Ana Isabel Filgueiras Espasandín, con DI XXXXXXXX e enderezo para os efectos de notificación  no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretaria da Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña, EXPON:

 

En data 24 de Xaneiro de 2024 e 1 de febreiro de 2024 publicáronse convocatorias para a cobertura temporal, mediante comisión de servizos, de varios postos de traballo.

 

En ambas convocatorias figuran varios postos de traballo  que saen publicados no anexo de postos ofertados na fase de resultas do Concurso Ordinario C.E. 1/19, publicado mediante resolución de data 3 de Xaneiro de 2024.

 

POLO EXPOSTO, SOLICITO:

 

Se informe a esta sección sindical sobre os motivos que xustifican a urxencia e necesidade de convocar a cobertura temporal mediante comisión de servizos dos postos anteriormente mencionados, tendo en conta que algúns forman parte dos postos ofertados na fase de resultas do Concurso Ordinario C.E. 1/19.

 

 

 

 

A Coruña a 5 de febreiro de 2024

 

Ana Isabel Filgueiras Espasandín, con DI XXXXXXXXX e enderezo para os efectos de notificación

no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretaria da Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña,

 

 

EXPON:

 

  • Que a sección sindical da CIG leva anos solicitando transparencia nos procesos de provisión de postos polo sistema extraordinario que son as COMISIÓNS DE SERVIZO (CS).

 

  • Que esta falta de transparencia fixo que acudiramos ao xulgado a inicios de 2021, deu como resultado unha sentenza favorable no Contencioso Administrativo en febreiro de 2022 que foi  firme no TSXG en xuño de 2023, isto obriga ao concello a facilitar determinada información necesaria para  coñecer as motivacións das urxencias e necesidades ase como foron as valoracións para os nomeamentos:

 

  1. A) De todas as resolucións dictadas en todosos nomeamentos de funcionarios en comisións de servizo dende o 24 de xuño de 2019 que non se houberan informado
  2.  B) Das motivacións de urxencia e inaplazablenecesidade para cubrir eses posto en comisión de servizos
  3.  C) Dos criterio utiliazados para a selección dos aspirantesaos postos en comisión de servizos
  4.  D) Das valoracións que deron aos distintos nomeamentos

 

  • Que ao inicio do mandato 2019/23 descoñecíamos que persoas foron elixidas para ocupar os postos en CS.

 

  • Que a raíz da denuncia no xulgado comezaron a publicar as resolucións co nome das persoas elixidas nas CS.

 

  • Que , logo da primeira sentenza sobre a falta de transparencia en febreiro de 2022, comezaron a aparecer por primeira vez nas resolucións no apartado que o concello denominou CONSIDERACIÓNS LEGAIS E TÉCNICAS, uns códigos de verificación que daban acceso a través da web municipal https://servicios01.coruna.gal/valida/, aos electrónica (CVE) informes dos distintos responsables que avaliaron a idoneidade das persoas nomeadas en CS. A pesar das reiteradas denuncias da  CIG sobre a falta de transparencia nunca foi comunicado que existía o  acceso a estes documentos, foi pola denuncia a título persoal dunha delegada da CIG  que estaba interesada nun proceso, que soubemos a existencia deles.

 

  • Que en xuño e en outubro de 2023, baseándonos na sentenza do TSXG 00399/2023, solicitamos tanto a anulación dos postos nomeados en CS que teñen adxudicación definitiva como a non convocatoria de ningún outro que tivera esta circunstancia, solicitude que non tivo ningún tipo de resposta.

 

A maiores dos puntos mencionados anteriormente DICIR:

 

Que o acceso aos mesmo non resultaba doado, non é a primeira vez que o persoal municipal desiste nos accesos ao portal mencionado, tal é así que algún/ha traballador/a municipal ten un certificado notarial que acredita os infrutuosos intentos de acceder a un expediente a través dos CVE, polo que non é algo puntual que se pode achacar a fallos técnicos ou a torpeza do usuario.

 

Que seguen a producirse situacións con algunhas CS de moi difícil explicación, a finais de novembro publicouse a resolución da CS do posto 329 a Xefatura de Departamento de Exp. E Colec. E M.H., unha CS que transcendeu a distintos medios de comunicación polas  suspicacias entorno ao proceso, esta resolución cos CVE é a última da que temos constancia a día de hoxe pois agora a pesar de que anuncian na web mupal a publicación de RESOLUCIÓNS, o que realmente anuncian son NOTIFICACIÓNS no que só mencionan a persoa elixida como información relevante, agachando o resto de información. Precisamente despois deste controvertido proceso, publicouse a notificación CS do posto 1911 Xefatura de Servizo de Edificación xa sen o CVE, que non estivo exenta de suspicacias tanto por como se produciu polo candidato elixido.

 

Que asemade do mencionado sobre os distintos criterios de publicación dende 2019, temos constancia dos atrancos ao persoal municipal que solicita información máis detallada destes procesos de CS por estar interesados/as nos mesmos, os atrancos mostrados polo servizo de persoal resultan sorprendentes porque a pesar das peticións claras e expresas sobre a ter COPIAS DIXITAIS dos expedientes, as persoas que os solicitan son inmersas nun tedioso proceso, os fan acudir de maneira presencial ante algún responsable de RR.HH. no que se lles da acceso a documentación só en papel con imposibilidade de sacar fotografías e  posteriormente logo de insistir nas COPIAS DIXITAIS, obrigan ao persoal a pagar taxas, para a CIG unha clara intimidación cando o persoal municipal exercita o  seu dereito a ter acceso a informes que lles afectan directamente.

