INICIO
Ana Isabel Filgueiras Espasandín, con DI xxxxxxxxx e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretaria da Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña, EXPON:
En sesión celebrada en data 22 de Outubro de 2025 a Xunta de Goberno Local do Concello da Coruña adoptou o acordo de aprobar inicialmente a modificación puntual da Relación de Postos de Traballo do Concello da Coruña e someter a devandita modificación puntual ao trámite de información pública durante un prazo de 20 días hábiles para a presentación de alegacións, reclamacións ou suxestións.
Polo que, dentro dentro do prazo establecido ao efecto, formulo as seguintes ALEGACIONS para ser tidas en conta antes da aprobación definitiva da modificación puntual da RPT:
No apartado cuarto do Informe Proposta indícase: “Escoitadas as distintas seccións sindicais e debatido en mesas técnicas establecéronse como pautas xerais a efectos de fixar os requisitos a cumprir para poder participar na convocatoria do concurso ordinario 1/2025, os preestablecidos na RPT vixente, limitando a modificación ao apartado de requisitos específicos con criterios laxos, no sentido de facilitar a participación, agás que o desempeño dun determinado posto requira por normativa unha determinada titulación, acudindo soamente a ramas profesionais de coñecemento ou a pertenza a determinadas prazas naqueles supostos en que as funcións e tarefas e desenvolver demanden a presenza de coñecementos especializados, como pode suceder nos postos de administración especial. Incorpórase en documento anexo a este informe proposta, a efectos da súa aprobación como modificación puntual da RPT, a relación de postos que se postulan para incluír na convocatoria do concurso ordinario 1/2025 (PROV 2025067), cuxos requisitos específicos, a efectos desta convocatoria son obxecto de aprobación como modificación puntual, respectando o resto de condicións e características dos respectivos postos de traballo.”
Dende o momento en que o goberno municipal plantexou nas mesas técnicas coas seccións sindicais do Concello da Coruña a necesidade de establecer requisitos específicos de titulación para os postos de administración especial como requisito necesario para poder desenvolver a convocatoria do concurso ordinario, empezouse traballando cun listado duns 300 postos de traballo que contemplaban a totalidade dos postos de administración especial da RPT, xa que as pautas establecidas polo goberno municipal para traballar nas mesas técnicas eran establecer requisitos de titulación específica para todos os postos de administración especial.
Tal e como indica o Informe Proposta a modificación limitaríase a establecer ramas de titulación nos requisitos específicos en todos os postos da RPT da escala de administración especial que non os tiveran establecidos na actual RPT, salvo en aqueles postos da escala de administración especial que por normativa legal ou sentenza xudicial requeriran dunha titulación específica. Deixaríanse para as futuras negociacións da valoración de postos o establecemento das titulacións concretas xa que sería nese momento onde se analizarían as funcións dos postos.
No listado de postos que acompaña ao Informe Proposta as modificacións de requisitos específicos afectan a un total de 19 postos de traballo, dos que catro son postos da escala AG/AE: postos 74, 2124,197 e 1876, e o resto pertencen á escala de AE: postos 2130,1325,2251,2252,330,505,524,1841,1851,1881,1791,1613,1625,1639,1642.
En ningún apartado do Informe Proposta se motiva a decisión de poñer unha titulación concreta a un posto de traballo, non se explican en ningún momento as razóns de porque é mais adecuada unha titulación ou outra para un
determinado posto de traballo dos 19 sometidos a cambios. Tal motivación só podería darse acudindo ás funcións concretas a desenvolver en cada posto de traballo que sería o que debe definir que titulación é mais adecuada para ese posto concreto de administración especial. En ningún momento durante o desenvolvemento das mesas técnicas, nin na mesa xeral de negociación do 21 de Outubro de 2025, nin no Informe Proposta se fai mención nin se traballou sobre o manual de funcións dos postos nin se falou sobre as funcións concretas dos postos polo que o establecemento de titulacións específicas incumpliría o establecido no artigo 35 da Ley 39/2015 de 1 de Outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas relativo á motivación do actos administrativos.
No apartado 4 do Informe Proposta arriba mencionado indícase que se modificarían os requisitos específicos no sentido de establecer soamente ramas profesionais de coñecemento. Pois ben en moitos dos requisitos específicos establécense modificacións incluíndo ou eliminando titulacións específicas como por exemplo nos postos 2130,1325, 524, 1841,1881, 1791, 1625, 1639, 1642 contradecindo o establecido no propio Informe Proposta que debería servir de fundamento para a modificación.
