A Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña a sentenza 145/2019 e ante a importancia que lle outorga a citada sentenza o goberno municipal temos que manifestar :

AS ALEGRIAS DALGUNHAS NAS DEMORAS

Que o fallo do TSXG ratifica a anulación das comisións de servizo de máis de 2 anos, polo tanto, as comisións de servizo que se atopan nesta circunstancia seguen sendo absolutamente ilegais, e non entendemos como alguén se pode alegrar de que o TSXG ratifique a ilegalidade dunha parte da xestión do goberno municipal.

OS TEMPOS ADMINISTRATIVOS

Que as comisións de servizo superiores a 2 anos continúan sendo ilegais, polo que a vinculación que fai a Concelleira de Persoal con esta sentenza, só pode ter que ver ca rapidez demandada pola sentenza na execución do CONCURSO, esperemos que a súa alegría non veña dada porque ao desaparecer inicialmente esta premura  podan dilatar “sine die” a finalización da provisión de postos a través do citado CONCURSO

OS COMPLICES NECESARIOS

A  Concelleira non se cansa de repetir que a CIG é a única que non asinou o acordo das BASES DO CONCURSO e polo tanto tampouco a listaxe de postos obxecto de convocatoria. A día de hoxe os tres sindicatos asinantes, recoñeceron nun comunicado conxunto en 16 de novembro de 2018 (LIGAZÓN) que eran partidarios do concurso único, pero que aprobaron a proposta actual polo “BEN XERAL”  e pola posibilidade de que non se levase a cabo. Na última mesa xeral de negociación celebrada o venres 22 de marzo, un destes tres sindicatos posicionouse en contra de que no ACORDO MARCO,   no apartado de B)  PROVISIÓN DE POSTOS DE TRABALLO, figurasen as bases por eles aprobadas o 27 de abril de 2018.

Se estas organizacións sindicais mostrasen a firmeza necesaria na defensa dos intereses xerais do persoal municipal, como manifestan na defensa dalgún colectivo concreto, tanto a regularización das comisións de servizo, coma a provisión de postos de traballo xa levarían tempo rematados e regularizados e non atoparnos a  menos de 60 días do final do mandato ca metade dos concursos sen resolver.

AS VALORACIÓNS XUDICIAIS

Ao respecto da valoración que a CIG fai da citada sentenza, temos que dicir que cáusanos estupor o xuízo de valor que fai a poñente desta sentenza no relativo aos motivos que levaron á CIG a interpoñer a demanda, baseada ademais en inexactitudes en canto aos tempos nos que se produciron os feitos, en ningún caso foi a CIG quen estivo a remolque do goberno municipal, todo o contrario, cada actuación que estivo realizando o goberno municipal cara á execución do concurso, ven precedida por unha actuación da CIG como demostramos na cronoloxía dos feitos (LIGAZÓN) publicada xa fai 4 meses.