 

Que observamos con preocupación a NON publicación de Resolucións das CS de postos dos que temos sospeitas fundadas que levan tempo sendo ocupados de facto, ben por ser renovadas tacitamente ou ben de postos que a pesar de ter titular e polo tanto NON VACANTES,  un exemplo ao do posto da Xefatura de Departamento de RR.HH. a do posto co código 0186, resulta inaudito que non existan publicacións previas ao respecto, entre outras cousas porque impide exercer o dereito ao recurso,  pois sen a pertinente publicación non cabe reclamación posible.

 

Polo anteriormente exposto SOLICITO:

 

  1. Que se publiquen os CVE agachados das notificacións dende finais de novembro de 2023

 

  1. Que se de acceso a calquera persoa interesada nos procesos de CS ás copias dixitais dos expedientes completos se ase o solicitan sen os atrancos amosados ata agora e sen as taxas aplicadas.

 

  1. Que se publiquen a totalidade de Resolucións da CS, tanto das renovacións como das novas antes da toma de posesión dos postos.

 

  1. De maneira reiterada, que se anulen todos aqueles nomeamentos en posto considerados NON VACANTES segundo os preceptos da Sentenza do TSXG 00399/2023.

 

 

 

A Coruña a 8 de Xaneiro de 2024

 

SRA.ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA

 

 

Ana Filgueiras Espasandín con D.I.XXXXXXXXX e enderezo  para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, nos locais sindicais da CIG,  na sua condición de secretaria  da Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña, EXPÓN:

Mediante anuncio de data 30 de novembro de 2023 publicouse a resolución da cobertura temporal  mediante comisión de servizos  do posto de traballo de Xefatura  de Servizo de Edificación (posto nº 1911).

POLO EXPOSTO, SOLICITO:

  • Información sobre cales foron os motivos que promoveron o cese de maneira selectiva  da persoa que anteriormente ocupaba mediante cobertura temporal  en comisión de servizos o posto de traballo de Xefatura de Servizo de Edificación (posto 1911).

 

  • Se o candidato elexido mediante a resolución mencionada cumpre o requisito de ESCALA e CORPO establecido na vixente RPT do Concello da Coruña para o posto 1911.

 

 

A Coruña a 12 de Decembro de 2023

 

 

 

 

 

 

 

 

 

SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA

Ana Isabel Filgueiras Espasandín, con DI XXXXXXXX e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretaria da Sección Sindical da CIG no concello da Coruña

EXPON:

Que o pasado 6 de xuño de 2023 presentamos no rexistro do Concello da Coruña un escrito con código de asento: RMPE170WYB no que solicitábamos que non se volveran a convocar mais coberturas temporais en comisión de servizos sen ter en conta o concepto que establece a sentenza do TSXG 00399/2023 para praza vacante, asemade a anulación das convocatorias anunciadas o pasado 1 de xuño que non cumpran este concepto.

Puidemos comprobar, salvo erro ou omisión, que os postos nº 58,98,159,180,1860,1862 e 1986 non cumpren o establecido na sentenza do TSXG 00399/2023 para praza vacante e, polo tanto, non poden ser cubertos temporalmente en comisión de servizos.

 

POLO EXPOSTO, SOLICITO:

 

Se anulen as coberturas temporais en comisión de servizos dos postos con nº de referencia na RPT: 58,98,159,180,1860,1862 e 1986 polo exposto nos parágrafos anteriores e tamén no escrito presentado o día 6 de xuño de 2023 con código de asento: RMPE170WYB.

 

A Coruña a 29 de setembro de 2023

 

SRA.ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA

Aqui podedes atopar o seguimento para este novo mandado 2023/2027 das convocatorias das COMISIÓNS DE SERVIZO promovidas polo Concelleiro de Persoal Jose Manuel Lage Tuñas:                                                                                                                              

                 visita/descarga o pdf  LIGAZÓN

Na seguinte LIGAZÓN, podedes consultar a sentenza 550/2023 do TSXG gañada sobre as COMISIÓNS DE SERVIZO, a xustiza segue a darnos a razón, neste caso sobre a falta de transparencia, o problema a lentitude dos procedementos xudicias, os tempos con este asunto foron:

  • 18 xaneiro de 2021 solicitude da CIG
  • 2 febreiro de 2022 sentenza gañada pola CIG no Contencioso Administrativo
  • 29 xuño de 2023 sentenza do TSXG que recoñece o dereito a recibir distinta información sobre as CS

 

O TSXG obriga ao concello a facilitar a seguinte información: 

   A) De todas as resolucións dictadas en todos os nomeamentos de funcionarios en comisións de servizo dende o 24 de xuño de 2019 que non se houberan informado

   B) Das motivacións de urxencia e inaplazable necesidade para cubrir eses posto en comisión de servizos

   C) Dos criterio utiliazados para a selección dos aspirantes aos postos en comisión de servizos

   D) Das valoracións que deron aos distintos nomeamentos

 

Median máis de dous anos entre a solicitude e a obriga que ten o Goberno Municipal en achegar a información, tal é a demora que temos nova corporación, eso sí coincide a responsabilidade de persoal na mesma persoa, agora vai ter que explicar todos procesos que deron lugar aos nomamentos , incluído tres que formaban parte do seu organigrama e que cando chegou a María Pita xa estaban ocupados e que conforman un trío de xefaturas do máximo control municipal, concretamente as xefaturas de servizo de:

  • PERSOAL
  • CONTRATACIÓN
  • INTERIOR

Nestes casos, provocou ceses que non fixo nas outras xefaturas de servizo, seguramente porque non tiña capacidade noutras concellarías (agora controla cinco), para dúas achegaronse persoas alleas ao persoal municipal, a outra persoa que estaba nunha situación de adscripción provisional neste concello mudou de posto pero no de situación, algo totalmente irregular segundo o art 63 RD 364/1995,  para eles estará todo ben motivado (mantra utilizado polos máximos responsables) cando acheguen a información faremos a nosa valoración da que informaremos coma sempre, aínda quedan casi 30 días para que a sentenza sexa firme, solicitaremos a execución e volta a marear a perdiz, quizáis a finais de ano teremos algo de información de como se produciron... se non ao tempo.

