ACCIÓN SINDICAL
RECURSO REPOSICIÓN MODIFICACIÓN PUNTUAL RPT
RECURSO DE REPOSICIÓN CONTRA A MODIFICACIÓN PUNTUAL DA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABAJO DO CONCELLO DA CORUÑA
Dona xxxxxx, con DI xxxxxxxx na miña calidade de Delegada de Persoal do Concello e en representación da Confederación Intersindical Galega (CIG), sección sindical no Concello
da Coruña, con domicilio a efectos de notificacións nos locais sindicais situados no Pazo de María Pita s/n andar 3ª e correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. como mellor proceda en Dereito,
EXPÓN
Que con data do 21 de xullo de 2026 publicouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP núm. 136) o anuncio da aprobación definitiva da modificación puntual da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello da Coruña, adoptada mediante acordo da Xunta de Goberno Local nas sesión do día 15 de xullo de 2026.
Que dentro do prazo dun mes establecido no devandito anuncio para a presentación dun recurso de reposición de acordo co previsto la Lei 39/2015 de 1 de Outubro do procedemento administrativo común das administración públicas, esta sección sindical formula as seguintes
ALEGACIÓNS
PRIMEIRA.- NULIDADE POR VICIO PROCEDIMENTAL: VULNERACIÓN DO DEREITO Á NEGOCIACIÓN COLECTIVA POR DOCUMENTACIÓN INSUFICIENTE NA MESA XERAL DE NEGOCIACIÓN
1. Feitos acreditados.
A Mesa Xeral de Negociación (MXN) do Concello da Coruña reuniuse o día 8 de maio de 2026. Na orde do día incluíuse como punto 6 a "Proposta de modificación puntual da RPT". A convocatoria da MXN foi remitida ás seccións sindicais mediante correo electrónico o día 4 de maio de 2026, sen que se adxuntase a proposta de modificación.
A documentación sobre a proposta de modificación puntual da RPT non foi remitida ás seccións sindicais até as 12:45 horas do día 7 de maio de 2026, é dicir, menos de 24 horas antes da celebración da MXN. O documento remitido constaba de 12 páxinas e constituía un mero resumo da proposta.
Con posterioridade á celebración da MXN, a Xunta de Goberno Local aprobou inicialmente a modificación puntual da RPT baseándose en dous informes moito máis extensos e detallados que non foron postos a disposición dos representantes sindicais durante a fase de negociación:
Informe do 13 de maio de 2026 (CSV: 5Q3U2H1Q2O6Y4A2A0JRX), de 47 páxinas, que contén a fundamentación xurídica completa, a xustificación detallada de cada unha das
modificacións propostas, a motivación pormenorizada da elección da libre designación para cada un dos catro postos de xefatura de servizo e a valoración dos postos de traballo.
O Informe complementario do 22 de maio de 2026 (CSV: 2T3M6S1L084S4X3N0TF4), de 11 páxinas, que incorpora a modificación da adscrición orgánica do posto de Técnico/a
medio de comunicacións (ref. 1511) e completa o expediente.
A dilixencia da MXN do 13 de maio de 2026 acredita que a proposta foi sometida a votación co resultado de 2 votos a favor (CSIF e UGT), 1 voto en contra (CIG) e 1 abstención (CCOO).
Esta sección sindical presentou alegacións en data 6 de xullo de 2026 contra a aprobación inicial da RPT no prazo concedido ao efecto, mediante notificación de data 17 de xullo de 2026 o Concello da Coruña desestima todas as alegacións presentadas por esta sección sindical. As motivacións expostas polo Concello da Coruña para desestimar as alegacións presentadas non fan mais que reafirmar a motivación para a presentación do presente recurso de reposición, mais concretamente neste primeiro apartado de nulidade por vicio procedimental:
O Concello da Coruña alega que esta modificación puntual da RPT veu precedida de mesas técnicas nas que se anunciaba o obxeto desta modificación puntual, en ningunha mesa técnica previa se tratou esta modificación puntual da RPT. O primeiro coñecemento de que se quería realizar unha nova modificación puntual da RPT tivémola o día 4 de maio de 2026 ao ver que figuraba na orde do día para a Mesa Xeral de Negociación e o contido da modificación non se nos enviou ata o día 7 de maio de 2026.
Indica tamén o Concello da Coruña que a normativa aplicable non esixe que a documentación para a Mesa Xeral de Negociación deba adoptar a forma de informe xurídico, as nosa alegacións neste punto non se basan na forma do documento si non no contido insuficiente do documento achegado á MXN comparada coa moito mais extensa documentación que serviu de base á Xunta de Goberno Local para a aprobación inicial da modificación puntual da RPT
2. Fundamento xurídico.
O artigo 37.1 do texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro (TREBEP), establece que serán obxecto de negociación, entre outras materias, «as normas que fixen os criterios xerais en materia de acceso, carreira, provisión, sistemas de clasificación de postos de traballo, e plans e instrumentos de planificación de recursos humanos» artigo 37.1.c) TREBEP.
Aínda que o artigo 37.2.a) do TREBEP exclúe da obrigatoriedade da negociación «as decisións das Administracións Públicas que afecten ás súas potestades de organización», o propio precepto engade que «cando as consecuencias das decisións das Administracións Públicas que afecten ás súas potestades de organización teñan repercusión sobre condicións de traballo dos funcionarios públicos contempladas no apartado anterior, procederá a negociación de ditas condicións coas organizacións sindicais». A modificación da RPT, en canto afecta aos sistemas de provisión e, con iso, á carreira profesional e ás condicións de traballo do persoal funcionario, está suxeita a
negociación colectiva.
O dereito á negociación colectiva non se esgota coa mera celebración formal dunha reunión da Mesa de Negociación. Como ten sinalado o Tribunal Supremo, a negociación colectiva require un debate real entre as partes, con entrega de documentación suficiente, formulación de propostas polos representantes sindicais, respostas da Administración e intercambio de posicións STS n.º 523/2019, de 8 de abril de 2019. Non existe negociación efectiva cando a documentación relevante non está a disposición dos representantes sindicais nun prazo razoable.
O carácter instrumental do deber de información ao servizo do dereito á negociación colectiva implica que a documentación debe ser suficiente e pertinente para permitir unha negociación adecuadamente informada. Esta doutrina, consolidada na xurisprudencia social, é perfectamente trasladable ao ámbito da negociación colectiva funcionarial.
3. Aplicación ao caso concreto.
No presente suposto, a documentación remitida ás seccións sindicais con menos de 24 horas de antelación á MXN —un documento de 12 páxinas— non contiña a motivación completa das modificacións propostas nin a xustificación detallada da elección da libre designación que posteriormente se desenvolveu nos informes de 47 e 11 páxinas elaborados ex post para a Xunta de Goberno Local. En particular, o documento remitido á MXN:
Non contiña a motivación individualizada e por menorizada da especial responsabilidade e confianza de cada un dos catro postos de xefatura de servizo que se pretendían prover por
libre designación, motivación que ocupa as páxinas 20 a 35 do informe de 13 de maio de 2026.
Non incluía a análise xurídica sobre a natureza dos órganos directivos municipais e a súa relación coa libre designación (páxinas 23-25 do informe de 13 de maio).
Non recollía a motivación específica sobre a creación do posto de Xefatura do Servizo de Xestión Administrativa de Infraestruturas en canto á súa causa organizativa (páxinas 9-10 do informe de 13 de maio).
A conduta da Administración municipal —achegar un documento resumido á Mesa de Negociación e, con posterioridade, elaborar informes moito máis completos e detallados que serviron de fundamento á aprobación inicial, sen os someter novamente a negociación— vulnera o dereito á negociación colectiva efectiva, pois privou ás organizacións sindicais da posibilidade de coñecer e debater a verdadeira motivación das medidas propostas.
A doutrina do Tribunal Supremo sobre a necesidade de que a negociación colectiva non sexa «mera aparencia formal» resulta directamente aplicable. A STS n.º 1515/2019, de 29 de outubro de 2019 declarou a nulidade dunha disposición xeral por vulneración do dereito á negociación colectiva cando a Administración elaborou durante un período prolongado sucesivas versións do proxecto con modificacións substanciais sen volver convocar aos representantes sindicais. No noso caso, a Administración elaborou documentación moito máis extensa e detallada despois da MXN, sen que esta fose sometida a debate sindical.
Procede, en consecuencia, declarar a nulidade do procedemento de aprobación da modificación puntual da RPT, ordenando a retroacción das actuacións ao momento anterior á MXN
para que, con entrega da documentación completa e con antelación suficiente, se proceda a unha verdadeira negociación colectiva.
SEGUNDA.- NULIDADE DA CREACIÓN DO POSTO DE XEFATURA DO SERVIZO DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA DE INFRAESTRUTURAS (REF. 2293) E DA SÚA PROVISIÓN POR LIBRE DESIGNACIÓN
2.1. Inexistencia de causa organizativa e duplicidade de estruturas
O artigo 5.4 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, establece unha prohibición taxativa: «non poderán crearse novos órganos que supoñan duplicación
doutros xa existentes se non se suprime ao mesmo tempo a das competencias destes».
No presente caso, as funcións de xestión administrativa, control de pregos e impulso procedimental dos expedientes do Área de Infraestruturas xa se veñen desenvolvendo de forma ordinaria polo Departamento de Servizos Xerais existente (IE 3000). O Concello pretende crear unha nova xefatura de servizo para asumir tarefas que xa están materialmente cubertas pola estrutura administrativa vixente, sen que conste memoria algunha de comprobación previa de non duplicidade.
As funcións descritas no informe-proposta (tramitación de licitacións, control de documentación administrativa, xestión procedimental de subvencións) son funcións puramente instrumentais e de apoio procedimental, subordinadas ao Servizo de Infraestruturas existente (ref. 1795). A tramitación administrativa carece de fin público autónomo: é o medio formal a través do cal o Servizo de Infraestruturas materializa as súas competencias propias. Separar a tramitación do fondo competencial xera unha duplicidade artificial proscrita polo ordenamento xurídico.
Como establece o Tribunal Supremo, a modificación dunha RPT é un acto causal e a potestade organizativa está condicionada a «necesidades obxectivas da organización debidamente
acreditadas» (STS de 5 de febreiro de 2014, Rec. 2977/2012). Crear un servizo que só xestiona o procedemento doutro vulnera o principio de especialidade competencial e carece de causa real. A competencia sobre o fondo do asunto (que recae no Servizo de Infraestruturas existente) atrae de forma natural a competencia instrumental da súa tramitación ordinaria.
Esta actuación vulnera tamén os principios de eficacia e racionalización consagrados no artigo 103.1 da Constitución Española e no artigo 3.1, letras c) e d), da Lei 40/2015, así como o artigo 22 da Lei de Bases do Réxime Local. Crear unha unidade organizativa de «servizo tramitador» carente de competencias substantivas encarece artificialmente os custos da Administración sen achegar valor engadido ao servizo público.
2.2. Desviación de poder e configuración ad personam
Non existe ningunha outra área municipal (Urbanismo, Medio Ambiente, Mobilidade, etc., que manexan volumes millonarios de contratación e xestión de expedientes e/ou subvencións sectoriais) na que o Concello considerase necesario segregar a xestión administrativa creando un «Servizo de Xestión Administrativa» independente que actúe como mero tramitador do servizo técnico substantivo.
Esta asimetría organizativa, que rompe a coherencia global esixida aos instrumentos de ordenación do persoal (artigo 74 do TREBEP), evidencia un suposto de desviación de poder (artigo 48 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas), onde se exercitan potestades organizativas lexítimas pero orientadas a un fin distinto do interese público xeral.
2.3. Incongruencia estrutural: posto «fantasma» e subversión da xerarquía administrativa
A estrutura directiva municipal aprobada no mesmo expediente só contempla, dentro da Área de Infraestruturas, a existencia do «Servizo de Infraestruturas». Non existe, nin se aprobou formalmente, ningún Servizo de Xestión Administrativa de Infraestruturas no organigrama. Estamos, xa que logo, ante unha xefatura de servizo illada que carece de adscrición
a un servizo real.
A codificación do posto (IE 3000) —que corresponde ao Departamento de Servizos Xerais do Servizo de Infraestruturas— xera unha distorsión xurídica inaceptable: preténdese incrustar unha Xefatura de Servizo dentro da estrutura dun Departamento, subvertendo o principio de xerarquía organizativa. Colocar un Servizo (unidade superior) dentro dun Departamento (unidade inferior) vulnera o principio de xerarquía e a lóxica da organización administrativa.
Concúlcase así o artigo 5.3.a) da Lei 40/2015, que esixe como condición imperativa de validez de calquera órgano administrativo a «determinación da súa forma de integración na Administración Pública de que se trate e a súa dependencia xerárquica». A RPT, como instrumento subordinado de xestión técnica, debe dar cobertura analítica a unha estrutura organizativa previa (artigo 90.2 da Lei 7/1985). Non se pode dotar de dirección a un Servizo administrativo que xuridicamente non existe.
2.4. Aplicación fraudulenta da libre designación
Para o hipotético e improbable suposto de que se considerase válida a creación do posto, o sistema de provisión de libre designación con convocatoria pública resulta igualmente contrario a Dereito.
O artigo 80.2 do TREBEP establece que as leis de Función Pública determinarán os criterios para establecer os postos que «pola súa especial responsabilidade e confianza» poden cubrirse por libre designación.
No ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, o artigo 92.2 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia dispón que «soamente poden proveerse polo procedemento de libre designación con convocatoria pública entre persoal funcionario de carreira (...) excepcionalmente, aqueles postos de traballo de especial responsabilidade ou cualificación
profesional que se determinen nas relacións de postos de traballo». Pola súa banda, o artigo 91.1 da mesma lei establece como regra xeral que «as xefaturas de servizo ou postos de nivel equivalente proveranse por este sistema [concurso específico], salvo aqueles que, polas súas especiais características, deban pro verse polo sistema de libre designación».
A xurisprudencia do Tribunal Supremo é contundente ao respecto. A STS de 10 de abril de 2000 (Rec. 2997/2000) sentou os criterios fundamentais: «Non resulta axustado a Dereito que todas as xefaturas de servizo se provean por libre designación sen que se exteriorice unha xustificación suficiente no procedemento de elaboración das relacións de postos de traballo nin na súa memoria acerca de que tales postos impliquen a especial responsabilidade determinante da súa cobertura mediante este sistema excepcional. A mera denominación do posto non xustifica por si soa o sistema de provisión elixido».
A STS de 13 de xuño de 2012 (Rec. 401/2009) engade que a xustificación, para ser considerada suficiente, «esixe describir as concretas circunstancias e cometidos concorrentes no posto de que se trate que permitan valorar se é ou non de apreciar no mesmo o carácter directivo ou a especial responsabilidade dos que depende a validez do sistema de libre designación, e que non bastan a estes efectos fórmulas estereotipadas ou a mera denominación aplicada ao posto».
