imprimir

 Ana Isabel Filgueiras Espasandín, con DI xxxxxxxx e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de delegada de prevención do Concello da Coruña e de secretaria da Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña, EXPON:

O pasado 17 de decembro de 2024 tivo lugar a última reunión do Comité de Seguridade e Saúde do Concello da Coruña.

O pasado 9 de abril de 2025 tivo lugar a última reunión do grupo de traballo de riscos psicosociais onde se presentou o resultado xeral da avaliación de riscos efectuada a todo o persoal municipal. Nesta reunión acordouse que se reuniría de novo para analizar os resultados de cada servizo  e as medidas correctoras necesarias comenzando polos servizos de cultura, policía local, servizos sociais, urbanismo e medio ambiente.

O pasado 1 de setembro recibimos un oficio da Inspección de Traballo da Coruña (OSI 15/0013590/24)  onde no seu último parágrafo indica: De conformidad con el artículo 22.1 de la Ley 23/2015, de 21 de julio, Ordenadora del Sistema de Inspección de Trabajo y Seguridad Social (BOE nº 174, de 22 de julio) se formula advertencia a la empresa en orden al estricto

cumplimiento de la periodicidad de las reuniones del Comité de Seguridad y Salud (art 38.3 de la Ley 31/95, de 8

de noviembre, de prevención de riesgos laborales).”

Neste mesmo oficio relátanse as actuacións feitas pola Inspección de Traballo, tras a denuncia presentada relacionada coa avaliación de riscos psicosociais, e que rematan coa presentación por parte do Concello da Coruña da documentación relacionada coa última avaliación de riscos feita.

POLO EXPOSTO, SOLICITO:

 

Na Coruña , na data de sinatura electrónica deste documento

 

SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA

Categoría: INICIO
Visitas: 685