Á vista de todo o que acontence sobre os NOMEAMENTOS DIXITAIS do Señor Lage Tuñas, non é de extrañar que se tomen represalias contra quen deixa ao descuberto a súa xestión en materia de persoal.

Quenes analizan isto dende fora do concello fan unha dianosis moi clara, cando expusemos aos Responsables Nacionais da CIG o expedente aberto a unha delegada da CIG que gañou varias sentenzas contra estas irregularidades,  estableceron claramente unha ligazón, UN ATAQUE AO TRABALLO SINDICAL PORQUE DAS IRREGULARIDADES FIXERON UN MODELO DE XESTIÓN.

 

Ana Isabel Filgueiras, con DI xxxxx e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de  secretaria da Sección Sindical da CIG no concello da Coruña

EXPOÑEMOS

Que a INSTRUCIÓN 3/2020: PROCEDEMENTO INTERNO DE XESTIÓN DOS PROCESOS DE PROVISIÓN TEMPORAL DE POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DA CORUÑA

 Ten como:

Primeiro.- Obxecto

A presente circular ten por obxecto o establecemento dos supostos nos que se procederá á provisión temporal de postos de traballo no Concello da Coruña mediante comisións de servizo, adscricións provisionais (nos supostos de persoal funcionario que non estea destinado nun posto con carácter definitivo) e adscricions temporais de funcións, cando se produza algunha das seguintes circunstancias:

  1. a) Existencia de prazas vacantes.
  2. b) Sustitución transitoria dos titulares con dereito a reserva do posto de traballo.

Que o pasado 10 de maio  o TSXG na sentenza SENTENCIA: 00399/2023 entre outras cousas establece que:

soamente pode conceptuarse como praza vacante, para os efectos da cobertura por comisión de servizo, aquela que non teña un titular para quen se reserve, porque nese caso está provista definitivamente e non pode ser incluída na seguinte convocatoria

Que recentemente houbo convocatorias amparadas na devandita instrución.

Polo anteriormente exposto:

SOLICITAMOS

En primeiro lugar que non se volvan a convocar máis coberturas temporais sen ter en conta o concepto que establece a sentenza do TSXG 00399/2023 para praza VACANTE, asemade a anulación das convocatorias anunciadas o pasado 1 de xuño que non cumpran este concepto.

En segundo lugar que, tendo en conta a situación da tenencia da ALCALDÍA EN FUNCIÓNS e a falta dun claro responsable de persoal nun futuro próximo, non se proceda á convocatoria de máis comisións de servizo ata a formación dunha nova corporación municipal.

A Coruña a  6 de xuño de 2023

  

SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA

O TSXG anula, só nos casos que afectan aos recorrentes, criterios da Xunta para cubrir postos con comisións de servizos na Administración de Xustiza

A Sala explica que os recorrentes argumentan que algúns dos apartados da resolución “vulneran o dereito fundamental dos funcionarios de carreira a acceder aos postos de traballo mediante o sistema de provisión por substitución e dos funcionarios interinos a acceder ás funcións públicas en condicións de igualdade"

Autor Comunicación Poder Judicial

A sección primeira da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acolleu parcialmente o recurso interposto por nove persoas contra a resolución do 21 de marzo de 2022 da Dirección Xeral de Xustiza da Xunta, na que se estableceron criterios para a cobertura de postos de traballo mediante comisións de servizos no ámbito da Administración de Xustiza de Galicia. Desta forma, declarou a nulidade dos seguintes preceptos, en canto prexudiquen aos nove demandantes: os apartados c) e i) do artigo 3, a fin de que se exclúa da consideración de praza vacante, para os efectos da súa cobertura temporal por comisión de servizos, a excedencia voluntaria por coidado de familiares e a liberación sindical; así como do apartado 1 do artigo 2, que outorga preferencia á cobertura por comisión de servizos fronte á substitución.  

Na sentenza LIGAZÓN, a Sala explica que os recorrentes argumentan que algúns dos apartados da resolución “vulneran o dereito fundamental dos funcionarios de carreira a acceder aos postos de traballo mediante o sistema de provisión por substitución e dos funcionarios interinos a acceder ás funcións públicas en condicións de igualdade e cos requisitos que sinalen nas leis, recoñecido no art 23.2 da CE”. Así, subliñan que o sistema que establece a resolución da Xunta “deu lugar a que se reduciron os nomeamentos por substitución e deixouse de chamar a funcionarios interinos para cubrir postos vacantes, excedencias e liberacións sindicais, cando tiñan dereito a iso, o que lles ocasiona a uns e a outros unha discriminación”. 

Na resolución, os maxistrados a Sala analizan a pretensión de anulación dos apartados c) e i) do artigo 3 da resolución, “#a fin de que se exclúa da consideración de praza vacante, para os efectos da súa cobertura temporal por comisión de servizos, da excedencia voluntaria por coidado de familiares e da liberación sindical”. Os xuíces conclúen que o “orzamento esencial para que poida procederse á cobertura temporal dun posto en comisión de servizo é que este se ache vacante”. Por tanto, manifestan que, se o posto para cubrir non está vacante, “non cabe acudir á comisión de servizos para a súa provisión temporal”. 

