ORDE DO DÍA

  1. Aprobación das actas das MXN anteriores.
  2. Modificación da Instrución 4/2017, de listaxes de agarda.
  3. Instrución sobre teletraballo.
  4. Instrución reguladora do Fondo de Acción Social do persoal do Concello da Coruña.
  5. Dación de conta do estado de tramitación da valoración dos postos de traballo, elaboración da nova RPT e normas de xestión. Carreira horizontal dos/das empregados/as municipais.
  6. Rogos e preguntas.

 

  1. Apróbanse as actas das sesións de 27 de maio de 2021 e de 7 de xullo de 2021.
  2. Modificación da Instrucción 4/2017, de listaxes de agarda

Apróbanse duas modificacións xa tratadas na comisión de seguimento das listaxes de agarda, concretamente:

Engádese o apartado 9 ao artigo 2 que permite adiar os novos nomeamentos por un prazo non superior a un mes,(este prazo dun mes foi a proposta da CIG xa que a proposta inicial do goberno municipal na comisión de seguimento so contemplaba un prazo prudencial sin concretar)para non perxudicar o funcionamento dos servizos.

Apróbase unha modificación proposta pola sección sindical da CIG, engadindo un artigo 4-bis que permite que as persoas que teñan un nomeamento a  tempo parcial poidan ser chamadas para un nomeamento a tempo completo como unha mellora de emprego.

  1. Instrución sobre teletraballo

O concelleiro de persoal fai unha exposición sobre os puntos principais do borrador da instrucción de teletraballo que nos entregaron e, a continuación unha rolda de intervencións de todas as seccións sindicais.

Dende a CIG  manifestamos o noso desacordo con varias cuestións desta Instrucción, entre outras: os gastos derivados do teletraballo a cargo dos empregados, a falta dunha avaliación directa por parte do servizo de prevención de riscos do concello, a non esixencia de motivación para a revogación ou modificación da autorización de teletraballo concedida, os criterios de preferencia, a persoa supervisora da actividade en teletraballo etc

Dada a insuficiente antelación con que nos foi entregada a documentación (o dia anterior ás 20:30 horas) non foi posible analizala en profundidade e acordamos enviar as nosas achegas por escrito para analizalas despois nunha mesa técnica.

  1. Instrución reguladora do Fondo de Acción Social do persoal do Concello da Coruña

O borrador desta Instrucción foinos entregado, xunto  co de teletraballo, o día anterior a última hora da tarde. Espuxemos na mesa a nosa protesta pola falta de tempo para analizar o documento e, ao igual que con anterior, faremos as nosa achegas por escrito para tratalas nunha mesa técnica posterior.

Nunha primeira lectura xa vos podemos dicir que o goberno municipal plantexa modificacións de moito calado que cambian completamente o enfoque existente ata o momento para as axudas económicas e coas que estamos en total desacordo.

Entre as modificacións que propoñen estaría a exclusión do persoal xubilado do concello do ámbito de aplicación deste regulamento, cuestión na que estamos totalmente en contra e así o fixemos saber na mesa.

Analizaremos o documento en profundidade e faremos as nosas achegas, xa que as modificacións importantes non se limitan so ao persoal xubilado, hai mais modificacións sustanciais.

  1.  Dación de conta do estado de tramitación da valoración dos postos de traballo, elaboración da nova RPT e normas de xestión. Carreira horizontal dos/das empregados/as municipais.

Informasenos da licitación dun contrato para a contratación da analise e elaboración dunha nova RPT  e o señor concelleiro de persoal ofrécenos a posibilidade á representación sindical de participar activamente no proceso de elaboración da RPT.

Recordámosvos que a CIG xa puxera como condición para participar na elaboración dunha nova RPT que o método de valoración fose negociado, e, si é así, a nosa sección sindical participará activamente nesta negociación.

  1. Rogos e preguntas

Neste punto informáronnos de que o goberno municipal ten intención de executar todos os procesos selectivos xa ofertados, comenzando polas promocións internas, despois as prazas de turno libre e, por último, os procesos de estabilización.

Tamén nos  confirmaron novamente que as probas dos procesos de promoción interna actualmente en tramitación (bombeiros, administrativos e auxiliares administrativos) terán lugar antes de fin de ano.