Ao non facer unha modificación dos requisitos específicos que contemple á totalidade dos postos de administración especial da RPT do Concello da Coruña supón unha discriminación ao modificar so unha parte dos postos de administración especial e outros non, chegando a darse a situación con esta modificación de que un posto de traballo que na RPT teña unha dotación superior a un, teña diferentes requisitos específicos aínda sendo o mesmo posto de traballo. Esta situación dase cos seguintes postos:
-Técnico Medio de control de Xestión de innovación e desenvolvemento tecnolóxico que figura na RPT coa dotación correspondente aos códigos 2124-2125 pero o cambio dos requisitos específicos so contempla ao 2124.
-Técnico Medio de Innovación Tecnolóxica de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico que figura na RPT coa dotación correspondente aos códigos 2129-2130 pero o cambio so contempla ao 2130.
-Técnico Medio de Educación que figura na RPT coa dotación correspondente aos códigos 1325-1327 pero o cambio so contempla ao 1325.
-Delineante da oficina Técnica de Mobilidade Urbana que figura na RPT coa dotación correspondente aos códigos 1791-1792 pero o cambio so contempla ao 1791.
-Técnico de Intervención da Edificación que figura na RPT coa dotación correspondente aos códigos 1612-1613 pero o cambio so contempla ao 1613.
- Técnico Medio de Intervención da Edificación que figura na RPT coa dotación correspondente aos códigos 1623-1625 pero o cambio so contempla ao 1625.
-Delineante da Oficina Técnica de Planeamento e Xestión que figura na RPT coa dotación correspondente aos códigos 1640-1643 pero o cambio so contempla ao 1642.
-Técnico Medio de Control de Xestión de Calidade dos Servizos que figura na RPT coa dotación correspondente aos códigos 197-198 pero o cambio so contempla ao 197.
- Xefatura de Sección de Apoio Técnico de Infraestructuras que figura na RPT coa dotación correspondente aos códigos 1876-1878 pero o cambio so contempla ao 1876.
Tal e como xa indicamos anteriormente o apartado cuarto do Informe Proposta indícase “acudindo soamente a ramas profesionais de coñecemento ou a pertenza a determinadas prazas naqueles supostos en que as funcións e tarefas e desenvolver demanden a presenza de coñecementos especializados, como pode suceder nos postos de administración especial.”. Pois ben dentro das modificacións dos requisitos específicos inclúense 4 postos que figuran na RPT non apartado da escala como postos AG/AE (postos 74,2124, 197 e 1876). O RDL 781/1986 de 18 de abril polo que aproba o texto das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local indica no seu artigo 167 que os funcionarios de carreira da Administración Local que non teñan habilitación de carácter nacional se integrarán nas escalas de Administración Xeral e de Administración Especial de cada Corporación. Tamén indica no artigo 169 que corresponde aos funcionarios da escala de Administración Xeral o desempeño de funcións comúns ao exercicio da actividade administrativa. Introducindo requisitos específicos de titulación a postos barrados ás escalas AG/AE, discrimísase e impídese poder concurrir a eles ao persoal pertencente á escala de administración xeral aos que non se lles require estar en posesión de requisitos específicos de titulación.
Por todo o relatado a sección sindical da CIG do Concello da Coruña votou en contra da aprobación desta modificación puntual da RPT na mesa xeral de negociación que tivo lugar o día 21 de Outubro de 2025, xa que como expuxemos nos parágrafos anteriores trátase dunha modificación arbitraria, discriminatoria, carente de motivación e fundamento.
Esta modificación precisa dun análise das funcións concretas dos postos de traballo de administración especial que non se fixo e non se entende estando en marcha os trámites iniciais tendentes á negociación dunha nova valoración de postos, debería ser durante as negociacións desa nova valoración de postos onde se analizasen as funcións e froito desa análise se establecesen os requisitos específicos de titulación dos posto de traballo entre outra moitas cuestións. Porén este goberno municipal non tivo inconvinte en incluir no seu informe proposta, punto cuarto, un último parágrafo que indica” A estratexia de autoorganización que se formula facilita continuar analizando e mesmo negociando coas seccións sindicais, as peculiaridades dos postos de traballo a provistar por concurso específico, así como aqueles outras que deban proverse polo sistema de libre designación……., de tal sorte que os funcionarios desempeñen as funcións para as que están mais capacitados (idoneidade) e que as funcións que a administración debe realizar sexan cumpridas de maneira eficiente polo funcionariado”. Da lectura deste parágrafo non podemos mais que concluir que as peculiaridades dos postos de traballo e que os funcionarios desempeñen as funcións para as que están mais capacitados (idoneidade),serve de motivación para analizar o sistema de provisión pero sendo totalmente aplicable para ser usada como motivación para esta modificación puntual non se aplica, esto constitúe unha conducta arbitraria, contraria ás normas que rexen a función pública e contraria aos dereitos do persoal municipal.
POLO EXPOSTO, SOLICITO:
Que se teñan en conta as alegacións expostas pola sección sindical da CIG no concello da coruña antes da aprobación definitiva desta modificación puntual da Relación de Postos de Traballo do Concello da Coruña.
