Ana Isabel Filgueiras Espasandín, con DI xxxxxxxx e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de delegada de prevención do Concello da Coruña e de secretaria da Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña, EXPON:
O pasado 17 de decembro de 2024 tivo lugar a última reunión do Comité de Seguridade e Saúde do Concello da Coruña.
O pasado 9 de abril de 2025 tivo lugar a última reunión do grupo de traballo de riscos psicosociais onde se presentou o resultado xeral da avaliación de riscos efectuada a todo o persoal municipal. Nesta reunión acordouse que se reuniría de novo para analizar os resultados de cada servizo e as medidas correctoras necesarias comenzando polos servizos de cultura, policía local, servizos sociais, urbanismo e medio ambiente.
O pasado 1 de setembro recibimos un oficio da Inspección de Traballo da Coruña (OSI 15/0013590/24) onde no seu último parágrafo indica: “De conformidad con el artículo 22.1 de la Ley 23/2015, de 21 de julio, Ordenadora del Sistema de Inspección de Trabajo y Seguridad Social (BOE nº 174, de 22 de julio) se formula advertencia a la empresa en orden al estricto
cumplimiento de la periodicidad de las reuniones del Comité de Seguridad y Salud (art 38.3 de la Ley 31/95, de 8
de noviembre, de prevención de riesgos laborales).”
Neste mesmo oficio relátanse as actuacións feitas pola Inspección de Traballo, tras a denuncia presentada relacionada coa avaliación de riscos psicosociais, e que rematan coa presentación por parte do Concello da Coruña da documentación relacionada coa última avaliación de riscos feita.
POLO EXPOSTO, SOLICITO:
- Atendendo á advertencia feita pola Inspección de Traballo, se convoque con carácter inmediato ao comité de seguridade e saúde do Concello da Coruña, e, atendendo ao disposto na lexislación e ao ordeado pola Inspección de Traballo, se convoque , cando menos, respetando a periodicidade mínima establecida , cada tres meses. En caso dun novo incumplimento desta periodicidade darase traslado de novo á Inspección de Traballo.
- Se convoque ao grupo de traballo de riscos psicosociais para a análise dos resultados de cada área ou servizo e para a valoración da implementación de medidas correctoras cando sexa necesario.
Na Coruña , na data de sinatura electrónica deste documento
SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA