TELETRABALLO
Onte fomos convocados a unha MXN de URXENCIA, o motivo desta foi a de poñernos en coñecemento da intención que tiña o concello de crear grupos BURBULLA (que non se mesturen entre si) e no caso de contaxios entre a plantilla, que non caian servizos ao completo, para este fin propoñen a ampliación da xornada de tele-traballo ata o 50% na modalidade mixta da prestación do servizo, pareceunos axeitada a todos os asistentes.
Dadas as circunstancias, dende a CIG, solicitámosvos a colaboración para tratar de reverter o incremento dos contaxios, cas medidas que xa todos/as coñecedes.
CONCILIACIÓN
Dende persoal recoñecen que a redacción que vinculaba a conciliación con peches de centros (educativos ou doutro tipo de servizos sociais) non era a mellor, van a aclarar este apartado.
VENTILACIÓN
O Xefe de Servizo informa que teñen unha proposta do Departamento de Prevención de Riscos Laborais en canto a ventilación, nel propoñen espazos para instalación de purificadores de aire, din que enviarán un documento, cando o teñamos faremos unha valoración, mentres recomendámosvos que tratedes de manter unha boa ventilación dos vosos espazos de traballo. A CIG solicitou que se estude o uso dos aires acondicionados, pois este sistema NON renova o aire.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 378
Como xa vos informamos na pasada Mesa Xeral de Negociación do 30 de setembro, aprobamos por unanimidade a teleformación da EGAP proposta polo concello, recordar que a CIG fixo unha solicitude de establecer 3 tramos na valoración de acceso aos cursos, recordar tamén que foi aceptada por unanimidade.
Se ben todos acordamos a puntuación nos tramos finalmente aprobados
- No último ano: 10 puntos.
- Nos dous últimos anos: 20 puntos
- Nos tres últimos anos: 30 puntos
Ninguén dos que estivemos na MXN, caeu na conta de que aplicar literalmente as bases desta convocatoria non limitaba acadar máis dun curso, grazas aos vosos correos, detectamos alo menos que 4 persoas repiten ou tripiten cursos. Vindo o resultado o máis normal sería penalizar no mesmo momento da adxudicación dun curso desta convocatoria cos 10 puntos que figuran nas bases...
Visto o visto, hoxe falamos ca responsable de formación (presente na MXN por un sindicato) e recoñecía que era un erro, que estaba apuntando todo, pero que non tiña outra que aplicar o acordado e que as presas na aprobación deste plan foron as que deron este resultado . A continuación contactamos co xefe de servizo de recursos humanos para queixarnos da falta de mecanismos cara a corrixir erros como o explicado, o xefe de recursos humanos contestounos que resultáballe complicado, unha vez publicado a adxudicación de admitidos, denegar os cursos. Tamén solicitámoslle que no futuro calquera listaxe sexa publicada por orde alfabético. O xefe de recursos humanos dixo que como medida paliativa intentaría aumentar o número de prazas nos cursos máis solicitados.
Se ben parécenos unha boa medida a ampliación de prazas, esperamos que ante circunstancias parecidas nas que se detecten erros tan evidentes, se contacte cos representantes sindicais para buscar unha solución se é posible consensuada e así evitar unha mala aplicación de acordos acadados.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 331
Achegámosvos o noso resumo da pasada MESA XERAL DE NEGOCIACIÓN
ORDE DO DÍA
- Aprobación da acta da sesión anterior.
- Protocolo de medidas para a adaptación funcional da prestación de servizos das empregadas/os públicos do Concello da Coruña no marco da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.
- Plan de e-formación do Concello da Coruña e liñas de futuro
- Acordo relativo á compensación dun festivo no exercicio 2020.
- Ratificación do acordo en mesa técnica en relación co horario dos/as conserxes de colexios.
- Rogos e preguntas
- En canto a acta, está pendente de redacción por parte da anterior xefa de persoal. Queda a súa aprobación na próxima MXN.
- O concelleiro de persoal, antes de ausetarse da MXNA presentounos ao novo Xefe de Persoal. A continuación o novo Xefe fixo unha exposición do PROTOCOLO DE TELETRABALLO afirmando que a intención da xuntanza de hoxe neste asunto era escoitar as nosas aportacións.
O xefe de persoal fai mención a que non creen no tele-traballo como un fin en si mesmo e que este documento o consideran como unha ferramenta na mellora administrativa da organización.
Dadas as circunstancias e tendo en conta o carácter provisional deste protocolo, a CIG está da cordo co modelo presentado polo xefe de servizo e ca maior parte do seu contido, que non publicamos xa que o seu carácter non definitivo pode levar a crear confusión ao persoal se o seu contido non se axusta ao documento final.
Chegado este punto fixemos as seguintes:
ACHEGAS CIG PARA O PROTOCOLO DE TELE-TRABALLO
- Por similitude co resto de traballadores/as alleos/as ás AAPP, solicitamos que se aumentara o mínimo de xornada laboral proposto polo concello.
- Que en canto as persoas sensibles fronte ao COVID-19, faltan avaliacións de riscos laborais en postos de traballo. Solicitamos que se realicen no futuro.
