imprimir

Dende a sección sindical da CIG no concello da Coruña queremos poñer en coñecemento da cidadanía que, unha vez mais, o Goberno Municipal incumpriu , non so as mais elementais normas de cortesía senón que tamén, a normativa que rexe as relacións laborais.

A finais do curso escolar pasado, despois de numerosos impedimentos  para que os conserxes de colexio gozaran dos seus dereitos laborais en materia de formación e de goce con normalidade dos permisos e licencias recollidos na lexislación vixente, iniciouse un proceso de negociación dos horarios dos conserxes de colexio que se suspendeu estando se moi  próximo a acadar un acordo. Pois ben , ao segundo dia de que os conserxes iniciaran o seu novo curso enteráronse por medio dos Directores dos centros, cos que non gardan relación laboral algunha, que o seu calendario laboral fora alterado. É posible que o feito de que se enteraran os directores dos centros antes que os propios interesados teña algo que ver co que o xefe de servizo de educación teña os seus orixes funcionariais no ensino da Xunta.

Dende a sección sindical da CIG no concello da Coruña so se pedimos ao Goberno Municipal que poña o mesmo celo no cumprimento das leis como cando as usa como escusa para non executar os seus propios compromisos programáticos.

 

A Coruña 6 de setembro do 2017

Categoría: PRENSA
Visitas: 1857