Toda a argumentación exposta nos parágrafos anteriores con respecto ao posto 2293 vese reforzada polo feito de que con data 24 de xullo de 2026 publícase a convocatoria de cobertura temporal en comisión de servizos deste posto e neste anuncio figura como anexo a ficha do manual de funcións pero non a ficha que correspondería ao posto 2293 si non a ficha coas funcións do posto 1795 de Xefatura de Servizo de Infraestructuras.
As normas de xestión da RPT (BOP-19/08/2020) indican no artigo 3 que todos os postos deben ter unha ficha no manual de funcións. Xunto coa modificación puntual da RPT non se elaborou nin se someteu a negociación a ficha do manual de funcións para este posto, polo que carece de funcións propias, e o que o goberno municipal denomina “funcións” no informe proposta de aprobación inicial da RPT non se poden considerar como tal si non como posibles tarefas do posto.
Pois ben, a motivación ofrecida polo Concello para este novo posto resulta insuficiente:
1. O recoñecemento expreso de «funcións comúns»: O propio informe-proposta admite que o posto «adscríbese á escala de Administración Xeral, xa que implica, con carácter xeral,
o desempeño de funcións comúns ao exercicio da actividade administrativa». Esta confesión desautoriza a excepcionalidade da libre designación. As funcións administrativas comúns, de xestión regrada e tramitación de contratación, constitúen o paradigma indiscutible do concurso de méritos.
2. Inaplicabilidade do precedente da Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña de 31/10/2024: O informe-propuesta invoca unha sentenza sobre a Xefatura de Turismo, Comercio, Mercados e Hostalería, onde a libre designación se considerou xustificada por xestionar «información especialmente reservada, entre a que se atopa a relativa ás actuacións de protocolo, cerimonial e relacións públicas». É evidente que a Xefatura de Xestión Administrativa de Infraestruturas non realiza funcións de protocolo, cerimonial nin relacións públicas.
3. O Plan de Contratación Anual non é información reservada: O artigo 28.4 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público (LCSP), impón a obriga legal de publicar o Plan de Contratación no Perfil do Contratante e no Portal de Transparencia. É un fraude de lei pretender amparar a opacidade da libre designación na suposta «reserva» dunha información que, por mandato legal, é obrigatoriamente pública e accesible para a cidadanía.
4. Ausencia de titulación específica: O posto non esixe ningunha titulación académica concreta, requiríndose unicamente pertencer á Escala de Administración Xeral. Se as funcións
implicasen verdadeiramente asesoramento en decisións «de fondo non regrado», de alto compoñente estratéxico, a RPT acoutaría o posto a titulacións específicas. Ao abrilo de forma
xenérica, a propia Administración recoñece que se trata dunha xefatura de servizo de carácter burocrático, polivalente e ordinario.
TERCEIRA.- NULIDADE DO CAMBIO A LIBRE DESIGNACIÓN DOS POSTOS DE XEFATURA DE SERVIZO DE XESTIÓN TRIBUTARIA (REF. 0104), CONTRATACIÓN (REF. 0258) E CONCESIÓNS E PATRIMONIO MUNICIPAL (REF. 2174)
3.1. Doutrina xurisprudencial aplicable: a SSTSJ Galicia n.º 211/2026, de 8 de abril (Rec. 448/2025)
A Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia n.º 211/2026, do 8 de abril de 2026 (Recurso de apelación n.º 448/2025), ditada pola Sección 1ª da Sala do Contencioso-Administrativo con sede na Coruña, constitúe un precedente xudicial directamente aplicable ao presente caso.
A devandita sentenza estimou o recurso de apelación interposto por CSIF contra a modificación da RPT da Excma. Deputación Provincial da Coruña, declarando non conforme a Dereito e anulando a modificación do sistema de provisión da Xefatura do Servizo de Patrimonio e Contratación, que pasaba de concurso a libre designación.
Os criterios xurídicos establecidos pola STSJ Galicia n.º 211/2026 que resultan directamente trasladables ao presente suposto son os seguintes:
A) Carácter excepcional da libre designación e carga da motivación.
A sentenza recorda que «o concurso é o procedemento normal de provisión de postos de traballo» e que «excepcionalmente, poden pro verse polo sistema de libre designación aqueles postos de traballo de especial responsabilidade ou cualificación profesional que se determinen nas relacións de postos de traballo atendendo a criterios legais». Engade que «é preciso xustificar expresamente, describindo as concretas circunstancias e cometidos concorrentes no posto, os motivos polos que se opta polo sistema extraordinario de libre designación fronte ao ordinario do concurso».
B) As funcións comúns ás xefaturas de servizo non xustifican a libre designación.
A sentenza analiza o Catálogo de funcións dos postos da Deputación Provincial e conclúe que «as funcións son comúns a todas as Xefaturas de Servizo. As funcións de dirección e xestión, e a responsabilidade administrativa e presupostaria veñen, todas elas, referidas á unidade específica».
O feito de que «unha xefatura de servizo sempre implique a actividade de coordinación e mando sobre os postos de traballo que integran o servizo administrativo» —como sostiña a Deputación— non xustifica o sistema excepcional de libre designación, pois tal nota é común a todas as xefaturas.
C) A transversalidade, a presidencia de comités e a participación en mesas de contratación non son criterios válidos.
A sentenza rexeita expresamente os argumentos utilizados pola Deputación Provincial:
Carácter transversal: «A Administración non define o "carácter transversal" (...); en todo caso, non di que diferenza, desde o punto de vista da "transversalidade", o posto de Xefatura de Servizo de Patrimonio e Contratación e outras Xefaturas de Servizo (...). O acordo impugnado di que "tampouco se trata de indagar na causa pola que a Deputación considera que unha xefatura se ha de dotar polo sistema de libre designación e outras non"; non o explica, e, claro está, é de relevancia».
Coñecemento excepcional en materia de contratos: «A capacidade técnica ou os coñecementos, técnicos, en materia de contratación —certamente, complexa, técnica e regrada na LCSP— demóstranse normalmente nun concurso de méritos».
Presidencia de comité ou mesa de contratación: «A importancia ou moita responsabilidade que a Administración atribúe á tarefa de presidir un comité antifraude ou unha mesa de contratación non son criterios legais para a provisión dun posto dunha Deputación Provincial polo sistema de libre designación».
Rigor, coñecementos e honestidade: «O "rigor, coñecementos e contrastada honestidade no desempeño das súas funcións" presupóñense, estes si, en quen ocupa un posto en virtude dun sistema ordinario de provisión».
D) O carácter directivo esixe autonomía real de decisión, non mera coordinación.
A sentenza acolle a argumentación de CSIF sobre que «o carácter directivo tamén se exclúe na medida en que o posto en cuestión dependa dun órgano directivo, sendo este o que realmente exerza as funcións directivas» e que «as funcións de coordinación, valoración e proposta, nin as funcións de supervisión, implantación, execución ou seguimento das actuacións sinaladas polos órganos superiores» non xustifican a libre designación.
E) A ausencia de cambio de circunstancias do posto vicia a modificación.
A sentenza sinala que «non hai constancia no expediente do cambio de circunstancias do posto de traballo: nin os informes nin os acordos expresan as razóns da variación do sistema na RPT 2024».
F) Carga da proba: correspóndelle á Administración xustificar a excepcionalidade.
A sentenza establece que «planteada a impugnación do sistema de libre designación establecido para a provisión de determinados postos, é á Administración á que corresponde identificar e xustificar, nos termos que a xurisprudencia vén esixindo, as singulares razóns polas que optou por dito sistema en cada un dos postos controvertidos».
3.2. Aplicación da doutrina aos postos de xefatura de servizo 0104, 0258 e 2174 Os tres postos de xefatura de servizo cuxa forma de provisión se modifica —pasando de concurso
específico a libre designación— levan creados moitos anos, sen que nada mudase desde a súa creación en canto ás funcións desempeñadas:
O posto 2174 (Xefatura de Servizo de Concesións e Patrimonio Municipal) e o posto 0258 (Xefatura de Servizo de Contratación) non teñen ficha propia no manual de funcións,
aplicándoselles a ficha xenérica de Xefatura de Servizo (páxina 2 do manual).
O posto 0104 (Xefatura de Servizo de Xestión Tributaria) ten ficha propia no manual de funcións (páxina 37), pero as funcións descritas son exactamente as mesmas que para
outras xefaturas de servizo que manteñen como forma de provisión o concurso específico (v.g., Xefatura de Servizo de Disciplina Urbanística, páxina 35; Xefatura de Servizo de Medio
Ambiente, páxina 36), limitándose a substituír o ámbito competencial de referencia.
Nos tres casos, a ficha describe funcións de «natureza técnica, de xestión, estudo e proposta ao nivel superior», coa cláusula peche de «calquera outra tarefa de similar natureza que lle sexa encomendada polo seu superior xerárquico».
Aplicando a doutrina da STSJ Galicia n.º 211/2026, concorre unha ausencia absoluta de cambio de circunstancias que xustifique a modificación do sistema de provisión. Os postos levan exercendo as mesmas funcións durante anos co sistema de concurso específico, sen que a Administración acredite —nin poida acreditar— que as circunstancias mudaron.
Ademais, a ningún dos tres postos se lle esixe titulación específica, o que desmonta a pretensión de que requiren unha «especial cualificación profesional». Dous deles (0104 e 0258)
están abertos ás escalas AX/AE, e os tres están abertos a persoal de calquera Administración Pública (TD), polo que a variedade de perfís profesionais que poderían ocupar estes postos é inmensa. Se as funcións implicasen verdadeiramente un asesoramento de «fondo non regrado» ou de alto compoñente estratéxico, a RPT esixiría titulacións específicas habilitantes.
Esta sección sindical presentou alegacións en data 6 de xullo de 2026 contra a aprobación inicial da RPT no prazo concedido ao efecto, mediante notificación de data 17 de xullo de 2026 o Concello da Coruña desestima todas as alegacións presentadas por esta sección sindical. As motivacións expostas polo Concello da Coruña para desestimar as alegacións presentadas non fan mais que reafirmar a motivación para a presentación do presente recurso de reposición, mais concretamente neste terceiro apartado :
Alega o concello que todos os postos de xefatura de servizo están singularizados, ningún destes postos esta singularizado na actual RPT do Concello da Coruña.
Alega o concello da Coruña que a Sección sindical da CIG coñece a postura do goberno municipal: efectivamente o goberno municipal transmitiunos reiteradamente que quere que todas as xefaturas de servizo teñan como forma de provisión libre designación, pero esta postura non ten encaixe legal xa que é unha forma de provisión de carácter excepcional, xa que a forma de provisión deste tipo de postos é o concurso específico.
3.3. Refutación singularizada da motivación de cada posto
A) Xefatura do Servizo de Xestión Tributaria (ref. 0104).
A motivación do Concello (páxinas 28 e seguintes do informe de 13 de maio de 2026) pretende xustificar a libre designación na «especial responsabilidade por axudar na toma de decisións dos órganos políticos en aplicación de criterios e directrices políticas» e na «especial responsabilidade por manexar información reservada do Concello e colaborar na toma de decisións de órganos de goberno».
Porén, a materia tributaria é unha materia totalmente regrada e taxada polo texto refundido da Lei reguladora das facendas locais (RDL 2/2004, de 5 de marzo) e demais lexislación tributaria. A marxe de decisión discrecional que se pretende xustificar —en canto a tipos impositivos e beneficios fiscais— é mínima e, en todo caso, exércese dentro do establecido na ficha do manual de funcións, que fala de «funcións de natureza técnica, de xestión, estudo e proposta ao nivel superior».
A participación na elaboración de ordenanzas fiscais, a asistencia ás comisións informativas do Pleno e a elaboración do Plan de Inspección Tributaria son funcións de pura xestión administrativa, que non requiren dunha «especial confianza» diferente da que é esixible a calquera funcionario público no exercicio das súas funcións. A elaboración do Plan de Inspección Tributaria, que a normativa cualifica como «reservado», non é unha función extraordinaria de especial confianza política: é un deber xeral de confidencialidade inherente a todos os empregados públicos (artigo 53.12 do TREBEP).
B) Xefatura do Servizo de Contratación (ref. 0258).
A motivación do Concello (páxinas 32 e seguintes do informe) insiste na complexidade técnica da LCSP, no carácter «estratéxico» da contratación e na «especial responsabilidade e confianza» derivada da centralización da xestión contractual.
Con todo, a STSJ Galicia n.º 211/2026 xa rexeitou argumentos practicamente idénticos formulados pola Deputación Provincial da Coruña para un posto análogo. A sentenza declara que «a capacidade técnica ou os coñecementos, técnicos, en materia de contratación —certamente, complexa, técnica e regrada na LCSP— demóstranse normalmente nun concurso de méritos» e que «formar parte dunha Mesa de contratación sería unha función máis do Xefe de Patrimonio e Contratación. A Mesa de contratación tamén é un órgano de asistencia técnica especializada coas funcións que lle atribúe a LCSP —de estudo das ofertas e proposta de adxudicación, que non de decisión—».
A pesar do detalle co que o informe municipal describe as funcións do posto en materia de elaboración de pregos, a realidade é que a contratación pública é unha materia intensamente regrada, onde a marxe de discrecionalidade administrativa é mínima e está rigorosamente encadrada nos principios de publicidade, concorrencia, igualdade e transparencia (artigos 1 e 132 da LCSP).
Ademais, non se esixe ningunha titulación específica para o posto, o que contradí abertamente a pretensión de que require un «alto grao de coñecemento técnico-xurídico». Se tal
coñecemento fose realmente determinante, a RPT pecharía o posto a titulacións xurídicas concretas (Dereito).
C) Xefatura do Servizo de Concesións e Patrimonio Municipal (ref. 2174).
A motivación do Concello (páxinas 33 e seguintes do informe) pretende xustificar a libre designación na «especial cualificación profesional que require a xestión patrimonial e concesional das Entidades Locais sometida a un complexo marco normativo» e na «especial responsabilidade (...) por participar no establecemento das bases do funcionamento xeral de todas as concesións do Concello».
Ocorre, porén, exactamente o mesmo que nos casos anteriores: trátase dun posto que leva exercendo as mesmas funcións desde a súa creación sen variacións, e cuxa complexidade normativa —común a moitas outras xefaturas de servizo que se proveen por concurso específico— non xustifica o recurso ao sistema excepcional da libre designación. A referencia a funcións como «planificación plurianual do sistema concesional», «reordenación estratéxica» ou «control económico e disciplinario» non son máis que descricións xenéricas de funcións de calquera xefatura de servizo, que non acreditan a concorrencia do plus de especial responsabilidade esixido pola xurisprudencia.
CUARTA.- AS DIRECCIÓNS DE ÁREA DO CONCELLO DA CORUÑA NON SON ÓRGANOS DE DECISIÓN POLÍTICA, SENÓN QUE EXERCEN FUNCIÓNS DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA
O informe-proposta pretende xustificar a aplicación da libre designación ás xefaturas de servizo baseándose na doutrina da Sentenza do Tribunal Supremo n.º 617/2025, do 22 de maio (Rec. 849/2023), que sinala que os órganos directivos nas entidades locais de gran poboación «aproxímanse máis ao sistema de altos cargos do Estado e non ao modelo de dirección propio da alta función pública profesional, isto é, máis na esfera de decisión política que da organización e xerarquía administrativa». A partir desta premisa, o Concello conclúe que
«existe unha vinculación moi próxima, directa e inmediata, entre a actividade profesional dos postos de xefatura de servizo e os órganos superiores e directivos da organización municipal».
Esta argumentación é de todo falsa e non se corresponde coa realidade do funcionamento das Direccións de Área do Concello da Coruña. As direccións de área do Concello da Coruña exercen, de forma ordinaria e cotiá, funcións de xestión administrativa, tales como:
Asistencia ás mesas técnicas de traballo cos representantes sindicais (v.g., acta da mesa técnica de concurso xeral e específico de 16 de febreiro de 2024, con asistencia de tres
directores de área diferentes).
Envío polos propios directores de área das convocatorias das mesas técnicas (v.g., correo electrónico de 14 de febreiro de 2024 convocando mesa técnica para o día 16).
Elaboración de informes en expedientes disciplinarios e en expedientes de comisións de servizo.
Asistencia ao grupo de traballo de riscos psicosociais do Comité de Seguridade e Saúde de Servizos Sociais.
Asistencia ás sesións da Comisión de Avaliación e Seguimento das Listas de Agarda.
Participación na xestión dos actos de elección de destino dos funcionarios municipais, como por exemplo na elección de destino do último proceso selectivo de administrativos, subgrupo C1.
Elaboración de oficios e índice de documentación de expedientes administrativos remitidos ao xuzgado, como por exemplo no procedemento xudicial ETJ 0000008/2024 PA 0000158/2021, N.I.G:15030 45 3 2021 0000546
Ademais, o número de directores de área no Concello da Coruña duplicouse, pasando de 9 no ano 2018 a 18 no ano 2026. Existe, polo tanto, número máis que suficiente de persoal directivo para exercer funcións de dirección e coordinación, sen necesidade de trasladar este carácter ás xefaturas de servizo.
Non son as xefaturas de servizo as que exercen funcións directivas, senón as direccións de área, que neste Concello non son órganos de decisión política senón que realizan funcións de xestión administrativa ordinaria.
Esta sección sindical presentou alegacións en data 6 de xullo de 2026 contra a aprobación inicial da RPT no prazo concedido ao efecto, mediante notificación de data 17 de xullo de 2026 o Concello da Coruña desestima todas as alegacións presentadas por esta sección sindical. As motivacións expostas polo Concello da Coruña para desestimar as alegacións presentadas non fan mais que reafirmar a motivación para a presentación do presente recurso de reposición, mais concretamente neste cuarto apartado :
Alega o Concello da Coruña que a participación das direccións de área nas mesas técnicas e nos grupos de traballo deben entenderse como un rol “indirizzo político institucional”, cando a realidade é que nas mesas técnicas e nos grupos de traballo trabállense cuestións meramente técnicas tales como cuadrantes horarios do persoal, determinación de tarefas, bases de concurso, medidas correctoras das avaliacións de riscos psicosociais etc participando plenamente en todas esta cuestións técnicas cun papel de xestión administrativa totalmente afastado do rol de “indirizzo político institucional”.
QUINTA.- OS CRITERIOS DE EXCEPCIONALIDADE DO ARTIGO 17.4 DAS NORMAS DE XESTIÓN DA RPT NON CONCORREN NOS POSTOS IMPUGNADOS
O artigo 17.4 das Normas de Xestión da RPT do Concello da Coruña (BOP núm. 133, do 19/08/2020; BOP núm. 84, do 04/05/2022) enumera os criterios de excepcionalidade que permiten a provisión por libre designación. A Administración invoca —de forma xenérica e sen a debida motivación individualizada— os criterios das letras a) e e) do devandito precepto.
A) Criterio da letra a): especial responsabilidade por xestionar información especialmente reservada.
Este criterio esixe que a información xestionada polo posto poña en risco a seguridade do Concello en caso de difusión («pois a súa difusión pode xerar importantes problemas de seguridade para o Concello»). O artigo 17.4.a) enumera catro supostos taxados:
1. Actuacións de protocolo, cerimonial e relacións públicas da Alcaldía.
2. Información estratéxica para a toma de decisións de órganos superiores do Goberno Local.
3. Responsable da preparación da orde do día e das convocatorias e documentación dos expedientes que se eleven ao Pleno e á Xunta de Goberno Local.
4. Asesoramento e dependencia directa dun órgano superior.
Ningún dos catro postos impugnados realiza funcións de protocolo, cerimonial ou relacións públicas (suposto 1). Tampouco son responsables da preparación da orde do día do Pleno ou da Xunta de Goberno Local (suposto 3). En canto aos supostos 2 e 4, todas as xefaturas de servizo, pola súa propia natureza, manexan información para a toma de decisións e asesoran aos órganos superiores. De aceptarse este argumento, calquera xefatura de servizo debería pro verse por libre designación, o que desnaturalizaría o sistema e convertería a excepción en regra xeral, contra a doutrina xurisprudencial consolidada.
B) Criterio da letra e): axuda á toma de decisións con instrumentos de contido de fondo non regrado.
Este criterio «afecta os casos de responsabilidade directa sobre a toma de decisións para a elaboración de instrumentos de organización, de carácter económico e de plan e ordenación». A Administración pretende encaixar neste suposto funcións tales como a planificación de inversións, a elaboración de propostas de instrucións e directrices, ou o establecemento de obxectivos do servizo.
No entanto, tales funcións son comúns a todas as xefaturas de servizo, que teñen como misión xenérica —segundo o Catálogo de funcións— «propoñer e determinar os obxectivos e plans do Servizo aliñándoos cos obxectivos establecidos para o seu ámbito competencial» e «propoñer a realización de cantos estudos, propostas ou informes considere oportunos para o bo funcionamento do Servizo».
A Administración non explica —nin pode explicar— que diferenza estas funcións das que realizan outras xefaturas de servizo que se proveen por concurso específico. Esta ausencia de diferenciación, á luz da STSJ Galicia n.º 211/2026, é determinante da nulidade da modificación.
SEXTA.- AUSENCIA DE CAMBIO DE CIRCUNSTANCIAS E PETRIFICACIÓN INXUSTIFICADA DA RPT
A xurisprudencia do Tribunal Supremo vén sinalando que a RPT «debe ter un carácter flexible, co fin de conseguir unha maior eficacia e eficiencia organizativa, adaptándose, en cada momento, ás necesidades da administración» (STS do 12 de marzo de 1990). Pero esta flexibilidade non pode servir de coartada para modificacións arbitrarias ou inmotivadas.
Nos tres postos cuxa forma de provisión se modifica (0104, 0258 e 2174), non se produciu ningún cambio organizativo, funcional ou competencial que xustifique o tránsito do concurso
específico á libre designación:
As funcións son exactamente as mesmas desde hai anos.
As fichas do manual de funcións non sufriron modificación algunha.
Non se modificou a estrutura orgánica na que se integran.
Non se produciu ningunha ampliación competencial relevante.
A STSJ Galicia n.º 211/2026 outorga a esta circunstancia unha relevancia decisiva: «non hai constancia no expediente do cambio de circunstancias do posto de traballo: nin os informes nin os acordos expresan as razóns da variación do sistema na RPT 2024». No noso caso, a RPT 2026 tamén carece de tal xustificación.
Esta sección sindical presentou alegacións en data 6 de xullo de 2026 contra a aprobación inicial da RPT no prazo concedido ao efecto, mediante notificación de data 17 de xullo de 2026 o Concello da Coruña desestima todas as alegacións presentadas por esta sección sindical. As motivacións expostas polo Concello da Coruña para desestimar as alegacións presentadas non fan mais que reafirmar a motivación para a presentación do presente recurso de reposición, mais concretamente neste sexto apartado :
Alega o Concello que os postos de Xefatura do Servizo de Xestión tributaria e de Xefatura de Servizo de Contratación foron incorporados á RPT inicialmente no ano 2008 co sistema de provision de libre designación.
O que parece obviar o Concello da Coruña é que no ano 2015 se produce un cambio lexislativo coa aprobación da Lei de emprego público de Galicia que introduce o concurso específico como forma de provisión e delimita moi claramente a libre designación como un modo de provisión de carácter absolutamente excepcional para as Xefaturas de Servizo, obrigando á modificación da forma de provisión das Xefaturas de Servizo na RPT do Concello da Coruña a concurso específico.
SÉTIMA.- VULNERACIÓN DOS PRINCIPIOS DE IGUALDADE, MÉRITO E CAPACIDADE (ARTS. 14 E 23.2 CE)
O artigo 78.1 do TREBEP establece que as Administracións Públicas proverán os postos de traballo «mediante procedementos baseados nos principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade». O artigo 79 do mesmo texto legal configura o concurso como o «procedemento normal de provisión».
Ao estenderse a libre designación a postos que non reúnen os requisitos legais e xurisprudenciais para a súa aplicación, redúcese inxustificadamente o ámbito do concurso, limitando o acceso dos funcionarios de carreira á carreira profesional en condicións de igualdade. Como sinala o Tribunal Supremo, o uso inxustificado da libre designación vulnera «o dereito dos funcionarios á súa carreira profesional, e ocupar os postos de traballo en función do mérito e capacidade, e incluso polo principio de eficiencia e economía que debe rexer na actividade administrativa» STS de 5 de xuño de 2009 (Rec. 3421/2006), citada na STS de 13 de setembro de 2012 (Rec. 6496/2011).
Esta sección sindical presentou alegacións en data 6 de xullo de 2026 contra a aprobación inicial da RPT no prazo concedido ao efecto, mediante notificación de data 17 de xullo de 2026 o Concello da Coruña desestima todas as alegacións presentadas por esta sección sindical. As motivacións expostas polo Concello da Coruña para desestimar as alegacións presentadas non fan mais que reafirmar a motivación para a presentación do presente recurso de reposición, mais concretamente neste setimo apartado :
Alega o Concello da Coruña que a provisión por LD no Concello da Coruña non vulnera os principios de igualdade, mérito e capacidade xa que é excepcional, que representa unha porcentaxe ínfima en relación a todos os postos de traballo que integran a RPT do concello na contorna do 3,53%.
De novo parece obviar o Concello da Coruña que a provisión por libre designación non pode aplicarse legalmente á totalidade dos postos que conforman a RPT, polo tanto a porcentaxe debería calcularse sobre a totalidade de postos aos que se lle pode aplicar o sistema de libre designación e non sobre todos os postos que conforma a RPT.
Nos postos de Xefatura de Servizo o 57% están cubertos en libre designación, o que racharía co concepto de excepcionalidade recollido na lexislación e nas normas de xestión do Concello da Coruña.
OITAVA.- IMPOSIBILIDADE DE SUBSUNCIÓN NO ARTIGO 17.4 DAS NORMAS DE XESTIÓN DA RPT POR FALTA DE TITULACIÓN ESPECÍFICA
A ausencia de titulación específica esixida para os tres postos cuxa forma de provisión se modifica constitúe un impedimento lóxico e xurídico para a aplicación da libre designación.
O artigo 17.4.f) das Normas de Xestión da RPT contempla como criterio de excepcionalidade «a cualificación profesional especial requirida para o desempeño de determinados postos de traballo por razóns de calidade artística ou de recoñecida autoridade e experiencia en áreas de coñecemento de ámbito municipal».
Se a Administración considerase que os postos de Xefatura de Servizo de Xestión Tributaria, Contratación e Concesións requiren unha «especial cualificación profesional», a RPT debería acoutar tales postos a titulacións específicas (Dereito, Ciencias Económicas, etc.). Ao non facelo —abrindo os postos de forma xenérica ás escalas AX/AE e a persoal de calquera Administración Pública—, a propia Administración recoñece que se trata de postos de carácter burocrático e polivalente, cuxa provisión debe rexerse polo sistema ordinario de concurso.
En virtude de todo o exposto,
SOLICITA
Primeiro.-Que se teña por presentado este RECURSO POTESTATIVO DE REPOSICIÓN, de acordo co previsto na Lei 39/2015 do 1 de Outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e que, tralos trámites legais oportunos se dite resolución pola que se declare contrario a dereito e se modifique o anuncio publicado no BOP arriba mencionado relativo á aprobación definitiva da modificación puntual da RPT do Concello da Coruña.
Segundo.- Que, previos os trámites legais oportunos, se dite resolución pola que se estimen integramente as presentes alegacións, declarando a nulidade de pleno dereito —ou,
subsidiariamente, a anulabilidade— dos seguintes extremos da modificación puntual da RPT:
a) A creación do posto de Xefatura do Servizo de Xestión Administrativa de Infraestruturas (referencia 2293) e o establecemento da libre designación con convocatoria pública como o seu sistema de provisión.
b) A modificación do sistema de provisión a libre designación con convocatoria pública dos seguintes postos de traballo:
Xefatura do Servizo de Xestión Tributaria (referencia 0104).
Xefatura do Servizo de Contratación (referencia 0258).
Xefatura do Servizo de Concesións e Patrimonio Municipal (referencia 2174).
Terceiro.- Subsidiariamente ao apartado anterior, que se declare a nulidade do procedemento de aprobación da modificación puntual da RPT por vulneración do dereito á negociación colectiva, ordenando a retroacción das actuacións ao momento anterior á Mesa Xeral de Negociación, con entrega da documentación completa e con antelación suficiente.
FUNDAMENTOS DE DEREITO
I COMPETENCIA.- En canto á competencia, é competente o órgano ao que me dirixo por ser o mesmo que ditou a resolución que agora se impugna, tal e como dispón o artigo 123.1 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento administrativo Común das Administracións Públicas.
II LEXITIMACIÓN.- Ostento a lexitimación que como representante da CIG confire a LOLS no seu artigo 6 aos sindicatos que ostentan a condición de mais representativos.
III PROCEDEMENTO.- en canto as formalidades do procedemento o presente recurso cumpre cos requisitos que esixen expresamente os artigos 123 e 124 da mencionada lei 39/2015.
