NO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 4 DE DEC. DE 2019:

Aprobáronse unha serie de modificacións na RPT, coma o do: barrado en grupos superiores no servizo do SEIS (reivindicación histórica da CIG), unha serie de erros materiais en canto a duplicidade de FR (advertido pola CIG en mesas de negociación) e algunhas cuestións  de tramite para executar sentenzas ou corrixir erros, pero  dentro desta suposta corrección de erros inclúen...

Unha modificación das NORMAS DE XESTIÓN  que traerá como consecuencia que AS/OS CONSERXES DE COLEXIOS VEXAN REDUCIDAS AS SÚAS RETRIBUCIÓNS ENTRE 125 E 140€ MENSUAIS.

Vamos a tratar de explicalo porque non é doado de entender:

  1. Antes do 2017 dicía sobre Incompatibilidades entre retribucións.- “ Os elementos retributivos de especial dedicación (ED) e a Dispoñibilidade (DP) son incompatibles coa percepción de gratificacións por servizos extraordinarios e horas extraordinarias.(non menciona para nada nin a JP nin a FN)”
  2. Acompañando a modificación da RPT do ano 2017 publicáronse as Normas de Xestión , que en principio non tiñan que levar cambios, con modificacións do artigo 52 de incompatibilidades retributivas: A especial dedicación (ED) e a dispoñibilidade (DP) son incompatibles entre si e ambas son incompatibles cos elementos retributivos de xornada partida (JP) e festivo e nocturno (FN).” Esta modificación  non se aplicou nas retribucións dos postos afectados porque só quen a enviou a publicar tiña coñecemento deste cambio. 
  3. Na proposta de texto das NORMAS DE XESTIÓN para o 2019 non só non se corrixe esta “anomalía” senón que se reitera disfrazada de corrección de erros, todo isto sen aplicala na nova RPT, onde se sigue compatibilizando a DP coa JP FN. Nesta nova redacción non se corrixe a modificación “anómala” do 2017, se non que se mantén ca inclusión da incompatibilidade cos servizos extraordinarios.
  4. Diante destes feitos a CIG fixo a seguinte ALEGACIÓN LIGAZÓN que foi desetimada...

DESESTIMACIÓN ALEGACIÓNS DA CIG

A alegación da CIG foi desestimada en base ao seguinte: Desestimar a alegación presentada en base as seguintes consideracións: as funcións e criterios que determinaron a valoración destes postos de traballo non variaron con respecto á valoración inicial que determinou as características, nivel e complemento específico deste posto; en segundo lugar, por parte dos alegante non acredítase a asunción de novas funcións ou responsabilidades que motiven esta petición, se non que se basean nunha referencia a outros  postos de traballo que non concreta e que por tanto, non ten ningún tipo de interrelación nin en canto a funcións, formación, competencia ou responsabilidades. Por tanto, non existe identidade funcional das tarefas e funcións dos postos de traballo citados, no sentido establecido na Sentenza da Sala 3ª do Tribunal Supremo de 18/11/2003, que fixa doutrina legal: para que prospere unha reclamación desta natureza non basta coa coincidencia de denominación entre uns postos e outros, senón que é imprescindible que se acredite a identidade funcional entre someter a contraste, xa que a inclusión na relación de postos de traballo de varios postos coa mesma denominación, pero con diferente nivel de complemento de destino e contía do complemento específico, non implica necesariamente que non poida existir diferenza entre eles no que fai a algúns aspectos do seu contido funcional e ás condicións particulares que legalmente permiten o recoñecemento do complemento en cuestión.

Como podedes comprobar non ten nada que ver a motivación da desestimación, coa petición feita na alegación, nós falamos de normas de xestión e contestan sobre retribución de diferentes postos. (Pregunta: tes fame? Resposta: fai calor?).

A MAIORES DE TODO ISTO FALEMOS DOUTRA SOLICITUDE DA CIG QUE NON FOI ATENDIDA

A raíz da sentenza  dunha demanda presentada pola UGT (e que non solo non foi recorrida polo Concello se non que se allanou nos postos aceptados, estivo dacordo), na que se lle recoñecía AP1 a uns postos determinados, dende a CIG fixemos unha solicitude para que se aplicara a outros  postos cas mesmas características, porque ao noso entender cumprian os fundamentos de dereitos mencionados na sentenza. Nos informes da aprobación de modificación de RPT 2019, nin fan mención á nosa petición LIGAZÓN da que xa informamos en maio.

CONSIDERACIÓNS FINAIS

Este tipo de actitudes non son novas e ten moito que ver coa desestimación sistemática das alegacións de calquera tipo presentadas por este sindicato ou traballadores/as con parecidas inquietudes. Unha vez máis mantense o esperpento porque, ao noso entender, quen ten que solucionalo mira máis a cara de quen presenta as alegacións que a sustancia destas.