Jose María Calatayud Sánchez con DI 18164080 Z e enderezo para os efectos de notificación nos locais que a CIG ocupa no pazo de María Pita, na miña calidade de Secretario da Sección Sindical da CIG no concello da Coruña

DIGO:

Que o pasado día 26 de xuño publicáronse no BOP da Coruña as bases para a provisión de postos de traballo por Concurso Ordinario do concello da Coruña, convocatoria 1/2018 acompañadas dun anexo cos postos a ofertar.

Que contra estas bases, mediante este escrito, ao amparo do disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións Públicas, dentro do prazo legal de un mes formulo potestativamente RECURSO DE REPOSICIÓN

FUNDAMENTOS.

I COMPETENCIA.- En canto á competencia, é competente o órgano ao que teña o honor de dirixirme por ser o mesmo que ditou as bases que agora se impugnan, tal e como dispón o artigo 123.1 da Lei  39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas

II LEXITIMACION-  Ostento plena lexitimación para interpoñer o presente recurso. Os sindicatos desempeñan, tanto polo recoñecemento expreso da Constitución (artigos 7 e 28)como por obra dos tratados internacionais subscritos por España na materia ( por todos, Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais. Artigo 8 e artigo 5, parte II Carta Social Europea, unha función xenérica de representación e defensa dos intereses dos traballadores que, como xa sostivo a doutrina constitucional, non descansa só no vinculo da afiliación, senón na propia natureza sindical do grupo).

III PROCEDEMENTO.- En canto a formalidades procedimentais, o presente recurso cumpre cos requisitos que esixen expresamente os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións Públicas.

IV

  1. Descoñecemos si estas bases estan informadas polo Secretario/a do Concello polo que solicitamos que se nos de traslado ou vista do dito INFORME.
  2. O apartado 5.3 das Bases da Convocatoria so permite a valoración de dous niveis por encima do nivel do posto ao que se opta, ao non ter en conta aos candidatos que superen esa marxe se lles estaría discriminando ao non ter en conta a totalidade da súa carreira profesional para os efectos do concurso

5.3 – Grao persoal consolidado. O grao persoal consolidado valorarase en relación co nivel dos postos aos que se opta ata un máximo de 4 puntos do seguinte xeito: Nivel do grao persoal consolidado en relación co do posto ao que se opta Puntos Superior en dous niveis 4,00 Superior nun nivel 3,34 Igual 2,68 Inferior nun nivel 2,02 Inferior en dous niveis 1,36.

  1. O apartado 5.4 das Bases da Convocatoria equipara aos Colexios Profesionais e as Administracións Públicas para os efectos de homologación de cursos de formación cando a Lei 11/2001 de 18 de setembro, de Colexios Profesionais da Comunidade Autónoma de Galiza no seu artigo 9, que determina as súas, funcións non lle recoñece esa competencia nesta materia, exclusivamente no apartado j) fala de organizar actividades dirixidas á formación e perfeccionamento dos seus colexiados. Non debemos esquecer que esta mesma lei no sei artigo 3 exime de colexiarse para o exercicio das súas funcións aos profesionais ao servizo das Administracións Públicas

5.4 Cursos de formación e perfeccionamento.. Todos os cursos deberán ser impartidos por organismos oficiais ou homologados polas Administracións Públicas e Colexios Profesionais. Terán esta consideración os cursos organizados polo Concello da Coruña, os recibidos na EGAP, no INAP, Servizos de Prevención e Mutuas ou noutros centros oficiais de calquera administración pública, así como os homologados pola EGAP e os impartidos por organizacións sindicais e empresariais dentro dos programas de formación continua e outros organismos públicos. 5.4.2 Por cada título propio (master ou outro título de especialización) directamente relacionados

 

  1. O apartado 5.4.4 da bases ao valorar calquera tipo de titulación académica distinta á requirida para o ingreso no corpo dende o que se concurse é contraria ao recollido no artigo 44, 18 a) do Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Ingreso do Persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado e de Provisión de Postos de Traballo e Promoción Profesional dos Funcionarios Civís da Administración Xeral do Estado que di que so poderán valorarse os méritos específicos adecuados ás características de cada posto que se determinen nas respectivas convocatorias. Asemade, naqueles postos barrados a dous grupos de titulación, podería suceder que houbera dous candidatos, un de cada grupo de titulación, coa mesma titulación académica, a do grupo superior, que suporía un mérito a valorar só ao que concursa dende o grupo inferior, o que é manifestamente discriminatorio.

