Puntos propostos pola CIG  para a orde do día:

-Avaliacións de riscos psicosociais

-Medicións de gas radón

-Plan de autoprotección de María Pita

-Suministro de extintores no cemiterio de Feáns

-Protocolo de agresións

Pola parte sindical so houbo temas propostos para a orde do día por parte da CIG.

 

 Resumo de todos os  temas tratados:

 

  • Aprobación da acta da sesión anterior

A CIG solicitou a corrección do borrador da acta da sesión anterior xa que non recollía os motivos que expuxemos para non apoiar o texto do protocolo contra as agresións externas no traballo, principalmente a falta de prazos concretos e do establecemento de responsabilidades.

  • Protocolo de agresións:

Neste apartado fíxose un seguimento do protocolo dende a sua posta en marcha.

Informousenos que varios servizos están traballando no seu desenvolvemento, xa que o propio protocolo establece a necesidade de adaptación do protocolo  a cada servizo mediante a aprobación de instrucións operativas concretas nos casos en que se precise. Non se concretou en que servizos se está traballando nin en que fase están os traballos. Solicitaremos datos mais concretos ao respecto na seguinte sesión do comité.

Informousenos tamén que, dende a sua posta en marcha, o protocolo foi activado en tres ocasións e que se están levando a cabo actuacións dende os servizos implicados, dende o servizo de prevención e dende a asesoría xurídica do Concello.

  • Procedemento de traballo do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento:procedemento operativo de incendio 1.0, procedemento 2.0 accidentes de tráfico, procedemento 3.0 Intervención ante tentativa suicida:

Aprobáronse por unanimidade os tres procedementos de traballo remitidos dende o servizo de bombeiros.

  • Dación de conta do informe de absentismo por accidente de traballo emitido pola Mutua Umivale:

Douse conta  moi resumidamente do informe emitido pola mutua ao respecto da evolución dos accidentes de traballo no concello onde se constata unha disminución dos accidentes laborais e un aumento das agresións.

Solamente se nos informou sobre estes dous aspectos do informe polo que durante a reunión solicitamos unha copia do informe para poder valoralo no seu conxunto e contestouseunos que contiña datos persoais (datos persoais que si se envían cando se nos envían os partes de accidente laboral). Propuxémoslle que nos remitirán so a  parte do informe que contén os datos xerais e as graficas eliminando os datos persoais e dixeron que o valorarían, a data de hoxe non nos foi remitido.

A nosa sección sindical considera importante contar cos datos do informe xa que da unha visión global da situación en canto a accidentes de traballo que pode ser de interés para analizar en que colectivos, en que épocas hai mais ou menos accidentes, a afectación en función do sexo etc, que poderían servir para profundizar nas causas e facer propostar de mellora.

Non entendemos está actitude e falta de transparencia que condiciona o traballo das  delegadas/os de prevención que poderían facer mais aportacións si houbera mais colaboración pola parte “patronal”.

Agardaremos a ver si o Concello finalmente nos facilita os datos do informe.

  • Avaliacións de riscos psicosociais:

 

Tal como acordáramos comenzamos a análise servizo a servizo das avaliacións de riscos psicosociais, na reunión de hoxe abordamos as avaliacións de Cultura, Memoria histórica e Turismo e a de Servizos Sociais e Igualdade.

Na área de cultura, memoria histórica e Turismo a participación foi baixa, do 29%, o que condiciona a interpretación dos resultados pero permite unha aproximación á percepción do persoal respecto aos factores de risco.

A análise dos resultados por parte do servizo de prevención indica a necesidade de adoptar medidas correctoras en varios apartados, neste momento estamos estudiando as medidas propostas polo Concello e faremos as consideracións que estimemos oportunas.

O informe de avaliación está dispoñible para todo o persoal desta área que queira consúltalo, ben a través da nosa sección sindical ou no departamento de saúde laboral.

Ao respecto da avaliación de riscos psicosociais da área de servizos sociais e igualdade a participación foi moi alta, do 78,43%  e os resultados son, igual que na avaliación feita no ano 2022, moi malos cun risco moi elevado en varios dos factores estudiados.

Neste caso partimos dunha situación diferente, xa que houbo outra avaliación de riscos psicosociais no ano 2022. Tras esta avaliación do ano 2022 constituise un grupo de traballo específico e acordáronse unha serie de medidas correctoras e, esta segunda avaliación fíxose para comprobar a eficacia das medidas correctoras propostas.

O primeiro que transmitimos no css foi que na documentación enviada non figuraba o informe de avaliación do resultado das medidas correctoras implementadas dende o ano 2022, imaxinamos que  se debe a que non se fixo nada en absoluto.

Dixémoslle que esta situación é inadmisible, que estudiaremos as responsabilidades legais que ten o Concello da Coruña en un caso claro para nos de  abandono das responsabilidades en materia de saúde laboral.

Indicámoslle que estudiariamos co gabinete técnico de saúde laboral da CIG o informe e que achegaríamos a nosa proposta de medidas correctoras. A CIG xa elaborou e presentou por rexistro  a sua proposta e presentamos tamén por rexistro unha solicitude  de análise comparativa que identifique os factores mellorados e os que persisten, as medidas adoptadas dende 2022, o seu grao de execución, as evidencias documentais e a sua eficacia real sobre as condicións de traballo.

O informe de avaliación  está dispoñible para todo o persoal desta área que queira consultalo, ben a través da nosa sección sindical ou no departamento de saúde laboral.

  • Medicións de gas radón:

Informóusenos que esta mesma semana se colocarían os medidores de gas radón en todos os centros de traballo municipais, agás nos CEIP nos que se colocarán a semana próxima. Os medidores estarán colocados 3 meses e despois procederase a análise dos resultados das medicións.

A empresa encargada das medicións é RadonSpain, que, según a información facilitada por saúde laboral, conta coa acreditación legal necesaria para este tipo de medicións.

  • Estado do suministro de extintores no cemiterio de Feáns:

Tras reiteradas solicitudes durante algo mais de dous anos por fin foron colocados no cemiterio de Feáns 2 extintores a falta de que se coloque outro mais.

  • Incumplimento na entrega do plan de autoprotección de María Pita:

Tras un total de duas solicitudes por rexistro e varias peticións mais nas sesións anteriores do comité de seguridade e saúde informousenos de que se nos dará acceso ao plan de autoprotección de María Pita, eso si, previa solicitude de novo por rexistro( e xa van 3) para poder consultalo nas dependencias de saúde laboral.

Esta solicitude está motivada, como ben saben as compañeiras e compañeiros do rexistro municipal de María Pita, polo deficiente funcionamento do xenerador de emerxencia coa emisión de gases tóxicos ao interior do rexistro en caso de que entre en funcionamento.

Revisaremos o plan de autoprotección no seu conxunto e, particularmente, as medidas que recolla con respecto ao funcionamento do xenerador, despois valolarémolo por si fose necesario algunha actuación mais por parte da nosa sección sindical.

  • Rolda de Intervencións:

Neste punto preguntouse polos problemas de insalubridade causados pola presenza de roedores no edificio municipal da Franxa.

Foi un delegado de prevención, previa chamada á empresa encargada das medidas de desratización, o que nos informou que a actuación de desratización na vía pública está rematada pero o problema é o mal estado do edificio e das instalacións sobre as que é necesario tomar medidas por parte do Concello para evitar a posible entrada puntual de roedores.