Na Coruña, na data de sinatura electrónica deste documento
XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO CONCELLO DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 837
Ana Isabel Filgueiras Espasandín, con DI XXXXXXXXX e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretaria da Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña, EXPON:
Nestes días tivemos coñecemento a través dos medios de comunicación dunha Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (STSJ GAL 6168/2025) que pode afectar á persoa que ocupa o posto de Dirección de Area de Urbanismo.
POLO EXPOSTO, SOLICITO:
Se informe a esta Sección Sindical si o exposto no parágrafo anterior afecta ao nomeamento relativo ao posto de Dirección de Area de Urbanismo.
Na Coruña, na data de sinatura electrónica deste documento
SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 898
ORDE DO DÍA:
- Aprobación da acta anterior
- Constestación ás peticións dos e das delegados/as de prevención
- Quenda de rogos e preguntas
Por parte da nosa sección sindical, propuxemos os seguintes temas para tratar:
OFICIO DA INSPECCIÓN DE TRABALLO EN RESPOSTA Á DENUNCIA DA CIG E GRUPO DE TRABALLO DE RISCOS PSICOSOCIAIS:
Neste punto fomos informadas da advertencia da Inspección de Traballo sobre o estricto cumplimento da periodicidade mínima con que debe convocarse o comité de seguridade e saúde (CSS) e tamén de que as avaliacións de riscos psicosociais non poden tratarse nun grupo de traballo si non que han de tratarse no seo do CSS (tal e como sempre defendeu a nosa sección sindical).
Informousenos de que en breve será convocado de novo o CSS para tratar en primeiro lugar sobre o borrador do protocolo de agresións e, a continuación, sobre os resultados e proposta de medidas das avaliacións de riscos psicosociais en cada servizo.
Estaremos vixiantes para que se cumpla o ordeado pola inspección de traballo e esperamos non ter que acudir de novo a denuncialo, vergonza debería darlle a este goberno municipal ter que ser obrigado por unha denuncia a convocar este órgano e da boa conta da pouca importancia que lle merece a seguridade e saúde do persoal municipal.
ESTADO DA LICITACIÓN DAS MEDICIÓNS DE GAS RADÓN NOS CENTROS DE TRABALLO MUNICIPAIS:
Fomos informadas de que non se van a licitar as medicións de gas radón nos centros de traballo municipais, xa que dende a FEGAMP se van a facilitar os medidores de gas radón ás administración locais sin coste e so será necesario contratar a sua colocación, retirada, análise de datos de medición e proposta de medidas en caso de ser necesarias.
En canto ás medicións realizadas no edificio da Franxa, foinos facilitado o informe de resultados realizado polo Laboratorio de Radón de Galicia da Universidade de Santiago de Compostela. Aínda que na anterior sesión do CSS se acordou que o resultado destas medicións se facilitaría ao persoal municipal a través das correspondentes Xefaturas de Servizo, nesta última reunión comunicousenos que xa non sería así e que deberemos ser as/os delegadas/ os de prevención quenes facilitemos a información.
Según o informe facilitado do edificio da Franxa a concentración media de radón so supera o límite establecido de 300 bq na planta sótano onde está a zona do arquivo, no resto do edificio a concentración media vai dos 12 aos 250 bq.
Dado que o informe advirte de que non pode reproducirse nin total nin parcialmente, quenes estedes interesadas/os en ter acceso ao informe poñédevos en contacto coa nosa sección sindical.
ACTUACIÓNS DA MUTUA NOS INFORMES RELATIVOS A CAMBIOS DE POSTO POR RAZÓNS DE SAÚDE E NO SEGUIMENTO DAS BAIXAS POR ACCIDENTES DE TRABALLO:
Neste punto puxemos en coñecemento do Concello as queixas recibidas pola actuación da mútua tanto no seguimento das baixas como nas solicitudes de cambio de posto por razón de saúde.
PROPOSTA PARA FACILITAR ÁS/OS DELEGADAS/OS DE PREVENCIÓN DUN INFORME ANUAL CON DATOS NUMÉRICOS SOBRE BAIXAS MÉDICAS, ADAPTACIÓNS E CAMBIOS DE POSTO POR RAZÓNS DE SAÚDE ETC:
Fixémoslle unha proposta ao goberno municipal para a elaboración con carácter anual dun informe anual onde tiveran cabida datos numéricos tales como: número de baixas médicas en cada área, solicitudes de adaptacións ou cambios de posto por razóns de saúde, cantas destas solicitudes foron aceptadas e cantas rexeitadas etc
Parécenos unha ferramenta que podería ser moi útil para o noso traballo como delegadas/os de prevención e que poderian servir para detectar problemas de saúde laboral que se poidan producir en determinadas áreas ou servizos. É un informe que, en administración públicas incluso mais pequenas que a nosa, se elabora de oficio e se lles traslada aos membros do comité de seguridade e saúde de forma habitual.
