imprimir

 

ORDE DO DÍA:

 

A nosa Sección Sindical levaba como temas a tratar neste Comité de Seguridade e Saúde os seguintes:

Gas Radón nos centros de traballo municipais:

 Neste punto fomos informadas que en Xaneiro do 2025 está previsto sacar unha licitación para a medición dos niveis de Gas Radón en todos os centros de traballo onde haxa persoal municipal, estas medición realizaranse conforme ao esixido legalmente no artigo 75.c do Real Decreto1029/2022 de 20 de decembro polo que se aproba o regulamento sobre protección da saúde contra os riscos derivados da exposición ás radiacións ionizantes que establece que se deben realizar medicións en todos os centros de traballo situados en planta baixo rasante ou planta baixa nos termos municipais de actuación prioritaria.

Tamén nos informaron de que no centro de traballo da rúa da Franxa contratouse unha medición de Gas Radón, que foron colocados os medidores o día 10 de decembro  e os medidores estarán colocados ata o mes de marzo do ano 2025 en que se realizará un informe sobre os resultados.

Dende a nosa Sección Sindical insistimos na necesidade de transparencia na información ao persoal municipal  e estaremos vixiantes en que se realicen as medicións comprometidas en todos os centros de traballo,  que se informe adecuadamente ao persoal afectado e de que se adopten as medidas corretoras en caso de ser necesario.

Avaliacións de riscos psicosociais:

Fomos informadas de que a partir de Xaneiro de 2025 está previsto facer unha avaliación de riscos psicosociais a todo o persoal municipal, dende o departamento de prevención do Concello están pendentes de consultar co departamento de informática si é posible facer estas avaliacións a todo o persoal municipal ao mesmo tempo, si non é posible facelo así comenzarase polas áreas solicitadas pola nosa sección sindical (Servizos Sociais, Medio Ambiente e Urbanismo) e a continuación  o resto de áreas.

Queremos informarvos de que non imos a retirar a denuncia presentada na Inspección de Traballo en espera das actuacións do goberno municipal ao respecto.

Periodicidade das convocatorias do Comité de Seguridade e Saúde:

Con respecto a este punto comunicóusenos que se establecerán periódicamente reunións do grupo de traballo creado dentro do comité para as avaliacións de riscos psicosociais e que o comité de seguridade e saúde será convocado previa petición das delegadas de prevención.

Estado das solicitudes de saúde laboral presentadas por rexistro:

Informousenos da situación de diversas solicitudes pendentes en materia de saúde laboral en diversos centros de traballo.

Neste punto tamén nos informaron de que a área de seguridade cidadá vai a comenzar a realizar os plans de autoprotección dos diferentes centros de traballo municipais.

 

Categoría: INICIO
Visitas: 1389