5.4.4 Titulacións académicas. Valorarase a titulación académica ou master oficial sempre que sexa distinta á requirida para o ingreso no corpo desde o que se concurse e sexa de igual ou superior nivel académico

  1. Non saen a concurso os postos que a continuación se relacionan, todos eles cubertos nestes momentos ou en adscrición provisional ou en comisión de servizo a excepción o posto co CÓD 1895 que está vacante, o que impedira que os que estean en adscrición provisional que están obrigados a concursar non o podan facer ao posto que están desempeñando e que os que están en comisión de servizo non teñan a obriga de facelo para seguir neles ao impedir que se podan prover de xeito definitivo.

 

servizo

Cod.un.orga

Unidad Org

Ref. Pto

Pto. Trabajo

grupo

nivel

escala

Pr. Es. Ec.

SH0000

Presup. y Est. Eco.

98

J. Unidad

 

A2/C1

22

AG

Gest. Trib.

GT3200

Gest. Tributos

113-114-115

J. Unidad

 

A2/C1

22

AG

Gest. Trib.

GT3200

Gest. Tributos

123-125

Astte. Admón.

 

C1/C2

18

AG

Gest. Trib.

GT5000

Inf. y Reg. Franja

159

Admvo. At. Tribut.

C1

20

AG

Emp. y Empr.

PS2200

Ap. Admvo. PS

225

Aux. At. Ciud.

 

C1/C2

16

AG

Contrat.

CT1000

Contratos

265

Administrativo

 

C1

20

AG

Deportes

DJ1100

Gest. Admva. DJ

449   

Aux. At. Ciud.

C1/C2

16

AG

Deportes

DJ1100

Gest. Admva. DJ

463    

Aux. At. Ciud.

C2

14

AG

M. Amb.

MA5000

Inspeccion MA

1201

 J. Unidad

A2/C1

22

AE

M. Amb.

MA5000

Inspeccion MA

1215

 Of. Inspec. MA

C2

14

AG/AE

Int. Gral.

IG1300

Ap. J. Serv. IG

1231

J. Unidad

 

A2/C1

22

AG

Int. Gral.

IG1400

Gestion admva

1235

Administrativo

 

C1

20

AG

Int. Gral.

IG1400

Gestion admva

1238

Astte. Admon.

 

C1/C2

18

AG

Tes. Gral.

TG1000

Recaudacion

1270-1271

Administrativo

 

C1

20

AG

Tes. Gral.

TG3000

Ap. Admvo. TG

1305

Administrativo

 

C1

20

AG

Educac.

ED0000

Educacion

1328

Astte. Admon.

 

C1/C2

18

AG

Justicia Soc.

SS1200

Gest. Admva. SS

1430

Administrativo

 

C1

20

AG

Justicia Soc.

SS1200

Gest. Admva. SS

1432

Astte. Admon.

 

C1/C2

18

AG

Igualdad

IG1100

Ap. Admvo IG

1524

Aux. At. Ciud.

 

C2

14

AG

Rh. y Viv.

RV0000

Rehab. y Vivienda

1552

Astte. Admon.

 

C1/C2

18

AG

I. Ed. D. Urb.

UR4300

Disciplina Urb.

1610

J. Unidad

 

A2/C1

22

AG

Mov. Urb.

MU4000

Ap. Admvo. MU

1750

J. Unidad

 

A2/C1

22

AG

Infraest.

IE7000

Vía Pub. y Patrim.

1882

Engdo. Gral. V. Pub.

C1

20

AE

Infraest.

IE9000

Delineacion IE

1895

J. Delineación

B/C1

20

AE

Int. y At. Ciud.

IT2210

Atención Ciudadana

1949

J. Unidad

 

A2/C1

22

AG

Int. y At. Ciud.

