A xefa de persoal informa sobre os Orzamentos:
Respecto ao 2018, para o 2019 non haberá incremento no fondo de acción social debido ás limitacións do Real Decreto Lei 24/2018
Dótase os créditos necesarios para finalizar as ofertas públicas de emprego de 2014, 15, 16, 17 e 18 e a previsión dunha nova OPE dentro dos límites previstos na normativa vixente.
Dótase a aplicación necesaria para gastos derivados dos contratos administrativos do servizo de persoal (SEGURO ACCIDENTES, DESFIBRILADORES, VIXIANZA NA SAÚDE,GAS RADÓN, CONTRATOS VIAXES)
A CIG volve a preguntar sobre a recuperación na produtividade... volvemos a ter a mesma resposta que en anos anteriores que queda conxelada, sen que dende o noso punto de vista exista inconveniente legal algún que o impida .
Diante da pregunta de si se ían aplicar os incrementos retributivos (2.5%) con carácter inmediato, a Concelleira contesta que vaise levar a pleno cos ORZAMENTOS (polas novas que temos non terá apoio do resto de grupos municipais) e no caso de non ser aprobados haberá que estudar se co orzamento prorrogado de 2018 poderíase aplicar estes incrementos, recordan que si hai dispoñibilidade económica vaise aplicar, pois o custe para este ano ten novidades respecto ao ano pasado, a reclasificación da Policía (manteñen este termo cando en realidade foi unha subida salarial en varios conceptos) xubilación da Policía Local e a subida salarial (2,5%) que en se mesma supón 1.5 millóns de euros, en total afirman que todo isto suma case 4 millóns de euros máis que no custe do ano pasado. Polo que se non hai novo orzamentos quedan a expensas do que que manifeste o interventor de si é posible ou non aplicar a subida.
A xefa de persoal informa da creación das seguintes prazas no Cadro de Persoal:
- Nova praza Viceinterventor a petición do Interventor que o xustifica polas novas competencias que ten.
- 6 prazas de Técnico de Administración Xeral
- 2 prazas de Técnicos Medios de Xestión
- 4 prazas de Auxiliar Administrativo
Por promoción Interna:
- 2 prazas de Auxiliar Administrativo C2
- 9 prazas de Sarxento de SEIS para o seu pase ao subgrupo A2
- 4 Inspectores de Policía Local A2
- 5 Técnicos de Audiovisuais C1
- 1 oficial de mercados C2 (esta por xubilación)
- 43 prazas de Bombeiros/Cabos de C1 (50% do total)
- 21 Administrativos C1 (sumando outras OPE, un total de 60 de 122, supón case o 50%)
Sobre estas dúas últimas ante a proposta que o Goberno Municipal fixera nas Mesa Técnica de Bombeiros para o pase ao C1, a CIG solicitou que foran cos mesmos porcentaxes para Bombeiros que para Auxiliares Administrativos, algo que si acontece nesta ocasión.
A Concelleira comenta que estas dúas promocións tan numerosas habería que programalas e aprobar unhas bases e a xefa de persoal engade que estas promocións serán no propio posto, polo que no caso de resolverse o concurso antes non afectaría á promoción en canto a traslados. Solicitan unha Mesa Técnica para consensuar unhas bases que poderían partir cos mesmos criterios que a CIG propuxo no plan B do grupo B. Teremos unha reunión para debater estas bases o próximo día 31 ás 15:45.
Sobre o Acordo Marco, a Concelleira de Persoal, limitouse a facer consideracións sobre os enunciados e contido da proposta de CSIF, UGT e CCOO, derivando a discusión da maioría dos puntos cara a Mesas Técnicas, isto a nós, deixounos perfectamente claro que non existía nin existe un Acordo Marco por moito que se fale del, se ese Acordo estiver asinado e rematado, non sería necesario remitilo a Mesas Técnicas, que como todo o mundo sabe é fase previa á súa validación ou non en Mesa Xeral de Negociación.
Fannos entrega da proposta de Bases de Concurso Específico para o seu estudo.
Falouse tamén da necesidade de aprobar o Permiso de Ampliación da Paternidade as 16 semanas en concordancia co acordado coa Mesa Xeral do Estado, sendo avalado por unanimidade, este permiso será de aplicación con carácter progresivo partindo con 8 semanas para o ano 2019, 12 para o 2020 e as 16 a partir do 2021.
Volveuse a retomar o asunto da porcentaxe do valor da fase de Concurso nos Procesos de Estabilización, despois de mencionar a concelleira de persoal que podíamos chegar a un acordo no punto medio no que nos atopamos (20% goberno municipal, 40% sindicatos) e para iso propuxo a fórmula de poñer nas bases entre o 25 e o 30%, nós contra propuxemos que xa que estaba disposta a chegar ao 30%, que se puxera esta cantidade coma mínima. Negouse rotundamente.
Para rematar e porque xa pasaban das 3 da tarde, quedou adiado ao asunto das xornada de Protección Civil.