“Por conseguinte, soamente pode conceptuarse como praza vacante, para os efectos da cobertura por comisión de servizo, aquela que non teña un titular para quen se reserve, porque nese caso está provista definitivamente e non pode ser incluída na seguinte convocatoria”, recalca o TSXG, que entende que é ilegal a inclusión como vacante nos dous supostos que indican os recorrentes: tanto no caso de excedencia voluntaria por coidado de familiares como no de liberación sindical.

A seguinte pretensión que examina a Sala na resolución é a da anulación do artigo 2.1 da resolución do 21 de marzo de 2022, no que para a cobertura temporal dun posto de traballo concédese preferencia á provisión mediante comisión de servizos por persoal funcionario de carreira fronte á substitución. Ese artigo, segundo subliña, “contravén frontalmente o establecido no artigo 73.3 do RD 1451/2005, sempre que outorga preferencia á cobertura por comisión de servizos fronte á substitución, ao contrario do que se recolle no inciso terceiro do artigo 73.3 RD 1451/2005”, polo que decreta que procede a súa anulación. 

O TSXG recalca que “só o cabe acordar a nulidade daqueles nos que os recorrentes poidan ser prexudicados, pois noutro caso a estimación do recurso excedería do ámbito da  súa lexitimación”. O fallo non é firme, pois cabe presentar recurso de casación ante o Tribunal Supremo.

José María Calatayud Sánchez co DI XXXXe enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña 

MANIFESTA:

Que temos constancia de que no Concello da Coruña existe  a provisión temporal de postos  en COMISIÓNS DE SERVIZO que non están convocados en ningún tipo de CONCURSO. A pesar de telo solicitado, descoñecemos o número real deles nin de como se realizaron os procesos selectivos se é que os houbo.

Que tamén temos constancia de que algúns destes postos superan os dous anos en COMISIÓN DE SERVIZOS.

Que neste Concello existe unha sentenza de outubro de 2018 firme dende 2019 que anulou 152 COMISIÓNS DE SERVIZO por exceder ou dous anos permitidos,  a execución da mesma é a provisión destes por CONCURSO ORDINARIO, execución só efectivizada para postos do grupo C e Asociacións Profesionais.

Que o resto de postos afectados pola sentenza que pertencen ao grupo A  están afectados  en procesos de provisión definitiva,  a maioría no CONCURSO C.E. 1/2019, con bases publicadas o 24 de maio de 2019, con prazo de presentación  de instancias ao mesmo o 23 de setembro de 2020 e que actualmente (4 anos despois da sentencia inicial) aínda está na fase de valoración de méritos.

Que os postos de XEFATURAS DE SERVIZO non figuran no mencionado CONCURSO C.E. 1/2019, porén algúns están inmersos en  CONCURSOS ESPECIFICOS que tiveron en 2019  data limite na presentación de instancias para participar nos mesmos:

  • SEL2019005 CONCURSO ESPECÍFICO POSTO DE XEFE/A DE SERVIZO DE XESTIÓN TRIBUTARIA POSTO CÓDIGO 104 Publicación anuncio D.O.G.: 6 de marzo de 2019
  • SEL2019014 CONCURSO ESPECÍFICO POSTO DE XEFE/A SERVIZO DE MUSEOS CIENTÍFICOS POSTO CÓDIGO 165 Publicación anuncio D.O.G.: 6 de marzo de 2019
  • SEL2019012 CONCURSO ESPECÍFICO POSTO DE XEFE/A SERVIZO MEDIO AMBIENTE POSTO CÓDIGO 1115 Publicación anuncio D.O.G.: 6 marzo de 2019
  • SEL2019018 - CONCURSO ESPECÍFICO POSTO XEFE/A DEPARTAMENTO CONTROL FINANCEIRO E FISCALIZACIÓN POSTO CÓDIGO 1223 Publicación anuncio D.O.G.: 3 de abril de 2019
  • SEL2019004 CONCURSO ESPECÍFICO POSTO DE XEFE/A SERVIZO DE REHABILITACIÓN E VIVENDA POSTO CÓDIGO 1551 Publicación anuncio D.O.G.: 6 de marzo de 2019
  • SEL2019007 CONCURSO ESPECÍFICO POSTO DE XEFE/A SERVIZO DE EDIFICACIÓN POSTO CÓDIGO 1911 Publicación anuncio D.O.G.: 6 de marzo de 2019
  • SEL2019003 CONCURSO ESPECÍFICO POSTO DE XEFE/A SERVIZO DE INFORMÁTICA POSTO CÓDIGO 2088 • Publicación anuncio D.O.G.: 6 de marzo de 2019
  • SEL2019006 CONCURSO ESPECÍFICO POSTO DE XEFE/A DE SERVIZO INNOVACIÓN E DESENVOLVEMENTO TECNOLÓXICO POSTO CÓDIGO 2118 Publicación anuncio D.O.G.: 6 de marzo de 2019

 

Destes descoñecemos se están ocupados en COMISIÓN DE SERVIZOS e dende cando, porén tivemos constancia da convocatoria en COMISIÓN DE SERVIZOS dos seguintes cunha duración superior aos dous anos:

        

