imprimir

Como moitas/os de vos saberedes o Gas Radón é un gas radioactivo, incoloro, inodoro e insípido, que segundo a organización mundial da saude(OMS) é a segunda causa de cancro de pulmón despois do tabaco. LIGAZÓN

Os niveis que establecen distintas organizacións e adminstracións son de:

A primeiros deste ano, tanto a Concelleira de persoal como o Servizo de Saúde Laboral informaron as/os delegadas/os de saúde Laboral de distintas medicións en centros de traballo municipais e que tomaron como límites máximos os que marcaba España no ano 2010 e non os de Europa que deberían ser tomados como referencia, o argumento utilizado por persoal foi que España non traspuxo a normativa europea e polo tanto non tiñan a obriga nin de actuar sobre os niveis superiores a 600Bq/m3 nin a informar as/os traballadoras/es, pero a Concelleira comprometeuse a facer actuacións para minimizar os focos  por riba dos 300 Bq/m3, pero negándose a informar das medicións para non xerar alarma entre as/os traballadoras/es afectadas/os.

Logo deste Comité de Saúde Laboral, a CIG fixo consultas xurídicas sobre a lexislación aplicable no territorio español e a resposta foi de que a normativa europea (300 Bq/m3) prevalece sobre a española e que sería de aplicación dende o 6 de febreiro de 2018.

Ademais desta consulta a nosa asesoría xurídica,  o 29 de maio rexistramos unha solicitude na Inspección de Traballo sobre a obrigación que ten o Concello da Coruña de informar ás/ós súas/seus traballadoras/es nas medicións superiores a 300 Bq/m3 . A isto contestáronnos o 5 de xuño que esta competencia pertence ata a data á Xunta de Galicia-Consellería de economía, emprego e industria a quen nos diriximos nunha solicitude o pasado 8 de xuño sen ter resposta ata hoxe.

A 10 de agosto aínda non fomos informados de ningunha obra ou actuación para os centros que superan os 300 Bq/m3 e ao mesmo tempo estanse normalizando estes niveis dende o Concello como adecuados pois nalgúns postos está sendo informadas/os as/os traballadores de que todo está ben, polo que vémonos na obriga de informarmos dos resultados achegados naquel comité de saúde laboral e nunha visita a Casa Paredes:

 

Este Goberno Municipal é moi recorrente a criticar toda a normativa estatal na que se escuda para non aplicar beneficios ao seu persoal, porén a aplica cando lle interesa, neste caso coa saúde laboral polo medio.

Temos solicitado en distintas Mesas Xerais de Negociación tratar novamente este tema e fomos acusados de ser alarmistas, mentres non  volvamos a abordar este problema, ben a través do Comité de Saúde Laboral ou por orde dun organismo superior, dende a CIG recomendámosvos que se vos é posible manteñades unha ventilación de aire nos vosos centros de traballo.

Categoría: SAUDE LABORAL
Visitas: 3474