imprimir

José María Calatayud Sánchez co DI XXXXX e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña 

MANIFESTA:

Que se nos informa de que se están nomeando postos  en comisión de servizo sen que esteen resoltos os concurso pendentes.

Que con independencia de que algunhas comisións de servizo poderían estar motivadas por urxencia e necesidade, debería terse en conta, para a súa cobertura, a sentenza da Sala contencioso-administrativa do Tribunal Supremo de 24 de xuño de 2019  (rec.1594/2017), co fin de ofertalas mediante convocatoria pública e así evitar a discrecionalidade e o ocultismo co que se nomearon a maioría das comisións de servizo neste concello.

Polo anteriormente exposto:

SOLICITO:

Que se nos informe que postos foron nomeados en comisión de servizo e quen os ocupa. 

A Coruña a  8  de agosto de 2019

SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA

Categoría: INICIO
Visitas: 577