REXISTRADO 17/11/2014

Roberto Tizón Miguéns, con DI xxxxxxxx e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña

 

EXPÓN:

 

1.   A falta de expectativas de promoción na súa carreira profesional  xunto coa perda de retribucións destes últimos anos, e o incumprimento de determinados acordos,  está xerando un malestar profundo que  está producindo unha falta de motivación no traballo e unha crecente conflictividade laboral entre o persoal ao servizo do concello da Coruña.

 

2.   O EBEP recolle no seu CAPITULO II o o dereito á promoción profesional e no artigo 17 contemplase a posibilidade da carreira horizontal dos funcionarios de carreira.

 

3.   En base ao  recollido no artigo mencionado con anterioridade as organizacións sindicais tiñan acordado un sistema de promoción horizontal co anterior Goberno Municipal. Este sistema sustentábase na aplicación de tres variables: antiguidade no servizo, itinerarios de formación e valoración do traballo desenvolvido; esta última variable, en tanto non estivera aprobado un sistema de avaliación do desempeño, considedaríase superada pola non existencia  de expedente disciplinario algún.

 

4.   Esta falta de carreira horizontal é moito mais perniciosa naqueles colectivos xerarquizados de caracter piramidal (policia e bombeiros) nos que so é posible a promoción horizontal, polo que nos apoiariamos que os procesos de execución do sistema de carreira horizontal empezara a aplicarse a estes dous colectivos, sempre e cando ao mesmo tempo se procedera á convocatoria do concurso de provisión

 

de postos de traballo que, a pesar do compromiso do Goberno Municipal, leva dous anos sen executarse.

 

Polo anteriormente exposto

 

SOLICITAMOS:

 

 

Que se convoque con caracter urxente a Mesa Xeral de Negociación para tratar da carreira horizontal e do concurso de provisión de postos e a súa inmediata aplicación.

 

 

A Coruña, 17 de novembro do 2014

 

 

                                      SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DA CORUÑA