imprimir

Jose María Calatayud Sánchez con DI xxxxxxx e enderezo para os efectos de notificación nos locais que a CIG ocupa no pazo de María Pita, na miña calidade de Secretario da Sección Sindical da CIG no concello da Coruña

DIGO:

Que o pasado día 29 de maio publicouse no BOP da Coruña unha as bases dunha convocatoria de 1 praza de Técnico/a de Apoio Social, CE 9/16. Subgrupo A2, nivel 20 e pertencente á escala especial.

Que contra estas bases, mediante este escrito, ao amparo do disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións Públicas, dentro do prazo legal de un mes formulo potestativamente RECURSO DE REPOSICIÓN.

FUNDAMENTOS.

I COMPETENCIA.- En canto á competencia, é competente o órgano ao que teña o honor de dirixirme por ser o mesmo que ditou as bases que agora se impugnan, tal e como dispón o artigo 123.1 da Lei  39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas

II LEXITIMACION-  Ostento plena lexitimación para interpoñer o presente recurso. Os sindicatos desempeñan, tanto polo recoñecemento expreso da Constitución (artigos 7 e 28)como por obra dos tratados internacionais subscritos por España na materia ( por todos, Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais. Artigo 8 e artigo 5, parte II Carta Social Europea, unha función xenérica de representación e defensa dos intereses dos traballadores que, como xa sostivo a doutrina constitucional, non descansa só no vinculo da afiliación, senón na propia natureza sindical do grupo).

III PROCEDEMENTO.- En canto a formalidades procedimentais, o presente recurso cumpre cos requisitos que esixen expresamente os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións Públicas.

Que  en xullo de 2017 publicaronse unhas bases, tamén para unha praza de Técnio de Apoio Social (C.E. 3/16), que foron recorridas no xulgado por non ter como requisito a formación específica de educación social e traballo social, o resultado desta demanda foi unha sentenza en novembro de 2017 206/2017 que dicía:

Que debo estimar el recurso administrativo interpuesto por Confederación intersindical Galega-CIG contra Ayuntamiento de A Coruña representado por la letrada del Ayuntamiento de A Coruña sobre personal declaro la nulidad de la resolución recurrida en concreto la base tercera A) de la convocatoria recurrida al requerir titulación genérica para su acceso y no titulaciones especificas –que según el Plan Bolonia- estarían vinculadas al ámbito social al estar cualificada la plaza convocada de administración especial en la RPT.

Que a pesar da mencionada sentenza, estas novas bases de Técnico/a de Apoio Social, CE 9/16. en canto aos requisitos esixidos di: a) TITULACIÓN: Estar en posesión dalgunha das titulacións de grao universitario pertencentes a rama das ciencias sociais e xurídicas do Plan Bolonia que figuran na táboa do Anexo I, ou diplomatura universitaria dalgunha das titulacións que figuran na táboa do Anexo II.

Que segundo a sentenza habería que eliminar a exixencia das titulacións da rama xurídica e a táboa do Anexo I que non gardan ningún tipo de relación co ámbito social, como exemplos Gastronomía, Xeografía, Banca, Xestión Hostelera, Loxística e Negocios Marítimos.

Polo anteriormente exposto

SOLICITO:

Que se teña por presentado este recurso de REPOSICIÓN contra as bases de convocatoria de unha praza de Técnico/a de Apoio Social, CE 9/16 para que se elimine o ANEXO 1, se corrixan as titulacións requeridas e se circunscriban exclusivamente ao ámbito social.

A Coruña, 4 de xuño de 2019

Ao coidado da concelleira delegada de Persoal do Concello da Coruña

Categoría: INICIO
Visitas: 2201