IT2500

Ap. Admvo. IT

2077

Of. Admvo

 

C1/C2

16

AG

                           

 

Polo anteriormente exposto

SOLICITO:

Que , tralos tramites legais oportunos, se dite resolución pola que se declaren contrarios a dereito e se anulen os apartados 5.3 e 5.4.4 das bases de convocatoria, se corrixa o apartado 5.4 no que se refire aos colexios profesionais e se inclúan nesta convocatoria os postos recollidos no punto 5 deste recurso.

A Coruña, 5 de xullo de 2018

 

Ao coidado da concelleira delegada de Persoal do Concello da Coruña

Premendo AQUÍ podedes atopar a contestación recibida o 4 de xullo de 2018.

Dende a  sección sindical da CIG no concello da Coruña e para saír ao paso das informacións ,claramente interesadas, que se transmiten por algúns sindicatos sobre o acontecido no pleno da xunta de persoal, do pasado martes 23 de xullo, temos que manifestar o seguinte:

  1. O punto da orde do día obxecto da discordia titulábase, de xeito literal:” Declaración de apoio o Servizo da Policía Local pola actuación da Insumisa”, e foi proposto pola CSIF
  2. O Presidente da Xunta de Persoal e responsable do sindicato que achegou a proposta fixo unha explicación do escrito que se pretendía facer cargando especialmente as tintas sobre as declaracións da concelleira do BNG.
  3. Nós dixemos que tal como o presentaban non podiamos apoialo por que o Servizo da Policía Local non so comprende os membros do Corpo actuantes senón que tamén á Xefatura do Corpo ,ao Director da Area de Seguridade e a concelleira responsable. Manifestamos que os policías actuantes non foron responsables do resultado da actuación e a noso desexo da pronta recuperación dos feridos. Nos non podemos avalar a actuación dos cargos mencionados con anterioridade por que os consideramos responsables dos feitos acaecidos en base ao seguinte: A concelleira dispuxo que se fixera un desaloxo “Amable” para evitar enfrontamentos cos okupas e, en base a iso , o Director da Area e o Xefe da Policía deseñaron un operativo en base a criterios políticos e non técnicos, falto de material antidisturbios, escaso de efectivos e con policías que souberon a onde e a que  ían  cando chegaron ao lugar. Non se tivo en conta en absoluto que ao redor do movemento okupa  móvense unha serie de colectivos, cualificados como perigosos, que soen presentarse nestas situacións co único obxectivo de xerar violencia, como así manifestou o Presidente da Xunta de Persoal. Dende po noso punto de vista o deseño deste operativo puxo en risco innecesario aos policías actuantes e incluso aos propios manifestantes ao non dotar ao operativo da capacidade disuasoria adecuada para evitar ter que actuar de forma represora en defensa da legalidade. Por outra parte expuxemos que non considerabamos lóxico que se esixira mais responsabilidade a quen fai valoracións de feitos producidos, esteamos de acordo ou non, que aos responsables de que eses feitos se produzan.  En concordancia co exposto nos propuxemos que o escrito se redactara cos seguintes termos: manifestar que non considerabamos responsables do desenvolvemento do operativo aos integrantes do mesmo, solicitude de  dimisión dos responsables mencionados con anterioridade e que se solicitara a quen tivera feito declaracións, que falseando a verdade, atentaran contra a imaxe dos policías actuantes pedira desculpas públicas. Esta proposta non poido ser votada por oposición do resto dos sindicatos e por que , segundo o Secretario da Xunta de Persoal non se axustaba ao literal do punto da orde do día.

É unha magoa que outra vez mais os sindicatos CSIF, UGT e CCOO, que por certo non estaba ninguén deste último sindicato con dereito a voto presente no Pleno da Xunta de Persoal, valoren tan pouco a dignidade e a seguridade dos policías que din defender, 83 € neste caso

PRESENTADO NA FISCALÍA O 8 DE XUÑO DE 2018

Ao coidado do Responsable da FISCALIA PROVINCIAL DA CORUÑA

José María Calatayud Sánchez con D.I. 18164080-z e enderezo, para os efectos de notificación, nos locais sindicais que a C.I.G. ten no Concello da Coruña, con número de teléfono xxxxxxx na súa condición de secretario da sección sindical da CIG.