Na Coruña, á data da sinatura electrónica.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 122
RECURSO DE REPOSICIÓN Á MODIFICACIÓN DA INSTRUCION DAS LISTAXES DE AGARDA
D./D.ª XXXXXXXXXX, co meu XXXXXXXXXXX, na miña calidade de Delegada de Persoal e delegada da Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña, con domicilio para os efectos de
notificacións no Local Sindical da CIG no Concello da Coruña, e ao abeiro do disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (en diante, LPACAP), comparece e, como mellor proceda en Dereito,
EXPÓN
Que mediante resolución do concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica, por delegación da Xunta de Goberno Local, ditada o pasado 10 de xullo de 2026 e publicada no correspondente BOP da Coruña 137 do 22 de xullo de 2026, aprobouse a modificación da Instrución reguladora da creación e xestión das listaxes de agarda para a contratación temporal de persoal no Concello da Coruña.
Ao considerar que determinados aspectos da citada modificación non se axustan plenamente ao ordenamento xurídico, veño interpoñer o presente
RECURSO POTESTATIVO DE REPOSICIÓN con fundamento nos seguintes
I.- ANTECEDENTES DE FEITO
Primeiro.- Sobre a lexitimación da organización recorrente.
A organización sindical recorrente ostenta a condición de sección sindical con implantación no Concello da Coruña e exerce, no ámbito da Administración municipal, as funcións de representación e defensa dos intereses colectivos do persoal empregado público que lle atribúen a Constitución Española, a Lei Orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de Liberdade Sindical, o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público e o resto do ordenamento xurídico.
O presente recurso formúlase no exercicio das funcións de representación institucional e defensa dos intereses profesionais e laborais do persoal empregado público ao que afecta a Instrución recorrida, ao incidir directamente sobre os criterios de constitución, ordenación e xestión das listaxes de agarda para a cobertura temporal de postos de traballo, así como sobre as condicións de acceso á mellora de emprego.
A lexitimación desta organización sindical non deriva da defensa de situacións individuais concretas, senón da súa función constitucional e legal de representación e tutela dos intereses colectivos do persoal afectado polas decisións organizativas da Administración en materia de emprego público.
Neste sentido, o artigo 7 da Constitución Española recoñece aos sindicatos como instrumentos básicos para a defensa e promoción dos intereses económicos e sociais que lles son propios, mentres que o artigo 28.1 garante o dereito de liberdade sindical, cuxo contido esencial comprende a actividade dirixida á defensa dos intereses profesionais das persoas traballadoras.
Así mesmo, os artigos 2.2.d) e 2.2.c) da Lei Orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de Liberdade Sindical, recoñecen expresamente o dereito das organizacións sindicais a exercer a actividade sindical na empresa ou Administración e a promover conflitos e accións administrativas ou xudiciais en defensa dos intereses colectivos que representan.
A doutrina consolidada do Tribunal Constitucional e do Tribunal Supremo vén recoñecendo unha lexitimación ampla das organizacións sindicais para impugnar disposicións, actos administrativos e decisións organizativas que afecten ás condicións de traballo ou aos intereses colectivos do persoal ao que representan, sen que resulte esixible a acreditación dun interese individualizado distinto da súa propia función representativa.
En consecuencia, esta organización sindical comparece plenamente lexitimada para a interposición do presente recurso administrativo, ao versar a resolución impugnada sobre materias que inciden directamente nas condicións de acceso ao emprego temporal, na mobilidade profesional e na xestión das listaxes de agarda do persoal ao servizo do Concello da Coruña.
Segundo.- Aprobación da modificación da Instrución.
A Administración municipal do Concello da Coruña aprobou unha modificación da Instrución reguladora da creación e xestión das listaxes de agarda para a contratación temporal de persoal, publicada o pasado 22 de xullo de 2026 no BOP 137, introducindo cambios relevantes no funcionamento das listaxes, no sistema de mellora de emprego, na integración das persoas procedentes dos distintos procesos selectivos e noutras cuestións relacionadas coa xestión do persoal temporal.
Trátase, polo tanto, dunha modificación de alcance relevante respecto da regulación anteriormente vixente, ao afectar á configuración do sistema de xestión das listaxes de agarda utilizadas para a cobertura temporal de postos de traballo no Concello da Coruña.
Terceiro.- Negociación na Mesa Xeral de Negociación.
Con carácter previo á aprobación da modificación, a proposta foi sometida á Mesa Xeral de Negociación, de conformidade co previsto no artigo 37 do Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.
No transcurso da negociación, esta organización sindical, xunto coa maioría da representación sindical presente na Mesa, manifestou o seu desacordo con diversos aspectos da proposta, formulando observacións expresas relativas, entre outras cuestións:
á necesidade de incorporar ao expediente administrativo unha xustificación suficiente das modificacións propostas;
á nova regulación da mellora de emprego;
ao tratamento das persoas xa integradas nas listaxes vixentes;
e á utilización de conceptos que, ao xuízo desta parte, carecen da precisión necesaria para garantir unha aplicación homoxénea da Instrución.
O resultado da negociación foi o voto favorable dunha única organización sindical e o voto contrario das tres restantes.
Debe deixarse constancia de que o presente recurso non cuestiona a existencia do proceso negociador nin a competencia da Administración para adoptar finalmente unha decisióndistinta da defendida polas organizacións sindicais, senón a insuficiente motivación de determinados aspectos da resolución finalmente aprobada.
Cuarto.- Ausencia de documentación xustificativa incorporada ao expediente coñecido.
Durante a negociación colectiva foi solicitada expresamente por esta organización sindical a incorporación dunha memoria ou documento equivalente que permitise coñecer as razóns organizativas, funcionais ou técnicas que xustificaban as modificacións introducidas respecto da regulación anterior.
Ata onde alcanza o coñecemento desta parte, non foi facilitada documentación que permitise identificar:
os problemas concretos detectados na aplicación da Instrución vixente;
os datos ou informes utilizados para fundamentar a reforma;
as distintas alternativas valoradas pola Administración;
nin as razóns polas que se optou finalmente polas solucións incorporadas ao novo texto.
Esta afirmación non pretende soster que o ordenamento xurídico esixa necesariamente a existencia dun documento denominado "memoria xustificativa", senón poñer de manifesto que non consta no expediente administrativo coñecido por esta parte documentación suficiente que permita exteriorizar as razóns que fundamentan as principais decisións discrecionais
incorporadas á modificación da Instrución.
Quinto.- Alcance do presente recurso.
Este recurso non pretende cuestionar globalmente a modificación da Instrución nin negar a potestade de autoorganización da Administración municipal. Pola contra, o presente recurso limítase a impugnar aqueles aspectos da modificación respecto dos que esta parte aprecia unha insuficiente motivación administrativa, unha deficiente concreción normativa ou unha regulación que non permite coñecer adecuadamente as razóns polas que se abandonan solucións anteriormente vixentes para adoptar outras novas.
II.- FUNDAMENTOS XURÍDICOS
PRIMEIRO.- Sobre os límites da potestade de autoorganización da Administración e a esixencia de motivación das decisións discrecionais.
As decisión discrecionais das administración non poden constituir unha facultade inmune ao control xurisdicional, nin tampouco a discrecionalidade das mesmas poden permitir adoptardecisións carentes de fundamento obxectivo ou insuficientemente explicadas.
O artigo 103.1 da Constitución Española establece que a Administración Pública serve con obxectividade os intereses xerais e actúa con sometemento pleno á lei e ao Dereito. Pola súa banda, o artigo 9.3 da Constitución garante, entre outros principios, a seguridade xurídica e a interdicción da arbitrariedade dos poderes públicos. Estes principios desenvólvense no artigo 3.1 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, que impón ás Administracións Públicas a actuación conforme aos principios de eficacia, obxectividade, transparencia, boa fe, confianza lexítima e boa administración.
A estes principios debe engadirse o deber de motivación previsto nos artigos 35 e 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, especialmente cando a Administración exerce potestades discrecionais ou adopta decisións que afectan a intereses lexítimos dos cidadáns.
A motivación non constitúe unha mera formalidade, senón unha garantía esencial do Estado de Dereito, pois permite coñecer as razóns da decisión administrativa, facilita a súa impugnación polos interesados e posibilita o control xudicial da actuación administrativa.
A doutrina consolidada do Tribunal Supremo ten declarado reiteradamente que a discrecionalidade administrativa non dispensa da obriga de motivar, senón que precisamente a reforza, pois a motivación é o instrumento que permite comprobar que a decisión responde a criterios obxectivos e non arbitrarios.
Así mesmo, o Tribunal Constitucional ten afirmado que a prohibición da arbitrariedade dos poderes públicos implica a necesidade de que toda decisión administrativa susceptible de afectar situacións xurídicas apareza sustentada en razóns obxectivas, suficientes e susceptibles de control.
Aplicando esta doutrina ao presente caso, a modificación da Instrución supón unha revisión substancial do sistema de funcionamento das listaxes de agarda, alterando aspectos que viñan aplicándose de forma continuada durante anos.
Tal circunstancia fai especialmente esixible que a Administración exteriorice as razóns polas que considera necesario modificar o modelo anterior e explique por que as novas solucións resultan máis adecuadas para a consecución das finalidades perseguidas.
Non se trata de cuestionar a oportunidade política ou organizativa das medidas adoptadas, senón de comprobar se a potestade discrecional foi exercida de forma motivada, racional e conforme aos principios que rexen a actuación administrativa.
SEGUNDO.- Sobre a insuficiencia da motivación da resolución impugnada e a ausencia no expediente administrativo dunha fundamentación suficiente das modificacións introducidas.
O núcleo do presente recurso sitúase na insuficiente motivación das modificacións aprobadas e na falta de constancia, no expediente administrativo coñecido por esta parte, da documentación que permita comprender as razóns polas que se adoptan as distintas decisións incorporadas á nova Instrución.
Resulta esixible, tal e como esta sección sindical manifestou na Mesa Xeral de Negociación, que o expediente administrativo conteña os antecedentes, informes e documentos que permitan coñecer o proceso de formación da vontade administrativa e verificar que as decisións discrecionais adoptadas responden a criterios obxectivos, racionais e proporcionados.
Neste sentido, o artigo 70 da Lei 39/2015 define o expediente administrativo como o conxunto ordenado de documentos e actuacións que serven de antecedente e fundamento á resolución administrativa.
Pola súa banda, o artigo 53.1.a) da mesma norma recoñece ás persoas interesadas o dereito a coñecer, en calquera momento da tramitación, o estado do procedemento e a acceder ao expediente administrativo, o que presupón que este conteña os documentos que sustentan efectivamente a decisión adoptada.
No presente caso, durante o proceso de negociación colectiva solicitouse expresamente a incorporación ao expediente da documentación que xustificase as modificacións propostas.
Non obstante, ata onde alcanza o coñecemento desta parte, non foi facilitado documento ningún que permitise identificar:
os problemas detectados na aplicación da Instrución anterior;
os informes emitidos polos servizos municipais competentes;
os datos estatísticos ou organizativos que avalasen a necesidade da reforma;
as distintas alternativas valoradas;
nin as razóns polas que se optou finalmente polas modificacións aprobadas.
Durante a negociación realizáronse explicacións verbais relativas á conveniencia de simplificar a xestión das listaxes e reducir a carga administrativa derivada da existencia de múltiples relacións de aspirantes.
Esta explicación pode resultar suficiente para comprender a finalidade xeral da creación dunha listaxe única, porén, non permite explicar nin xustificar o conxunto das restantes modificacións introducidas na Instrución, particularmente as relativas ao novo réxime da mellora de emprego, á eliminación de mecanismos anteriormente vixentes, ao novo tratamento das persoas xa integradas nas listaxes ou á utilización do concepto de "categoría equivalente".
Cada unha destas decisións constitúe unha opción normativa autónoma e require unha motivación propia, pois responde a problemas distintos e produce efectos diferentes sobre a xestión das listaxes e sobre as expectativas lexítimas das persoas integrantes delas.
A Administración non pode ampararse nunha finalidade organizativa xenérica para entender motivadas todas as modificacións aprobadas. A motivación debe ser suficiente para permitir coñecer por que se modifica cada aspecto da regulación anterior, que finalidade concreta se pretende acadar e por que a solución finalmente adoptada resulta máis adecuada que outras alternativas razoablemente posibles.
A ausencia desa motivación impide exercer adecuadamente o control da discrecionalidade administrativa e dificulta tanto o exercicio do dereito de defensa das organizacións sindicais como o eventual control xurisdicional da actuación administrativa.
Esta conclusión, resulta especialmente relevante cando a propia organización sindical da CIG puxeron de manifesto durante a Mesa Xeral de Negociación a necesidade de incorporar unha xustificación/memoria específica das modificacións propostas, sen que conste que tales observacións deran lugar á incorporación de novos informes ou antecedentes ao expediente administrativo.
En consecuencia, esta parte considera que a resolución recorrida presenta un déficit de motivación incompatible coas exixencias derivadas dos artigos 9.3 e 103.1 da Constitución Española, dos artigos 3 da Lei 40/2015 e 35, 53, 70 e 88 da Lei 39/2015, ao non exteriorizar de forma suficiente as razóns que sustentan o exercicio da potestade discrecional da Administración.
TERCEIRO.- Sobre a insuficiente motivación da nova regulación da mellora de emprego.
A modificación da Instrución introduce unha nova regulación da denominada mellora de emprego, establecendo, entre outros aspectos, a necesidade de permanecer un período mínimo de nove meses no desempeño do posto obtido mediante chamamento desde a listaxe para poder optar a un novo nomeamento por esta vía.
Esta parte non cuestiona a competencia da Administración para regular os requisitos de acceso á mellora de emprego mediante decisións discrecionais (sempre e cando respeten os principios de igualdade, mérito, capacidade e non arbitrariedade) mais precisamente por tratarse dunha decisión discrecional, resulta esixible que a Administración exteriorice as razóns polas que adopta a concreta solución finalmente incorporada á Instrución.
No expediente administrativo coñecido por esta parte non consta documentación que permita comprender:
por que se considera necesario modificar a regulación anteriormente vixente;
que problemas de xestión se detectaran na aplicación do sistema anterior;
que datos obxectivos avalan a necesidade da modificación;
nin por que se fixa precisamente un período de nove meses, e non outro distinto.
A Administración non explica motivadamente se ese prazo responde a datos estatísticos, a necesidades derivadas da estabilidade dos servizos, á duración media dos nomeamentos ou a calquera outra circunstancia obxectivable.
En consecuencia, a decisión aparece desprovista da necesaria xustificación técnica ou organizativa que permita comprobar a súa racionalidade. Esta insuficiencia de motivación cobra especial relevancia por canto durante a negociación colectiva diversas organizacións sindicais formularon observacións expresas sobre a incidencia práctica desta modificación, sen que a resolución recorrida exteriorice as razóns polas que tales consideracións foron descartadas.