  • SEL2019019 - XEFE/A SERVIZO PERSOAL POSTO CÓDIGO 169 3 de abril de 2019 Publicación anuncio D.O.G.: 3 de abril de 2019 e convocado en dúas ocasións en CS o 24 de xullo de 2020 e a inicios de 2021
  • SEL2019008 CONCURSO ESPECÍFICO POSTO XEFE/A SERVIZO EMPREGO E EMPRESA POSTO CÓDIGO 200 Publicación anuncio D.O.G.: 6 de marzo de 2019 e convocado en CS o 15 de outubro de 2019
  • SEL2019010 CONCURSO ESPECÍFICO POSTO XEFE/A SERVIZO DE CONTRATACIÓN POSTO CÓDIGO 258 • Publicación anuncio D.O.G.: 6 de marzo de 2019 e convocado en CS o 20 de novembro de 2020
  • SEL2019020 CONCURSO ESPECÍFICO XEFA/A DE XUSTIZA SOCIAL POSTO CÓDIGO 1372 Publicación anuncio D.O.G.: 30 de abril de 2019 e convocado en CS o 3 de outubro de 2019
  • SEL2019017 XEFE/A DE SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL POSTO CÓDIGO 1451 Data publicación DOG: 13 de marzo de 2019 e convocado en CS o 18 de xullo de 2019
  • SEL2019009 CONCURSO ESPECÍFICO POSTO DE XEFE/A SERVIZO DE IGUALDADE E DIVERSIDADE POSTO CÓDIGO 1500 Publicación anuncio D.O.G.: 6 de marzo de 2019 e convocado en CS o 14 de xullo de 2020
  • SEL2019013 CONCURSO ESPECÍFICO POSTO DE XEFE/A SERVIZO DE MOBILIDADE URBANA POSTO CÓDIGO 1697 Publicación anuncio D.O.G.: 6 de marzo de 2019 e convocado en CS o 6 de novembro de 2019
  • SEL2019011 CONCURSO ESPECÍFICO POSTO DE XEFE/A SERVIZO DE INTERIOR E ATENCIÓN CIDADÁ POSTO CÓDIGO 1940 Publicación anuncio D.O.G.: 6 de marzo de 2019 e convocado en CS o 14 de agosto de 2020

A pesar de que todos os procesos de CONCURSOS ESPECÍFICOS, foron publicados previamente ao CONCURSO CE 1/2019 (maio de 2019), levan paralizados dende marzo de 2019,  a día de hoxe non hai nomeados nin os tribunais para os concursos de moitos postos de funcionarios/as que teñen as maiores responsabilidades neste concello.

 

Polo anteriormente exposto

SOLICITO:

A anulación de todas aquelas COMISIÓNS DE SERVIZO cunha duración de máis de dous anos que non están convocadas en ningún proceso de provisión de postos definitivo.

A anulación de todas aquelas COMISIÓNS DE SERVIZO de Xefaturas de Servizo que excedan os dous anos de duración que a pesar de estar convocadas en distintos CONCURSO ESPECÍFICOS, levan paralizados dende o primeiro trimestre de 2019.

Asemade o  reinicio dos procesos anunciados nos distintos D.O.G. que afectan aos postos de maior responsabilidade neste concello.

 

A Coruña a  28 de outubro de 2022

 

 

SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA

 

José María Calatayud Sánchez co DI xxx080Z e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña

MANIFESTA:

O día 4 de maio de 2022 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dictaba sentenza nº 00363/2022 (recurso de apelación 246/2021) estimando parcialmente o recurso de apelación interposto pola CIG mediante o seguinte fallo:

“ESTIMAR el recurso de apelación interpuesto por la Confederación Intersindical Galega contra la sentencia nº 61/21, de fecha 29 de marzo de 2021, del Juzgado de lo contencioso-administrativo nº 3 de A Coruña, y, en consecuencia, REVOCAR la misma. Sin costas.

ESTIMAR PARCIALMENTE el recurso contencioso-administrativo interpuesto por la entidad citada contra la resolución de 8 de septiembre de 2020 del Concejal Delegado de Economía, Hacienda y Régimen Interior, por delegación de la Junta de Gobierno Local de A Coruña, desestimatorio del recurso de reposición contra el anuncio de 10 de julio de 2020, publicado en la web municipal, por el que se convoca la cobertura temporal mediante comisión de servicios del puesto de Técnico de Protección de Patrimonio Histórico de Vía Pública y Patrimonio (Puesto 1881 vacante en la RPT), y en consecuencia, anular la actividad administrativa impugnada relativa a la cobertura temporal mediante comisión de servicios del puesto de trabajo 1881 de la RPT, de Técnico de Protección de Patrimonio Histórico Vía Pública y Patrimonio, y desestimando el resto de lo solicitado. Sin costas.”

 

POLO EXPOSTO SOLICITA:

  • Se informe a esta sección sindical de como se levou a cabo a execución da sentenza arriba mencionada por parte do Concello da Coruña.
  • Se informe a esta sección sindical si a persoa que ocupaba esta comisión de servizos continua a día de hoxe exercendo as mesmas funcións e si percibe algún tipo de productividade ou gratificación extraordinaria polas mesmas.

 

A Coruña a 20 de setembro de 2022

Para algunhas persoas as Comisións de Servizo son recorrentes, o caso que imos narrar é dun funcionario que conta con tres nomeamentos en CS, primeiro saltando do orixe  ao posto 1884, despois ao posto 1882 e finalmente ao 1881 (colgan xerarquicamente entre eles), só cun impas na situación de CS entre o 1882 e 1881, entre abril de 2019 a xullo de 2020, tempo no que debería retornar obrigatoriamente ao seu posto orixe (delineante) por mor dunha promoción interna ao grupo B, poren estivo estes 15 meses sen exercer ese posto, ocupado en tarefas supoñemos que do posto 1882. A carreira administrativa a través de comisións de servizo deste funcionario, non a desfrutaron o resto de delineantes, a pesar de que este foi o último en ter en propiedade un posto de nivel 18.