MANIFESTA:

Que no Concello da Coruña estase a utilizar o sistema de provisión de postos de traballo en COMISIÓN DE SERVIZOS, con carácter habitual, nalgúns casos vulnerando a legalidade vixente por superar o prazo máximo legalmente establecido de dous anos. Este feito non se realiza de xeito inconsciente, xa que tamén é certo, que nalgúns casos se comunica o fin da comisión de servizo por superar o prazo máximo de dous anos.

Noutros supostos, cunha clara intención, ao noso xuízo, de cometer un evidente fraude de lei para obviar o prazo máximo de permanencia, se lles comunica o cese e se volve a nomear ao día seguinte no mesmo posto e na mesma condición de comisión de servizos.

 Achegamos documentación xustificativa do manifestado con anterioridade para que podan valorar adecuadamente se os feitos relatados podan ser constitutivos de delito e actuar en consecuencia.

Informámoslle así mesmo, que temos presentada unha demanda no tribunal do contencioso administrativo por estes mesmos feitos.

Información sobre o ACORDO ESTATAL cos sindicatos CC.OO., UGT e CSIF

 

Nova publicada na WEB AVANTAR sobre a rolda de prensa do 25 de maio de 2018

 

José María Calatayud Sánchez con D.I. 18164080-z e enderezo, para os efectos de notificación, nos locais sindicais que a C.I.G. ten no Concello da Coruña, na súa condición de Delegado de Prevención.

COMUNICA:

Que no día de hoxe recibín unha queixa telefónica das traballadoras do servizo de recadación da Franxa, polo ruído ocasionado por un martelo pneumático que estaba a traballar ao carón das fiestras da oficina.

Postos en contacto coa técnica de prevención, esta manifesta que é unha empresa privada e que non pode facer absolutamente nada, deixando as traballadoras afectadas nunha situación de indefensión.

Un feito parecido a este, ocorreu fai uns días nas oficinas do padrón municipal pola execución dunha obra do propio concello.

Postos en contacto coa responsable municipal da obra, esta manifesta que lle enviemos por correo a nosa queixa e que tomará as medidas oportunas para evitar esta situación. 

Polo anteriormente exposto:

SOLICITO:

 Que se lle comunique a todos os servizos municipais que contraten obras, que sexan susceptibles de entorpecer a actividade normal das oficinas públicas ou xerar molestias ao persoal municipal, que fagan costar nas cláusulas do propio contrato que as obras deberan realizarse fora da xornada de atención ao público 

A Coruña, 23 de maio de  2018.

ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DA CORUÑA

 

 José María Calatayud Sánchez con D.I. 18164080-Z  e enderezo, para os efectos de notificación, nos locais sindicais que a C.I.G. ten no Concello da Coruña, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG.

 

MANIFESTA:

 

Que despois de ter recibido as propostas de bases que a continuación se relacionan:  OFICIAL DE CEMITERIOS C.E. X/17, TÉCNICO MEDIO DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL( E.T. DE OBRAS PÚBLICAS)  C.E. 16, TÉCNICO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL C.E. 4/2016, TÉCNICO SUPERIOR DE ECONOMIA C.E. X/2017, ARQUITECTO C.E. /16, TECNICO MEDIO DE RECURSOS HUMANOS C.E. /17 TECNICA MEDIA DE RECURSOS HUMANOS C.E. /17

Despois de examinalas coa debida atención non podemos evitar facer as seguintes

ALEGACIÓNS:

XENÉRICAS:

