imprimir

Que o pasado 11 de maio de 2021 enviamos aos medios de comunicación unha nota de prensa con rogo de publicación na que entre outras cousas facíamos a seguinte AFIRMACIÓN:

“Ao Sr. Concelleiro Delegado de Persoal non lle chega con “matizar” os tribunais deste concello senón que se permite intervir nos procesos doutros concellos propoñendo vocais distintos dos que lle tiñan solicitado. Explicámonos, hai  uns dias o concello de Sada solicitou ao colexio de traballadoras sociais dúas vogais para un proceso selectivo, o colexio utilizando unha lista de persoal cualificado que ten para estes casos propón a dúas traballadoras sociais do concello de Coruña, co argumento de que estas traballadoras tiñan moita carga de traballo propón a outras dúas no seu lugar. CASUALIDADES DA VIDA, ESTAS DUAS ULTIMAS ACABABAN DE ACCEDER A POSTOS DE XEFATURA EN COMISION DE SERVIZO NOMEADAS A DEDO. Que cousas que os subalternos sexan imprescindibles e os xefes non. Tanto o concello de Sada como as aspirantes ao posto convocado deberían estar ollo atento co desenvolvemento deste proceso”

Dicir que cometimos un erro, xa que só unha das persoas nomeadas para este tribunal ocupa unha praza en COMISIÓN DE SERVIZO.

Solicitamos desculpas polos prexuízos que lle puideramos causar a esta persoa.

Categoría: PRENSA
Visitas: 351