A/A INSPECCIÓN PROVINCIAL DE TRABALLO E SEGURIDADE SOCIAL DA CORUÑA

 

Ana Filgueiras Espasandín con D.I.XXXXXXXX e domicilio para os efectos de notificacións nos locais sindicais da CIG, pazo municipal de María Pita, praza de María Pita S/N-3ª pranta, C.P. 15001- A Coruña, como delegada de prevención do Concello da Coruña EXPÓN:

No mes de novembro do ano 2022 fíxoxe unha avaliación de riscos psicosociais tanto ao persoal técnico como auxiliar da área de servizos sociais do Concello da Coruña cun resultado de risco elevado ou moi elevado en varios dos apartados que mide esta avaliación de riscos psicosociais.

Froito destes resultados propuxéronse unha serie de medidas correctoras que a data de hoxe descoñezo si se implementaron e si conseguiron o seu obxetivo xa que non se fixo unha reavaliación de riscos psicosociais para comprobar a efectividade das medidas propostas.

Fago a continuación un relato de todos os escritos presentados  (adxúntase copia) dende novembro de 2022 en relación a este tema sin que o Concello da Coruña fixera nada ata a data de hoxe:

-13 de marzo de 2023: presentación de escrito no rexistro xeral do Concello da Coruña solicitando o establecemento de medidas correctoras e de nova avaliación en 6 meses para comprobar a efectividade das mesmas.

-21 de abril de 2023: presentación de escrito no rexistro xeral do Concello da Coruña solicitando a implementación de medidas correctoras.

-20 de setembro de 2023: presentación de escrito no rexistro xeral do Concello da Coruña solicitando saber en que estado se atopa a adopción de medidas correctoras.

-8 de maio de 2024: presentación de escrito no rexistro xeral do Concello da Coruña recordando que está pendente a reavaliación de riscos psicosociais en servizos sociais.

-30 de agosto de 2024: presentación de escrito no rexistro xeral do Concello da Coruña solicitando saber o estado das avaliacións de riscos psicosociais pendentes e solicitando que se fagan antes do fin do ano 2024.

A maiores desta relación de escritos presentados quero facer constar que durante todo o ano 2024 o comité de seguridade e saúde so foi convocado unha vez no mes de febreiro de 2024 cando a lei esixe que, como mínimo, se convoque cada 3 meses polo que se fai imposible tampouco tratar o tema referido no CSS xa que reiteradamente se incumpre a sua convocatoria.

No escrito presentado  o 8 de maio de 2024 solicitei tamén facer unha avaliación de riscos psicosociais na área de medio ambiente, solicitude que tampouco foi atendida polo Concello da Coruña.

 

POLO EXPOSTO, SOLICITO:

 

  • Que se comprobe pola Inspección Traballo e Seguridade Social todo o relatado neste escrito.

 

  • Que se requira ao Concello da Coruña para que adopte as medidas correctoras necesarias para correxir os riscos detectados na avaliación de riscos psicosociais na área de servizos sociais e para que faga unha nova avaliación de riscos psicosociais co fin de comprobar a efectividade das medidas correctoras.

 

  • Se comprobe pola Inspección de Traballo e Seguridade Social o relatado sobre a convocatoria do Comité de Seguridade e Saúde e sobre a solicitude de avaliación de riscos psicosociais en medio ambiente e se adopten as medidas que se consideren necesarias.

 

 

Na Coruña na data de sinatura electrónica deste documento