A nosa proposta foi rexeitada e instousenos a solicitar estes datos por rexistro.
ESTADO DAS AVALIACIÓNS DE RISCO DOS DIFERENTES CENTROS DE TRABALLO:
Solicitamos información sobre a actualización das avaliacións de riscos xa que moitas delas estaban feitas fai anos e precisaban ser actualizadas e contestousenos que todas as avaliacións de riscos estaban feitas e actualizadas.
SITUACIÓN DO REXISTRO MUNICIPAL DE MARÍA PITA NO RELATIVO AOS PROBLEMAS DE EMISIÓN DE GASES TÓXICOS DO XENERADOR DE EMERXENCIA AO INTERIOR :
O problema da evacuación de gases tóxicos do xenerador de emerxencia a través do sistema de aire acondicionado na zona de padrón e rexistro de maría pita xa foi comunicada pola nosa sección sindical no ano 2024 e solicitamos saber cal era a situación actual.
Contestousenos que se estaban realizando dende a área de seguridade cidadá os plans de autoprotección e que ahí se reflexarían as deficiencias nos centros de traballo.
Con esta información onte presentamos por rexistro un escrito dirixido a seguridade cidadá poñendo no seu coñecemento a información que temos ao respecto para que se teña en conta na elaboración do plan de autoprotección de maría pita.
MAL ESTADO DO CHAN DA OFICINA DE MULTAS CON RISCO DE TROPEZOS E CAÍDAS:
Informousenos de que se trata dun tema de mantemento e non de saúde laboral e que o poñamos en coñecemento do servizo responsable da oficina de multas.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 928
Ana Isabel Filgueiras Espasandín, con DI xxxxxxxx e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de delegada de prevención do Concello da Coruña e de secretaria da Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña, EXPON:
O pasado 17 de decembro de 2024 tivo lugar a última reunión do Comité de Seguridade e Saúde do Concello da Coruña.
O pasado 9 de abril de 2025 tivo lugar a última reunión do grupo de traballo de riscos psicosociais onde se presentou o resultado xeral da avaliación de riscos efectuada a todo o persoal municipal. Nesta reunión acordouse que se reuniría de novo para analizar os resultados de cada servizo e as medidas correctoras necesarias comenzando polos servizos de cultura, policía local, servizos sociais, urbanismo e medio ambiente.
O pasado 1 de setembro recibimos un oficio da Inspección de Traballo da Coruña (OSI 15/0013590/24) onde no seu último parágrafo indica: “De conformidad con el artículo 22.1 de la Ley 23/2015, de 21 de julio, Ordenadora del Sistema de Inspección de Trabajo y Seguridad Social (BOE nº 174, de 22 de julio) se formula advertencia a la empresa en orden al estricto
cumplimiento de la periodicidad de las reuniones del Comité de Seguridad y Salud (art 38.3 de la Ley 31/95, de 8
de noviembre, de prevención de riesgos laborales).”
Neste mesmo oficio relátanse as actuacións feitas pola Inspección de Traballo, tras a denuncia presentada relacionada coa avaliación de riscos psicosociais, e que rematan coa presentación por parte do Concello da Coruña da documentación relacionada coa última avaliación de riscos feita.
POLO EXPOSTO, SOLICITO:
- Atendendo á advertencia feita pola Inspección de Traballo, se convoque con carácter inmediato ao comité de seguridade e saúde do Concello da Coruña, e, atendendo ao disposto na lexislación e ao ordeado pola Inspección de Traballo, se convoque , cando menos, respetando a periodicidade mínima establecida , cada tres meses. En caso dun novo incumplimento desta periodicidade darase traslado de novo á Inspección de Traballo.
- Se convoque ao grupo de traballo de riscos psicosociais para a análise dos resultados de cada área ou servizo e para a valoración da implementación de medidas correctoras cando sexa necesario.
Na Coruña , na data de sinatura electrónica deste documento
SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 683
Ante o comunicado que a CIG fixo no día de onte alertando das denegacións que o persoal municipal deste concello estaba a recibir por parte do Servizo de Persoal do carácter retribuído do permiso parental de 8 semanas para o coidado de filla, fillo ou menor acollido, a Sección Sindical da CIG do Concello da Coruña INFORMA:
- Que no día de onte recibiuse comunicación telefónica do Concelleiro Jose Manuel Lage Tuñas na que CONFIRMA que o permiso parental RETRIBUÍDO VAISE MANTER nos termos en que foron negociados e acordados coa representación legal dos traballadores.