- Devido ás dúbidas en canto as funcións dos postos de traballo, preocúpanos a interpretación que poidan facer as distintas xefaturas de servizo en canto as autorizacións. Solicitamos que no caso de conflitos, se teña información permeable das distintas interpretacións e evitar discriminacións en función do posto que se ocupa ou da xefatura de que dependa.
- Control do tempo de traballo en canto aos posibles accidentes de traballo para determinar se se produce na xornada laboral.
- A avaliación do desempeño que se faga ao persoal en teletraballo debería aplicarse á totalidade da plantilla, implementalo agora sería de gran axuda á hora de aprobar dunha vez por todas a CARREIRA PROFESINAL(solicitada por este sindicato reiteradamente). Ademais a avaliación sobre a totalidade, evitaría discriminar as persoas que tele-traballan sobre o resto do persoal municipal.
- Para a CIG o máis importante é que este protocolo é temporal. Nunha futura prestación de tele-traballo en situación de normalidade deberá ser negociada. Solicitamos que este documento non sexa utilizado coma definitivo no futuro.
- Por último recordamos unha petición previa da XUNTA DE PERSOAL aprobada unánimente, sobre que o persoal con dependentes ao cargo portadores do COVID-19 e que teñan a obriga de permanecer na casa sen declaración de ser portadores do virus, teñan a mesma consideración de portadores do COVID-19.
- O plan de tele FORMACIÓN DA EGAP non é a totalidade do plan formativo para o Concello e proximamente propoñerán un documento de maior alcance, esta primeira parte servirá para testar a plataforma ONLINE e avaliala.
Parécenos correcta a proposta para iniciar a tele formación, se ben pensamos que os criterios de selección no apartado de valoración respecto a distancia no tempo co último curso realizado, habería que cronificalos en máis tramos e non só en menos ou máis de dous anos. Aceptan a nosa proposta de establecer tres tramos na valoración.
- Propoñen a COMPENSACIÓN POLO 15 DE AGOSTO en un día de asuntos propios que poderase desfrutar ata o 31 de marzo. Tramitarán unha instrución aos efectos oportunos.
- Ratifícase por unanimidade o acordo acadado nas Mesas técnicas de Conserxes de Colexio.
- ROLDA DE INTERVENCIÓNS
A petición dun sindicato, aceptan o pagamento do plus de protocolo ao persoal de conserxería.
Solicitan información da licitación do contrato que fará a VALORACIÓN DA RPT. A CIG recorda que hai o compromiso de NEGOCIAR O METODO DE VALORACIÓN, o Director de Facenda e Persoal recoñece ese compromiso.
A CIG reitera a petición da información das COMISIÓNS DE SERVIZO LIGAZÓN, advertimos que se non é facilitada, por consello da nosa asesoría xurídica, a reclamaremos por vía xudicial, contestan que van a estudar a forma de que teñamos acceso a esa documentación.
Esperamos que esta información fora do teu interese.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 486
O martes as 20:00 a xefatura de persoal enviounos documentación sobre os asuntos a tratar, tivemos que volver a recordar que fixeran entrega da listaxe de postos orzados e dos vacantes, única maneira de comprobar que non existen irregularidades... anotaron novamente a petición sen máis...
ANEXO CONCURSO 1/2019 e como mudan as necesidades e urxencias...
Unha vez comparado co anexo anterior, salvo erro ou omisión atopamos as seguintes diferencias co anexo do concurso específico aprobado anteriormente.
POSTOS ENGADIDOS Á CONVOCATORIA |
ELIMÍNANSE DA CONVOCATORIA |
8 | 398 |
386 | 402 |
443 | 1188 |
445 | 1266 |
1154 | 1298 |
1252 | 1321 |
1267 | 1536 |
1304 | 1724 |
1305 | 1752 |
1535 | |
1560 | |
1619 | |
1686 | |
1699 | |
2089 |
Preguntamos a que obedecían estes cambios, a xefa de persoal contestou que pasou un ano dende a publicación anterior e que estes cambios responden a intención de non perpetuar as comisións de servizo, é curioso cando as persoas que os ocupaban marcharon a novas CS, comentou tamén que detectaron algún erro sobre postos que eran de orixe(que teñen titular pero este está en CS) e non podían saír. O argumento esgrimido pola xefa de persoal é que prioriza os que están en CS e non os vacantes producidos por novas CS... valorade por vós mesmos, a nós non convence de que isto vai a impedir máis CS.
Mención a parte foi o argumento da xefa de persoal sobre a inclusión de adscricións provisionais, resulta estraño que a CIG solicitara que tamén foran incluídos no concurso ordinario e fora rebatido polo servizo de persoal no contencioso administrativo que xa todos coñecedes, podedes comprobalo aquí LIGAZÓN concretamente na páxina 6.
Volvemos a cuestionar que continúen os concursos dende abaixo, polas consecuencias que traerán, recordade que as persoas que ocupan as xefaturas de servizo poden verse na necesidade de concursar... resultado máis CS? tampouco convence a prioridade marcada, neste caso do concelleiro de persoal.
Cando se falou da periodicidade dos concursos de provisión de postos a CIG defendeu un prazo inferior aos dou anos por dous motivos fundamentais, o primeiro é que as comisións de servizo teñen de duración máxima dous anos e de non sacalas a concurso o concello incorrería nunha nova ilegalidade, se as prolonga, e o segundo a de estabilizar ao persoal nos postos, de todos é sabido que consecuencias produciron os sucesivos concursos de comisión de servizo do anterior goberno Municipal.