  1. Determínase como nivel mínimo de coñecemento do lingua galega o Celga IV para tódalas prazas ofertadas con independencia do grupo de titulación e dos cometidos que teñen que desenvolver. O lugar onde se ten que determinar o nivel de coñecemento da lingua adecuado ao posto é na RPT e non nunhas bases de convocatoria específica.
  2. O nivel de coñecemento da lingua non pode ser determinado polo tribunal na proba a realizar para quen non teña o Celga IV, deberá adecuarse ao nivel do Celga requirido como requisito para ser equiparable e non resultar discriminatorio.
  3. Tratar o manexo de aplicacións informáticas como un mérito e non como un requisito e incluílo dentro da fase de oposición podería traer como consecuencia que accedera á praza en cuestión alguén con nivel cero de coñecementos nesta materia. Os coñecementos do uso de aplicacións informáticas ou forman parte dos méritos na fase de concurso ou deberían demostrase dentro da proba practica da fase de oposición. En todo caso na fase de oposición non debe haber exercicios non eliminatorios.
  4. Debería eliminarse de tódolos textos a frase: “ O tribunal determinará o nivel de coñecementos esixidos para alcanzar a puntuación mínima”, esta xa ven suficientemente determinada na aplicación das bases e a aplicación de criterios distintos en cada proba podería alterar o resultado final e a ponderación do peso determinado nas bases para cada unha delas ao impedir que, alguén que matematicamente superara o 50 % dunha proba, ao ser este limite elevado polo tribunal, non puidera acceder á seguinte ou impedira que se puidera computar a fase de concurso.

ESPECÍFICAS:

OFICIAL DE CEMITERIOS C.E. X/17

  1. No apartado a) da fase de concurso na xustificación dos méritos non se ten en conta nin a diversidade de RPT nas diferentes administracións locais, nin a escandalosa falta destas en moitos concellos pequenos, nin a multiplicidade de tarefas que se lle encomendan ao persoal laboral ao servizo destas, o que fai que moitas veces non coincidan o denominación dos postos coas tarefas descritas no punto 2 destas bases.

Para solucionar este inconveniente e aproveitando que nas bases veñen descritas as funcións do posto obxecto da convocatoria, debería de admitirse como xustificante da experiencia profesional, ademais do determinado no apartado 8.1, a), certificación de ter desenvolvidas as tarefas que están descritas no apartado 2 destas bases. De non aceptarse esta alegación non se valoraría na súa xusta medida  o traballo realizado por algúns axudantes do cemiterio que para compensar a falta de oficiais están executando esta labor de xeito voluntario, enviándolles unha mensaxe bastante negativa.  

  1. Na descrición do posto realizada no punto 2, dotación económica, figuran como requisitos específicos titulacións técnicas que non están na RPT en vigor, en concreto 4301-02, 4306. Débense eliminar.

TÉCNICO MEDIO DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL( E.T. DE OBRAS PÚBLICAS)  C.E. 16

A denominación do posto e a titulación requirida non se axusta ao recollido na RPT, o posto se denomina Técnico Medio de Mobilidade e os requisitos de titulación son 4301-02; 4306. Débese adecuar a titulación requirida e a denominación do posto ao recollido na RPT vixente.

TÉCNICO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL C.E. 4/2016

Valorase como mérito o coñecemento doutras linguas distintas ás oficiais da Comunidade Autónoma de Galiza. Consideramos que esta formación non ten relación co posto de traballo obxecto da convocatoria. Se fose necesario ter coñecementos de linguas estranxeiras deberían formar parte dos requisitos do posto. Deberíase eliminar o coñecemento de linguas estranxeiras dos méritos do concurso.

TÉCNICO SUPERIOR DE ECONOMIA C.E. X/2017.

  1. O posto de traballo vinculado a esta praza non está previsto para ser un posto de acceso por iso ten nivel de CD 24 e esta aberta a AG/AE. A cobertura deste posto debe ser por provisión e non por acceso.
  2. Se piden requisitos de titulación e nivel do idioma inglés que non constan na descrición do posto na RPT, estanse utilizando unhas bases especificas para modificar os requisitos dun posto de traballo, os requisitos para o desempeño deste posto de traballo non poden ser distintos dos recollidos na descrición que figura na RPT vixente.
  3. Valorase como mérito o coñecemento doutras linguas distintas ás oficiais da Comunidade Autónoma de Galiza pero ao contrario que nas bases de Técnico Superior de A.E. so se valora o nivel C e se esquece do nivel B, isto pode ser un erro inducido por facer do nivel B2 de inglés un requisito e non un mérito. Neste suposto ao ser o posto ligado a praza o de T.Sup. Prox. Europeos si consideramos que os idiomas teñen que ver co posto de traballo pero so se deberían valorar os idiomas  propios dos países que forman parte da  Unión Europea.
  4. No apartado 7.2 fala de catro exercicios e son 

 

TECNICA MEDIA DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL (TECNICA MEDIA DE INCLUSIÓN SOCIAL) C.E./16.