CUARTO.- Sobre a insuficiente regulación do réxime transitorio da listaxe única e a indeterminación do concepto de "categoría equivalente".
Un dos aspectos máis relevantes da modificación consiste na implantación dun sistema de listaxe única por categoría profesional, substituíndo o modelo anteriormente existente. Esta parte considera que a simplificación do sistema de listaxes pode responder a unha finalidade organizativa lexítima e mesmo favorecer unha maior eficacia na xestión dos chamamentos, razón pola cal non constitúe obxecto de impugnación a creación da listaxe única en si mesma.
O que se cuestiona é a insuficiente motivación dos efectos derivados da transición entre ambos modelos e a falta de precisión dalgúns dos conceptos empregados pola nova Instrución.
En primeiro lugar, a regulación aprobada non incorpora unha explicación suficiente sobre os criterios utilizados para integrar nunha única relación persoas procedentes de procesos selectivos distintos, nin pondera expresamente o impacto que esa integración pode producir sobre quen xa figuraban nas listaxes anteriormente vixentes e que xeraron expectativas.
É por isto que esta decisión discrecional non pode eximir á Administración de motivar adecuadamente as razóns polas que modifica un sistema consolidado e de explicar os criterios empregados para ordenar a transición entre ambos modelos.
A seguridade xurídica proclamada polo artigo 9.3 da Constitución non impide modificar unha regulación administrativa, pero si esixe que as modificacións resulten previsibles, suficientemente explicadas e acompañadas dunha regulación que permita comprender o seu alcance.
No presente caso, a resolución recorrida non exterioriza as razóns polas que a solución finalmente adoptada resulta preferible a outras posibles opcións de integración das listaxes nin incorpora unha análise dos seus efectos sobre o funcionamento do sistema.
Sobre o concepto de "categoría equivalente"
Especial consideración merece a utilización do concepto de "categoría equivalente", introducido como criterio para posibilitar determinados chamamentos.
A Instrución non incorpora criterio ningún que permita determinar cando dúas categorías profesionais deben considerarse equivalentes. Non se especifica se a equivalencia debe apreciarse atendendo:
ao grupo ou subgrupo de clasificación;
á titulación exixida para o acceso;
ás funcións efectivamente desenvolvidas;
ao nivel retributivo;
ou a calquera outro criterio previamente definido.
A ausencia destes parámetros introduce un elevado grao de indeterminación que amplía considerablemente a marxe de apreciación administrativa no momento de efectuar os chamamentos.
Os conceptos xurídicos indeterminados son perfectamente compatibles co ordenamento xurídico cando a propia norma incorpora criterios suficientes para orientar a súa aplicación. Con todo, cando tales criterios non existen ou resultan insuficientes, increméntase o risco de solucións dispares ante situacións substancialmente iguais, comprometendo os principios de igualdade, seguridade xurídica e previsibilidade da actuación administrativa.
Neste punto, a resolución recorrida tampouco incorpora explicación ningunha sobre as razóns polas que se opta por unha fórmula tan aberta nin sobre os mecanismos previstos para garantir unha aplicación uniforme deste novo criterio.
En consecuencia, esta parte considera que a regulación do concepto de "categoría equivalente" debería completarse mediante criterios obxectivos que permitan coñecer con suficiente anticipación os supostos nos que poderá ser aplicada, reforzando así a seguridade xurídica e reducindo a discrecionalidade administrativa na fase de xestión das listaxes.
En virtude do exposto,
SOLICITO que, tendo por presentado este recurso potestativo de reposición, se admita e, previos os trámites oportunos, se dite resolución pola que:
PRIMEIRO.- Se estime o presente recurso e se declare a nulidade ou, subsidiariamente, a anulabilidade dos preceptos da Instrución impugnados relativos:
á regulación da mellora de emprego;
á regulación transitoria derivada da implantación da listaxe única, na medida en que non aparece suficientemente motivada;
e á regulación do concepto de "categoría equivalente", por insuficiente determinación dos criterios para a súa aplicación.
Todo iso por resultar insuficientemente motivados e non quedar debidamente xustificado no expediente administrativo o exercicio da potestade discrecional da Administración.
SEGUNDO.- Subsidiariamente, para o caso de non estimarse a pretensión anterior, que se acorde a retroacción das actuacións ao momento inmediatamente anterior á aprobación da modificación da Instrución, co fin de que:
se incorporen ao expediente administrativo os informes, estudos, antecedentes ou demais documentación que fundamenten as modificacións aprobadas;
se valoren expresamente as alegacións formuladas durante o proceso de negociación colectiva;
e se dite unha nova resolución debidamente motivada, na que se exterioricen as razóns organizativas, funcionais e xurídicas que sustentan cada unha das modificacións introducidas.
FUNDAMENTOS DE DEREITO
I COMPETENCIA.- En canto á competencia, é competente o órgano ao que me dirixo por ser o mesmo que ditou a resolución que agora se impugna, tal e como dispón o artigo 123.1 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento administrativo Común das Administracións Públicas.
II LEXITIMACIÓN.- Ostento a lexitimación que como representante da CIG confire a LOLS no seu artigo 6 aos sindicatos que ostentan a condición de mais representativos.
III PROCEDEMENTO.- en canto as formalidades do procedemento o presente recurso cumpre cos requisitos que esixen expresamente os artigos 123 e 124 da mencionada lei 39/2015
Na Coruña, na data da sinatura electrónica do documento.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 61
RECURSO DE REPOSICIÓN CONTRA AS BASES DAS PRAZAS DE TÉCNICO SUPERIOR EN DELINEACIÓN
XXXXXXXXXXXXXXXXXXXXX, con DI XXXXXXXXXXXX e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretaria da Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña, no procedemento correspondente á convocatoria para a cobertura, mediante oposición libre, de dúas prazas de Técnico/a Superior de Delineación (Grupo B), publicada no BOP da Coruña do día 5 de agosto de 2026,
EXPÓN
Primeiro.— Mediante anuncio publicado no BOP da Coruña do día 5 de agosto de 2026 aprobáronse as bases específicas que rexen a convocatoria para a cobertura de dúas prazas de Técnico/a Superior de Delineación.
Segundo.— A base terceira establece como requisito de titulación estar en posesión dalgún dos seguintes títulos:
Técnico Superior en Proxectos de Edificación.
Técnico Superior en Proxectos de Obra Civil.
Técnico Superior en Deseño e Fabricación Mecánica.
Técnico Superior en Deseño e Edición de Publicacións Impresas e Multimedia.
Ou titulación equivalente que habilite para o exercicio da profesión de delineante.
Terceiro.— As tres primeiras titulacións pertencen a familias profesionais directamente vinculadas á delineación técnica, á representación gráfica, á elaboración de documentación técnica e ao desenvolvemento de proxectos de edificación, obra civil ou fabricación mecánica.
Pola contra, o título de Técnico Superior en Deseño e Edición de Publicacións Impresas e Multimedia, regulado polo Real Decreto 174/2013, pertence á familia profesional de Artes Gráficas, tendo como competencia xeral o deseño de produtos gráficos, a edición de publicacións impresas e electrónicas e a organización da produción editorial, sen que a súa competencia profesional se refira á elaboración de planos técnicos, replanteos, medicións, representación gráfica de proxectos de enxeñaría ou arquitectura nin ás restantes funcións propias da delineación técnica.
Cuarto.— A propia Relación de Postos de Traballo municipal describe as funcións dos postos de Delineante como tarefas consistentes, entre outras, na medición e toma de datos, cálculo de magnitudes para proxectos e orzamentos, delineación de planos, croquis, perspectivas, proxeccións, replanteos, elaboración de proxectos de delineación, actualización permanente de planos, utilización de sistemas de información xeográfica e colaboración cos técnicos superiores na elaboración de proxectos.
Existe, por tanto, unha correspondencia evidente entre tales funcións e os perfís profesionais dos títulos de Proxectos de Edificación, Proxectos de Obra Civil e Deseño e Fabricación Mecánica, non apreciándose esa mesma conexión obxectiva respecto do título de Técnico Superior en Deseño e Edición de Publicacións Impresas e Multimedia.
Quinto.— A convocatoria non incorpora motivación ningunha que explique a razón pola que esta última titulación se considera habilitante para o acceso á praza convocada nin a relación existente entre as competencias profesionais propias dese título e as funcións inherentes á praza de Técnico Superior de Delineación.
Sexto.— Ademais, a propia base terceira limita expresamente o concepto de titulación equivalente ás que viñeron substituír as antigas titulacións como consecuencia das sucesivas reformas educativas, o que evidencia que o criterio seguido pola convocatoria pretende ser o da continuidade das titulacións propias da especialidade de delineación, criterio que resulta difícil de conciliar coa inclusión dunha titulación pertencente a unha familia profesional distinta e cun perfil profesional alleo ao ámbito da delineación técnica.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e procedemento.
Resulta de aplicación o disposto nos artigos 121 e seguintes da Lei 39/2015, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, así como o previsto nas propias bases da convocatoria.
Segundo. Principios constitucionais de acceso ao emprego público.
Os artigos 23.2 e 103.3 da Constitución Española garanten o acceso á función pública de acordo cos principios de igualdade, mérito e capacidade.
Pola súa parte, o artigo 9.3 da Constitución proclama a interdicción da arbitrariedade dos poderes públicos, principio plenamente aplicable á determinación dos requisitos de acceso aos procesos selectivos.
Terceiro. Adecuación dos requisitos ás funcións da praza.
O artigo 55 do Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público establece que os procesos selectivos deberán desenvolverse garantindo, entre outros principios, a adecuación entre o seu contido e as funcións ou tarefas a desenvolver.
Así mesmo, o artigo 56.3 do mesmo texto legal permite establecer requisitos específicos sempre que garden unha relación obxectiva e proporcionada coas funcións asumidas e coas tarefas a desempeñar.
Da interpretación conxunta destes preceptos despréndese que as titulacións admitidas nun proceso selectivo deben responder a un criterio obxectivo de idoneidade respecto das funcións propias da praza convocada.
Cuarto. Falta de motivación da inclusión da titulación de Técnico Superior en Deseño e Edición de Publicacións Impresas e Multimedia.
As bases non ofrecen motivación algunha que permita comprender por que unha titulación pertencente á familia profesional de Artes Gráficas, cuxa competencia xeral oficial se centra no deseño editorial e na produción gráfica, resulta adecuada para o desempeño dunha praza cuxas funcións consisten esencialmente na delineación técnica, representación gráfica de proxectos, medicións, replanteos e elaboración de documentación técnica.
Tal ausencia de motivación impide verificar a adecuación da titulación ás funcións da praza e resulta incompatible cos principios de mérito, capacidade e interdicción da arbitrariedade.
Quinto. Incoherencia coa propia organización municipal.
Sen prexuízo de que a convocatoria teña por obxecto prazas e non postos concretos, resulta significativo que a propia organización municipal identifique esa titulación, dentro da súa táboa de titulacións, co código B03/2, correspondente á familia profesional de Artes Gráficas, vinculándoa aos postos de Creativo, mentres que os postos de Delineación aparecen asociados a códigos de titulación distintos.
Aínda que esta circunstancia non determina por si soa a ilegalidade da convocatoria, constitúe un indicio obxectivo da necesidade dunha motivación reforzada para xustificar a inclusión desa titulación entre as habilitantes para unha praza de Delineación, motivación que non figura nas bases.
SOLICITA
Que, tendo por presentado este escrito, se admita e, previos os trámites oportunos, se estime o presente recurso, declarando non conforme a Dereito a inclusión do título de Técnico Superior en Deseño e Edición de Publicacións Impresas e Multimedia entre as titulacións habilitantes previstas na base terceira da convocatoria, procedendo á súa supresión ou, subsidiariamente, á motivación expresa da súa adecuación ás funcións propias da praza convocada, con retroacción das actuacións ao momento de aprobación das bases para a súa oportuna rectificación.
Na Coruña, na data da sinatura electrónica do documento
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 20
PROPOSTA RPT SECCION SINDICAL DA CIG
PROPOSTA RPT SECCION SINDICAL DA CIG
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 1579
DENUNCIA PUBLICA POLA NEGOCIACIÓN OPACA DA RPT
Ao conxunto do persoal municipal:
Dende a sección sindical da CIG queremos denunciar publicamente a grave situación que se está a producir no proceso de negociación da nova Relación de Postos de Traballo (RPT) do noso concello.
O que debería ser un proceso transparente, colectivo e orientado a garantir melloras reais para todo o persoal municipal está a converterse nun exercicio de opacidade, exclusión e negociación ás costas das traballadoras e traballadores.
O goberno municipal está a manter reunións e negociacións unicamente con dúas centrais sindicais (UGT e CSIF) deixando fóra de maneira deliberada ao resto de organizacións sindicais presentes e representativas. Esta práctica é inaceptable e profundamente antidemocrática.
Pero máis grave aínda é que estas dúas centrais sindicais —CSIF e UGT— non só coñecen esta situación, senón que participan activamente nela, recoñecendo manter conversas unilaterais ao marxe do resto da representación sindical. Esta actitude constitúe unha ruptura consciente da unidade sindical e unha traizón aos intereses do conxunto do persoal municipal.
Non estamos ante feitos illados, senón ante un patrón de comportamento reiterado. Estas centrais sindicais levan tempo avalando, co seu voto favorable ou coa súa pasividade cómplice, decisións claramente lesivas para os dereitos do persoal municipal:
- Aprobaron a exclusión do persoal xubilado no acordo de axudas económicas para o persoal deste concello.
- A aprobación das bases dun concurso de traslado que deixa fóra un número importante de postos, limitando o dereito á carreira profesional.
- Validaron un sistema de carreira profesional a 6 anos, alongando de forma inxustificable o acceso ao 100% do complemento e retrasando dereitos que deberían ser efectivos en moito menor prazo.
- Non realizaron nin unha soa achega ao protocolo de agresións ao persoal municipal, permitindo a aprobación dun documento baleiro de contido, sen ambición e claramente insuficiente para garantir a seguridade das traballadoras e traballadores.
Dende a Sección Sindical da CIG, consideramos que esta sucesión de feitos non é casual. Responde a unha estratexia clara: facilitar a acción do goberno municipal a cambio de espazos de negociación privilexiados, aínda que iso supoña prexudicar ao conxunto do persoal.
Pola nosa parte, sempre defendimos unha negociación baseada na transparencia e na defensa colectiva dos dereitos. Fronte a iso, atopámonos cun goberno municipal que leva anos bloqueando e dilatando este proceso, negándose sistematicamente a concretar unha dotación orzamentaria que permita facer propostas reais e viables.
