Achegámosvos o noso resumo da pasada MESA XERAL DE NEGOCIACIÓN

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación da acta da sesión anterior.
  2. Protocolo de medidas para a adaptación funcional da prestación de servizos das empregadas/os públicos do Concello da Coruña no marco da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.
  3. Plan de e-formación do Concello da Coruña e liñas de futuro
  4. Acordo relativo á compensación dun festivo no exercicio 2020.
  5. Ratificación do acordo en mesa técnica en relación co horario dos/as conserxes de colexios.
  6. Rogos e preguntas

 

  1. En canto a acta, está pendente de redacción por parte da anterior xefa de persoal. Queda a súa aprobación na próxima MXN.
  2. O concelleiro de persoal, antes de ausetarse da MXNA presentounos ao novo Xefe de Persoal. A continuación o novo Xefe fixo unha exposición do PROTOCOLO DE TELETRABALLO afirmando que a intención da xuntanza de hoxe neste asunto era escoitar as nosas aportacións.

O xefe de persoal fai mención a que non creen no tele-traballo como un fin en si mesmo e que este documento o consideran  como unha ferramenta na mellora administrativa da organización.

Dadas as circunstancias e tendo en conta o carácter provisional deste protocolo, a CIG está da cordo co modelo presentado polo xefe de servizo e ca maior parte do seu contido, que non publicamos xa que o seu carácter non definitivo pode levar a crear confusión ao persoal se o seu contido non se axusta ao documento final.

Chegado este punto fixemos as seguintes:

ACHEGAS CIG PARA O PROTOCOLO DE TELE-TRABALLO

  • Por similitude co resto de traballadores/as alleos/as ás AAPP, solicitamos que se aumentara o mínimo de xornada laboral proposto polo concello.
  • Que en canto as persoas sensibles fronte ao COVID-19, faltan avaliacións de riscos laborais en postos de traballo. Solicitamos que se realicen no futuro.
  • Devido ás dúbidas en canto as funcións dos postos de traballo, preocúpanos a interpretación que poidan facer as distintas xefaturas de servizo en canto as autorizacións. Solicitamos que no caso de conflitos, se teña información permeable das distintas interpretacións e evitar discriminacións en función do posto que se ocupa ou da xefatura de que dependa.
  • Control do tempo de traballo en canto aos posibles accidentes de traballo para determinar se se produce na xornada laboral.
  • A avaliación do desempeño que se faga ao persoal en teletraballo debería aplicarse á totalidade da plantilla, implementalo agora sería de gran axuda á hora de aprobar dunha vez por todas a CARREIRA PROFESINAL(solicitada por este sindicato reiteradamente). Ademais a avaliación sobre a totalidade, evitaría discriminar as persoas que tele-traballan sobre o resto do persoal municipal.
  • Para a CIG o máis importante é que este protocolo é temporal. Nunha futura prestación de tele-traballo en situación de normalidade deberá ser negociada. Solicitamos que este documento non sexa utilizado coma definitivo no futuro.
  • Por último recordamos unha petición previa da XUNTA DE PERSOAL aprobada unánimente, sobre que o persoal con dependentes ao cargo portadores do COVID-19 e que teñan a obriga de permanecer na casa sen declaración de ser portadores do virus, teñan a mesma consideración de portadores do COVID-19.
  1. O plan de tele FORMACIÓN DA EGAP non é a totalidade do plan formativo para o Concello e proximamente propoñerán un documento de maior alcance, esta primeira parte servirá para testar a plataforma ONLINE e avaliala.

Parécenos correcta a proposta para iniciar a tele formación, se ben pensamos que os criterios de selección no apartado de valoración respecto a distancia no tempo co último curso realizado, habería que cronificalos en máis tramos e non só en menos ou máis de dous anos. Aceptan a nosa proposta de establecer tres tramos na valoración.

  1. Propoñen a COMPENSACIÓN POLO 15 DE AGOSTO en un día de asuntos propios que poderase desfrutar ata o 31 de marzo. Tramitarán unha instrución aos efectos oportunos.
  2. Ratifícase por unanimidade o acordo acadado nas Mesas técnicas de Conserxes de Colexio.
  3. ROLDA DE INTERVENCIÓNS

A petición dun sindicato, aceptan o pagamento do plus de protocolo ao persoal de conserxería.

Solicitan información da licitación do contrato que fará a VALORACIÓN DA RPT. A CIG recorda que hai o compromiso de NEGOCIAR O METODO DE VALORACIÓN, o Director de Facenda e Persoal recoñece ese compromiso.

A CIG reitera a petición da información das COMISIÓNS DE SERVIZO LIGAZÓN, advertimos que se non é facilitada, por consello da nosa asesoría xurídica, a reclamaremos por vía xudicial, contestan que van a estudar a forma de que teñamos acceso a esa documentación.

 

Esperamos que esta información fora do teu interese.