imprimir

Despois de darlle voltas ao acontecido na MXN do día 26 de decembro na que se falou da Oferta de Emprego Público do 2020 e do Cadro de Persoal deste ano, despois de recibir dende a Dirección de Facenda un pdf con co Cadro de Persoal para o 2020, despois do correo enviado pola UGT  na que se informa que o Goberno Municipal  eleva  a proposta de prazas de promoción interna de administrativos de 17 ( 13 de nova creación e 4 vacantes) a 48 prazas ( supoñemos que serán 44 de nova creación e as 4 vacantes). A información trasladada por UGT non foi facilitada ao sindicato CIG polo Goberno Municipal nin recibimos un novo cadro de persoal para o ano 2020 que ratifique  esta afirmación. Constatado que a información que se nos facilitou  nesa MXN contiña datos falsos analizamos os cadros de persoal e as OEP dende o ano 2014 e estes son os datos:

ANO

CADRO DE PERSOAL

CADRO DE PERSOAL

OEP

2014

86 Administrativo

211 Auxiliares Adm.

3

2015

78 Administrativos

203 Auxiliares Adm.

5

2016

80 Administrativos

203 Auxiliares Adm.

3

2017

81 Administrativos

189 Auxiliares Adm.

8

2018

101 Administrativos

202 Auxiliares Adm.

20

2020

124 Administrativos

205 Auxiliares Adm.

¿?


Durante o período do 2014 ao 2019 ofertáronse 39 prazas de promoción interna de Auxiliar a Administrativo e , no mesmo período o incremento das prazas de Administrativo foi de 15 prazas. A non resolución destas OEP produciu un aforro as arcas municipais de aproximadamente 211.000 € neste período.

O incremento do gasto que supón pasar de 101 a 124  administrativo e de aproximadamente 36.700 . Si se confirma o dato facilitado pola UGT de 48 prazas para o OEP do 2020 suporía un incremento do gasto en 76.700 aproximadamente.

Si aplicamos o Acordo Marco que asinaron UGT, CSIF e CCOO co goberno da Marea en proporción ao 80% para o ano 2020, proporción nada desatinada si se ten en conta que os Técnicos Audiovisuais promocionan  ao 100%, os bombeiros igual si se ten en conta aos que non cumpren os requisitos dos dous anos de antigüidade. Pois ben a promoción dos auxiliares a administrativos ate o 80% do Acordo Marco suporía un incremento de 123 prazas con un custo de 196.000€ ,aproximadamente, 15.000 € menos do que o concello se leva aforrado por non resolver as OEP anteriores.

A CIG sempre mantivo, en contra do criterio do goberno da Marea e do resto dos sindicatos , que o tan cacarexado acordo Marco non era ningunha panacea e que non supuña ningunha garantía de cara ao futuro. O Grupo Municipal da Marea ten nas súas mans demostrar que estabamos equivocados, xa que deles depende a aprobación do orzamento municipal proposto polo Goberno do  PSOE, e conseguir que se aplique o criterio do Acordo Marco  por eles asinado no seu grado máximo nestes orzamentos municipais.

O colectivo de Auxiliares Administrativos debería reflexionar sobre a diferenza de trato que recibe ao respecto doutros colectivos polos diferentes Gobernos Municipais. O traballo constante e calado, a asunción de tarefas por riba das súas competencias, a formación das novas incorporacións, incluso de superior categoría, non recibe a consideración que se merece por parte dos responsables políticos, sendo sempre os últimos para todo. Deberíamos de reflexionar si non será hora de limitarnos a realizar so as funcións propias do noso posto, que é polo que nos pagan, para que , dunha vez por todas se recoñeza o valor de seu traballo.

Categoría: MXN
Visitas: 2075