Sen cifras, sen compromiso e sen vontade política, a chamada negociación da RPT non é máis que unha farsa. E a constatación no día de onte das “negociaciacións” mantidas só con dúas centrais sindicais, non fai máis que constatar esta realidade.
A combinación dunha estratexia dilatoria por parte do goberno e da colaboración activa de determinadas centrais sindicais está a poñer en risco calquera posibilidade de acadar unha RPT xusta, digna e beneficiosa para o conxunto do persoal municipal.
Dende a nosa sección sindical non imos ser cómplices desta situación.
Seguiremos denunciando estas prácticas e traballando para garantir os dereitos de todas e todos, fronte a quen pretende negociar en beneficio duns poucos.
Chamamos ao conxunto do persoal municipal a manterse informado e a non aceptar como inevitables decisións que van claramente en contra dos seus intereses.
A sección sindical da CIG no Concello da Coruña
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 1501
SOLICITUDE DE PARALIZACIÓN DA CONVOCATORIA DE COMISIÓNS DE SERVIZO
Ana Isabel Filgueiras Espasandín, con DI XXXXXXXX e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretaria da Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña EXPON:
O venres 20 de febreiro de 2026 publicouse a convocatoria para a cobertura temporal mediante comisión de servizos de varios postos de traballo do Concello da Coruña.
En data 23 de decembro de 2025 a sección sindical da CIG do Concello da Coruña presentou un recurso de reposición contra o listado de postos do Anexo 1 da convocatoria do concurso 1/25 (PROV2025067) baseándonos en que non foron incorporados ao listado de postos ofertados unha serie de postos que consideramos que deben ofertarse no mesmo. A data de hoxe este recurso de reposición non foi resolto.
Na convocatoria de cobertura temporal mencionada no primeiro parágrafo inclúense, entre outros, os seguintes postos:
Posto 1156- Encargado adxunto de cemiterios (Medio Ambiente)
Posto 1157-Encargado adxunto de cemiterios (Medio Ambiente)
Posto 2234-Letrado/a Xurisdiccional (Servizo asesoría xurídica)
Estes tres postos de traballo figuran entre os postos non incluídos no concurso 1/25 e esta sección sindical reclamou en data 23 de decembro de 2025 a sua inclusión no mencionado concurso mediante a interposición dun recurso de reposición non resolto en prazo.
En data 4 de maio de 2002 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia mediante sentenza 00363/2022 estimaba o recurso de apelación (nº 246/2021) interposto pola CIG contra o Concello da Coruña e anulaba a convocatoria da cobertura temporal en comisión de servizos do posto 1881-técnico de protección de patrimonio histórico ao non estar xustificada a urxente e inaplazable necesidade de cobertura do mesmo pola cercanía en datas entre o concurso ordinario 1/19 e esta convocatoria de cobertura temporal do posto 1881.
Esta sentenza é firme e totalmente aplicable á convocatoria de cobertura temporal dos postos 1156,1157 e 2234, mais aínda, tendo en conta que o recurso de reposición presentado onde se solicitaba a inclusión destes postos no concurso 1/25 non foi contestado. É indefendible xurídicamente a xustificación da urxencia e necesidade de cobertura temporal destes tres postos cando podendo telos incluídos no concurso 1/25 resolvendo afirmativamente o recurso de reposición desta sección sindical o concello non o fai.
Na mesma convocatoria de cobertura temporal mencionada no primeiro parágrafo figuran 4 postos que teñen na RPT como forma de provisión a libre designación:
Posto 19- Secretario/a de alcaldía
Posto 24- Secretario/a de Concellaría
Posto 26-Secretario/a de Concellaría
Posto 39- Secretario/a de Dirección
O artigo 31.3 do Decreto 151/2022 de 4 de agosto polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico establece: “3. Si la forma de provisión de los puestos es la de libre designación, no se podrá permanecer en comisión de servicios más de seis meses y la libre designación se deberá convocar y resolver en este plazo. Resuelta la correspondiente convocatoria, si esta se declara desierta o la persona que ocupa el puesto en comisión de servicios no participa, no podrá continuar desempeñando el puesto mediante esta forma de provisión.”
Na páxina web do Concello da Coruña (coruna.gal) publicáronse o 29 de decembro de 2025 as bases para a provisión polo sistema de libre designación do posto 169- Xefatura de Servizo de Recursos Humanos. Este posto leva cuberto temporalmente en comisión de servizos dende xullo de 2025, superándose xa a data de hoxe os 6 meses establecidos polo decreto 151/2022 para a permanencia en comisión de servizos e para a convocatoria e resolución da provisión do posto por libre designación.
É habitual que neste concello tarden, incluso varios meses, en resolverse as convocatorias de cobertura temporal de postos en comisión de servizos, co que se perde o fundamento da urxencia e necesidade na sua cobertura e tamén que se exceda o tempo de convocatoria e resolución establecido no artigo 31.3 do Decreto 151/2022.
POR TODO O ANTERIORMENTE EXPOSTO, SOLICITO:
- A paralización do proceso da convocatoria da cobertura temporal en comisión de servizos dos postos 1156,1157 e 2234 por non telos incluídos nos postos ofertados no concurso 1/25 e por aplicación da sentenza firme do TSXG 00363/2022.
- A provisión polo sistema de libre designación dos postos 19,24, 26 e 39 en cumplimento do establecido no artigo 31.3 de decreto 151/2022 do 4 de agosto e dado os tempos habituais neste concello de resolución das convocatorias de cobertura temporal e de provisión por libre designación, en aras ao cumprimento dos principios de eficacia e eficiencia administrativa que deben rexir en todas as administración públicas e tamén para evitar o despilfarro dos recursos públicos deste Concello.
Na Coruña, na data de sinatura electrónica deste documento
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 1115
RESUMO COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE DO 26 DE FEBREIRO DE 2026
APROBACIÓN DO PROTOCOLO DE ACTUACIÓN EN MATERIA DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS FRONTE ÁS AGRESIÓNS EXTERNAS NO TRABALLO.
Quedou aprobado polo CSS o protocolo fronte ás agresións externas no traballo co único voto en contra da delegada de prevención da sección sindical da CIG. Este protocolo debe ser sometido a aprobación na seguinte mesa xeral de negociación antes da sua entrada en vigor.
Previamente a esta convocatoria dóusenos un prazo para que fixeramos as nosa achegas ao mesmo, concretamente se nos dixo que enviaramos un texto alternativo.
Á nosa sección sindical foi a única que enviou as suas aportacións no prazo establecido, e nin unha soa das múltiples aportacións que fixemos ao texto prosposto foi tida en consideración nin pola representación do concello nin polo resto de delegadas de prevención presentes.
Cando intentamos argumentar sobre as nosas propostas para intentar que tiveran cabida no texto do protocolo a resposta dende a Xefatura de departamento de saúde laboral e prevención de riscos laborais foi que nos o único que enviamos foron críticas e que non enviamos un texto alternativo.
A nos pareceunos que o mais correcto era traballar co texto proposto polo concello e non desbotar ese traballo pero obtivemos o non por resposta.
O protocolo que se vai aprobar parécenos que é pouco concreto e non ofrece as garantías suficientes para o persoal municipal, pero para que xuzguedes vos mesmos no momento en que este protocolo se aprobe, se publique e entre en vigor enviarémolo xunto cun documento coas propostas que nos enviamos e que foron todas elas rexeitadas.
GAS RADÓN
Informóusenos que no mes de Outubro deste ano comenzarán a facerse as medicións de gas radón en todos os centros de traballo municipais nas plantas baixas e sótanos tal como estipula a normativa actual.
AVALIACIÓNS DE RISCOS PSICOSOCIAIS
Informóusenos que na seguinte sesión comenzaremos por fin a análise servizo a servizo dos resultados dos tests de riscos psicosociais feitos a todo o concello fai un tempo.
PLANS DE AUTOPROTECCIÓN
Informóusenos do estado dos plans de autoprotección dos centros de traballo municipais que se están realizando dende o servizo de bombeiros, dende a nosa sección sindical solicitaremos acceso ao plan de autoprotección de María Pita para ver o que recolle con respecto aos problemas de emisión de gases tóxicos do xenerador de emerxencia do rexistro xeral de María Pita.
ESTADO DAS ACTUACIÓNS PENDENTES NO CEMITERIO DE FEÁNS E NA BIBLIOTECA DE ESTUDOS LOCAIS
-O 7 de marzo de 2024 presentamos un escrito no rexistro xeral solicitando a corrección de varias deficiencias en materia de prevención de riscos laborais no cemiterio de Feáns, a día de hoxe algunhas solventáronse e outras non:
Colocación de liña de vida para traballos en altura: informóusenos que se comenzou polo cemiterio de San Amaro, esperamos que non tarden outros dous anos mais en colocalas en Feáns.
Ausencia de extintores: Dende o ano 2024 todavía non conseguimos que se dote a este centro de traballo de extintores contra o lume, a resposta que nos dou o presidente do CSS foi que estaban pendentes de licitar dende o servizo municipal de contratación, non souberon aclararnos dende cando está pendente esta licitación nin canto mais vai a tardar. Como “solución” provisional van a preguntar si no servizo de bombeiros teñen algún extintor sobrante que se poida enviar a este centro de traballo.
Saída de auga dende as duchas dos vestiarios: tamén pendente dende o 2024, parece que este punto ten mais posibilidades de que se solucione pronto.
-O 5 de novembro de 2025 presentamos un escrito solicitando que se lle dese solución a unha serie de cuestións de saúde laboral na biblioteca de estudos locais, preguntamos pola situación do solicitado.
Contestóusenos por parte do departamento de prevención de riscos laborais que son todas cuestións de mantemento que ten que solventar o servizo de bibliotecas, que non é competencia do departamento de prevención do concello.
Os temas a solucionar eran: falta de limpeza do centro de traballo, fregado do chan en horas de traballo con perigo de esbarar e caer, presencia de insectos polo mal estado de chan, presenza de moho nos depósitos de libros do sótano, detectores de fume do edificio que non funcionan.
Cando fixemos o comentario de que despois non se queixen si acudimos a denunciar na Inspección de Traballo,por parte do Concello se nos animou a facelo xa que ao mellor así nos fan mais caso e se solventan as cuestións que o Goberno Municipal non é capaz de solventar por vontade propia.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 1179
RECURSO DE REPOSICIÓN ÁS BASES DA CONVOCATORIA DO CONCURSO ORDINARIO 1/25
CRISTINA DÍAZ MIRA co meu DI XXXXXXXXXXXXX, na miña calidade de delegada de persoal da Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña, e con enderezo aos efectos de notificación no local da Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña sito no Pazo de María Pita 3º andar
EXPOÑO:
PRIMEIRO.- En data 3 de decembro de 2025 publicáronse no BOP da provincia da Coruña as bases para a provisión de postos de traballo por concurso ordinario no Concello da Coruña, convocatoria 1/25 (PROV2025067).
Os postos ofertados neste concurso ordinario son os establecidos no Anexo 1.
SEGUNDO.- O artigo 89 da lei 2/2015 de 29 de abril de emprego público de Galicia establece no apartado 2:
“2.- Los concursos para la provisión de puestos de trabajo pueden convocarse para la generalidad de los puestos de trabajo vacantes, para puestos de trabajo de un determinado ámbito o para puestos de trabajo concretos, en atención a las necesidades del servicio. En todos caso, no se incluirán en ellos los puestos de trabajo que tengan adscrito personal funcionario de carrera por motivos de salud o rehabilitación o por motivos de violencia de género o de violencia sexual.”
TERCEIRO.- O artigo 31 do Decreto 151/2022 de 4 de agosto polo que se aproba o regulamento dos procedementos de mobilidade de persoal funcionario de carreira da administración xeral da comunidade autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico establece no seu punto 4:
“4. El puesto de trabajo cubierto en comisión de servicios será incluido necesariamente en la siguiente convocatoria de concurso de traslados. Mientras no se resuelva el concurso de traslados se prorrogará la comisión de servicios hasta dicha fecha”
CUARTO.- O artigo 10 do Real Decreto Lexislativo 5/2015 de 30 de Outubro polo que se aproba o texto refundido da lei do estatuto básico do empregado público establece no punto 1 apartado a) o seguinte:
“1. Son funcionarios interinos los que, por razones expresamente justificadas de necesidad y urgencia, son nombrados como tales con carácter temporal para el desempeño de funciones propias de funcionarios de carrera, cuando se de algunas de las siguientes circunstancias:
a) La existencia de plazas vacantes, cuando no sea posible su cobertura por funcionarios de carrera por un máximo de tres años, en los términos previstos en el apartado 4.”
QUINTO.- No punto 4 do Informe Proposta que serviu de base para a aprobación inicial da última modificación puntual da Relación de Postos de Traballo do Concello da Coruña, establece o seguinte:
“Cuarto.- Chegados a este punto e para abordar o concurso ordinario no escenario dunha organización equilibrada, eficiente e participativa dos efectivos humanos dispoñibles, facilitadora do dereito a carreira administrativa do funcionariado do Concello, entendida como o conxunto ordenado de oportunidades de ascenso e expectativas de progreso profesional conforme cos principios de igualdade, mérito e capacidade, procede acoutar- neste intre- os postos de traballo que sexan obxecto, como mínimo, desa convocatoria de concurso ordinario, precisando os seus requisitos, xa sexan no nivel dunha titulación específica, unha rama profesional ou incluso a titularidade dunha determinada praza.
Escoitadas as distintas seccións sindicais e debatido en mesas técnicas establecéronse como pautas xerais a efectos de fixar os requisitos a cumprir para poder participar na convocatoria do
concurso ordinario 1/2025, os preestablecidos na RPT vixente, limitando a modificación ao apartado de requisitos específicos con criterios laxos, no sentido de facilitar a participación, agás que o desempeño dun determinado posto requira por normativa unha determinada titulación, acudindo soamente a ramas profesionais de coñecemento ou a pertenza a determinadas prazas naqueles supostos en que as funcións e tarefas e desenvolver demanden a presenza de coñecementos especializados, como pode suceder nos postos de administración especial. Incorpórase en documento anexo a este informe proposta, a efectos da súa aprobación como modificación puntual da RPT, a relación de postos que se postulan para incluír na convocatoria do concurso ordinario 1/2025 (PROV 2025067), cuxos requisitos específicos, a efectos desta convocatoria son obxecto de aprobación como modificación puntual, respectando o resto de condicións e características dos respectivos postos de traballo.