Fixemos tamén mención a situación que se pode producir coa nova RPT ao ter que eliminar, en aplicación do artigo 76. Que di textualmente, referido ao grupo A: A clasificación dos corpos e escalas en cada Subgrupo estará en función do nivel de responsabilidade das funcións a desempeñar e das características das probas de acceso. Isto pode supoñer que nos atopemos que pode ocorrer que algunha persoa titular dun posto de A1 non cumpra cos requisitos, isto causara un problema que teremos que resolver no seu momento.
Cando se lle recordou ao concelleiro o prazo que figura no acordo marco a súa resposta foi, unha vez mais, de menosprezo dese acordo, facendo mención a que se aprobou “ dez dias antes de que abandonaran o goberno”
A MOD RPT, e a falta de criterios técnicos
Dentro da potestade organizativa que ten o Goberno Municipal para acometer cambios na Relación de Postos de Traballo, criticámoslle:
- A amortización de postos inferiores en beneficio da creación de postos superiores ca carga de traballo que supón para os primeiros.
- Apertura dos postos das secretarias de Adm. Xeral a Adm Especial, nin fan mención as titulacións específicas que nós consideramos necesarias para a Adm Especial nin xustifican este cambio.
- Apertura dunha xefat. de departamento en museos a todas as administracións, pois aseguraron que non hai persoal municipal ca titulación requirida... aquí si conta o tema da titulación.
Fora do ámbito organizativo da RPT que deberían ser obxecto de negociación, manifestamos a noso rexeitamento a:
- Que se modificaran os específicos dalgúns postos cando se nos ten dito por activa e por pasiva que iso non tocaba ate a próxima RPT. Non cuestionamos que sexan acaídos ou non, senón que non se apliquen a tódolos que están nas mesmas circunstancias.
- Asemade cuestionamos que aos postos de nova creación se lles asignen específicos co método de comparación con outros, de todos e sabido que na RPT vixente se manteñen postos de traballo iguais con retribucións diferentes e cando se fixeron reclamacións con este criterio foron rexeitadas.
Isto pode dar lugar a pensar que se utilizan criterios de carácter persoal e non técnico.
Solicitamos que se nos facilite o informe de intervención sobre os cambios retributivos e a valoración dos novos postos
En canto cambios das NORMAS DE XESTIÓN
Despois de ter rexeitada a nosa alegación LIGAZÓN sobre as incompatibilidades da LD e a DP, por fin “ caeron da burra”
- ARTICULO 52: Incompatibilidades retributivas.
- Entre os conceptos retributivos previstos neste Título establécense as incompatibilidades seguintes:
- A especial dedicación (ED) e a dispoñibilidade (DP) son incompatibles entre si. A especial dedicación é incompatible cos elementos retributivos de xornada partida (JP) e festivo e nocturno (FN) e coa percepción de gratificacións por servizos extraordinarios e horas extraordinarias
OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO 2020 que a CIG vincula ao de 2021
Se ben a oferta en canto as promocións para O COLECTIVO DOS/AS AUXILIARES ADMINISTRATIVOS/AS parécennos insuficiente, a CIG solicitoulle o compromiso claro ao Concelleiro de Persoal da inclusión das restantes prazas de C1 para acadar o 100% das promoción posibles na OPE do ano 2021. O concelleiro aceptouno e comprometeuse a incluílas no 2021.
O concelleiro falou con pesar da cantidade de procesos por abordar, os achegados nesta mesa e os arrastrados de anos anteriores, informounos de que seríamos convocados a unha mesa exclusivamente para tratar de buscar maneiras de axilizar todos os procesos, contestámoslle que podía contar ca nosa axuda.
ROLDA DE INTERVENCIONS
O concelleiro manifestou que estaban traballando nun documento para regular o tele traballo e mencionou que estaban a usar como referencia o da Xunta de Galiza.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 559
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 455
A sección sindical da CIG foi convocada a unha xuntanza co concelleiro, o motivo desta convocatoria foi darnos a coñecer o resultado que tiveron as nosas alegacións no orzamento 2020 e o de coñecer a nosa posición sobre algúns asuntos.
ALEGACIÓNS AOS ORZAMENTOS 2020
As alegacións presentadas pola CIG foron presentadas o luns 27 de xaneiro LIGAZÓN, o día seguinte martes 28 de xaneiro, tivemos reunión da Xunta de Persoal e cando se falou de solicitar a Comisión de Control e Seguimento do Acordo Marco a CIG manifestou a súa intención de absterse por non ser asinantes de dito acordo. Informamos que a pesar de non asinar o acordo defendemos a súa aplicación e que para esixir o seu cumprimento xa tiñamos presentado alegacións ao cadro de persoal.
UGT e CCOO presentaron alegacións o venres día 31 de xaneiro e ningunha destas alegacións fai mención a un número determinado de prazas que si formaban parte das alegacións da CIG.