- Que as ORDES E INSTRUCIÓNS que recibistes do Servizo de Persoal moitos de vos, e que a nos mesmos como delegados de persoal nos foron confirmadas, relativas á denegación do carácter retribuído do permiso, NON FORON AUTORIZADAS NIN ERAN COÑECIDAS POR EL COMO CONCELLEIRO responsable na materia.
- Que polo tanto, as ORDES E INSTRUCIÓNS QUE RECIBISTES relativas a que, ou ben renunciabades mediante un correo electrónico ao carácter retribuído do permiso e desfrutabades do mesmo sen retribución nas semanas solicitadas ou do contrario debiades entender a solicitude do voso permiso denegado e, polo tanto, incorporarvos ao voso posto de traballo, NON DEBEDES TELAS EN CONTA, e que as vosas solicitudes vanse a conceder con carácter retribuído sempre que as necesidades do servizo o permitan.
A Sección Sindical da CIG non pode estar máis que satisfeita pola decisión adoptada polo Goberno Municipal ante esta situación de incerteza xerada de maneira totalmente innecesaria e que provocou un grande malestar entre o persoal municipal.
Porén, non podemos deixar pasar estes graves feitos por alto que amosan unha grande descoordinación e falta de xestión nun servizo clave nesta administración pública, como son os Recursos Humanos. Porque as preguntas que se derivan desta crise de xestión son moitas, pero entre outras, poderían ser:
¿Como pode ser que a persoa coas competencias delegadas na materia de persoal descoñeza que no Servizo de Persoal se dan instrucións relativas á limitación dun dereito recoñecido e negociado ás súas costas?
Se descoñecía as ordes e instrucións que se estaban a realizar ¿quen coñecía e mesmo propuxo que se deran estas ordes?
¿Pode alguén que non teña competencias delegadas na materia decidir sobre a concesión ou denegación dun dereito regulado e aprobado?
Ás persoas afectadas que vos puxestes en contacto con esta sección sindical, grazas pola vosa confianza na nosa acción sindical. Recomendámosvos que vos dirixades novamente ao Servizo de Persoal para recibir as novas instrucións e resolución da concesión dos vosos permisos nos termos solicitados.
Seguimos.
A Sección Sindical da CIG do Concello da Coruña
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 1379
Bo día a todas e todos:
Diríximonos a vos de xeito urxente para informarvos de que estamos tendo coñecemento de que o Goberno Municipal decidiu, de xeito unilateral, con premeditación e alevosía, eliminar, pola vía dos feitos e sen comunicación á representación legal dos traballadores, o carácter retribuído do permiso parental para o coidado do fillo, filla ou menor acollido, que a nosa instrucción establece como retribuído a partir do 02 de agosto de 2024.
Tivemos coñecemento de que o argumento que se vos está a dicir verbalmente, é que tras a aprobación o pasado 29 de xullo do Real Decreto-lei 9/2025, de 29 de julio, polo que se amplía o permiso de nacemento e coidado, mediante a modificación do texto refundido da lei do Estatuto dos Traballadores, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, o texto refundido da lei do Estatuto Básico do Empregado Público, aprobao polo Real Decreto Lexislativo 5//2015, do 30 de outubro, e o texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, para completar a transposición da Directiva (UE) 2019/1158 do Parlamento Europeo e do Consello, do 20 de xuño de 2019, relativa á conciliación da vida familiar e a vida profesional dos proxenitores e os coidadores, e pola que se deroga a Directiva 2010/18/UE do Consello, este permiso deixa de ter carácter retribuído dende o día de entrada en vigor deste Real Decreto.
Esta sección sindical quere denunciar, en primeiro lugar, públicamente, a decisión adoptada e as formas nas que se está a levar ao cabo, xa que a última mesa técnica de negociación que se levou ao cabo foi o 31 de xullo e algo tan importante coma isto non foi nin mencionado polas persoas responsables que estaban presentes.
Doutra banda, denunicamos, unha vez máis, a falta da boa fe na negociación, práctica reiterada por parte deste Goberno Municipal, que se ben o pasado 22 de xullo facía propaganda a través dos seus medios de comunicación afins e levaba a gala ser o primeiro goberno que apostara por esta medida para a aplicación remunerada ao seu persoal municipal, non dubidaba en “cociñar” un recorte do mesmo a espaldas da representación sindical e vulnerando unha norma consensuada e negociada.
Á sección sindical da CIG non pode deixar de parecerlle inadmisible que esto esté a acontecer xustamente coa recente chegada da nova xefatura de servizo do Servizo de RRHH, que ademáis sabemos que conta cunha longa vinculación sindical na súa administración de orixe, e que avale, consinta e mesmo instrúa, unha orde como esta que vulnera dereitos de conciliación conseguidos de xeito pioneiro nesta administración pública mediante a negociación colectiva.
