imprimir

Ana Filgueiras Espasandín con D.I.xxxxxxx e José María Calatayud Sánchez con D.I.xxxxxxxxx con domicilio a efectos de notificacións nos locais sindicais da Sección Sindical da CIG do Concello da Coruña (Praza de María Pita S/N, 3ª planta.C.P:15001- A Coruña ), na súa condición de delegados de prevención do Concello da Coruña

EXPOÑEN

INSTRUCCIÓN IS-33

Que a instrución IS-33  do Consello de Seguridade Nuclear sobre criterios radiolóxicos para a protección fronte a exposición á radiación natural, establece os datos a incluír na declaración de actividades que realizan os titulares da actividade laboral nas que existan fontes naturais de radiación e en que casos este titulares deben remitir aos órganos competentes  en materia de industria das comunidades autónomas os estudos que se require no título VII do Regulamento de Protección Sanitaria contra Radiacións Ionizantes (PRSPI).

Que nos centros de traballo soterrados ou non, que se atopen en areas identificadas polos seus elevados niveis de radon débense realizar medicións para avaliar o risco.

CTE HS-6

Que o Proxecto do Real Decreto no que se modifica o Real Decreto 314/2006, de 17 de marzo, polo que se aproba o Código Técnico da Edificación (CTE) establece  a inclusión no requisito básico de habitabilidade unha nova exixencia regulamentaria de protección contra o radón establecida na Directiva 2013/59/EURATOM do Consello, de 5 de decembro de 2013, que di:“.. insta a los Estados miembro a establecer niveles nacionales de referencia para las concentraciones de radón en recintos cerrados, indicando que los niveles de referencia para el promedio anual de concentración de actividad en el aire no superarán los 300 Bq/m3.”

Que a devandita modificación desenvolve a sección HS-6 na que inclúe a clasificación de municipios en función do potencial e radón, nela o Concello da Coruña figura como MUNICIPIO DE ZONA II (a de maior potencial de radón) en canto aos territorios de actuación prioritaria a nivel municipal.

LEI 31/95

A lei 31/95 de 8 de novembro de Prevención de riscos laborais  establece o dereito dos traballadores a ser informados dos riscos para a súa saúde existentes no seu posto de traballo.

Por todo o exposto,

SOLICITAMOS:

1-Que se inste ao Concello da Coruña a informar por escrito a todos os traballadores municipais que superen os 300 Bq/m3 nos seus centros de traballo.

2-Que se nos informe por escrito aos delegados de prevención da totalidade de medicións efectuadas nos centros de traballo no que desenvolvan a súa actividade laboral os traballadores municipais. 

3-Que se faga un seguimento tanto pola Inspección de Traballo coma por parte da Consellería de Industria para que se adopten as medidas correctoras necesarias para reducir os niveis da gas radón aos niveis legalmente esixidos.

A Coruña a 28 de maio de 2019

A/A XUNTA DE GALICIA-CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA-XEFATURA TERRITORAL DA CORUÑA

A/A DA INSPECCIÓN DE TRABALLO E SEGURIDADE SOCIAL DA CORUÑA

Categoría: SAUDE LABORAL
Visitas: 1979