José María Calatayud Sánchez co DI 18164080Z e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña

MANIFESTA

1. Que na comisión de Facenda e Administración do Concello da Coruña de 3 de abril de 2018, acordou: “Primeiro.-Delegar na Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galiza a competencia relativa á convocatoria e desenvolvemento do proceso selectivo para o accesos á categoría de policía no Corpo da Policía Local do Concello da Coruña( quenda libre e por mobilidade), segundo as necesidades que lle comunique o Concello da Coruña na forma e prazos establecidos no convenio tipo de delegación e na normativa de aplicación e polo tempo de vixencia deste convenio.”

2. Que na Oferta pública de emprego do ano 2017 entre outras inclúense 5 prazas de Policía Local das que dúas delas deben ser cubertas polo sistema de mobilidade.

3. Que na Oferta pública de emprego 2018 inclúense 8 prazas de mobilidade.

4. Nos consta, que a día de hoxe non se lle enviou requirimento algún á Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)

5. Que temos coñecemento que proximamente a AGASP iniciará un concurso de mobilidade.

6. Que é sabido e notorio a falta de dotación de efectivos no Corpo da Policía Local da Coruña.

7. Que o proceso de cobertura por mobilidade resulta o máis rápido e económico, recordar que son policías xa formados.

SOLICITA

Que se nos informe da motivación que induciu a non tramitar a cobertura das vacantes reservadas para o sistema de mobilidade das OPE de 2017 e 2018, máximo tendo en conta que a día de hoxe xa foi resolta a parte da quenda libre da oferta de policías do ano 2017.

 

A Coruña 16 de abril de 2019

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DA CORUÑA