A este respecto so mencionar a sentenza 00206/2017 do  procedemento abreviado nº187/2017  que no seu fallo di “Que debo estimar el recurso administrativo interpuesto por Confederación intersindical Galega-CIG contra Ayuntamiento de A Coruña representado por la letrada del Ayuntamiento de A Coruña sobre personal declaro la nulidad de la resolución recurrida en concreto la base tercera A) de la convocatoria recurrida al requerir titulación genérica para su acceso y no titulaciones especificas –que según el Plan Bolonia- estarían vinculadas al ámbito social al estar cualificada la plaza convocada de administración especial en la RPT.”

En atención a esta sentenza deberanse eliminar as titulacións de carácter xenérico e incluír as titulación as de carácter social.

 

A Coruña,22 de maio do 2018

ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DA CORUÑA

José María Calatayud Sánchez con D.I. 18164080-z e enderezo, para os efectos de notificación, nos locais sindicais que a C.I.G. ten no Concello da Coruña, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG.

MANIFESTA

  1. Que temos coñecemento que se están aboando a algúns/has empregados/as  municipais, diferentes cantidades en concepto de produtividade.
  2. Que os criterios utilizados son os de cumprimento de obxectivos, incremento da carga de traballo, acumulación de tarefas, atribución de novas funcións, etc.
  3. Nas resolucións destes expedientes afirmase que se cumpre a normativa recollida no artigo 5 do RD 861/1986 que regula a aplicación deste complemento retributivo.

Dende a sección sindical da CIG consideramos que os decretos polos que se determina o abono destes complementos son contrarios a dereito polos seguintes motivos:

  1. Incúmprese o apartado 6 do artigo 5 do RD 861/86 por aplicar uns criterios para determinar as cantidades a aboar que non foron establecidos polo Pleno da Corporación nin negociados cos representantes dos empregados do concello
  2. Corresponde ao Alcalde ou ao Presidente da Corporación a distribución de dita contía entre os diferentes programas ou áreas e a asignación individual do complemento de produtividade, con suxeición aos criterios que no seu  caso teña  establecido ol Pleno, sen na lei 7/1985, de 2 de abril.
  3. Incúmprese o apartado 4 do artigo 5 do RD 861/86 por non informar nin aos empregados públicos nin aos seus representantes da existencia destas gratificacións nin da súa contía.
  4. Corresponde ao Pleno de cada Corporación determinar no orzamento a cantidade global destinada á asignación do complemento de produtividade aos funcionarios dentro dos límites máximos sinalados no artigo 7.2, b), desta norma.

Polo anteriormente exposto

 SOLICITA:

Que se cese de forma inmediata con esta, ao noso xuízo, practica ilegal de reparto de produtividade e que se convoque con carácter de urxencia  á Mesa Xeral de Negociación para tratar de consensuar uns criterios de aplicación da produtividade que se poidan remitir ao Pleno da Corporación  para a súa aprobación.

 

A Coruña, 15 de maio de 2018

ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DA CORUÑA.

Hai moito tempo que o servizo de persoal leva modificando os criterios nas distintas de bases de provisión de postos (concurso, promoción ou acceso) nalgúns casos sen petición previa por parte dos/as representantes dos/as traballadores/as e sen aclaración dos motivos polos que se cambiaban, recordámosvos os que tivemos nos últimos tempos:

2016

Bases de promoción interna á Sarxento do S.E.I.S. a pesar da ser coñecedores de que ían en contra da legalidade vixente, propuxeron pechar unha promoción ao subgrupo C1, só a Cabos impedindo a participación dos Bombeiros, ambos  encadrados no subgrupo C2 . A avertencia da CIG de que acudiría ao xulgado foi o que lles fixo rectificar  LIGAZÓN. Aclarar que mentres este colectivo non dispoña dunha regulamentación propia, terá que rexerse polos sistemas que regulan ao resto do persoal municipal.