Por todo isto, no día de hoxe acabamos de solicitar por rexistro aclaracións formais ao respecto e a paralización inmediata das denegacións do carácter retribuído que se están levando ao cabo nestes momentos, xa que a instrucción regulada ata o momento establece claramente que o permiso en cuestión neste concello TERÁ CARÁCTER RETRIBUÍDO. Agardamos a resposta a este requerimento para que dende a nosa asesoría xurídica podan valorarse as accións legais a tomar.
Sabemos que vos están a dicir verbalmente ante as vosas solicitudes por escrito que si queredes seguir a desfrutar do permiso pero sin o carácter retribuído do mesmo, que enviedes un correo ao servizo de persoal na que vos mesmos renunciedes ao carácter retribuído. Dende a sección sindical da CIG aconsellamos non renunciar voluntariamente por escrito a ningún dos vosos dereitos, e que ante estas indicacións solicitedes unha resolución motivada á denegación do carácter retribuído do permiso.
Dende a CIG poñemos á vosa disposición os nosos medios de asesoría para que ante este atraco e roubo de dereitos, podades levar ao cabo as medidas legais correspondentes.
Por último, deixámosvos por aquí as recentísimas declaracións feitas ao diario El País o pasado 26 xullo ao xeito da máis pura propaganda do señor Concelleiro Lage Tuñas ao respecto deste permiso retribuído nesta administración: “Esta medida permite cuidar sin penalización económica, fomenta la corresponsabilidad entre hombres y mujeres y mejora las condiciones de los trabajadores”, defiende José Manuel Lage Tuñas, concejal de Economía y Planificación Estratégica en A Coruña, el departamento encargado de gestionar la norma. En su opinión, se trata de una decisión que “refuerza el compromiso” del ayuntamiento “con la igualdad y la conciliación”, y que sitúa a la ciudad como “referencia en la gestión pública de derechos laborales”.
Unha vez máis, este Goberno Municipal aposta polo “facede o que eu diga pero non o que eu faga”
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 1331
Ana Isabel Filgueiras Espasandín, con DI XXXXXXX e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretaria da Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña,
EXPON:
Con data 5 de maio de 2025 publícase no BOP da provincia da Coruña o anuncio de publicación de nomeamento de persoal funcionario de carreira na praza de arquitecto/a.
Esta sección sindical tivo coñecemento de que á persoa nomeada neste proceso de arquitecto/a no posto 1914, se lle fixo unha asignación temporal de funcións no servizo de licenzas.
POLO EXPOSTO, SOLICITO:
Se facilite á Sección Sindical da CIG do Concello da Coruña acceso e copia do expediente completo, incluíndo un índice numerado de documentos, de esta asignación de funcións e de todos os documentos relacionados coa mesma.
Na Coruña, na data de sinatura electrónica deste documento
SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 1352
ORDE DO DÍA:
- Aprobación da acta da sesión anterior
- Contestación ás peticións dos/as delegadas/os de prevención
- Quenda de rogos e preguntas
A nosa Sección Sindical levaba como temas a tratar neste Comité de Seguridade e Saúde os seguintes:
Gas Radón nos centros de traballo municipais:
Neste punto fomos informadas que en Xaneiro do 2025 está previsto sacar unha licitación para a medición dos niveis de Gas Radón en todos os centros de traballo onde haxa persoal municipal, estas medición realizaranse conforme ao esixido legalmente no artigo 75.c do Real Decreto1029/2022 de 20 de decembro polo que se aproba o regulamento sobre protección da saúde contra os riscos derivados da exposición ás radiacións ionizantes que establece que se deben realizar medicións en todos os centros de traballo situados en planta baixo rasante ou planta baixa nos termos municipais de actuación prioritaria.
Tamén nos informaron de que no centro de traballo da rúa da Franxa contratouse unha medición de Gas Radón, que foron colocados os medidores o día 10 de decembro e os medidores estarán colocados ata o mes de marzo do ano 2025 en que se realizará un informe sobre os resultados.
Dende a nosa Sección Sindical insistimos na necesidade de transparencia na información ao persoal municipal e estaremos vixiantes en que se realicen as medicións comprometidas en todos os centros de traballo, que se informe adecuadamente ao persoal afectado e de que se adopten as medidas corretoras en caso de ser necesario.
Avaliacións de riscos psicosociais:
Fomos informadas de que a partir de Xaneiro de 2025 está previsto facer unha avaliación de riscos psicosociais a todo o persoal municipal, dende o departamento de prevención do Concello están pendentes de consultar co departamento de informática si é posible facer estas avaliacións a todo o persoal municipal ao mesmo tempo, si non é posible facelo así comenzarase polas áreas solicitadas pola nosa sección sindical (Servizos Sociais, Medio Ambiente e Urbanismo) e a continuación o resto de áreas.
