As persoas solicitantes deberán terse acollido á redución entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2013
A Secretaría de Muller da CIG informa que acaba de saír publicada no DOG a resolución que regula as axudas dirixidas aos homes e familias monoparentais, que entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2013 se acollesen a unha redución da súa xornada de traballo para o coidado dos/das fillos/as.
Logo Muller
 

Poderán beneficiarse das axudas previstas nesta resolución:

- Homes que se acollan á redución de xornada e sexan traballadores por conta allea, tanto da empresa privada como das administracións públicas, organismos autónomos, entes públicos de dereito privado e empresas públicas dependentes delas, con independencia de que o seu vínculo sexa laboral, funcionarial ou estatutario, e os socios das sociedades cooperativas, sempre que estes últimos pertenzan ao réxime xeral da Seguridade Social.

-Familias monoparentais nas cales a persoa solicitante, home ou muller, sexa traballadora por conta allea e se acolla á redución de xornada. Por familia monoparental enténdese o núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa coa cal manteña unha relación análoga á conxugal e os fillos ou as fillas menores ao seu cargo.

Para ter dereito a axuda deberase manter a situación de redución de xornada durante un mínimo de 60 días naturais ininterrompidos. O período máximo subvencionábel será de oito meses comprendidos entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2013. En ningún caso o período para o cal se solicita a subvención pode coincidir co permiso por maternidade nin con calquera outro permiso, licenza ou excedencia para a mesma finalidade.

A contía desta axuda estará en función da porcentaxe de redución de xornada laboral gozada, da duración desta e do número de fillas/os a cargo da persoa solicitante.

Os formularios de solicitude pódense descargar no documento anexo a esta nova, na sede electrónica da Xunta de Galiza (https://sede.xunta.es). O prazo para presentar as solicitudes é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza (DOG do 22 de maio de 2013).

 

DOG_AxudasReducionXornada.pdf

A central denunciará diante dos grupos parlamentarios os incumprimentos do Goberno galego en conciliación familiar e laboral

Xoves, 08 Maio 

O sector de Autonómica da federación de Administración da CIG manterá este mércores un encontro cos grupos parlamentarios galegos para propoñerlles a presentación dunha proposición non de lei instando á Xunta de Galiza a respectar a lei de igualdade en materia de conciliación familiar e laboral.
 No encontro que terá lugar no Rexistro da institución autonómica este mércores ás 11.00 horas a central dirixirase aos grupos parlamentarios para denunciar os atrancos do Goberno galego “á correcta aplicación da lei de igualdade en materia de conciliación familiar na Administración pública autonómica”. 

Ao mesmo tempo, proporanlles a presentación dunha proposición non de lei na que se inste a respectar a vixencia dunha lei que, segundo critican, a Xunta está a intentar cambiar. Neste senso, lembran que a lei galega de igualdade, 7/2004, no seu artigo 44, recoñece o dereito á flexibilidade laboral por razóns familiares ao persoal da Administración pública galega. “Recoñece o máis amplo horario diario de referencia para realizar xornada laboral con total liberdade no caso de ter fillos/as menores de 12 anos ou persoas maiores a cargo”.

Posteriormente a Xunta desenvolveu este aspecto da lei a través da Orde do 20 de decembro de 2013. Porén, varios aspectos dela chocan frontalmente coa lei cando se intenta establecer con carácter xeral un horario de referencia, xa que na lei recoñécese que este é establecido por cada centro en función das súa realidade. “Chégase así ao absurdo de non poder traballar os venres pola tarde na Administración xeral da Xunta a pesar de que moitos dos seus centros e edificios administrativos permanecen abertos e accesíbeis ao público”. A CIG presentou un recurso contencioso contra este intento de vulnerar unha lei a través dunha norma de carácter administrativo.