Bases de arquitectos/as interinos/as con retribucións superiores a postos da RPT, mostramos o malestar na MXN do 25 de novembro LIGAZÓN,  pero nesta ocasión sen posibilidade de recorrer ao xulgado, nin polo nivel CD24, nin polo temario que carecía de referencias ao PXOM co argumento de que a selección era para un programa concreto de Xustiza Social, a pesar diso este proceso foi utilizado posteriormente para a selección destes/as profesionais, tanto en medio ambiente, como no servizo de urbanismo, no que o coñecemento do PXOM é fundamental.

2017

Bases de 8 procesos selectivos ás que presentamos alegacións LIGAZÓN  entre elas merecen especial atención as de acceso a  TAS e que foron paralizadas pola CIG no xulgado LIGAZÓN  

A outra xestión destacada foi a das de Cabo de Bombeiros, neste caso polo ninguneo que ven sendo algo habitual cara ás alegacións que rexistra a CIG, así o denunciabamos no resumo da MXN do 18 de decembro LIGAZÓN

2018

E volta outra vez cos Cabos...a pesar da suposta urxencia para a cobertura de prazas de Cabos , 11 meses despois achegáronnos unhas Novas, modificadas substancialmente pola concelleira e obviando a última proposta sen ningún tipo de negociación polo medio...non é de recibo que se modifiquen constantemente, porque da a sensación de que tantos cambios son “ad persónam” e crea inseguridade na planificación da carreira profesional do Parque.

Sobre a última “versión” das bases de Cabos presentamos outras alegacións no pasado marzo coa conseguinte valoración  LIGAZÓN  . A estas últimas alegacións fomos contestados sobre os cambios, dunha maneira moi pouco clara, mesturando cuestións non solicitadas nos mesmos parágrafos de alegacións aceptadas á CIG LIGAZÓN, isto creou máis controversia da que xa había.

A última contestación as nosas alegacións de bases, foron as de acceso para unha praza de Técnico de Residuos, nesta contestación nomean a CIG nunha serie de reclamacións realizadas por particulares e colexios oficiais, no que ao noso entender é un novo intento de agachar canta labor sindical da CIG sexa posible, algo que así lle fixemos ver na pasada MXN a quen asina estas notificacións LIGAZÓN

CONTESTACIÓNS AS ALEGACIÓNS DAS BASES DE CABOS DO S.E.I.S.

Aquí tedes as contestacións as nosas alegacións ás Bases de Cabos, nesta información intentamos aclarar que parte é estimada e cal non, pois as vagas contestacións da xefatura de persoal dificulta a comprensión do que a CIG ten solicitado:

CORREO ELECTRÓNICO DA XEFATURA DE PERSOAL ÁS ALEGACIÓNS DE BASES DE CABOS DE BOMBEIROS:

Boas tardes

Remítovos as bases para a provisión de sete postos de cabos, onde se recollen algunhas das alegacións formuladas polas seccións sindicais, nos seguintes termos:

- Modifícase a puntuación máxima do concurso de 16 a 20 puntos, polo que cambian tamén as puntuacións máximas e mínimas de cada apartado. NON O SOLICITOU NINGUÉN

- Apartado de formación: inclúense neste apartado tres subapartados: nivel formativo II, cursos dentro do plan de formación e cursos fose do plan de formación. O único apartado que leva puntuación máxima é o do nivel de cualificación formativa II. Os outros dous apartados non levan puntuación máximo, englobándose por tanto na puntuación máxima do apartado de formación. Neste apartado, acéptanse dúas alegacións formuladas pola sección sindical CIG.

- Apartado de antigüidade: Mantense a puntuación de 0,40 puntos por ano neste apartado pero auméntase a puntuación máxima a 7.2 puntos. Neste apartado estímase parcialmente unha alegación da sección sindical CIG que solicitaba o aumento de anos de prestación de servizos a baremar neste apartado.