Queremos informarvos de que non imos a retirar a denuncia presentada na Inspección de Traballo en espera das actuacións do goberno municipal ao respecto.
Periodicidade das convocatorias do Comité de Seguridade e Saúde:
Con respecto a este punto comunicóusenos que se establecerán periódicamente reunións do grupo de traballo creado dentro do comité para as avaliacións de riscos psicosociais e que o comité de seguridade e saúde será convocado previa petición das delegadas de prevención.
Estado das solicitudes de saúde laboral presentadas por rexistro:
Informousenos da situación de diversas solicitudes pendentes en materia de saúde laboral en diversos centros de traballo.
Neste punto tamén nos informaron de que a área de seguridade cidadá vai a comenzar a realizar os plans de autoprotección dos diferentes centros de traballo municipais.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 1606
A/A INSPECCIÓN PROVINCIAL DE TRABALLO E SEGURIDADE SOCIAL DA CORUÑA
Ana Filgueiras Espasandín con D.I.XXXXXXXX e domicilio para os efectos de notificacións nos locais sindicais da CIG, pazo municipal de María Pita, praza de María Pita S/N-3ª pranta, C.P. 15001- A Coruña, como delegada de prevención do Concello da Coruña EXPÓN:
No mes de novembro do ano 2022 fíxoxe unha avaliación de riscos psicosociais tanto ao persoal técnico como auxiliar da área de servizos sociais do Concello da Coruña cun resultado de risco elevado ou moi elevado en varios dos apartados que mide esta avaliación de riscos psicosociais.
Froito destes resultados propuxéronse unha serie de medidas correctoras que a data de hoxe descoñezo si se implementaron e si conseguiron o seu obxetivo xa que non se fixo unha reavaliación de riscos psicosociais para comprobar a efectividade das medidas propostas.
Fago a continuación un relato de todos os escritos presentados (adxúntase copia) dende novembro de 2022 en relación a este tema sin que o Concello da Coruña fixera nada ata a data de hoxe:
-13 de marzo de 2023: presentación de escrito no rexistro xeral do Concello da Coruña solicitando o establecemento de medidas correctoras e de nova avaliación en 6 meses para comprobar a efectividade das mesmas.
-21 de abril de 2023: presentación de escrito no rexistro xeral do Concello da Coruña solicitando a implementación de medidas correctoras.
-20 de setembro de 2023: presentación de escrito no rexistro xeral do Concello da Coruña solicitando saber en que estado se atopa a adopción de medidas correctoras.
-8 de maio de 2024: presentación de escrito no rexistro xeral do Concello da Coruña recordando que está pendente a reavaliación de riscos psicosociais en servizos sociais.
-30 de agosto de 2024: presentación de escrito no rexistro xeral do Concello da Coruña solicitando saber o estado das avaliacións de riscos psicosociais pendentes e solicitando que se fagan antes do fin do ano 2024.
A maiores desta relación de escritos presentados quero facer constar que durante todo o ano 2024 o comité de seguridade e saúde so foi convocado unha vez no mes de febreiro de 2024 cando a lei esixe que, como mínimo, se convoque cada 3 meses polo que se fai imposible tampouco tratar o tema referido no CSS xa que reiteradamente se incumpre a sua convocatoria.
No escrito presentado o 8 de maio de 2024 solicitei tamén facer unha avaliación de riscos psicosociais na área de medio ambiente, solicitude que tampouco foi atendida polo Concello da Coruña.
POLO EXPOSTO, SOLICITO:
- Que se comprobe pola Inspección Traballo e Seguridade Social todo o relatado neste escrito.
- Que se requira ao Concello da Coruña para que adopte as medidas correctoras necesarias para correxir os riscos detectados na avaliación de riscos psicosociais na área de servizos sociais e para que faga unha nova avaliación de riscos psicosociais co fin de comprobar a efectividade das medidas correctoras.
- Se comprobe pola Inspección de Traballo e Seguridade Social o relatado sobre a convocatoria do Comité de Seguridade e Saúde e sobre a solicitude de avaliación de riscos psicosociais en medio ambiente e se adopten as medidas que se consideren necesarias.
Na Coruña na data de sinatura electrónica deste documento
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 2241
Queremos informarvos dunha Sentenza (LIGAZON) do xuzgado contencioso administrativo nº1 da Coruña que estima parcialmente a demanda interposta por esta sección sindical en solitario contra a modificación puntual da RPT do mes de Outubro de 2023, anulando a modificación recurrida ao non conter unha valoración dos seguintes postos de nova creación: 2248,2244, 2222, 2223, 2224, 2237, 2253, 2254, 2255 e 2252.