Actualmente a Xunta puxo enriba da mesa unhas instrucións para regulamentar a norma anterior, que continúa no camiño de limitar cunha norma inferior un dereito recoñecido amplamente pola lei. “Agora trata de establecer un horario de presenza obrigatorio para este tipo de flexibilidade familiar e mesmo valorar as condicións particulares”, denuncian.

Nos países desenvolvidos, a fin do consumismo compulsivo imperante na pasada década, provocado polas taxas de paro galopantes e a perda do poder adquisitivo dos traballadores unido á deterioración progresivo das condicións laborais, provocará frecuentes rebentos de conflitividade laboral e agudización da fractura social.

O fenómeno da globalización económica conseguiu que todos os elementos racionais da economía estean interrelacionados entre si debido á consolidación dos oligopolios, a converxencia tecnolóxica e os acordos tácitos corporativos, polo que a irrupción da crise económica na aldea global provocou a aparición de novos retos para gobernos e institucións sumidas no desconcerto e na incredulidade, retornando lenta pero inexorabelmente a escenarios económicos descoñecidos desde a II Guerra Mundial.

Ocaso da economía global

A substitución da doutrina económica de Equilibrio orzamantorio dos Estados pola do déficit endémico (práctica que por mimetismo, adoptarán as economías domésticas e as empresas e organismos públicos e privados), contribuíu á desaparición da cultura do aforro, endebedamento crónico e excesiva dependencia do Financiamento Exterior. Así mesmo, a política suicida na concesión de créditos e hipotecas de alto risco das principais entidades bancarias mundiais que inmersas no vórtice expansiva da economía mundial do último decenio e co fin de optimizar a súa conta de resultados, actuarían obviar as máis elementais normas de prudencia crediticia, converténdose en simples brokers especulativos e descoidando as dotacións aos Fondos de Provisión e Insolvencia.

Iso, unido á falta de supervisión por parte das autoridades monetarias dos índices de solvencia das entidades bancarias, orixinou a crise das subprime de EE.UU., seguida dun gotexar incesante de insolvencias bancarias, unha severa contracción dos empréstitos bancarios e unha alarmante falta de liquidez monetaria e de confianza nas institucións financeiras. A iso sumaríase a instauración do consumismo compulsivo nos países desenvolvidos, favorecido polo bombardeo incesante da publicidade, o uso irracional das tarxetas de plástico, a concesión de créditos instantáneos con sangrantes xuros e a invasión dunha marea de produtos manufacturados de calidade dubidosa e prezos sen competencia, provenientes dos países emerxentes, pois a obsesión paranoica das multinacionais apátridas ou corporacións transnacionais, por maximizar os beneficios (debido ao apetito insaciábel dos seus accionistas, ao esixir incrementos constantes nos dividendos), induciunos a endebedárense perigosamente en prol do xigantismo, mediante OPAS hostís e intensificando a política de deslocalización de empresas a países emerxentes, co fin de reducir os custos de produción (dado o enorme diferencial en salarios e a ausencia de dereitos laborais dos traballadores).

Finalmente, o brutal incremento do consumo de materias primas e produtos elaborados por parte dos países emerxentes (debido aos seus espectaculares crecementos dos PIB anuais no último decenio) coadxuvado pola intervención dos brokers especulativos, xerou unha espiral de aumentos de prezos imposíbeis de asumir polas economías do Primeiro Mundo (ao non poderen revertelas no prezo final do produto dados os seus altos custos de produción) e como consecuencia, produciuse unha sensíbel perda da súa competitividade, estancamento das súas exportacións e aumento dos Déficits por Conta Corrente e Débeda Externa, debuxándose un escenario a cinco anos no que asistiremos á implementación do proteccionismo económico, coa conseguente contracción do comercio mundial, subseguinte finiquito á globalización económica e retorno a escenarios económicos de compartimentos estancos.