Tivemos coñecemento de que o informe de Persoal sobre as alegacións dos sindicatos era contrario á súa estimación, este informe incluía o dato do número de vacantes que conformaban o subgrupo C1. Con este novo dato recalculamos o número de prazas do subgrupo C1 que farían falta para acadar que o 40% das prazas do subgrupo C2 mais as prazas de promoción ao subgrupo C1 de anteriores OPE puideran promocionar neste ano, o numero de prazas do subgrupo C1 que debería figurar no cadro de persoal segundo as nosas contas era de 273. Con este novo dato na man , tendo en conta que o grupo de goberno necesitaba dos votos do BNG e da Marea Atlántica para aprobar de xeito definitivo os orzamentos, acudimos a estes dous grupos para que apoiaran as nosas demandas e o resultado é o que todas coñecedes. Agradecemos a estes dous grupos políticos o seu apoio, nomeadamente ao BNG que dende o minuto un comezou a facer as xestións necesarias para acadar este resultado
Criticamos a falta de criterio dos responsables da xestión de persoal polo diferente tratamento que fan das alegacións e recursos que se presentan e que nalgúns casos paralizan procedementos e noutros exactamente iguais tiran para adiante, ou reclamacións que nalgúns supostos son contestadas e noutros non. Trasladámoslle a nosa preocupación por esta diferencia de trato, que para nós dependen de quen veñan, porque hai reclamacións que non causan ningún tipo de efecto e se deixan pasar e acaban no xulgado e outras que sen necesidade que vaian ao xulgado paralizan, estas situacións o único que fan é provocar agravios comparativos e moito malestar entre o persoal. Un claro exemplo é o da Incompatibilidade da RPT e as Normas de Xestión, a CIG fixo unha alegación á RPT 2019 poñendo de manifesto o erro en canto a incompatibilidade do cobro de DP con JP e FN e este erro mantívose na aprobación definitiva cun informe de persoal no que se desestimaba a nosa alegación, corrixir este erro non con leva gasto algún. Pola reacción do concelleiro,ao manifestarlle que manter iso e seguir pagando igual polos dous conceptos pode supor un delito de prevaricación creemos que vai a reconsiderar este asunto
OUTROS TEMAS EXPOSTOS POLO CONCELLEIRO
Formación: o concelleiro trasladounos que están a rematar unha proposta de formación máis axeitada as funcións dos postos.
Fichaxes: sen ánimo de crear ningunha alarma, o concelleiro comentounos que estaba pensando en actualizar os controis nas fichaxes, establecendo algún sistema con pegada dixital o similar, contestámoslle que mentres se faga para todo o persoal municipal, a CIG non ten ningún tipo de problema nisto.
Proceso de Estabilización: solicitámoslle que se aplicara na fase de concurso o máximo que permita a lexislación e que se primase o tempo traballado nesta administración respecto de outras, explicámoslle que non aplicalo aquí supoñería unha desvantaxe para as persoas que están inmersas no proceso de estabilización deste concello respecto doutras administracións nas que si se está a diferenciar esta experiencia e mencionámoslle que hai sentencias neste sentido. O concelleiro mantivo a mesma postura que na última Mesa Xeral de Negociación e tamén mencionou que hai sentencias variadas sobre este asunto, para el, aplicar a nosa proposta sería unha discriminación respecto aos aspirantes de fora desta administración, non parece que vaia a mudar a súa opinión logo de aludir que está ben asesorado ao respecto.
OUTRAS CUESTIÓNS TRASLADADAS POLA CIG
Comisións de servizo: para ser algo do que a CIG informa de maneira tan exhaustiva LIGAZÓN , tanto as novas comisións e a falta de motivación como daquelas que forman parte de procesos ou de libre designación ou convocados fai tempo e paralizados, sorprendeunos a pouca preocupación que tiña o concelleiro con esta cuestión, mencionámoslle que estamos a espera dunha execución de sentenza que podería ter consecuencias de ceses inmediatos en postos de responsabilidade, contestounos que:
- Pensa nunha modificación de RPT na que deixarían o 95% das xefaturas de servizo en libre designación coma forma de acceso (historicamente a CIG mantivo que as xefaturas de servizo deberían ser de LD).
- Cría que as convocatorias dos procesos de comisións de servizo estaban publicados na súa totalidade, incluíndo os resultados, pero que ía consultalo.
- Que o concurso pendente iría inmediatamente (Subgrupos A2 e A1).
- Pensa deixar sen efectos algún concurso específico convocado, en concreto referiuse ao de servizo de persoal.
- E que vai convocar concurso de libre designación naqueles postos que están cubertos en comisión de servizo, unha vez que modifique a RPT para abrir algúns destes postos a administración especial.
Ocupación efectiva dos postos: queixámonos de que aínda hai persoal que non ten ocupado o posto polo que está a cobrar, manter estas situacións podería constituír unha prevaricación administrativa, tomaron nota destas advertencia.
OEP pendentes: solicitamos que axilizaran todos aqueles procesos pendentes de ofertas de emprego público non executadas, contestaron que van a intentar poñelos en marcha e simplificar os procedementos e agrupalos, solicitámoslles que os procesos de promoción interna se executaran este ano.