Os procesos non estiveron carentes de polémica, no xulgado dende 2018 en dúas denuncias distintas que remataron no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza:

  • 1882 por ser excluido da PRIMERIA FASE DO CONCURSO, escapou con falsidades da defensa municipal no TSXG
  • 1881 por ser excluido da SEGUNDA FASE DO CONCURSO, neste caso o TSXG anula a Comisión de Servizos, xa veremos como a executan

 

A PRIMERIA  DESCOÑECIDA ATA A SENTENZA DA Cont.Adm. 134/18

Era coñecido que este funcionario,  exercía funcións na vía pública en contraposición das que realizaban o resto de delineantes, o que non sabíamos era o motivo (tivemos constancia pola documentación que persoal achegou ao xulgado logo dun apercibimento do propio xulgado por non entregala) , estaba en COMISIÓNS DE SERVIZO no posto Engdo Insp Vía Publica (co código na actual RPT 1884) e que tiña un plus de TC, segundo a taboa de 2021 máis de 54.62€ mes, respecto ao posto en propiedade.

Nota:  supoñemos que o posto ocupado corresponde actualmente co 1884 e non co  1883 pois non existían códigos antes da RPT anterior ao 2017, facemos esta suposición porque na primeira fase de concurso incluíron o 1883 por estar ocupado en CS e este funcionario xa ocupaba o 1882, en todo caso ou o 1884 ou o 1883.

 

A SEGUNDA  DAS URXENCIAS, DA OPACIDAD E DAS CONFUSIÓNS QUE SE CONVERTEN EN MENTIRAS

Este funcionario, non sendo un dos funcionario de careira con maior antigüidade do seu servizo, nin do seu posto, nin do seu subgrupo, no 2014 e sen mediar publicidade foi nomeado en comisión de servizo por segunda ocasión no posto 1882 Encargado de Vía Pública que tiña como requisito de acceso ter a titulación de Delineante, no informe aparece o recurrente argumento de urgente necesidade da cobertura do posto”. Nesta ocasión a diferencia salarial respecto ao Delineantes foi (sobre taboa de 2021 a da CD +50€ e da ED 564,20€ ) de mais de 500€ (se restamos os 95€ de productividade). Curioso tamén que na modificación da RPT de 2017 eliminaron o requisito de acceso da titulación de Delineante para o posto 1882, asemade engadiron formación complentaria Crtl Arqueolóxico e Tec PRL, ista formación non existía na anterior RPT de 2014 cando accedeu o funcionario en CS. .

É importante sinalar que en paralelo a un proceso de promoción interna do C1 ao B para o corpo de Delineantes que cumpriran requisito de titulación , a maioría dos/as delineantes/as promocionados/as participaron na primeira fase do concurso en postos de vía publica,  postos 1883, 1885 e 1886..., pero non o puideron facer no 1882 porque naquel momento o Goberno Municipal eliminouno da PRIMEIRA FASE DE CONCURSO, a pesar de que este posto estaba afectado pola sentenza das CS que declaraba ilegais as que superasen os dou anos. A CIG denunciouno no xulgado, na sentenza do Cont. Adm. núm 3 do 7 de maio 00103/2019, se aprecia na defensa municipal que xoga a confundir entre ADM XERAL e ADM ESPECIAL:

“…las dos primeras estaban definidas en la relación de puestos de trabajo como pertenecientes a la escala de Administración Especial, de modo que como aquella convocatoria se refería a puestos de trabajo de la escala de Administración General, no era en ella donde se tenían que incluir (al parecer, está prevista una convocatoria especial para aquellos puestos de trabajo vacantes). Y en cuanto a las otras tres, no se trataba de puestos de trabajo vacantes, sino que pertenecían a titulares que se encontraban en comisión de servicios en otros puestos de trabajo, de modo que tampoco se podían incluir en la referida convocatoria.  Por todo ello se tiene que desestimar esta pretensión y, con ella, la totalidad del recurso.”

É falso que o CONCURSO foxe dividido en ADM ESP E XERAL, a realidade e que todos/as coñecedes é que está dividido entre os grupos A na SEGUNDA fase e o resto da PRIMEIRA que foi a recorrida.

  • 1ª FASE: 150 abertos só a administración xeral(o 67%), 40 abertos só a administración especial(o 18%) e 31 aberto a ambas (o 14%).
  • 2ª FASE:76 que son só de administración especial (o 57%), 39 abertos as administracións xeral e especial(o 29%) e 19 só para administración xeral(o 14)

A CIG recorreu a sentenza, na do TSXG 000148/2020 de 15 de maio de 2020 (no inicio da pandemia) pois ben agora o argumento usado pola asesoría xurídica municipal é: “...Seguidamente se refiere la apelación a ocho puestos de trabajo de los que la Administración rechaza su oferta porque, aunque están vacantes, no están presupuestados

Incluso nos afea a sentenza:  En esa alegación se aprecia una confusión entre los conceptos de relación de puestos de trabajo y plantilla.

Para concluir: Por tanto, es perfectamente factible que puestos que figuran como vacantes en la RPT no estén presupuestados, que es lo que ocurre en el caso presente con aquellos ocho puestos, tal como se ha justificado por el Concello de A Coruña.” A CIG sempre se queixou da falta de información que se nos facilitaba sobre o cadro de persoal, non ía ser unha excepción neste litixio e xogaron a trileros cos postos vacantes e orzados.