Radiografía do estancamento económico mundial

Nos países desenvolvidos, a fin do consumismo compulsivo imperante na pasada década, provocado polas taxas de paro galopantes e a perda do poder adquisitivo dos traballadores unido á deterioración progresivo das condicións laborais, provocará frecuentes rebentos de conflitividade laboral e agudización da fractura social dos países desenvolvidos, quedando diluídos os efectos benéficos das súas anunciadas medidas sociais ao dar por finiquitado o estado asistencial, o que obrigará a amplas capas da poboación a depender dos subsidios sociais. Ademais, o esperado anuncio da Fed do final da implementación de medidas cuantitativas (Quantitative Easing) para incrementar a base monetaria e a previsíbel suba de tipos de xuros no 2015, podería provocar un novo crash bursátil mundial pois o nivel chan das Bolsas mundiais, (nivel no que conflúen beneficios e multiplicadores mínimos) moveríase no abano dos 10.000-11.000 en Mercados Bursátiles como o Dow Jones, a anos luz dos estratosféricos teitos actuais, rememorando valores de outubro do 2008.

O devandito estourido provocará a conseguinte inanición financeira das empresas e subseguinte depreciación das súas moedas para incrementar as súas exportacións e terá como efectos benéficos o obrigar as compañías a redefinir estratexias, axustar estruturas, restaurar as súas finanzas e restablecer o seu crédito ante o mercado (como ocorreu na crise bursátil do 2000-2002) e como danos colaterais a ruína de millóns de pequenos investidores aínda cegados polas luces da estratosfera, a inanición financeira das empresas e o consecuente efecto dominó na declaración de crebas e incrementos da taxa de paro até niveis descoñecidos desde a época da II Guerra mundial xuntamente con incrementos espectaculares do déficit público e da débeda externa e un agudo estancamento das economías globais.

En canto aos países emerxentes (BRICS, México, Corea do Sur e Tigres asiáticos), sufrirán un severo estancamento das súas economías con crecementos anuais do PIB inferiores ao 3% (logo dun decenio espectacular con taxas de crecemento superiores aos dous díxitos), debido á brutal constrición das exportacións pola contracción do consumo mundial e á elevación dos parámetros de calidade esixidos polos países do Primeiro Mundo, implantación polos países emerxentes de leis laborais e ambientaos máis estritas, o que implicará unha drástica redución dos seus superávits. Así mesmo, deberán padecer taxas de inflación desbocadas, debido á escalada alcista dos prezos do cru e á necesidade imperiosa de importar cantidades inxentes de alimentos para abastecer aos seus habitantes ante a alarmante carestía de produtos agrícolas básicos para a súa alimentación, o que acelerará a agudización da fractura social, o incremento da inestabilidade social e un importante retroceso das súas incipientes liberdades democráticas.

Respecto dos países do Terceiro mundo, o esganamento das súas exportacións e a depreciación xeneralizada das súas moedas por mor da severa crise económica global plasmada na contracción da demanda mundial de materias, obrigará a unha gran parte da súa poboación a vivir por baixo da liña da pobreza ao sufrir taxas de inflación desbocadas próximas aos dous díxitos e incrementos espectaculares da Débeda Exterior. Así, o cambio de patróns de consumo dos países emerxentes, a escalada alcista dos prezos do cru (por volta dos 110 dólares) xuntamente con inusuais secas e inundacións e a aplicación de restricións á exportación dos principais produtores mundiais para asegurar o seu autoabastecemento, conseguirá desabastecer os mercados mundiais de produtos agrícolas básicos para a alimentación (trigo, millo, sorgo e arroz), elevar os seus prezos ata niveis estratosféricos e provocar unha nova crise alimentaria mundial. A dita crise irá "in crescendo" até alcanzar o seu cénit no horizonte do 2020 e afectará especialmente ás Antillas, América Central, México, Colombia, Venezuela, Exipto, Corea de Norte, India, China, Bangladesh e Sueste Asiático, ensañándose con especial virulencia co África Subsahariana e podendo pasar a poboación atrapada na fame dos 1.000 millóns actuais aos 2.000 millóns estimados polos analistas.

