Aquí tedes as propostas da Candidatura da CIG neste Concello:

  • Publicidade, transparencia e respeto aos principios de igualdade mérito e capacidade nas seguintes cuestións:
  • Visualización na INTRANET da situación en tempo real de cada empregado público e da súa situación administrativa no posto que ocupe.
  • Convocatoria anual do concurso de provisión de todos os postos vacantes.
  • Definición dun sistema que garanta a igualdade de oportunidades para optar á cobertura das vacantes e que só por razón de urxencia se provisionen en comisión de servizo.
  • A recuperación de todos os dereitos “roubados”....
  • Implementar medidas que garantan a protección das vítimas ou denunciantes dentro do protocolo de acoso laboral.
  • Publicación anual das quendas da totalidade do persoal nos centros de traballo e, onde fóra preciso, negociar o sistema de xestión destas.
  • A consideración da formación autorizada e realizada fóra da xornada de traballo como tempo de traballo efectivo e compensado como legalmente proceda.
  • Revisar e adecuar a RPT ás necesidades reais do concello, con especial consideración á definición e aplicación do concepto do ED, e adecuación da adscripción dos postos de traballo aos novos grupos de titulación.
  • Facilitar a promoción interna, con especial mención ao acceso do C2 ao C1, do AP a C2, fundamentalmente no persoal de oficios, por realizar na maioría destes supostos as mesmas tarefas; reclasificación dos Bombeiros no subgrupo C1.
  • Facilitar a conciliación efectiva en todos os servizos e a aplicación de medidas de igualdade implementando sistemas de mobilidade, cobertura temporal de baixas,....
  • Defensa dos servizos públicos evitando novas privatizacións e recuperando os servizos privatizados.

 As nosas propostas sempre foron e seguirán a ser de carácter xeral (todos os servizos,todas as categorías e todos os supostos) e coma fixemos sempre na CIG, as delegadas e delegados que nos presentamos nesta ocasión, adquirimos o compromiso de defender estas propostas nas Mesas de Negociación e apoiar e defender ao persoal do Concello da Coruña na súas xustas reivindicacións.

O PRÓXIMO 21 DE MAIO, VOTA CIG!!