imprimir

José María Calatayud Sánchez co DI XXXXe enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña 

MANIFESTA:

Que temos constancia de que no Concello da Coruña existe  a provisión temporal de postos  en COMISIÓNS DE SERVIZO que non están convocados en ningún tipo de CONCURSO. A pesar de telo solicitado, descoñecemos o número real deles nin de como se realizaron os procesos selectivos se é que os houbo.

Que tamén temos constancia de que algúns destes postos superan os dous anos en COMISIÓN DE SERVIZOS.

Que neste Concello existe unha sentenza de outubro de 2018 firme dende 2019 que anulou 152 COMISIÓNS DE SERVIZO por exceder ou dous anos permitidos,  a execución da mesma é a provisión destes por CONCURSO ORDINARIO, execución só efectivizada para postos do grupo C e Asociacións Profesionais.

Que o resto de postos afectados pola sentenza que pertencen ao grupo A  están afectados  en procesos de provisión definitiva,  a maioría no CONCURSO C.E. 1/2019, con bases publicadas o 24 de maio de 2019, con prazo de presentación  de instancias ao mesmo o 23 de setembro de 2020 e que actualmente (4 anos despois da sentencia inicial) aínda está na fase de valoración de méritos.

Que os postos de XEFATURAS DE SERVIZO non figuran no mencionado CONCURSO C.E. 1/2019, porén algúns están inmersos en  CONCURSOS ESPECIFICOS que tiveron en 2019  data limite na presentación de instancias para participar nos mesmos:

 

Destes descoñecemos se están ocupados en COMISIÓN DE SERVIZOS e dende cando, porén tivemos constancia da convocatoria en COMISIÓN DE SERVIZOS dos seguintes cunha duración superior aos dous anos:

        

A pesar de que todos os procesos de CONCURSOS ESPECÍFICOS, foron publicados previamente ao CONCURSO CE 1/2019 (maio de 2019), levan paralizados dende marzo de 2019,  a día de hoxe non hai nomeados nin os tribunais para os concursos de moitos postos de funcionarios/as que teñen as maiores responsabilidades neste concello.

 

Polo anteriormente exposto

SOLICITO:

A anulación de todas aquelas COMISIÓNS DE SERVIZO cunha duración de máis de dous anos que non están convocadas en ningún proceso de provisión de postos definitivo.

A anulación de todas aquelas COMISIÓNS DE SERVIZO de Xefaturas de Servizo que excedan os dous anos de duración que a pesar de estar convocadas en distintos CONCURSO ESPECÍFICOS, levan paralizados dende o primeiro trimestre de 2019.

Asemade o  reinicio dos procesos anunciados nos distintos D.O.G. que afectan aos postos de maior responsabilidade neste concello.

 

A Coruña a  28 de outubro de 2022

 

 

SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA

 

Categoría: cs
Visitas: 1799