 

[Artigo tirado do sitio web 'Kaos en la red', do 29 de abril de 2014]

A central sindical aposta, para “facerlle fronte á Unión Europea” pola “organización, loita e soberanía”

 
Doce manifestacións percorrerán, neste Primeiro de Maio, cidades e vilas de Galiza baixo o lema “Contra a explotación e a pobreza. Fagámoslle fronte á Unión Europea. Organización, loita e soberanía”.  Con elas a CIG quere denunciar a situación de pobreza, precariedade e desemprego que afecta a miles de galegas e galegos. Unha situación que está a provocar a masiva emigración da nosa mocidade e que empeora por mor das políticas promovidas pola UE e aplicadas pola Xunta de Galiza e o Goberno español. Por iso fai un chamamento a organizarse contra o sistema capitalista e reclamar outro modelo máis xusto, solidario e democrático.
2014 05 01 CartazPrimeiroMaio
 

Na Galiza preto de medio millón de persoas están baixo o umbral de pobreza, e desta cifra, case cen mil son menores de 18 anos, segundo Cáritas. Cada mes máis de 150 familias perden a vivenda.

CIG, CCOO e UGT plantan a xuntanza convocada pola administración para falar do Código “Patético”

As organizacións sindicais CIG, CCOO e UGT, con representación na Mesa Xeral da Función Pública de Galiza, compareceron esta mañá en rolda de prensa para manifestar o seu rotundo rexeitamento ao Código Ético presentado polo Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Denuncian que o PP pretende desviar a atención dos casos de corrupción no que están implicados cargos públicos do seu partido e provocar confusión respecto das súas responsabilidades coas do persoal das administracións públicas.
14-04-09 Codigo Etico Area Publica 001
 

María Carme López Santamariña, portavoz da Área Pública da CIG, que cualificou o Código de “Patético”, denunciou que o anuncio de Feijóo é puramente propagandístico. Para a Área Pública o Presidente da Xunta é tamén o máximo responsábel do PP, un partido que ten a numerosos cargos imputados e que porén, non está a actuar atendendo a criterio ético ou moral algún ao mantelos no seu posto sen facer que dimitan nin cesalos. Entende que, polo tanto, se alguén ten que aplicar un código ético é o propio Partido Popular.

Seixo salienta a gravidade do problema do desemprego, denuncia as consecuencias das políticas ultraliberais e defende políticas alternativas para mudar a situación

 

 
A CIG entregou este mércores, día 2 de abril, no rexistro do Parlamento de Galiza máis do dobre das sinaturas necesarias, en concreto 31.232, para avalar a tramitación da Iniciativa Lexislativa Popular sobre Medidas para a Creación de Emprego en Galiza. As/os representantes da central sindical chegaron ao Pazo do Hórreo en manifestación xunto cuns 1.500 delegados/as que partiron, pasadas as 12:15 horas, da Alameda compostelá tras reunirse en asemblea no Pazo de Congresos.

 

14-04-02 sinaturas 008
 

Galería de imaxes

Video-reportaxe: 26 semanas de campaña da ILP

A xornada comezou cunha asemblea nacional de delegados/as convocada para analizar a situación do desemprego en Galiza e pór en común as medidas propostas pola CIG para favorecer a recuperación económica e impulsar a creación de emprego. Ao seu inicio, as e os delegados asistentes mantiveron un minuto de silencio en homenaxe ao compañeiro recén finado, Xosé Lois Martín Freire.

Tras da asemblea, as/os delegadas/os trasladáronse á Alameda compostelá, de onde saíron en manifestación até as portas do Parlamento de Galiza, onde permaneceron até que saíu a representación da Executiva Confederal encargada de entregar as sinaturas no rexistro do Pazo do Hórreo.

