Aprobación das actas de 12, 13 de marzo e 7 de maio: As únicas alegacións presentadas foron as nosas á acta do 7 maio, apróbanse todas aceptando as alegacións que presentamos á acta do día 7.
Acórdase tamén a partir de agora gravar o audio das sesións do CSS para facilitar a redacción das actas.
Infórmase por parte do concello que a documentación enviada á Inspección de Traballo está a disposición das delegadas/os de prevención, que non se pode enviar por e-mail porque é unha cantidade grande de arquivos.
Infórmase das medidas adoptadas fronte ao covid-19:
-Colocación de mais de 150 mamparos, estase estudiando a colocación de mais mamparos en diversas dependencias municipais. Nas bibliotecas colocáronse so nos postos de recollida de libros, vanse colocar en todos os mostradores das bibliotecas.
-Dotación de papeleiras para depósito de epis en todos os centros de traballo, neste punto dixémoslle que non se dotou destas papeleiras nos CEIPs. Dinnos que ten que facelo a Xunta de Galicia e que se comunicarán con eles para que o fagan.
-Dotación de xel hidroalcólico en todas os andares dos edificios municipais, dixémoslle que os traballadores nos comunicaran que algún dos dispensadores de María Pita están baleiros dende hai uns días.
-Informáronnos de que están rematadas case todas as valoracións de persoal sensible. Volvemos a criticar que a empresa responsable da vixilancia da saúde chame con numero oculto e que se soliciten datos médicos por este sistema
-Informáronnos de que os baños das dependencias municipais están pechados ao público e son de uso exclusivo para o persoal municipal agás casos de extrema necesidade
-Preguntamos que solución se lle ía dar as traballadoras de atención ao público do padrón municipal de maría pita polas queixas recibidas polo frío que pasan ao permanecer aberta a porta de saída do público que está ubicada diante dos mostradores do padrón. Dixéronnos que están estudiando como solucionalo, nos suxerímoslle como posible solución a instalación dunha porta automática con corta ventos na parte interior.
-Tamén lles comunicamos as queixas das traballadoras de atención ao público do padrón municipal pola escasez de máscaras de protección. Informóusenos de que enviaron ao Servizo de Interior de gran cantidade de material no día de onte
-Preguntouse por parte doutros delegados pola desinfección dos postos de acceso a internet das bibliotecas xa que agora teñen que facelo as auxiliares de bibliotecas. Informóusenos de que queren que sexan os propios usuarios os que os desinfecten tras o seu uso coa supervisión do persoal municipal.
- Tamén se preguntou si se vai manter a posibilidade do tele traballo por problemas de conciliación, o concelleiro dixo que se está estudiando mantelo para certos casos de persoal sensible, que queren que se complete a incorporación presencial ao traballo de todo o persoal municipal antes do fin do mes de xuño, que queren elaborar unha Instrución ao respecto.
Sobre o tele traballo por conciliación manifestou o concelleiro que unha vez rematado o estado de alarma deberá volverse á situación anterior. Fixo mención, a modo de comentario, de que non se estaban a cubrir as ofertas de campamentos de verano, nos entendimos que era un argumento para xustificar que a conciliación xa non era un problema diferente a como o foi no pasado anterior ao Covid 19
Informóusenos que se nos convocaría para un novo CSS a mediados do mes de xullo