Xa que logo, este acoutamento ten acomodo no marco normativo, en atención ás necesidades efectivamente existentes nos distintos servicios (art. 89.2 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia) convocando como mínimo os postos contemplados na RPT vixente a provistar por concurso ordinario, con complemento de destino inferior ao nivel 26, que se atopen ocupadas en comisión de servizos e en adscrición provisional. Exclúense os postos de traballo pertencentes a policía local e a bombeiros posto que teñen un réxime específico de provisión e, en canto aos bombeiros está en fase de tramitación a provisión por concurso específico de seis postos de cabos do SEIS. Tamén se exclúe “ope legis” ao persoal funcionario de carreira adscrito por motivos de saúde, rehabilitación, ou por motivos de violencia de xénero nos termos do propio art. 89.2 da citada Lei 2/2015, do 29 de abril do emprego público de Galicia. Non se inclúen no concurso os postos de traballo base dentro de cada grupo ou subgrupo de clasificación posto que consonte a práctica seguida nesta administración, con carácter ordinario, son os de adscrición do persoal de novo ingreso, procedente de superación de procesos selectivos.
Anéxase o documento nomeado “modificación puntual da RPT”, relativo aos postos que está previsto incorporar ao concurso ordinario a convocar na anualidade de 2025, con indicación dos requisitos específicos determinados para cada posto, incluídas as modificacións acaídas.
Cómpre precisar que nos postos á incorporar ao concurso ordinario cabería incluír outros postos vacantes a maiores en tanto que sexa necesario cubrir para dar cumprida satisfacción ás necesidades da organización.
A estratexia de autoorganización que se formula facilita continuar analizando e mesmo negociando coas seccións sindicais, as peculiaridades dos postos de traballo a provisistar por concurso específico, así como as especiais características daquelas outras que deban proverse polo sistema de libre designación, con un estatuto xurídico específico en ambos casos. Esta estratexia enmárcase no eixo de vincular as funcións co funcionariado, atendendo a criterios de racionalidade, de maior eficacia na organización encamiñados a una adecuada prestación dos servizos públicos á cidadanía, de tal sorte que os funcionarios desempeñen as funcións para as que están máis capacitados (idoneidade) e que as funcións que a administración debe realizar sexan cumpridas de maneira eficiente polo funcionariado”
SEXTO.- En base aos fundamentos xurídicos expostos detectamos que non foron incorporados á listaxe de postos ofertados no Anexo 1 da convocatoria do concurso, e solicitamos por tanto a súa incorporación ao mesmo, os seguintes postos:
1.- Postos non base ocupados temporalmente por persoal interino
95 Gestor económico-presupuestario
97 Gestor económico-presupuestario
177 Aux administrativo (administración rrhh)
199 Of. Administrativo calidade e control xestión
459 Aux. At. Cidadá (deportes)
461 Aux. At. Cidadá (deportes)
472 Tec. Superior deportes
493 Auxiliar de proyección
1862 Oficial administrativo de apoio admvo.ie (serv.infraestructuras)
2.- Postos vacantes ocupados e/ou convocados (e pendentes de resolución) actualmente de forma temporal en comisión de servizos
56 Asistente de administración (alcaldía)
57 Asistente admon (actividade corporativa)
68 Asistente de administración de asesoría xurídica
74 Téc. De orzamentos do servizo d e orzamentos e est. Económicos
110 Xefatura de unidade de xestión de tributos
111 Xefatura de unidade de xestión de tributos
112 Xefat. Unidade de xestión de tributos
116 Administrativo de xestión de tributos(serv de xest tributaria)
152 Auxiliar de inspección de tributos
182 Xefatura de departamento de saúde e prevención de riscos laborais (servizo de rr.hh.)
191 Asist. Admon. Apoio xef. Persoal (ademáis foi convocada en cs nos anos 2020, 2021, 2023 e 2024)
197 Tec. Medio control xestión (convocada en decembro de 2025 e pendente de resolución)
264 Xefatura de unidade de ap. Admv. Xef. Cont (contratación)
268 Asistente de administración (servizo de contratación) (convocada en febreiro de 2025 e pendente de resolución)
269 Asistente de administración (servizo de contratación) (convocada en febreiro de 2025 e pendente de resolució
443 x efat. Sección administrativa deportes (dende 2024 ata actualidade)
452 Auxiliar de atención cidadá de xestión admva. Dj (servizo deportes) (ano 2021)
453 Auxiliar de atención cidadá de xestión admva. Dj (servizo deportes) (ano 2021)
454 Auxiliar de atención cidadá de xestión admva. Dj (servizo deportes) (ano 2021)
1157 Encargado/a adjunto/a de cementerios
1187 Xefat. Departamento Residuos Urb. e Xest. Enerxética (convocado o 10 de outubro de 2025 e pendente de resolución)
1373 Xefe de departmento de centros e xestión de servizos sociais
1583 Xefatura de unidade de licenzas (servizo interv. Da ed. E disciplina urbanística) (convocado decembro 2025 e pendente resolución)
1821 Xefatura de departamento de vías e obras
1876 Xefatura de sección de apoio técnico ie (servizo infraestructuras). Convocado en outubro de 2025 e pendente de resolución. Anteriormente xa estivo cuberto en cs no 2022
2158 Xefe de departamento de alcaldía. Convocatoria cs outubro 2025 (pendente de resolución). Anteriormente xa estivo en cs nos anos 2020 e 2022
2160 Técnico/a superior de dirección (apoio á área de admón. Xeral). Convocatoria en outubro de 2025 pendente de resolver.
2162 Técnico/a superior de dirección. En comisión de servizo dende novembro de 2025
2169 Xefatura de departamento de servizos e subministracións de contratación: actualmente ocupado en cs. Convocatorias de cs nos anos 2022, 2024 e 2025
2177 Asistente de admon. De economía. En cs dende xaneiro 2025
2179 Xefatura de departamento de mercados. Actualmente en cs. Anteriorme xa tivo convocatorias en cs no ano 2022 e 2024
2181 Xefatura de departamento de acción social. Actualmente en cs. Anteriormente xa tivo convocatorias ininterrompidas de cs dende o ano 2020.
2232 Letrado consultivo. Ocupado en cs.
2233 Letrado xurisdiccional. Ocupado mediante adscripción provisional
2237 Técnico/a de apoio ao órgano directivo. En cs dende novembro 2025
2264 Xefatura de departamentos de calidade e control de xestión de calidade dos servizos. Convocado en outubro de 2025 e pendente de resolución
2266 Xefatura de departamento de planificación urbana e proxectos estratéxicos
2288 Xefatura de sección de planificación urb. E prox. Estratéxicos (servizo planificación urb. E prox. Estratéxicos). Convocada en decembro de 2025 e pendente de resolución
3.- Postos vacantes que estiveron ocupados en comisión de servizos, e polo tanto con motivación e urxencia para a súa cobertura.
58 Asistente admon actividad corporativa (en comisión de servizo no 2023)
61 Asistente de administración, actividade corporativa (e n comisión de servizo no 2021)
76 Xestor/a econom orzamentos (en comisión de servizo no 2023)
98 Xefat. Unidade orzamentos e estudos econom (en comisión de servizo no 2021 e 2023)
105 Técnico/a medio/a de tratamento da información (ser.xest. Tribut.) (en comisión de servizo no 2023)
106 Asistente de administración (estivo en comisión de servizo no 2021 e no 2023)
117 Administrativo de xestión de tributos(serv de xest tributaria) (ano 2022)
118 Asistente de administración (servizo de xestión tributaria) (ano 2020 e 2022)
123 Asistente de administración (anos 2021, 2022 e 2024)
125 Asistente de administración (servizo de xestión tributaria) (ano 2020 e 2022)
127 Asistente de administración (servizo de xestión tributaria) (ano 2020 e 2022)
128 Asistente de administración (servizo de xestión tributaria) (ano 2020 e 2022)
150 Asistente de administración, inspección de tributos (ano 2020 e 2022)
164 Aux at. Tributaria (2021)
193 Asistente de administración en apoio a xefat. De rr.hh (anos 2019, 2022, 2023 e 2024)
201 Asistente de admón (anos 2020, 2022 e 2024)
207 Xefat. Departamento promoc.econ. E com. (2021, 2023 e 2024)
263 Xefatura de unidade de ap. Admv. Xef. Cont (contratación) (ano 2022)
271 Of. Administrativo (contratación) (ano 2024)
283 Asistente de administración, cultura (ano 2023)
284 Xefat. Dpto. Cultura (convocada en outubro 2025 e pendente de resolver)
296 Tec medio arquivo (anos 2020 e 2023)
311 Oficial administrativo/a museo arqueolóxico (ano 2021)
328 Axudante actos culturais de promoción cultural (ano 2021)
329 Xefat.departamento de exposicións e coleccións e m.h (ano 2023)
332 Of. Admvo exposicións e coleccións ((ano 2021)
447 Asistente de administración (ano 2020)
450 Auxiliar de atención cidadá de xestión admva. Deportes
1116 Asistente admon medio ambiente (anos 2019 e 2022)
1397 Direccion tecnica ss.ss: ultimas convocatorias de cs anos 2020 e 2022
1398 Direccion tecnica ss.ss: ultimas convocatorias de cs anos 2020 e 2022.
1399 Direccion tecnica ss.ss: ultimas convocatorias de cs anos 2020 e 2022
1830 Técnico/a medio/a de infraestructuras (ano 2021)
1904 Xefat seccion six. Convocouse en cs nos anos 2022 e 2024
1948 Xefat. Seccion padron. Convocatorias de cs no 2020, 2022 e 2024
1951 Xefatura de unidade de atención cidadá (servizo de at. Cidadá e interior). Convocatoria en cs no ano 2022
1987 Aux at. Cidadá (interior). Convocatoria cs no 2021
2164 Xefatura de unidade de orzamentos e estudos económicos. Ocupados en cs no ano 2021 e 2023
2165 Xefatura de unidade de orzamentos e estudos económicos: ocupado en cs no ano 2021 e 2024
2170 Xefatura de sección de servizos e suministros. Convocada en cs no ano 2021
2182 Xefatura de departamento de servizos xerais de benestar. Convocatorias de cs nos anos 2020, 2023 e 2024
4.- Postos vacantes que é necesario cubrir para dar satisfación ás necesidades da organización
331 Asistente exposicións
333 Oficial de exposicións
334 Oficial de montaxes
336 Axudante montaxes
337 Ordenanza de exposicións e coleccións
339 Ordenanza de exposicións e coleccións
340 Ordenanza de exposicións e coleccións
341 Ordenanza de exposicións e coleccións
342 Ordenanza de exposicións e coleccións
392 Conserxe da banda
398 Dirección adxunta bibliotecas
402 Dirección adxunta bibliotecas
403 Dirección adxunta bibliotecas
405 Tec. Medio bibliotecas
409 Tec. Medio bibliotecas
410 Tec. Medio bibliotecas
411 Tec. Medio bibliotecas
412 Tec. Medio bibliotecas
413 Tec. Medio bibliotecas
414 Tec. Medio bibliotecas
415 Tec. Medio bibliotecas
416 Tec. Medio bibliotecas
417 Tec. Medio bibliotecas
418 Tec. Medio bibliotecas
424 Tec. Auxiliar bibliotecas
433 Tec. Auxiliar bibliotecas
449 Aux. At. Cidadá (deportes)
451 Aux. At. Cidadá (deportes)
455 Aux. At. Cidadá (deportes)
456 Aux. At. Cidadá (deportes)
457 Aux. At. Cidadá (deportes)
458 Aux. At. Cidadá (deportes)
460 Aux. At. Cidadá (deportes)
462 Aux. At. Cidadá (deportes)
463 Aux. At. Cidadá (deportes)
465 Xefat. Sección (deportes)
468 Dirección instalacións deportivas
469 Dirección instalacións deportivas
470 Dirección instalacións deportivas
483 Técnico/a de mantemento
483 Técnico/a de mantemento
484 Técnico/a de producción
487 Técnico/a especialista de producción
490 Técnico/a especialista de producción
498 Oficial mantemento
499 Oficial mantemento
500 Oficial mantemento
501 Oficial mantemento
502 Oficial mantemento
507 Administrativo (museos científicos)
513 Aux admvo de museos científicos
514 Aux admvo de museos científicos
515 Aux admvo de museos científicos
517 Tecnico medio educación (museos científicos)
519 Tecnico planetario
520 Tecnico medio casa de las ciencias
522 Tecnico medio desarrollo
523 Tecnico medio desarrollo
529 Asistente relacións externas
1156 Encargado/a adjunto/a de cementerios
2234 Letrado xurisdiccional
2247 Xefatura de departamento de transición ecoloxica e accións polo clima
SOLICITO
Que se teña por presentado este RECURSO POTESTATIVO DE REPOSICIÓN , de acordo co previsto na Lei 39/2015 do 1 de Outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e que, tralos trámites legais oportunos se dite resolución pola que se declare contrario a dereito e se modifique o anuncio publicado no BOP arriba mencionado relativo á convocatoria do concurso ordinario no Concello da Coruña, convocatoria 1/25 (PROV2025067) no tocante á listaxe de postos ofertados no Anexo I da dita convocatoria, incorporando os postos anteriormente
sinalados.
FUNDAMENTOS DE DEREITO
I COMPETENCIA.- En canto á competencia, é competente o órgano ao que me dirixo por ser o mesmo que ditou a resolución que agora se impugna, tal e como dispón o artigo 123.1 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento administrativo Común das Administracións Públicas.
II LEXITIMACIÓN.- Ostento a lexitimación que como representante da CIG confire a LOLS no seu artigo 6 aos sindicatos que ostentan a condición de mais representativos.
III PROCEDEMENTO.- en canto as formalidades do procedemento o presente recurso cumpre cos requisitos que esixen expresamente os artigos 123 e 124 da mencionada lei 39/2015.
Na Coruña, na data de sinatura electrónica deste documento
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 1421
ALEGACIONS MODIFICACIÓN PUNTUAL RPT
Ana Isabel Filgueiras Espasandín, con DI xxxxxxxxx e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretaria da Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña, EXPON:
En sesión celebrada en data 22 de Outubro de 2025 a Xunta de Goberno Local do Concello da Coruña adoptou o acordo de aprobar inicialmente a modificación puntual da Relación de Postos de Traballo do Concello da Coruña e someter a devandita modificación puntual ao trámite de información pública durante un prazo de 20 días hábiles para a presentación de alegacións, reclamacións ou suxestións.
Polo que, dentro dentro do prazo establecido ao efecto, formulo as seguintes ALEGACIONS para ser tidas en conta antes da aprobación definitiva da modificación puntual da RPT:
No apartado cuarto do Informe Proposta indícase: “Escoitadas as distintas seccións sindicais e debatido en mesas técnicas establecéronse como pautas xerais a efectos de fixar os requisitos a cumprir para poder participar na convocatoria do concurso ordinario 1/2025, os preestablecidos na RPT vixente, limitando a modificación ao apartado de requisitos específicos con criterios laxos, no sentido de facilitar a participación, agás que o desempeño dun determinado posto requira por normativa unha determinada titulación, acudindo soamente a ramas profesionais de coñecemento ou a pertenza a determinadas prazas naqueles supostos en que as funcións e tarefas e desenvolver demanden a presenza de coñecementos especializados, como pode suceder nos postos de administración especial. Incorpórase en documento anexo a este informe proposta, a efectos da súa aprobación como modificación puntual da RPT, a relación de postos que se postulan para incluír na convocatoria do concurso ordinario 1/2025 (PROV 2025067), cuxos requisitos específicos, a efectos desta convocatoria son obxecto de aprobación como modificación puntual, respectando o resto de condicións e características dos respectivos postos de traballo.”
