliciten.

No caso das entidades locais, na solicitude de informe deberá expoñerse con claridade e precisión a cuestión concreta sobre a que verse a dita solicitude e a xustificación da súa posible consideración como de especial transcendencia para a Comunidade Autónoma de Galicia, con invocación expresa do suposto previsto no artigo 14.3 que se considere de aplicación. A solicitude deberá ir acompañada da documentación que lle sirva de fundamento.

A xuízo deste Concello, as cuestións formuladas na presente solicitude de informe facultativo cumpren os requisitos establecidos pola Lei 3/2014 do CCG:

Por unha banda, a solicitude de ditame refírese á aplicación de normas cuxa aplicación resulta dubidosa. Para máis abondamento, agárdase que o ditame do CCG aporte claridade á pretensión de integrar aparentes contradicións entre a aplicación da normativa estatal ou autonómica.

Complementariamente, tamén consideramos que a consulta pode ter transcendencia e repercusión noutras administracións locais galegas (Concellos e Deputacións), que inclúen nos seus respectivos cadros de persoal prazas de persoal funcionario de carreira ao que se lle esixiu para o ingreso a titulación de Formación Profesional de 2º Grao ou equivalente, pendentes de clasificación definitiva no novo grupo B definido polo artigo 76 do EBEP, o que lle confire á consulta relevancia económica e social no conxunto do territorio da Comunidade Autónoma Galega.

4.- CONCRECIÓN DO DITAME SOLICITADO:

Co obxecto de resolver as dúbidas expostas, sométense a informe facultativo dese CCG, a seguinte cuestión:

Determinar si é posible legalmente que  aquelas prazas abertas na Relación de Posto de Traballo ao grupo B nas especialidades nas que existen prazas no cadro de persoal para as que se esixiron para o acceso a titulación de Técnicos Especialistas, Técnicos Superiores de Formación profesional ou equivalentes, resulta axustado a dereito adscribir directamente, na nova subescala, clase e grupo, aos postos ocupados polo persoal que se axuste aos requisitos indicados, aplicando ás persoas que desempeñan os ditos postos os efectos retributivos correspondentes, con efectos da aprobación definitiva da dita modificación da RPT.

  • Que no caso de ser atendida positivamente, se suspendan os procesos en marcha de promoción interna para o grupo B e se integre ao persoal que cumpra os requisitos directamente neste grupo.

A Coruña a  18  de xaneiro de 2019

SR. ALCALDE DO CONCELLO DA CORUÑA