- Apartado de grao de coñecemento de galego: Increméntase a puntuación para axustala aos limítes do 40% e do 10%,na correspondente porcentaxe. Corríxese un erro na escritura respecto ao CELGA III, recollido tamén nas alegaciónsde CIG.

- Apartado doutros méritos: Inclúense aquí os subapartados de cursos de igualdade, impartición de cursos e certificado de profesionalidade. Auméntanse as puntuacións para chegar á puntuación máxima deste apartado pero diminúese a puntuación dada aos cursos de igualdade, co correspondente rebaixe na porcentaxe de puntuación deste apartado sobre puntuación global do apartado doutros méritos. Neste apartado estímase parcialmente unha alegación formulada pola sección sindical CSIF.

O resto das alegacións desestímanse.

 

Aclaración do que estimaron e modificaron:

ESTIMADA, DESTIMADA, MODIFICADA

 

Sobra modificación máxima de 16 a 20 puntos non foi solicitado por ninguén. 

Orde de valoración

  • A orde valoración dos méritos, debería comezar pola antigüidade, seguida da formación e dos outros méritos igual que se fixo historicamente no resto dos concursos de provisión do concello. MANTEÑEN A ORDE QUE É CONTRARIA Á APROBADA NA MXN DO PASADO 27 DE ABRIL PARA AS BASES XENÉRICAS

Formación baixan dun 47% a un 40%

  • No apartado dos cursos de formación do Plan de Formación Municipal, debería cambiarse “como máximo” por “con”.
  • Debería de unificarse nun só apartado a valoración dos cursos de dentro e de fora doplan municipal de formación, distintos da cualificación formativa II.0. o feito de separalos, pode supoñer que dous aspirantes cos mesmos cursos de formación realizados, tanto en número como en contido, reciban puntuacións diferentes, en función do lugar da realización dos mesmos.
  • Os cursos impartidos no Concello, sempre que se ofertaran á totalidade da plantilla, deberían ter máis puntuación que os impartidos fora del. AUMÉNTASE EN +0.15
  • Para o persoal que acredite a impartición de cursos fora do Concello, deberá acreditar tamén o cumprimento da lei 53/1984 de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas. DESESTIMAN ESTA ALEGACIÓN

 Antigüidade suben dun 31.25% a un 36%

  • A antigüidade debería valorar a 0.20 puntos por ano traballado ao igual que se fixo en convocatorias anteriores, coa proposta de 2018, redúcese o tempo necesario para acadar a máxima puntuación a metade. O feito de andar variando o número de anos necesarios para acadar a puntuación máxima en cada convocatoria, parece apuntar a obxectivos concretos. AUMENTAN O VALOR NESTE APARTADO, PERO PASAN DOS 25 ANOS NECESARIOS PARA O MÁXIMO NO ANTERIOR PARA DEIXALO EN 18 ANOS

Galego suben dun 10% a un 14%

  • En canto ao grao de coñecemento do idioma galego, a valoración de 0,70 puntos debería corresponder ao Celga III. APROVEITAN UN ERRO MATERIAL DELES PARA SUBIR O VALOR NESTE APARTADO E QUE A CIG NON SOLICITOU

Outros méritos baixan dun 11,25% a un 10%

  • Os cursos de igualdade non teñen nada que ver co exercicio da profesión de bombeiro, polo que deberían eliminarse destas bases. SE LIMITAN A REBAIXAR DE 0.55 A 0.45 O MÁX NESTE PUNTO, HOUBO UN ACORDO EN MXN PARA QUE ESTOS CURSOS E OS DE PRL FORAN OBRIGATORIOS PARA TODO O PERSOAL, POLO TANTO NON PODEN SER PUNTUABLES.
  • Non se debería ter en conta o certificado de profesionalidade, pois este non aporta nada, nin á formación nin á capacitación dos bombeiros, polo que resulta innecesario para o exercicio da profesión, non obstante terían máis xustificación engadir o PER ou a titulación de mergullo profesional. NON SE ESTIMA E AUMENTASE +0.15 O CP

 

 Informámosvos que hoxe solicitamos que estas Bases de Concurso, se adecuaran ás que se aprobaron o pasado 27 de abril en Mesa Xeral de Negociación