A pesar do vertido no sentenza e en concreto do posto 1882, este estaba ocupado no momento do RECURSO de REPOSICIÓN da CIG en xuño de 2018 e tamén no momento da presentación do Contencioso Administrativo o 16 de xaneiro de 2019, polo tanto orzado no 2019.

É de coñecemento público que na propia asesoría xurídica hai persoal en CS e ten a obrigación de presentarse ao CONCURSO,  polo tanto coñecen o contido das BASES, deberíamos preguntarnos, Quen marca as liñas de defensa en materia de persoal neste concello?

 

ENTRE A SEGUNDA E A TERCEIRA  MANTENSE O TRATO DIFERENCIAL ENTRE IGUAIS

En 2019 a totalidade de Delineantes que reunían o requisito de titulación, promocionaron do subgrupo C1 ao grupo B, tomando posesión do mesmo a todos os efectos o 26 de marzo de 2019, o funcionario do que falamos estaba entre este grupo, polo que automaticamente tivo que cesar no posto 1882 na toma de posesión como de Tec. Sup. En Delineación encadrado entre os postos 1896 e 1902, algo que fixo a nivel burocrático, pero non de maneira efectiva, seguiu realizando labores relacionadas co anterior posto na vía pública, todo consentido ou promovido por quen ostenta a xefatura de servizo de infraestruturas  e que está detrás de informes que avalan as últimas COMISIÓNS DE SERVIZO no 1882 e 1881 (o servizo de persoal avalía esta forma de proceder).

Como comentamos no anterior apartado, o grupo de Delineantes ca titulación requirida foi promocionado ao grupo B en 2019, foi froito da presión que fixeron ao presentarse masivamente á PRIMEIRA fase do CONCURSO (curioso que si foran admitidos/as nesta fase sendo de adm. especial en contra do que afirma o letrado municipal na sentenza) na que optaban entre outros aos postos de Inspección en Vía Pública, no servizo de persoal deberon pensar erroneamente que ao pasar a un grupo superior quedaban excluídos inmediatamente do CONCURSO.

Quedará como anécdota do trato que se da a outras persoas, que o 2 de abril de 2019 os/as Delineantes/as, xa no grupo B, que solicitaron participar na fase de CONCURSO onde se ofertaron os postos mencionados, foron convocados  pola que por aquel entón era xefa do servizo de Persoal, nesa xuntanza comentoulles que xa tiñan alcanzado o grupo B e pregúntolles se querían renunciar a participar (non os podía obrigar)  na PRIMEIRA fase do CONCURSO, algún asistente antes de asinar unha folla de renuncia que traía preparada a xefa de persoal, pediulle unha boa valoración do posto de Téc. Sup. en Delineación por agravio comparativo cos postos aos que se optaba no concurso que carecían de especialización pero que tiñan complementos superiores, a xefa de servizo de Persoal recoñeceu aquel día o mal valorado deste posto, todos accederon a renuncia á espera dunha nova valoración (dous xubiláronse e algún está próximo)

 

A TERCEIRA CS ANULADA NO TSXG

O  terceiro posto en CS foi o de Tec de Protecc e Patrimonio (ref 1881) este encadrado no grupo B e de nivel 22, o nomeamento en CS foi moi controvertido pois foi creado no 2017 pola necesidade de crear un perfil técnico na RPT e realizar, de xeito efectivo, o mantemento do Patrimonio Arqueolóxico, este posto foi convocado en comisión de servizos 10 de xullo de 2020, 4 días despois o 14 de xullo de 2020 o BOP publica a listaxe de postos da segunda fase de CONCURSO, foi recorrido por nós, a sentenza do TSXG 00363/2022   anula o proceso porque desta comisión de servizo, non acepta o argumento de que a comisión de servizos fora posterior á publicación do concurso, En el caso presente, resulta indudable la cercanía entre las fechas de convocatoria del concurso e inclusión en el de plazas vacantes con la convocatoria para la cobertura del puesto en cuestión...

Quixeron novamente evitar introducilo no CONCURSO como fixeron na anterior fase pero non lles saíu ben nesta ocasión, debían ter moita presa por outorgar a CS.

 

DA CREACIÓN DO POSTO EN CANTO AS COMPETENCIAS DE TITULACIÓN

O posto 1881 foi creado na RPT de 2017, no informe deste novo posto foi  o Proyecto marco de Mantenimiento y Conservación de yacimientos arqueológicos do Concella da Coruña. O 1881 asemade que o 1882 ten como formación complentaria Ctrl Arqueolóxico, (formación á que poido acceder o funcionario elixido a través da formación municipal no período 2014 a 2019?)  Este posto ten nivel 22, un plus TC e un Factor de Responsabilidade 9, son 323€ respecto ao resto de Técnicos Superiores en Delineación, asemade da contía económica sumaría méritos (por dous anos) no posto cara a un futuro concurso.

Imos as funcións deste posto, que no informe para incluílo na RPT especifica: “será o apoio técnico do xef de unidade e que avaliará as posibles afeccións ao patrimonio municipal, emitindo informes técnicos necesarios, valoracións de danos, redacción de memorias valoradas, etc.”

