Ana Isabel Filgueiras Espasandín, con DI XXXXXXXX e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretaria da Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña EXPON:

O venres 20 de febreiro de 2026 publicouse a convocatoria para a cobertura temporal mediante comisión de servizos de varios postos de traballo do Concello da Coruña.

En data 23 de decembro de 2025 a sección sindical da CIG  do Concello da Coruña presentou un recurso de reposición contra  o listado de postos do Anexo 1 da convocatoria do concurso 1/25 (PROV2025067) baseándonos en que non foron incorporados ao listado de postos ofertados unha serie de postos que consideramos que deben ofertarse no mesmo. A data de hoxe este recurso de reposición  non foi resolto.

Na convocatoria de cobertura temporal mencionada no primeiro parágrafo inclúense, entre outros, os seguintes postos:

Posto 1156- Encargado adxunto de cemiterios (Medio Ambiente)

Posto 1157-Encargado adxunto de cemiterios (Medio Ambiente)

Posto 2234-Letrado/a Xurisdiccional (Servizo asesoría xurídica)

Estes tres postos  de traballo figuran entre os postos non incluídos no concurso 1/25 e esta sección sindical reclamou en data 23 de decembro de 2025 a sua inclusión no mencionado concurso mediante a interposición dun recurso de reposición non resolto en prazo.

En data 4 de maio de 2002 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia mediante sentenza 00363/2022 estimaba o recurso de apelación (nº 246/2021) interposto pola CIG contra o Concello da Coruña e anulaba a convocatoria da cobertura temporal en comisión de servizos do posto 1881-técnico de protección de patrimonio histórico ao non estar xustificada a urxente e inaplazable necesidade de cobertura do mesmo pola cercanía en datas entre o concurso ordinario 1/19 e esta convocatoria de cobertura temporal do posto 1881.

Esta sentenza é firme e totalmente aplicable á convocatoria de cobertura temporal dos postos 1156,1157 e 2234, mais aínda, tendo en conta que o recurso de reposición presentado onde se solicitaba a inclusión destes postos no concurso 1/25 non foi contestado. É indefendible xurídicamente a xustificación da urxencia e necesidade de cobertura temporal destes tres postos cando podendo telos incluídos no concurso 1/25 resolvendo afirmativamente o recurso de reposición desta sección sindical o concello non o fai.

Na mesma convocatoria de cobertura temporal mencionada no primeiro parágrafo figuran 4 postos  que teñen na RPT como forma de provisión a libre designación:

Posto 19- Secretario/a de alcaldía

Posto 24- Secretario/a de Concellaría

Posto 26-Secretario/a de Concellaría

Posto 39- Secretario/a de Dirección

O artigo 31.3 do Decreto 151/2022 de 4 de agosto polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico   establece: 3. Si la forma de provisión de los puestos es la de libre designación, no se podrá permanecer en comisión de servicios más de seis meses y la libre designación se deberá convocar y resolver en este plazo. Resuelta la correspondiente convocatoria, si esta se declara desierta o la persona que ocupa el puesto en comisión de servicios no participa, no podrá continuar desempeñando el puesto mediante esta forma de provisión.”

 

Na páxina web do Concello da Coruña (coruna.gal) publicáronse o 29 de decembro de 2025 as bases para a provisión polo sistema de libre designación do posto 169- Xefatura de Servizo de Recursos Humanos. Este posto leva cuberto temporalmente en comisión de servizos dende xullo de 2025, superándose xa a data de hoxe os 6 meses establecidos polo decreto 151/2022 para a permanencia en comisión de servizos e para a convocatoria e resolución da provisión do posto por libre designación.

É habitual que neste concello tarden, incluso varios meses, en resolverse as convocatorias de cobertura temporal de postos en comisión de servizos, co que se perde o  fundamento da urxencia e necesidade na sua cobertura e tamén que se exceda o tempo de convocatoria e resolución establecido no artigo 31.3 do Decreto 151/2022.

POR TODO O ANTERIORMENTE EXPOSTO, SOLICITO:

  • A paralización do proceso da convocatoria da cobertura temporal en comisión de servizos dos postos 1156,1157 e 2234 por non telos incluídos nos postos ofertados no concurso 1/25 e por aplicación da sentenza firme do TSXG 00363/2022.
  • A provisión polo sistema de libre designación dos postos 19,24, 26 e 39 en cumplimento do establecido no artigo 31.3 de decreto 151/2022 do 4 de agosto e dado os tempos habituais neste concello de resolución das convocatorias de cobertura temporal e de provisión por libre designación, en aras ao cumprimento dos principios de eficacia e eficiencia administrativa que deben rexir en todas as administración públicas e tamén para evitar o despilfarro dos recursos públicos deste Concello.

 

Na Coruña, na data de sinatura electrónica deste documento