Saúde Laboral: volvemos a trasladar a preocupación ca falta de información dos resultados do Gas Radón, dixémoslle que se ben eramos conscientes de que a pesar de que os resultados excedían os parámetros que Europa marca dende febreiro de 2018 non estabamos alarmados, o que molesta deste asunto é a falta de información dos resultados nun claro comportamento de paternalismo por parte dos responsables en saúde laboral. Contestounos que a información será facilitada e que hai un comité de saúde laboral previsto para o mes de marzo.
O concelleiro finalizou facendo unha valoración do que espera para o futuro, o desenvolvemento, non do Acordo Marco do que non se sinte atado, se non dalgúns asuntos que estando nel son de obrigada negociación. Temos que recordar que, para a CIG, este ACORDO MARCO, non era máis cunha declaración de intencións que non vinculaba a ningún futuro Goberno e polo que ten manifestado este concelleiro de persoal parece que tiñamos razón
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 767
Despois de darlle voltas ao acontecido na MXN do día 26 de decembro na que se falou da Oferta de Emprego Público do 2020 e do Cadro de Persoal deste ano, despois de recibir dende a Dirección de Facenda un pdf con co Cadro de Persoal para o 2020, despois do correo enviado pola UGT na que se informa que o Goberno Municipal eleva a proposta de prazas de promoción interna de administrativos de 17 ( 13 de nova creación e 4 vacantes) a 48 prazas ( supoñemos que serán 44 de nova creación e as 4 vacantes). A información trasladada por UGT non foi facilitada ao sindicato CIG polo Goberno Municipal nin recibimos un novo cadro de persoal para o ano 2020 que ratifique esta afirmación. Constatado que a información que se nos facilitou nesa MXN contiña datos falsos analizamos os cadros de persoal e as OEP dende o ano 2014 e estes son os datos:
ANO |
CADRO DE PERSOAL |
CADRO DE PERSOAL |
OEP |
2014 |
86 Administrativo |
211 Auxiliares Adm. |
3 |
2015 |
78 Administrativos |
203 Auxiliares Adm. |
5 |
2016 |
80 Administrativos |
203 Auxiliares Adm. |
3 |
2017 |
81 Administrativos |
189 Auxiliares Adm. |
8 |
2018 |
101 Administrativos |
202 Auxiliares Adm. |
20 |
2020 |
124 Administrativos |
205 Auxiliares Adm. |
¿? |
Durante o período do 2014 ao 2019 ofertáronse 39 prazas de promoción interna de Auxiliar a Administrativo e , no mesmo período o incremento das prazas de Administrativo foi de 15 prazas. A non resolución destas OEP produciu un aforro as arcas municipais de aproximadamente 211.000 € neste período.
O incremento do gasto que supón pasar de 101 a 124 administrativo e de aproximadamente 36.700 €. Si se confirma o dato facilitado pola UGT de 48 prazas para o OEP do 2020 suporía un incremento do gasto en 76.700 € aproximadamente.
Si aplicamos o Acordo Marco que asinaron UGT, CSIF e CCOO co goberno da Marea en proporción ao 80% para o ano 2020, proporción nada desatinada si se ten en conta que os Técnicos Audiovisuais promocionan ao 100%, os bombeiros igual si se ten en conta aos que non cumpren os requisitos dos dous anos de antigüidade. Pois ben a promoción dos auxiliares a administrativos ate o 80% do Acordo Marco suporía un incremento de 123 prazas con un custo de 196.000€ ,aproximadamente, 15.000 € menos do que o concello se leva aforrado por non resolver as OEP anteriores.
A CIG sempre mantivo, en contra do criterio do goberno da Marea e do resto dos sindicatos , que o tan cacarexado acordo Marco non era ningunha panacea e que non supuña ningunha garantía de cara ao futuro. O Grupo Municipal da Marea ten nas súas mans demostrar que estabamos equivocados, xa que deles depende a aprobación do orzamento municipal proposto polo Goberno do PSOE, e conseguir que se aplique o criterio do Acordo Marco por eles asinado no seu grado máximo nestes orzamentos municipais.
O colectivo de Auxiliares Administrativos debería reflexionar sobre a diferenza de trato que recibe ao respecto doutros colectivos polos diferentes Gobernos Municipais. O traballo constante e calado, a asunción de tarefas por riba das súas competencias, a formación das novas incorporacións, incluso de superior categoría, non recibe a consideración que se merece por parte dos responsables políticos, sendo sempre os últimos para todo. Deberíamos de reflexionar si non será hora de limitarnos a realizar so as funcións propias do noso posto, que é polo que nos pagan, para que , dunha vez por todas se recoñeza o valor de seu traballo.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 843
Mesa Xeral de Negociación Extraordinaria co seguintes puntos da orde do día:
- Orzamentos e Cadro de Persoal do exercicio 2020
- Dar conta do reparto do 0,30 da masa salarial previsto no Real Decreto-Lei 24/2018, do 21 de decembro, polo que se aproban as medidas urxentes en materia de retribucións no ámbito do sector público.
En primeiro lugar temos que dicir que achegámonos á MXN onde fundamentalmente iamos falar de NÚMEROS, sen ningún tipo de documentos nin datos.
ORZAMENTOS:
Oferta Publica de Emprego para o 2020 fundamentalmente orientada no incremento de Técnicos (38 prazas máis)
Partida de 75.000€ para a contratación dunha empresa que elaborara unha nova RPT.
