José María Calatayud Sánchez co DI 18164080z e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña 

MANIFESTA:

Que o pasado 4 de xaneiro a Xefatura da Policía Local publicou (INST XEF. 01/2019) unha convocatoria interna de asignación preferente na que se incluían dúas prazas de Policía para a realización de tarefas de MACEIROS para cubrir vacantes por futura xubilación anticipada pero que esta foi anulada debido a escritos de discordia.

Que o pasado 24 de xaneiro solicitamos que se nos achegara os escritos de discordia para poder valorar se esta anulación pode ser ou non axustada a dereito.

Que o 30 de xaneiro recibimos unha comunicación do Xefe accidental da Policía Local na que se afirma que son facultades propias discrecionais da auto organización do Corpo sen ningún tipo de obriga legal:

  • Que unha das posibles vacantes deixoru de serla porque un dos policías que realiza esas tarefas aínda que inicialmente manifestou que se acollía á xubilación anticipada xa neste mes de xaneiro agora manifesta que ata finais do ano non se xubilará.
  • Que se recibiron varios escritos de discrepancia coa convocatoria respecto a que se constrinxisee tan só á categoría de policía.

Que na comunicación engade que esta decisión é materia incuestionable da propia auto organización do Corpo.

Que nas funcións propias que ten a Policía Local non consta as do destino do que estamos a falar, polo tanto non serviría o argumento de necesidades de servizo.

Que actualmente a provisión de destinos no Corpo da Policía Local da Coruña son obxecto de negociación para adecualas aos principios de Igualdade, Mérito e Capacidade e que o criterio que se está manexando é de utilizar o mesmo método que a provisión de postos de traballo, co mesmo procedemento 

Que a presentación de escritos de “discordia” non xustifica a anulación de ningún tipo de procedemento, xa que isto nos levaría a que calquera en calquera momento paralizase un procedemento co único argumento da súa falta de conformidade, o que suporía un autentico esperpento e a negación da practica totalidade da lexislación administrativa vixente.

Deberíaselle recordar ao Xefe Accidental da Policía Local que incluso os procedementos de auto organización dentro das administración públicas cando afectan as condicións de traballo, as retribucións o a calquera das materias recollidas no artigo 37.1 do EBEP, son de negociación obrigada tal como determina o apartado 2a do mencionado artigo.

Polo anteriormente exposto:

SOLICITO:

Que se nos achegue a xustificación coa súa base legal para a anulación desta convocatoria.

E REITERO

Que se nos achegue os escritos de discordia para poder valorar se esta anulación pode ser ou non axustada a dereito.

A Coruña a  31  de xaneiro de 2019

SR. ALCALDE DO CONCELLO DA CORUÑA