CIG-Saúde exixe á Xunta que proceda á devolución desta cantidade a todo o persoal do SERGAS e das fundacións e empresas públicas adscritas á consellaría de Sanidade

O Xulgado do Contencioso Administrativo número 4 da Coruña vén de emitir unha nova sentenza que confirma o dereito das traballadoras e  traballadores do SERGAS a percibir a parte proporcional da paga extra de xullo devengada pola Xunta de Galiza. A CIG-Saúde considera que o SERGAS non pode seguir atrasando o seu pagamento ao conxunto do persoal e exixe que a faga efectiva de inmediato.
 

A Área Pública da CIG demanda da Xunta a reposición inmediata “dos salarios roubados indebidamente aos/ás traballadores/as”

As organizacións sindicais CIG, CCOO, UGT e CSIF compareceron este venres en rolda de prensa para valorar a sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 3 de A Coruña, que vén recoñecer o dereito das empregadas e dos empregados públicos a cobrar a paga extra de 2012, que fora negada pola Administración Autonómica en suposta aplicación da normativa estatal de recortes dos dereitos laborais do persoal ao servizo das administracións.
14-01-24 RP Sentenza Paga Extra
 

A modificación estatal foi introducida polo Real Decreto-Lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade que reforma o artigo 50 do Estatuto Básico do Empregado Público. Este decreto é o mesmo que suprimiu, entre outros, os días de antigüidade  e os días de asuntos propios, deixando, ademais, sen efecto todos os acordos sindicais adoptados ata ese momento.

Este dereito foi negado pola Administración Autonómica alegando a aplicación do Real Decreto-Lei 20/2012

O Xulgado número 1 do Contencioso-Administrativo de Ferrol vén de ditar unha sentenza recoñecendo o dereito dos empregados/as públicos/as aos días de vacacións por antigüidade que están recollidos no artigo 75.2 da Lei da Función Pública de Galiza e que foron negados pola Administración Autonómica en suposta aplicación da normativa estatal de recortes dos dereitos laborais das empregadas e empregados públicos.
autocolante servizos públicos
 

A modificación estatal foi introducida polo Real Decreto-Lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade que reformaba o artigo 50 do Estatuto Básico do Empregado Público. Este decreto, subliñan dende a CIG-Administración de Ferrol, é o mesmo que suprimiu a paga extraordinaria de decembro de 2012 e deixou sen efecto todos os acordos sindicais adoptados até ese momento.

A Reforma local do PP persegue, sinteticamente,  os seguintes obxectivos:

 

·         <!--[endif]-->Encadrar e limitar á Administración Local dentro da Lei de Estabilidade Orzamentaria (LO 2/2012, de 27 de Abril) desde o concepto de “economía de crise”, aplicando unha perspectiva exclusivamente económica e financeira e “favorecendo a iniciativa económica privada evitando actuacións administrativas desproporcionadas

·         <!--[endif]-->Imposición centralista  dun maior control estatal en múltiples aspectos. Auméntase o poder centralista do Estado , que á súa vez trata de “racionalizar a estrutura organizativa da Administración Local…..nas medidas incluídas para fortalecer ás Deputacións Provinciais que asumirán parte das competencias ate agora prestadas polos Concellos”

·         <!--[endif]-->Re interpretar o artigo 137 da Constitución española  e o artigo 3 da Carta Europea da Autonomía Local para reducir as competencias municipais e acernar  a autonomía local. Na exposición de motivos exponse o obxectivo principal da reforma, que non é outro que “ a redución da dimensión do sector público local”

·         <!--[endif]-->Fomentar e impor o transvasamento de competencias municipais ás Deputacións Provinciais.

·         <!--[endif]-->Mudar a estrutura organizativa da Administración Local promovendo a desaparición das mancomunidades e entidades locais menores.

 ·         Modificar a disposición adicional 2ª e transitoria 7ª do Estatuto Básico dos Empregados Públicos para que o persoal “funcionario habilitado” pase a depender da Administración central en lugar da autonómica e se volvan a denominar de “carácter nacional”.