| POSTOS AFECTADOS POLA SENTENZA 00194/2024 MODIFICACIÓN PUNTUAL DA RPT | ||||
| COD. POSTO | POSTO | UNIDADE | COD.UNID | SERVIZO |
| 2222 | Asistente de administración | Apoio á xefatura do serv. alcaldía | GA4000 | Alcaldía |
| 2223 | Téc. Sup. De Comunicación | Apoio á xefatura do serv. alcaldía | GA4000 | Alcaldía |
| 2224 | Téc. Sup. De Comunicación | Apoio á xefatura do serv. alcaldía | GA4000 | Alcaldía |
| 2237 | Técnico de apoio a órgano directivo | Apoio á coord. Xeral de econom. E planif. Urb. | AD0000 | Apoio á coord xeral de econom e planif urbana |
| 2244 | Xefe de Sección | Residuos urbanos | MA3200 | Medio Ambiente |
| 2248 | Xefe de Sección | Xestión Adm. Medio ambiente | MA1000 | Medio Ambiente |
| 2252 | Dirección do Fórum Metropolitano | Promoción Cultural | CM5000 | Cultura e Memoria Histórica |
| 2253 | Técnico de actividades de xestión cultural | Servizos Xerais de Cultura e Memoria Histórica | CM1000 | Cultura e Memoria Histórica |
| 2254 | Técnico de actividades de xestión cultural | Servizos Xerais de Cultura e Memoria Histórica | CM1000 | Cultura e Memoria Histórica |
| 2255 | Técnico de actividades de xestión cultural | Servizos Xerais de Cultura e Memoria Histórica | CM1000 | Cultura e Memoria Histórica |
A neglixente xestión de persoal do actual goberno municipal a base de modificacións “puntuais” da RPT, imos xa pola cuarta (en fase de aprobación), levou de novo á Sección Sindical da CIG a acudir ao xuzgado, que nos acaba de dar a razón anulando a creación de 10 postos de traballo por falta de valoración previa dos mesmos tal como esixe a lexislación.
Dende a pasada lexislatura leva o Sr. Lage co compromiso incumplido dunha nova valoración de postos e dunha nova RPT, primeiro a través da licitación coa empresa ADECCO e dende o inicio desta lexislatura coa promesa da elaboración con medios propios da mesma. Leva este goberno meses mareándonos coa promesa incumplida do inicio das mesas técnicas para traballar na nova valoración de postos.
O Sr. Concelleiro non ten tempo para o inicio das negociacións da RPT, anda continuamente ocupado en modificacións puntuais da RPT e convocatorias de comisións de servizo para crear unha administración “a medida”, para xestionar a política de persoal a base de “decretazos”.
Preguntámonos que resposta nos vai a dar este goberno ás novas alegacións presentadas pola CIG á última modificación puntual ( inicialmente aprobada e en trámite de información pública) despois de conocer esta sentenza, obligaranos de novo a valorar a posibilidade dun contencioso?. Saberémolo pronto.
O goberno de Inés Rey debería asumir esta sentenza e non recurrila coa única finalidade de ganar tempo xa que de non facelo as consecuencias futuras poderían ser peores si se cubren todos os postos, como ven sendo habitual, en comisión de servizos, tendo en conta que dos 10 postos afectados pola sentenza actualmente soamente o 2248 está cuberto temporalmente en comisión de servizos e do 2252 publicouse a convocatoria para a sua cobertura temporal en comisión de servizos.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 2385
Ana Filgueiras Espasandín con D.I.********* e enderezo para efectos de notificación nos locais sindicais da CIG, pazo de maría pita, praza de maría pita s/n, 3ª pranta, c.p:15001, A Coruña, na miña condición de secretaria da Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña,
EXPOÑO:
Con data 28 de maio de 2024 publicouse a convocatoria de cobertura temporal de postos mediante comisión de servizos dos seguintes postos de Xefatura de Servizo: postos 2256,104,258,1940,1551,1580 e 2824 e con data 2 de agosto publicouse a convocatoria de cobertura temporal de postos mediante comisión de servizos dos seguintes postos de Xefatura de Servizo: postos 440, 2088, 2118.
A cobertura temporal dos postos de xefatura de servizo mediante comisión de servizos están afectados pola sentenza firme N.I.G: 15030 45 3 2018 0000507 PA 0000134/2018-M/ gañada pola CIG e pendente de execución.
A provisión definitiva dos postos de xefatura de servizo vacantes leva paralizada sin xustificación polo Concello da Coruña dende o ano 2019.
A cobertura temporal mediante comisión de servizos está contemplada na lexislación para casos de urxente e inaplazable necesidade non aplicable a estes casos nos que a paralización da sua cobertura definitiva é a causa de que estén vacantes a data de hoxe.
POLO EXPOSTO , SOLICITO:
A anulación das comisións de servizo arriba mencionadas e que se retome a sua provisión definitiva mediante concurso específico paralizada dende o ano 2019.
A Coruña a 8 de agosto de 2024
SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 2277