imprimir

 1º DE MAIO. PROTEXAMOS A CLASE TRABALLADORA, NON O CAPITAL!
Por unha Galiza soberana e con futuro!

  Continuamos coa campaña do 1º de Maio, Día Internacional da Clase
Traballadora. Onte, martes 28 de abril, cando se conmemoraba o Día
Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo, desde A CIG REALIZAMOS
VARIAS PROTESTAS SIMBÓLICAS DIANTE DE DIVERSOS CENTROS DE TRABALLO EN
TODO O PAÍS, para esixir dos gobernos español e galego e das empresas
o cumprimento estrito das medidas de seguridade laboral para quen está
traballando, o cobro do paro e dos salarios, e medidas de protección
social para todas as persoas, sen exclusións nin discriminacións.

  Tes máis información sobre estas protestas simbólicas nesta nova:
https://i.gal/diamundialsaude

  E aquí un vídeo resumo das accións: HTTPS://YOUTU.BE/ALOMKDC7HWI [1]


  O PRIMEIRO DE MAIO REIVINDICA COA CIG, desde a túa xanela ou balcón.

  AXITA AS TÚAS BANDEIRAS E CANTA A INTERNACIONAL ÁS 12H.

  ·  Para o propio día do 1º DE MAIO, ÁS 12H, imos levar a cabo unha
_MANI__FIESTRA__CCIÓN:_ manifestarémonos desde as nosas fiestras
cantando a Internacional. Para iso, deixámosche aquí unha ligazón ao
vídeo coa Internacional e a súa letra, para que poidas emitilo desde a
túa fiestra, e cantalo xunto con toda a clase traballadora: Versión en
galego da Internacional Socialista

  ·  Desde o mércores 29 de abril coloca na xanela, balcón ou varanda
a BANDEIRA DA PATRIA GALEGA (podes pintala nun folio) e unha BANDEIRA
VERMELLA (podes usar un pano vermello que teñas por casa) para
visualizar a data e participar da reivindicación. No propio 1 de Maio,
axita as bandeiras, que se vexan!

Categoría: PRENSA
Visitas: 454