Mesa Xeral de Negociación Extraordinaria co seguintes puntos da orde do día:

  • Orzamentos e Cadro de Persoal do exercicio 2020
  • Dar conta do reparto do 0,30 da masa salarial previsto no Real Decreto-Lei 24/2018, do 21 de decembro, polo que se aproban as medidas urxentes en materia de retribucións no ámbito do sector público.

En primeiro lugar temos que dicir que achegámonos á MXN onde fundamentalmente iamos falar de NÚMEROS, sen ningún tipo de documentos nin datos.

ORZAMENTOS:

Oferta Publica de Emprego para o 2020 fundamentalmente orientada no incremento de  Técnicos (38 prazas máis)

Partida de 75.000€ para a contratación dunha empresa que elaborara unha nova RPT.

Dende a CIG preguntamos sobre se habería aportación ao plan de pensións, ao que fomos contestados que non e cunha cifra aproximada do que supoñería esta aportación, ±500.000€, contestamos que dende a CIG estaríamos dispostos a vincular esta cifra a nova valoración de postos, o concelleiro dixo que unha nova valoración non supoñía unha subida de salarios, se non unha adecuación á realidade.

Sobre o Plan de Formación, dixeron que pasaran un cuestionario a todo o persoal para determinar as necesidades, neste punto a CIG preguntou se había intención de recuperar acordos de formación coma os de Portos ou de Inditex para o servizo do SEIS, contestaron que non.

CADRO DE PERSOAL 2020

Déronnos conta verbalmente do cadro de persoal, ao marxe doutros datos mencionados por persoal e polas  contas que fixemos,  acometerán promocións internas no subgrupo C2 cas seguintes porcentaxes: 6,43%  Aux. Adm a Administrativos e dun 86% para Bombeiros,polo que  non respeta as porcentaxes do Acordo Marco que supoñían o paso de C2 a C1 nestes postos e que recordamos a continuación:

  • 40% entre 2019/20
  • 40% entre 2020/21
  • 20% no 2022

Dende a CIG mencionamos a importancia na estrutura organizativa do concello dos postos de Auxiliares Administrativos/as, tanto polo número (LIGAZÓN CADROS PERSOAL ANTERIORES) coma polas funcións que desempeñan, máis propias dunha categoría superior incluso de Técnicos. Esta diferencia porcentual de trato entre os diferentes colectivos, probablemente esté relacionada ca capacidade reivindicativa de cada un deles.  

0,30% INCREMENTO MASA SALARIAL

Coma ben mencionaba a orde do día, deron conta do reparto do 0,30% que segundo o concelleiro, non sería un reparto proporcional como aconteceu no 2019 e no que a parte da patronal e a sindical estivemos da cordo. O reparto será só entre 372 persoas que cobran menos de 2.000€ brutos ao mes (con todos os conceptos  retributivos) e ademáis nun concepto non consolidable  nunha PRODUCTIVIDADE. Converten un concepto retributivo nunha limosna de carácter anual.

Dende a CIG recordámoslle en primeiro lugar que este punto entraba dentro das materias obxecto de negociación que o EBEP regula no seu art. 37 e en segundo que este incremento non podía ir nunha produtividade.