Dende o momento en que o goberno municipal plantexou nas mesas técnicas coas seccións sindicais do Concello da Coruña a necesidade de establecer requisitos específicos de titulación para os postos de administración especial como requisito necesario para poder desenvolver a convocatoria do concurso ordinario, empezouse traballando cun listado duns 300 postos de traballo que contemplaban a totalidade dos postos de administración especial da RPT, xa que as pautas establecidas polo goberno municipal para traballar nas mesas técnicas eran establecer requisitos de titulación específica para todos os postos de administración especial.
Tal e como indica o Informe Proposta a modificación limitaríase a establecer ramas de titulación nos requisitos específicos en todos os postos da RPT da escala de administración especial que non os tiveran establecidos na actual RPT, salvo en aqueles postos da escala de administración especial que por normativa legal ou sentenza xudicial requeriran dunha titulación específica. Deixaríanse para as futuras negociacións da valoración de postos o establecemento das titulacións concretas xa que sería nese momento onde se analizarían as funcións dos postos.
No listado de postos que acompaña ao Informe Proposta as modificacións de requisitos específicos afectan a un total de 19 postos de traballo, dos que catro son postos da escala AG/AE: postos 74, 2124,197 e 1876, e o resto pertencen á escala de AE: postos 2130,1325,2251,2252,330,505,524,1841,1851,1881,1791,1613,1625,1639,1642.
En ningún apartado do Informe Proposta se motiva a decisión de poñer unha titulación concreta a un posto de traballo, non se explican en ningún momento as razóns de porque é mais adecuada unha titulación ou outra para un
determinado posto de traballo dos 19 sometidos a cambios. Tal motivación só podería darse acudindo ás funcións concretas a desenvolver en cada posto de traballo que sería o que debe definir que titulación é mais adecuada para ese posto concreto de administración especial. En ningún momento durante o desenvolvemento das mesas técnicas, nin na mesa xeral de negociación do 21 de Outubro de 2025, nin no Informe Proposta se fai mención nin se traballou sobre o manual de funcións dos postos nin se falou sobre as funcións concretas dos postos polo que o establecemento de titulacións específicas incumpliría o establecido no artigo 35 da Ley 39/2015 de 1 de Outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas relativo á motivación do actos administrativos.
No apartado 4 do Informe Proposta arriba mencionado indícase que se modificarían os requisitos específicos no sentido de establecer soamente ramas profesionais de coñecemento. Pois ben en moitos dos requisitos específicos establécense modificacións incluíndo ou eliminando titulacións específicas como por exemplo nos postos 2130,1325, 524, 1841,1881, 1791, 1625, 1639, 1642 contradecindo o establecido no propio Informe Proposta que debería servir de fundamento para a modificación.
Ao non facer unha modificación dos requisitos específicos que contemple á totalidade dos postos de administración especial da RPT do Concello da Coruña supón unha discriminación ao modificar so unha parte dos postos de administración especial e outros non, chegando a darse a situación con esta modificación de que un posto de traballo que na RPT teña unha dotación superior a un, teña diferentes requisitos específicos aínda sendo o mesmo posto de traballo. Esta situación dase cos seguintes postos:
-Técnico Medio de control de Xestión de innovación e desenvolvemento tecnolóxico que figura na RPT coa dotación correspondente aos códigos 2124-2125 pero o cambio dos requisitos específicos so contempla ao 2124.
-Técnico Medio de Innovación Tecnolóxica de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico que figura na RPT coa dotación correspondente aos códigos 2129-2130 pero o cambio so contempla ao 2130.
-Técnico Medio de Educación que figura na RPT coa dotación correspondente aos códigos 1325-1327 pero o cambio so contempla ao 1325.
-Delineante da oficina Técnica de Mobilidade Urbana que figura na RPT coa dotación correspondente aos códigos 1791-1792 pero o cambio so contempla ao 1791.
-Técnico de Intervención da Edificación que figura na RPT coa dotación correspondente aos códigos 1612-1613 pero o cambio so contempla ao 1613.
- Técnico Medio de Intervención da Edificación que figura na RPT coa dotación correspondente aos códigos 1623-1625 pero o cambio so contempla ao 1625.
-Delineante da Oficina Técnica de Planeamento e Xestión que figura na RPT coa dotación correspondente aos códigos 1640-1643 pero o cambio so contempla ao 1642.
-Técnico Medio de Control de Xestión de Calidade dos Servizos que figura na RPT coa dotación correspondente aos códigos 197-198 pero o cambio so contempla ao 197.
- Xefatura de Sección de Apoio Técnico de Infraestructuras que figura na RPT coa dotación correspondente aos códigos 1876-1878 pero o cambio so contempla ao 1876.
Tal e como xa indicamos anteriormente o apartado cuarto do Informe Proposta indícase “acudindo soamente a ramas profesionais de coñecemento ou a pertenza a determinadas prazas naqueles supostos en que as funcións e tarefas e desenvolver demanden a presenza de coñecementos especializados, como pode suceder nos postos de administración especial.”. Pois ben dentro das modificacións dos requisitos específicos inclúense 4 postos que figuran na RPT non apartado da escala como postos AG/AE (postos 74,2124, 197 e 1876). O RDL 781/1986 de 18 de abril polo que aproba o texto das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local indica no seu artigo 167 que os funcionarios de carreira da Administración Local que non teñan habilitación de carácter nacional se integrarán nas escalas de Administración Xeral e de Administración Especial de cada Corporación. Tamén indica no artigo 169 que corresponde aos funcionarios da escala de Administración Xeral o desempeño de funcións comúns ao exercicio da actividade administrativa. Introducindo requisitos específicos de titulación a postos barrados ás escalas AG/AE, discrimísase e impídese poder concurrir a eles ao persoal pertencente á escala de administración xeral aos que non se lles require estar en posesión de requisitos específicos de titulación.
Por todo o relatado a sección sindical da CIG do Concello da Coruña votou en contra da aprobación desta modificación puntual da RPT na mesa xeral de negociación que tivo lugar o día 21 de Outubro de 2025, xa que como expuxemos nos parágrafos anteriores trátase dunha modificación arbitraria, discriminatoria, carente de motivación e fundamento.
Esta modificación precisa dun análise das funcións concretas dos postos de traballo de administración especial que non se fixo e non se entende estando en marcha os trámites iniciais tendentes á negociación dunha nova valoración de postos, debería ser durante as negociacións desa nova valoración de postos onde se analizasen as funcións e froito desa análise se establecesen os requisitos específicos de titulación dos posto de traballo entre outra moitas cuestións. Porén este goberno municipal non tivo inconvinte en incluir no seu informe proposta, punto cuarto, un último parágrafo que indica” A estratexia de autoorganización que se formula facilita continuar analizando e mesmo negociando coas seccións sindicais, as peculiaridades dos postos de traballo a provistar por concurso específico, así como aqueles outras que deban proverse polo sistema de libre designación……., de tal sorte que os funcionarios desempeñen as funcións para as que están mais capacitados (idoneidade) e que as funcións que a administración debe realizar sexan cumpridas de maneira eficiente polo funcionariado”. Da lectura deste parágrafo non podemos mais que concluir que as peculiaridades dos postos de traballo e que os funcionarios desempeñen as funcións para as que están mais capacitados (idoneidade),serve de motivación para analizar o sistema de provisión pero sendo totalmente aplicable para ser usada como motivación para esta modificación puntual non se aplica, esto constitúe unha conducta arbitraria, contraria ás normas que rexen a función pública e contraria aos dereitos do persoal municipal.
POLO EXPOSTO, SOLICITO:
Que se teñan en conta as alegacións expostas pola sección sindical da CIG no concello da coruña antes da aprobación definitiva desta modificación puntual da Relación de Postos de Traballo do Concello da Coruña.
Na Coruña, na data de sinatura electrónica deste documento
XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO CONCELLO DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 1787
SOLICITUDE AFECTACIÓN SENTENZA
Ana Isabel Filgueiras Espasandín, con DI XXXXXXXXX e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretaria da Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña, EXPON:
Nestes días tivemos coñecemento a través dos medios de comunicación dunha Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (STSJ GAL 6168/2025) que pode afectar á persoa que ocupa o posto de Dirección de Area de Urbanismo.
POLO EXPOSTO, SOLICITO:
Se informe a esta Sección Sindical si o exposto no parágrafo anterior afecta ao nomeamento relativo ao posto de Dirección de Area de Urbanismo.
Na Coruña, na data de sinatura electrónica deste documento
SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 1735
RESUMO DO CSS DO 30 DE SETEMBRO DE 2025
ORDE DO DÍA:
- Aprobación da acta anterior
- Constestación ás peticións dos e das delegados/as de prevención
- Quenda de rogos e preguntas
Por parte da nosa sección sindical, propuxemos os seguintes temas para tratar:
OFICIO DA INSPECCIÓN DE TRABALLO EN RESPOSTA Á DENUNCIA DA CIG E GRUPO DE TRABALLO DE RISCOS PSICOSOCIAIS:
Neste punto fomos informadas da advertencia da Inspección de Traballo sobre o estricto cumplimento da periodicidade mínima con que debe convocarse o comité de seguridade e saúde (CSS) e tamén de que as avaliacións de riscos psicosociais non poden tratarse nun grupo de traballo si non que han de tratarse no seo do CSS (tal e como sempre defendeu a nosa sección sindical).
Informousenos de que en breve será convocado de novo o CSS para tratar en primeiro lugar sobre o borrador do protocolo de agresións e, a continuación, sobre os resultados e proposta de medidas das avaliacións de riscos psicosociais en cada servizo.
Estaremos vixiantes para que se cumpla o ordeado pola inspección de traballo e esperamos non ter que acudir de novo a denuncialo, vergonza debería darlle a este goberno municipal ter que ser obrigado por unha denuncia a convocar este órgano e da boa conta da pouca importancia que lle merece a seguridade e saúde do persoal municipal.
ESTADO DA LICITACIÓN DAS MEDICIÓNS DE GAS RADÓN NOS CENTROS DE TRABALLO MUNICIPAIS:
Fomos informadas de que non se van a licitar as medicións de gas radón nos centros de traballo municipais, xa que dende a FEGAMP se van a facilitar os medidores de gas radón ás administración locais sin coste e so será necesario contratar a sua colocación, retirada, análise de datos de medición e proposta de medidas en caso de ser necesarias.
En canto ás medicións realizadas no edificio da Franxa, foinos facilitado o informe de resultados realizado polo Laboratorio de Radón de Galicia da Universidade de Santiago de Compostela. Aínda que na anterior sesión do CSS se acordou que o resultado destas medicións se facilitaría ao persoal municipal a través das correspondentes Xefaturas de Servizo, nesta última reunión comunicousenos que xa non sería así e que deberemos ser as/os delegadas/ os de prevención quenes facilitemos a información.
Según o informe facilitado do edificio da Franxa a concentración media de radón so supera o límite establecido de 300 bq na planta sótano onde está a zona do arquivo, no resto do edificio a concentración media vai dos 12 aos 250 bq.
Dado que o informe advirte de que non pode reproducirse nin total nin parcialmente, quenes estedes interesadas/os en ter acceso ao informe poñédevos en contacto coa nosa sección sindical.
ACTUACIÓNS DA MUTUA NOS INFORMES RELATIVOS A CAMBIOS DE POSTO POR RAZÓNS DE SAÚDE E NO SEGUIMENTO DAS BAIXAS POR ACCIDENTES DE TRABALLO:
Neste punto puxemos en coñecemento do Concello as queixas recibidas pola actuación da mútua tanto no seguimento das baixas como nas solicitudes de cambio de posto por razón de saúde.
PROPOSTA PARA FACILITAR ÁS/OS DELEGADAS/OS DE PREVENCIÓN DUN INFORME ANUAL CON DATOS NUMÉRICOS SOBRE BAIXAS MÉDICAS, ADAPTACIÓNS E CAMBIOS DE POSTO POR RAZÓNS DE SAÚDE ETC:
Fixémoslle unha proposta ao goberno municipal para a elaboración con carácter anual dun informe anual onde tiveran cabida datos numéricos tales como: número de baixas médicas en cada área, solicitudes de adaptacións ou cambios de posto por razóns de saúde, cantas destas solicitudes foron aceptadas e cantas rexeitadas etc
Parécenos unha ferramenta que podería ser moi útil para o noso traballo como delegadas/os de prevención e que poderian servir para detectar problemas de saúde laboral que se poidan producir en determinadas áreas ou servizos. É un informe que, en administración públicas incluso mais pequenas que a nosa, se elabora de oficio e se lles traslada aos membros do comité de seguridade e saúde de forma habitual.
A nosa proposta foi rexeitada e instousenos a solicitar estes datos por rexistro.
ESTADO DAS AVALIACIÓNS DE RISCO DOS DIFERENTES CENTROS DE TRABALLO:
Solicitamos información sobre a actualización das avaliacións de riscos xa que moitas delas estaban feitas fai anos e precisaban ser actualizadas e contestousenos que todas as avaliacións de riscos estaban feitas e actualizadas.
SITUACIÓN DO REXISTRO MUNICIPAL DE MARÍA PITA NO RELATIVO AOS PROBLEMAS DE EMISIÓN DE GASES TÓXICOS DO XENERADOR DE EMERXENCIA AO INTERIOR :
O problema da evacuación de gases tóxicos do xenerador de emerxencia a través do sistema de aire acondicionado na zona de padrón e rexistro de maría pita xa foi comunicada pola nosa sección sindical no ano 2024 e solicitamos saber cal era a situación actual.
Contestousenos que se estaban realizando dende a área de seguridade cidadá os plans de autoprotección e que ahí se reflexarían as deficiencias nos centros de traballo.
Con esta información onte presentamos por rexistro un escrito dirixido a seguridade cidadá poñendo no seu coñecemento a información que temos ao respecto para que se teña en conta na elaboración do plan de autoprotección de maría pita.
MAL ESTADO DO CHAN DA OFICINA DE MULTAS CON RISCO DE TROPEZOS E CAÍDAS:
Informousenos de que se trata dun tema de mantemento e non de saúde laboral e que o poñamos en coñecemento do servizo responsable da oficina de multas.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: INICIO
- Visitas: 1850