Jose María Calatayud Sánchez con DI 18164080 Z e enderezo para os efectos de notificación nos locais que a CIG ocupa no pazo de María Pita, na miña calidade de Secretario da Sección Sindical da CIG no concello da Coruña

DIGO:

Que o pasado día 28 de decembro publicouse no BOP da Coruña unha modificación da Oferta de Emprego Público para o ano 2018 acompañadas dun anexo das prazas a ofertar.

Que contra estas bases, mediante este escrito, ao amparo do disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións Públicas, dentro do prazo legal de un mes formulo potestativamente RECURSO DE REPOSICIÓN.

FUNDAMENTOS.

I COMPETENCIA.- En canto á competencia, é competente o órgano ao que teña o honor de dirixirme por ser o mesmo que ditou as bases que agora se impugnan, tal e como dispón o artigo 123.1 da Lei  39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas

II LEXITIMACION-  Ostento plena lexitimación para interpoñer o presente recurso. Os sindicatos desempeñan, tanto polo recoñecemento expreso da Constitución (artigos 7 e 28)como por obra dos tratados internacionais subscritos por España na materia ( por todos, Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais. Artigo 8 e artigo 5, parte II Carta Social Europea, unha función xenérica de representación e defensa dos intereses dos traballadores que, como xa sostivo a doutrina constitucional, non descansa só no vinculo da afiliación, senón na propia natureza sindical do grupo).

III PROCEDEMENTO.- En canto a formalidades procedimentais, o presente recurso cumpre cos requisitos que esixen expresamente os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións Públicas.

IV

Que o pasado día 13 de febreiro publicaronse no BOP da Coruña as Bases de convocatoria para a provisión por concurso específico de 14 postos de traballo da Xefaturas de Servizo en:

  1. EMPREGO E EMPRESA código posto 200 OCUPADO EN ADSCRIPICIÓN PROVISIONAL
  2. CONTRATACIÓN código posto 258 OCUPADO EN ADSCRIPICIÓN PROVISIONAL
  3. BIBLIOTECAS código posto 393 VACANTE
  4. MEDIO AMBIENTE código posto 1115 OCUPADO EN ADSCRIPICIÓN PROVISIONAL
  5. IGUALDADE E DIVERSIDADE código posto 1500 OCUPADO EN ADSCRIPCIÓN PROVISIONAL
  6. MUSEOS CIENTÍFICOS código posto 478 OCUPADO EN COMISIÓN DE SERVIZOS
  7. INTERVENCIÓN URBANÍSTICA E DISCIPLINA URBANÍSTICA código posto 1580 OCUPADO EN COMISIÓN DE SERVIZOS
  8. MOVILIDADE URBANA código posto 1697 OCUPADO ADSCRIPCIÓN PROVISIONAL
  9. INTERIOR E ATENCIÓN CIDADÁ código posto 1940 OCUPADO EN COMISIÓN DE SERVIZOS
  10. EDIFICACIÓN código posto 1911 OCUPADO EN COMISIÓN DE SERVIZOS
  11. INNOVACIÓN E DESENVOLVEMENTO TECONOLÓXICO código posto 2118 VACANTE dende o 31/12/2018
  12. XESTIÓN TRIBUTARIA código posto 72 VACANTE dende o 31/12/2018
  13. REHABILITACIÓN E VIVENDA código posto 1551 OCUPADO EN COMISIÓN DE SERVIZOS
  14. INFORMÁTICA código posto 2088 VACANTE dende o 31/12/2018

Asemade publicaronse nas datas que consta a continuación as Bases de convocatorias para a provisión de postos polo sistema de  LIBRE DESIGNACIÓN das seguintes xefaturas de servizo:

  1. ORZAMENTOS E ESTUDOS ECONÓMICOS código posto 72, publicadas o 31 de xaneiro no DOG
  2. INFRAESTRUCTURAS código posto 1795, publicadas o 31 de xaneiro no DOG
  3. ACCIÓN SOCIAL código posto 1451, publicadas o día 7 de febreiro no BOP da Coruña

Porén existen 6 postos de xefatura de servizo que non foron convocados nin por CONCURSO ESPECÍFICO nin por LIBRE DESIGNACIÓN e que están nas seguintes situacións administrativas:

  1. PERSONAL código posto 169 OCUPADO EN COMISIÓN DE SERVIZOS, forma de provisión LD
  2. PLANEAMENTO E XESTIÓN DO SO código posto 1630 OCUPADO EN COMISIÓN DE SERVIZOS, forma de provisión LD
  3. CULTURA código posto 282 OCUPADO EN COMISIÓN DE SERVIZOS, forma de provisión CE
  4. EDUCACIÓN código posto 1320 OCUPADO EN COMISIÓN DE SERVIZOS, forma de provisión CE
  5. XUSTIZA SOCIAL código posto 1372 OCUPADO EN COMISIÓN DE SERVIZOS, forma de provisión CE
  6. PARTICIPACIÓN CIUD. E INNOV. código posto 1922 OCUPADO EN COMISIÓN DE SERVIZOS, forma de provisión CE

Das xefaturas de servizo non convocadas mencionadas con anterioridade, os números de código de posto 169, 1630, 1320 e 1372, están sendo ocupados en situación manifestamente ilegal, por exceder o tempo máximo que permite a lexislación vixente para ocupar un posto de traballo en comisión de servizo.

Tendo en conta que prácticamente a totalidade dos que ocupan agora un posto de xefatura de servizo estarían obrigados a participar no proceso, o feito de non convocar todas no mesmo tempo, podería conculcar o principio de igualdade xa que unha vez resolta esta convocatoria quedaría moi retrinxido o persoal que poidese acudir a este último proceso de selección para xefatura de servizo.

 

 

En canto ao BAREMO  do concurso de méritos:

  • No punto 5.1 , deberíase eliminar do primeiro parágrafo todo o que vai despois de 20 puntos, os méritos dun concurso non deben ser eliminatorios como si se tratase dunha oposición.
  • No subapartado, 5.1.1.1, a antigüidade debería ser valorada en función do grupo de titulación ou de clasificación do persoal laboral.
  • No apartado 5.1.3 VALORACIÓN TRABALLO DESENVOLVIDO, este apartado podería eliminarse si se acepta o recollido na alegación do anterior punto, en todo caso, o segundo parágrafo non ten ningún sentido xa que sempre estariamos falando de postos de A1.
  • No subapartado 5.1.4.2 este punto debería ser eliminado, non se deben valorar títulos non oficiais.
  • No subapartado 5.1.4.4. non se debería valorar ningunha titulación académica que non teña relación co posto de traballo.
  • No subapartado 5.2.1.1.no punto 3 habería que introducir na segunda liña no medio de destino inferior a palabra igual ou quedando de nivel de complemento de destino igual ou inferior ao 24.

Polo anteriormente exposto

SOLICITO:

Que se teña por presentado este recurso de REPOSICIÓN e tralos tramites legais oportunos, se dite resolución para convocar o resto dos postos vacantes de xefatura de servizo que estén orzamentadas vacantes na Relación de Postos de Traballo do concello da Coruña

 

A Coruña, 18 de febreiro de 2019

 Ao coidado da concelleira delegada de Persoal do Concello da Coruña