Se ben estamos dacordo nas liñas que sinala o Acordo Marco, pois nomea as cuestións que estivemos reclamando, recordámosvos o motivo polo que non asinamos:
páxina 2, apartado B) PROVISIÓN DE POSTOS DE TRABALLO. As bases do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo do Concello da Coruña aprobaranse cunha periodicidade máxima de 18 meses contados a partir da finalización do concurso anterior e rexerase polas bases xenéricas de provisión de postos de traballo aprobadas en MXN de data 27/04/2018.
A coherencia demostrada impídenos asinar un documento que menciona unhas bases que temos recorridas no xulgado, bases que exclúen postos sen xustificación LIGAZÓN
CHÁMANOS A ATENCIÓN QUE O ÚNICO ASUNTO QUE XA FOI NEGOCIADO E APROBADO POR TODOS OS SINDICATOS INCLUIDO A CIG, non aparece na publicación do BOP a pesar de que aparece como anexo na DISPOSICIÓN FINAL. O documento do acordo de Bombeiros podedes consultalo na nosa web LIGAZÓN que por certo non sabemos porqué PERSOAL o trata como asunto de MESA TÉCNICA (pdte de refrendar na MESA XERAL) cando foi refrendado por UNANIMIDADE NA MXN. O acordo de Bombeiros é de aplicación inmediata e o ACORDO MARCO está pendente das negociacións correspondentes.
Cáusanos ESTUPOR o USO POLÍTICO que o Goberno Municipal fai con este asunto, publicando o día anterior ao día das ELECCIÓNS SINDICAIS o ACORDO MARCO, facéndolle campaña electoral aos sindicatos asinantes. CANDO A PATRONAL SE DECANTA POR APOIAR A DETERMINADOS SINDICATOS POR ALGO SERÁ.