Dende a CIG preguntamos sobre se habería aportación ao plan de pensións, ao que fomos contestados que non e cunha cifra aproximada do que supoñería esta aportación, ±500.000€, contestamos que dende a CIG estaríamos dispostos a vincular esta cifra a nova valoración de postos, o concelleiro dixo que unha nova valoración non supoñía unha subida de salarios, se non unha adecuación á realidade.
Sobre o Plan de Formación, dixeron que pasaran un cuestionario a todo o persoal para determinar as necesidades, neste punto a CIG preguntou se había intención de recuperar acordos de formación coma os de Portos ou de Inditex para o servizo do SEIS, contestaron que non.
CADRO DE PERSOAL 2020
Déronnos conta verbalmente do cadro de persoal, ao marxe doutros datos mencionados por persoal e polas contas que fixemos, acometerán promocións internas no subgrupo C2 cas seguintes porcentaxes: 6,43% Aux. Adm a Administrativos e dun 86% para Bombeiros,polo que non respeta as porcentaxes do Acordo Marco que supoñían o paso de C2 a C1 nestes postos e que recordamos a continuación:
- 40% entre 2019/20
- 40% entre 2020/21
- 20% no 2022
Dende a CIG mencionamos a importancia na estrutura organizativa do concello dos postos de Auxiliares Administrativos/as, tanto polo número (LIGAZÓN CADROS PERSOAL ANTERIORES) coma polas funcións que desempeñan, máis propias dunha categoría superior incluso de Técnicos. Esta diferencia porcentual de trato entre os diferentes colectivos, probablemente esté relacionada ca capacidade reivindicativa de cada un deles.
0,30% INCREMENTO MASA SALARIAL
Coma ben mencionaba a orde do día, deron conta do reparto do 0,30% que segundo o concelleiro, non sería un reparto proporcional como aconteceu no 2019 e no que a parte da patronal e a sindical estivemos da cordo. O reparto será só entre 372 persoas que cobran menos de 2.000€ brutos ao mes (con todos os conceptos retributivos) e ademáis nun concepto non consolidable nunha PRODUCTIVIDADE. Converten un concepto retributivo nunha limosna de carácter anual.
Dende a CIG recordámoslle en primeiro lugar que este punto entraba dentro das materias obxecto de negociación que o EBEP regula no seu art. 37 e en segundo que este incremento non podía ir nunha produtividade.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 1098
Asuntos tratados
Análise da situación laboral actual no Concello:
O concelleiro fixo unha presentación aséptica da situación actual que poderíamos asumir perfectamente
Proposta en materia de formación:
Ao respecto da formación enfocouse en dous planos, primeiro na necesidade de nomear un responsable da xestión e o segundo darlle unha volta tanto ao sistema coma as características do plan actual centrándose fundamentalmente na formación obrigatoria, adecuación a novidades lexislativas e por outra banda o uso das novas tecnoloxías e un redimensionamento da formación presencial e online. Todo isto a través da detección das necesidades, da actualización de coñecementos e, sobre todo, da necesidade real de recibir a formación ofertada.
Proposta xeral de obxectivos en materia de xestión de recursos humanos durante o mandato 2019-2023:
O concelleiro comprometeuse a meterse no marrón da RPT a condición de que tería que estar rematada antes de xuño do 2022, xa que non quería que se vise comprometida co proceso electoral do ano seguinte. Acordouse externalizar a confección e a CIG introduciu a necesidade de negociar o manual de valoración antes da súa implementación.
Abordarase o tema do radón iniciando as actuacións polo servizo de informática.
Tamén nos comunicaron que enviarán unha instrución para a recuperación do 12 de Outubro, que será igual que a do ano pasado
Rogos e Preguntas:
Solicitamos que se modificara o criterio de persoal sobre si o ir a recoller a un menor ao colexio por chamamento da dirección do centro constitúe o exercicio dun deber inexcusable de carácter persoal. Coidamos que quedou claro que si.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 1095
1.- APROBACIÓN DA ACTA ANTERIOR
Hai varias actas pendentes de aprobación. Explican que están redactándoas e que as enviarán todas xuntas por correo electrónico para a súa revisión e sinatura a vindeira semana.
2.- APROBACIÓN RPT
Informan de que o prazo para as alegacións para a aprobación definitiva da RPT amplíase ao 4 de xuño debido a problemas derivados da aplicación informática. Nese momento a CIG menciona a solicitude que rexistrou no día de onte sobre á aplicación da sentenza que gañou outro sindicato en relación ao recoñecemento do complemento de Atención ao Público (AP1), na que solicitamos que se aplique o dito complemento a unha serie de postos. (LIGAZÓN) NOTA: Debido a solicitudes recibidas por correo electrónico engadimos outros postos a listaxe rexistrada na propia MXN.
A concelleira di que en todo caso, habería que solicitar ao xulgado unha extensión dos efectos da sentenza, e que non procede a aplicación xa que a demanda interposta polo sindicato xa contemplaba a concesión dese complemento a eses postos e que non foi estimada na sentenza, que o limita a dous postos: auxiliar de estación de autobuses e psicólogo clínico. Na revisión que a CIG fixo da sentenza non é certo que se pedise este complemento para os postos que reclamamos.
