Jose María Calatayud Sánchez con DI xxxxx e enderezo para os efectos de notificación nos locais que a CIG ocupa no pazo de María Pita, na miña calidade de Secretario da Sección Sindical da CIG no concello da Coruña

DIGO:

  1. Que o pasado día 26 de novembro publicouse no  portal web municipal na sección de selección de personal, unha convocatoria para a cobertura temporal dun posto de Técnico/a de Apoio a Dirección de Economía e Facenda coa referencia número 71.
  2. Que este posto foi creado coa condición de “a extinguir”, porque se crearon única e exclusivamente para darlle cobertura aos habilitados/as nacionais que foron removidos do seu posto de xefatura de servizo en cumprimento dunha sentenza xudicial.
  3. A condición de a extinguir, execútase de dúas maneiras: Por decisión organizativa da propia administración ou por devenir este posto vacante por calquera circunstancia.
  4. Cumbrir un posto vacante coa consideración de a extinguir, ainda que sexa de maneira temporal, significa, ao noso entender, que se incumple a condición imposta na RPT, xa que si este posto resulta tan necesario, sería preciso eliminar das observacións, esta consideración de a extinguir.

Que contra este proceso de cobertura, ao amparo do disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións Públicas, dentro do prazo legal de un mes formulo potestativamente RECURSO DE REPOSICIÓN e SOLICITO:

Que se teña por presentado e tralos tramites legais oportunos, se dite resolución anulando esta convocatoria e que se proceda na primeira modificación que se produza na RPT en vigor, á supresión de todas as prazas vacantes que na RPT figuren os postos a extinguir.

A Coruña, 29 de novembro de 2019

SRA ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA