imprimir

ORDE DO DÍA:

 

1. Ratificación da urxencia.

2. Aprobación da acta da MXN celebrada o 21.10.2025.

3. Orzamento e cadro de persoal do Concello da Coruña para o exercicio 2026.

4. Acordo sobre o Fondo de Acción Social do Persoal do Concello da Coruña.

5. Modificación da Instrución de xestión da situación de incapacidade temporal.

 

ORZAMENTO E CADRO DE PERSOAL DO CONCELLO DA CORUÑA PARA O EXERCICIO 2026

Presentousenos o informe da previsión de gastos do Capítulo 1 para o ano 2026, o sr.concelleiro indicou neste punto que haberá marxe dentro do orzamento para a aprobación da nova RPT no ano 2026.

Dende a parte sindical solicitouse o incremento da partida do fondo de acción social e o sr. Concelleiro contestou que se incrementaría dentro das posibilidades dos límites orzamentarios.

A proposta de cadro de persoal contempla un total de 1654 prazas de persoal funcionario e inclúe un cálculo da taxa de reposición estimada para o ano 2026 que permitirá un incremento total de 33 prazas.

ACORDO SOBRE O FONDO DE ACCIÓN SOCIAL DO PERSOAL DO CONCELLO DA CORUÑA

Ante o próximo vencemento no mes de Xaneiro de 2026 da vixencia do acordo do Fondo de Acción social do persoal do concello da coruña, acordouse prorrogar a sua vixencia por outros 4 anos, ata 2029.

MODIFICACIÓN DA INSTRUCCIÓN DE XESTIÓN DA SITUACIÓN DE INCAPACIDADE TEMPORAL

Aprobouse unha modificación que consiste na obriga do persoal muncipal de avisar obrigatoriamente ao seu servizo e ao departamento de saúde laboral do inicio e finalización da situación de incapacidade temporal.

Categoría: MXN
Visitas: 503