Queremos  informarvos dunha Sentenza (LIGAZON) do xuzgado contencioso administrativo nº1 da Coruña que estima parcialmente a demanda interposta por esta sección sindical en solitario  contra a modificación puntual da RPT  do mes de Outubro de 2023, anulando a modificación recurrida ao non conter unha valoración dos  seguintes postos de nova creación: 2248,2244, 2222, 2223, 2224, 2237, 2253, 2254, 2255 e 2252.

POSTOS AFECTADOS POLA SENTENZA 00194/2024 MODIFICACIÓN PUNTUAL DA RPT
         
COD. POSTO POSTO UNIDADE COD.UNID SERVIZO
2222 Asistente de administración Apoio á xefatura do serv. alcaldía GA4000 Alcaldía
2223 Téc. Sup. De Comunicación Apoio á xefatura do serv. alcaldía GA4000 Alcaldía
2224 Téc. Sup. De Comunicación Apoio á xefatura do serv. alcaldía GA4000 Alcaldía
2237 Técnico de apoio a órgano directivo Apoio á coord. Xeral de econom. E planif. Urb. AD0000 Apoio á coord xeral de econom e planif urbana
2244 Xefe de Sección Residuos urbanos MA3200 Medio Ambiente
2248 Xefe de Sección Xestión Adm. Medio ambiente MA1000 Medio Ambiente
2252 Dirección do Fórum Metropolitano Promoción Cultural CM5000 Cultura e Memoria Histórica
2253 Técnico de actividades de xestión cultural Servizos Xerais de Cultura e Memoria Histórica CM1000 Cultura e Memoria Histórica
2254 Técnico de actividades de xestión cultural Servizos Xerais de Cultura e Memoria Histórica CM1000 Cultura e Memoria Histórica
2255 Técnico de actividades de xestión cultural Servizos Xerais de Cultura e Memoria Histórica CM1000 Cultura e Memoria Histórica

 

 

A neglixente xestión de persoal do actual goberno municipal a base de modificacións “puntuais”  da RPT, imos xa pola cuarta (en fase de aprobación), levou de novo á Sección Sindical da CIG  a acudir ao xuzgado, que nos acaba de dar a razón anulando a creación de 10 postos de traballo por falta de valoración previa dos mesmos tal como esixe a lexislación.

Dende a pasada lexislatura leva  o Sr. Lage co compromiso incumplido dunha nova valoración de postos e dunha nova RPT, primeiro a través da licitación coa empresa ADECCO e dende o inicio desta lexislatura coa promesa da elaboración con medios propios da mesma. Leva este goberno meses mareándonos coa promesa incumplida do inicio das mesas técnicas para traballar na nova valoración de postos.

O Sr. Concelleiro non ten tempo para o inicio das negociacións da RPT, anda continuamente ocupado en modificacións puntuais da RPT e convocatorias de comisións de servizo para crear unha administración “a medida”, para xestionar a política de persoal a base de “decretazos”.

Preguntámonos que resposta nos vai  a dar este goberno ás novas alegacións presentadas pola CIG á última modificación puntual ( inicialmente aprobada e en trámite de información pública) despois de conocer esta sentenza, obligaranos de novo a valorar a posibilidade dun contencioso?. Saberémolo pronto.

O goberno de Inés Rey debería asumir  esta sentenza e non recurrila coa única finalidade de ganar tempo xa que de non facelo as consecuencias futuras poderían ser peores si se cubren todos os postos, como ven sendo habitual, en comisión de servizos, tendo en conta que dos 10 postos afectados pola sentenza actualmente soamente o 2248 está cuberto temporalmente en comisión de servizos e do 2252 publicouse a convocatoria para a sua cobertura temporal en comisión de servizos.