A concelleira remite a que a valoración dese complemento deberá facerse nunha nova valoración de postos de traballo. A CIG pregunta o porqué da decisión do Goberno Municipal de non ter recurrido a sentenza, tal e como acostuma a facer co resto de cuestións xudiciais en materia de persoal, a concelleira traslada esta responsabilidade: “ás estratexias do departamento de Asesoría Xurídica”.
O sindicato demandante, solicita que se recoñeza tamén o dito complemento de Atención ao Público ao posto de Oficial de Estación de Autobuses, ou do contrario deberá deixar de facer a atención. De igual xeito que chama a atención que o Concello non recurrise este fallo e aceptase a cuestión, non deixa de sorprender que este sindicato demandante tampouco recorrese o fallo e aceptara a firmeza da sentenza, cando é evidente que consideran que non satisface as súas pretensións (solicitan o recoñecemento de diversos complementos para mais de 15 postos, mais aceptaron o recoñecemento dun único complemento para tan so dous postos concretos).
3.- PLANIFICACIÓN DA SEGUNDA FASE DO CONCURSO DE TRASLADOS (C1, A2, A1)
Unha semana máis, plantexan un novo cambio de criterios no tócante ao requisito de incluír ou non memoria nos méritos específicos. Despois de ter acordado a semana pasada eliminar a Memoria do concurso, proponse que sí deberán presentar memoria os postos de xefatura/dirección/coordinación a partir do nivel 24 e en todo caso para os postos a partir do nivel 26. Dada a improvisación e falta de criterio constante nesta cuestión, a CIG abstívose nesta cuestión mentres que o resto dos sindicatos aceptan a proposta.
Múdase tamén o relativo á formación considerada básica e obrigatoria, e polo tanto, non puntuable, en materia de igualdade e riscos laborais. Propoñen que nesta fase de concurso considérese “formación básica” a aprobada recentemente no Plan de Formación, que será de 8 horas. Polo tanto, a formación que exceda desa duración, sí se terá en conta e puntuará. Un novo cambio de criterio con respecto aos aprobados para a primeira fase do concurso.
- ROLDA DE INTERVENCIÓNS
Ante a petición dalgún sindicato na previsión de prazos para resolver o concurso en todas as súas fases, a concelleira escúdase en que xa non dependerá dela se non da nova persoa que ocupe a concellería, mais que segundo a previsión que ela barallou, non debería de exceder do final de ano.
Dende a CIG solicitamos a remisión do Plan de Formación unha vez tidas en conta as modificacións acordadas na Mesa de Formación. Quedan en remitila de xeito inmediato.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 1245
A Mesa Xeral de Negociación foise alongando nos días 22, 25, 29 de marzo, 5, 23, 25 abril e o 14 de maio, como resulta complicado un resumo detallado do acontecido en 7 días de negociación no que o asunto prioritario foi o acordo marco...
DEFINAMOS ACORDO MARCO
O que denominaron como, ACORDO MARCO, por máis que nolo queiran vender, non é máis que un DOCUMENTO CUNHA DECLARACIÓN DE INTENCIÓNS de todos os ASUNTOS QUE TERÁN QUE SER NEGOCIADOS OBRIGATORIAMENTE para que teñan validez xurídica. A este DOCUMENTO non existen prazos para alegacións ou recursos. Algúns dos asuntos que nel se recollen poderían ser rematados sen mais mediante unha resolución, como poden ser o da xornada de verán ou o día de santa Rita
DOCUMENTO ESCUDO DO GM E SINDICATOS ANTE AS CRÍTICAS RECIBIDAS
O Goberno da Marea estivo xogando co persoal case todo o mandato para rematar cun DOCUMENTO ESCUDO que se apresuraron a asinar un día antes do inicio da CAMPAÑA SINDICAL. Supoñemos que para agachar tanto a inoperancia do goberno municipal como a submisión do sindicalismo amarelo durante toda esta lexislatura.
O ACORDO MARCO vs ACORDOS VÁLIDOS
Respecto ao ACORDO MARCO, a CIG estivo de acordo na maioría dos temas que nel se falaron, debatendo e facendo achegas como a inclusión do tele-traballo que non estaba no documento inicial. Todos e cada un dos asuntos foron solicitados previamente para a súa concreción en ACORDOS VÁLIDOS en MXN, como foi o acadado para Bombeiros. Recordámosvos que foi a CIG quen reclamou, de forma reiterada, que se asinara o acordo acadado cos Bombeiros, cousa que a concelleira evitou ata o último momento.
Resulta difícil de entender a inclusión dentro dun acordo marco outro acordo independente que ten substantividade propia e que é executable por si mesmo, a non ser que o que se pretenda é excluir á CIG da posibilidade de asinalo.
A DETERMINACIÓN DA CIG E A INCOHERENCIAS DO RESTO
O motivo polo que a CIG non asinou este DOCUMENTO foi que nel inclúen (por insistencia dos outros sindicatos) as bases do concurso de provisión de postos coma referencia a futuras bases. É sabido que este asunto está denunciado pola CIG no xulgado LIGAZÓNS e por coherencia non podemos asinar algo que menciona principios e criterios cos que non estamos de acordo. O noso sindicalismo demostra diariamente que non cambia a súa opinión, algo que non poden dicir outros sindicatos ou o servizo de Persoal. Sirvan como exemplos a modificación que pretenden facer ás bases do concurso que se empeñaron en incluír no acordo marco e xa anuncian que as van modificar o mesmo día que o asinan o acordo marco.
ROLDA DE INTERVENCIÓNS E SORPRESA FINAL
Nestas últimas datas non tivemos oportunidade de facer moitas preguntas ao final das reunións, pois cada unha delas era continuación da anterior, pero tivemos a oportunidade de pedir explicacións sobre distintos asuntos solicitados por rexistro con anterioridade. Ao marxe das largas de persoal, fomos quen de acadar resposta a unha pregunta sobre a tramitación da cobertura de vacantes por mobilidade na Policía Local. Informaron que está tramitada na Academia Galega de Seguridade.
Dentro da rolda de intervencións fomos coñecedores dunha demanda contra a RPT presentada por un sindicato que solicitaba se lle aplicaran a unha serie de postos o factor de penosidade de inspección, o de atención ao publico e, noutros casos, pasar do nivel mínimo ao máximo deste ultimo factor. A sentenza estímalle só o do factor de atención ao publico para dous postos (Psicólogo clínico e Auxiliar de estación). O que soubemos na MXN é que esa sentenza de primeira instancia, para a nosa SORPRESA, non foi recorrida polo Goberno Municipal, (a diferencia co que fai con outras), polo que a sentenza foi declarada firme a semana pasada (sentenza 068/2019). Descoñecemos a motivación que levou ao Goberno Municipal a non recorrela, pero a conclusión, que temos que sacar é que asume como propios os argumentos utilizados na sentenza. O goberno municipal, sendo coherente coa resolución desta sentenza, debería aplicar os ditos argumentos á totalidade dos postos que as cumpran.
“...el citado artículo 46 establece que el de atención al público AP1 se asigna a los puestos de trabajo que exigen una atención al ciudadano de naturaleza presencial, continuada, esencial, prioritaria que no presente un gran volumen o complejidad, mientras que el AP2 tiene esas mismas notas, pero siempre que la atención al ciudadana sea de mayor volumen y complejidad.”
Segundo a sentenza débese aplicar aos seguintes postos: AP 1 para Psicólogos clínicos (postos nº 1452 e 1502) e para Auxiliares de estación (postos de 1706 a 1718)
Dende a CIG solicitaremos do Goberno Municipal que aplique este factor aos seguintes postos de traballo xa que, ao noso entender, cumpren as condicións mencionadas na sentenza:
- 147 e 149 , Inspector de tributos.
- 204 ,210, Técnico superior orientación profesional.
- 208,209, Técnico superior prom. econ.
- 211, Axente desarr. Local.
- 232, Técnico local emprego
- 321,322, Animador sociocultural
- 474-477, Socorrista
- 541-546 Sarxento seis
- 547-561, Cabo do seis
- 562-686, Bombeiros.
- 688,689, Monitor protección civil
- 690, Oficial de protección civil
- 704-721, Inspector PL
- 722-775, Oficial PL
- 76-1097, Policia local
- 1161-1170, Oficial cemiterios.
- 1171-1186, Axte. cemiterios
- 1263, Xefe departamento recadación.
- 1272-1277, Axente executivo
- 1509,1510, Técnico orientación e inserción laboral
- 1542-1550, Asistente rede acollida.
- 1626,1627 Inspección Intervención edificación.
- 1719-1721, Axudante de estación.
- 1933 , TM xuventude
- 1934 Animador sociocultural
- 1935, Técnico auxiliar xuventude e solidariedade
Ningún destes postos de traballo estaba incluído a demanda da UGT coa única excepción dos AXUDANTES DE ESTACIÓN. Probablemente esquezamos algún posto que tamén debería formar parte desta lista, pedimos desculpas e animámosvos a facer a solicitude vos mesmos.
O motivo de que incluamos aos AXUDANTES DE ESTACIÓN, a pesar de que o xuíz desestimou esa petición, é que O GOBERNO MUNICIPAL “ACEPTOU” QUE OS AUXILIARES DE ESTACIÓN DEBERÍAN TER O PLUS DE ATENCIÓN AO PÚBLICO, PASANDO POR ALTO QUE OS DOUS POSTOS DE TRABALLO TEÑEN AS MESMAS RETRIBUCIÓNS ESPECÍFICAS E REALIZAN AS MESMAS TAREFAS. A ÚNICA DIFERENCIA RADICA NO NOME DO POSTO, XA QUE NON SE PODE MODIFICAR A DENOMINACIÓN DOS POSTOS OCUPADOS POR INTERINOS, POIS ISTO SUPORÍA O SEU CESE.
Algún dia coñeceremos si esta aceptación do Goberno Municipal formou parte dun acordo co demandante (UGT) para aquietarse nesta sentenza e non recorrela ningún dos dous.
FINALMENTE RECORDA QUE O PRÓXIMO 23 DE MAIO SERA O DÍA DA VOTACIÓN PARA ESCOLLER OS/AS DELEGADOS/AS QUE NOS REPRESENTARAN DURANTE OS PRÓXIMOS CATRO ANOS.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: MXN
- Visitas: 1267
Páxina 1 de 6