Por outra banda a Lei 2/2015 de Emprego Público de Galiza que especifica as Escalas, Grupos e Especialidades cas súas funcións e titulacións, concretamente na especialidade de “Bens artísticos e arqueolóxicos” na Disposición adicional octava están:

  • SUBGRUPO: A2
  • TITULACIÓNS: Diplomatura o grado en Bellas Artes; diplomatura o grado en Conservación y Restauración de Bienes Culturales; título superior en Conservación y Restauración de Bienes Culturales, o cualquier otra diplomatura o grado universitario del ámbito de la restauración de bienes culturales
  • FUNCIÓNS: Funciones de apoyo en materia de estudio, informe, gestión, redacción, ejecución, dirección, supervisión, propuesta de resolución e inspección sobre intervenciones de conservación y restauración de bienes culturales, no reservadas al cuerpo facultativo superior. – Cualquier otra de análogo contenido o que tenga relación con las funciones anteriores.

O encadrado no A2, parece coincidir cas funcións do informe que o crea este posto 1881 na RPT de 2017, o que non figura nestas funcións son as que a Lei 2/2015 ten para Delineantes e que limita claramente:

  • GRUPO: B
  • TITULACIÓNS: – Técnico superior en Proyectos de Edificación o en Proyectos de Obra Civil o en Diseño en Fabricación Mecánica o en Diseño y Edición de Publicaciones Impresas y Multimedia, o equivalentes.
  • FUNCIÓNS: Ejecución, colaboración y apoyo a los cuerpos facultativos de grado superior y medio en las tareas propias de su profesión.

Para nós, forzouse a creación deste posto en canto ao barrado dos grupos A2/B, mestura 3 titulacións para o acceso, as B04 un FPII e as de 4403 E 4404 Diplomaturas en Belas Artes e en Historia do Arte respectivamente, claramente a de FPII non cumpre o requisito legal na ESPECIALIDADE DE BENS ARTÍSTICOS E ARQUEOLÓXICOS da Lei 2/2015.

O funcionario que accedeu ao posto 1881  o fixo pola súa titulación de acceso á administración pública , a de FPII e non as outras que figuran na RPT, Diplomaturas en Belas Artes ou Historia do Arte (da que sabemos cursou), é irrelevante na administración posuír outra titulación no exercicio do posto, claro está que sempre queda unha promoción interna... que cada quen pense o que considere.

 

O NOMEAMENTO O QUE COÑECEMOS DO PROCESO ATA QUE SE RESOLVA NO XULGADO

En canto o proceso de selección, por mor da sentenza do SUPREMO de 24 de xuño de 2019 (xa gobernaba o PSOE en solitario) rec.1594/2017 establece a obrigatoriedade da publicidade  nas convocatorias de provisión de postos de traballo polo sistema de comisión de servizo. Pola información dun interesado no proceso e que ocupa en propiedade un posto de Xefatura de Delineación 1198 con nivel 20 , podemos afirmar que o funcionario elixido para o posto ten menor nivel consolidado (2 menos) e  menor antigüidade (13 anos en concreto) no Concello que este outro candidato, non sabemos se houbo mais candidatos,  de momento descoñécense os criterios de selección se é que os houbo. O sindicato CIG ten unha sentenza que obriga a facilitar esta información 00017/2022, está recorrida polo Concello da Coruña.

Este nomeamento está afectado por dúas sentenzas, a do TSXG que anula o proceso e a que obriga a facilitar a información.

 

CONCLUSIÓNS

Para a CIG, modificaron ad hoc a RPT e preparan os tempos para as COMISIÓNS DE SERVIZO ou CONCURSOS (excluíndo os postos) e así evitarlle competencia con outros/as candidatos/as mentres aumenta méritos cara a un nomeamento definitivo, recordamos novamente que o tempo en CS suma como mérito en dous anos cara a concursos futuros. Recordar que non é o primeiro posto que sendo ocupado por este delineante é modificado na RPT a posteriori sen, que para nós exista a xustificación pertinente, pero o papel o aguanta todo se ven precedido pola, POTESTADE AUTOORGANIZATIVA, revisando o histórico, non sería  raro unha modificación deste posto ou porqué non unha promoción interna do B ao A2, con bases que poderían supoñer vantaxe sobre o resto pola particularidade da titulación solicitada e posible consolidación de niveis.

Se ben é certo que o contando nesta información forma parte dunha traxectoria en COMISIÓNS DE SERVIZO con distintos gobernos municipais, a diferencia co actual GOBERNO SOCIALISTA é:

  • unha sentenza pendente de executar do 2018 que afectou a 151 postos.
  • unha proliferación de novas CS (194 procesos) que caerán na mesma situación que a que provocou a sentenza de 2018.
  • unha sentenza do SUPREMO dende xullo de 2019 que pon fin ao uso e abuso das CS.

 

O RESUMO DA TRAXECTORIA PROFESIONAL EN POSTOS DECLARADOS ILEGAIS OU ANULADOS OS PROCESOS DE CS (xa comentado no corpo do correo)

Sobre os postos ocupados en Comisións de Servizos nunha década por este funcionario e que colgan xerarquicamente entre eles e que algún foi modificado unha vez ocupado por este funcionario en canto a titulación ou formación:

  • Comisión de servizo no Posto código 1884 que saibamos dende 2012 ou 2013(antes era interino) ao 2014 (coñecida esta CS pola sentenza das CS 134/18) con plus de TC respecto ao seu posto orixe
  • Comisión de servizo declarada ilegal por superar os dous anos no Posto código 1882 dende 2014 a 2019, con dous niveis + de destiño e Especial Dedicación respecto ao seu posto orixe (posto excluído do CONCURSO)
  • Comisión de servizo anulada no Posto código 1881 dende 2020 a data da sentenza (anulada a convocatoria de CS na sentenza TSXG 366/2022 por non aceptar a motivación da mesma sobre a urxencia e necesidade) con catro niveis + de destiño, con plus de TC e con 2 niveis + no complemento específico respecto ao seu posto orixe