- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: cs
- Visitas: 3916
Jose María Calatayud Sánchez con DI 18164080 Z e enderezo para os efectos de notificación nos locais que a CIG ocupa no pazo de María Pita, na miña calidade de Secretario da Sección Sindical da CIG no concello da Coruña
DIGO:
Que o día 29 de outubro publicáronse no portal de ALFRESCO as bases para de Cobertura Temporal dos seguintes postos de Traballo:
X.Sección Xefe EAA, X.Sección Ocupación Dom. Público, X.Sección Promoción cultural, X.Sección Seguridade e Prevención, X.Sección Tesoureria Xeral, X.Sección Conservación da Edificación, Director/a de Unidade Técnica no servizo de Xustiza Social e Director/a de Unidade Técnica no servizo de Igualdade.
- Que a oferta dunha comisión de servizo non se pode circunscribir só a un servizo, coma figura nas bases destas convocatorias (Apart. I.1ª).:“A cobertura deste posto realizaráse preferentemente con persoal do propio servizo de .... Entendese a estes efectos como persoal do propio Servizo tanto as persoas que desenvolvan postos de traballo como dependencia xerárquica como con dependencia funcional do Servizo de... ...En consecuencia, na oferta que se realice ao persoal do Servizo de ..., as persoas funcionarias doutros servizos que soliciten a cobertura deste postos serán inadmitidos.”
- Que tamén figura (Apart. II. 2.1). a obrigatoriedade de achegar o permiso do xefe: “...ás solicitudes acompañaranse de informe favorable da persoa que ostente a xefatura de servizo...”
- Que no apartado de Formación (agás no de Directora Ud. Téc Igualdade) só se valoran cursos de carácter administrativo e non os que teñen que ver coa área de traballo, sendo estes necesarios para poder exercer con solvencia, as primeiras das funcións requiridas na ficha de funcións do posto de traballo.
Polo anteriormente exposto
SOLICITO:
Que se teña por presentado o RECURSO DE REPOSICIÓN nos seguintes puntos:
- Que se eliminen das Bases os requisitos de pertencer aos servizos (Apart. I.1ª) .
- Que non sexa requisito os informes favorables das xefaturas (Apart. II. 2.1).
- Que se valoren os cursos que teñan que ver coa área de traballo na que se encadra o posto.
A Coruña, 31 de outubro de 2018
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: cs
- Visitas: 2993
Aquí poderedes atopar salvo erro ou omisión, todos os postos que deberían sair a concurso por atoparse ocupados ou en Adscripción Provisional ou en Comisión de Servizos.
RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO CON SITUACIÓNS ADMINISTRATIVAS E POSTOS A CONCURSO.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: cs
- Visitas: 2465
PRESENTADO NA FISCALÍA O 8 DE XUÑO DE 2018
Ao coidado do Responsable da FISCALIA PROVINCIAL DA CORUÑA
José María Calatayud Sánchez con D.I. 18164080-z e enderezo, para os efectos de notificación, nos locais sindicais que a C.I.G. ten no Concello da Coruña, con número de teléfono xxxxxxx na súa condición de secretario da sección sindical da CIG.
MANIFESTA:
Que no Concello da Coruña estase a utilizar o sistema de provisión de postos de traballo en COMISIÓN DE SERVIZOS, con carácter habitual, nalgúns casos vulnerando a legalidade vixente por superar o prazo máximo legalmente establecido de dous anos. Este feito non se realiza de xeito inconsciente, xa que tamén é certo, que nalgúns casos se comunica o fin da comisión de servizo por superar o prazo máximo de dous anos.
Noutros supostos, cunha clara intención, ao noso xuízo, de cometer un evidente fraude de lei para obviar o prazo máximo de permanencia, se lles comunica o cese e se volve a nomear ao día seguinte no mesmo posto e na mesma condición de comisión de servizos.
Achegamos documentación xustificativa do manifestado con anterioridade para que podan valorar adecuadamente se os feitos relatados podan ser constitutivos de delito e actuar en consecuencia.
Informámoslle así mesmo, que temos presentada unha demanda no tribunal do contencioso administrativo por estes mesmos feitos.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: cs
- Visitas: 3471
Nova publicada na WEB AVANTAR sobre a rolda de prensa do 25 de maio de 2018
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: cs
- Visitas: 3717
José María Calatayud Sánchez co DI 18164080z e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, Locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña
MANIFESTA:
Que o pasado 12 de abril foi publicada na plataforma ALFRESCO as bases do procedemento xeral de cobertura temporal de postos de traballo do Concello da Coruña, en concreto trátase do posto:
Personal PE1100 Admón. de Personal 171 J. Sección 1 A1/A2 24 AG/AE F FR11 ED |
Que logo de estudialas facemos as seguintes consideracións:
- Falta de motivación para cobertura, pois vólvese facer un copia e pega “para dar cobertura á urxencia e inaprazabilidade que os motivan”, sen máis explicación. Solicitamos a devandita motivación para a cobertura por este sistema.
- En canto aos requisitos dos/as aspirantes, estas bases limitan a libre concorrencia de aspirantes, pois premian a unha parte do persoal ao engadir que serán “preferentemente con persoal do propio servizo de Persoal”. Solicitamos que se elimine esta valoración na parte dos requisitos.
- Que unha vez participado, os/as aspirantes teñen con estas bases a posibilidade de non aceptar, algo que non ten lóxica. Solicitamos que se elimine a posibilidade de non aceptación unha vez participado.
- Que no apartado dos requisitos determinan que “acompañaranse dun informe favorable da persoa que ostente a xefatura de servizo ou departamento cando non exista ou estea vacante a anterior”, e absolutamente ilegal que o dereito a participar nun sistema de provisión de postos de traballo dependa da vontade dunha única persoa que exerza xefatura ou non, en todo caso, corresponde as comisións de valoración determinar si os méritos que se presentan unha vez puntuados, fan ou non acredor/a ao/á solicitante de ocupar o posto en cuestión. Solicitamos que se elimine calquera alusión a informes de calquera xefatura.
- Que segundo estas bases, a comisión de valoración estará composta por 3 ou 5 membros, cando no decreto 93/1991 no seu artigo 12 especifica a composición dela. Solicitamos que o número de membros da devandita comisión se adecúe á lexislación vixente.
Tamén temos que denunciar que, a pesar de estar de acordo con no valorar o tempo en comisións de servizo, nestas bases existe unha contradición coa proposta achegada polo goberno municipal e o resto dos sindicatos, sobre bases para a provisión de postos de traballo por concurso ordinario no Concello da Coruña, nas que se determina que “O tempo de servizo prestados en comisión de servizo valorarase durante un máximo de 2 anos no posto de traballo desempeñado en comisión” non obstante nestas bases concretas si adoptan a nosa proposta para as bases de concurso ordinario: “Non se valorará o feito de ocupar un posto en comisión de servizos”. Isto demostra que os responsables, técnicos ou políticos, da confección das bases non se basean en criterios obxectivos se non nos intereses que en cada momento conveña defender.
Todo este cúmulo de consideracións fan que este sistema de provisión non respecte nin a lexislación vixente en canto a xustificación do sistema de provisión nin os criterios básicos que deben rexer os principios fundamentais da función pública, igualdade, mérito e capacidade, convertido estas coberturas de vacantes nunha sorte de dereito hereditario.
A Coruña, 17 de abril de 2018
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: cs
- Visitas: 3442
Relación de Postos de Traballo coa situacións administrativas dos mesmos, nas que marcamos en cor as que polo menos hai unha Comisión de servizos ou unha Adscrición Provisional.
Tamén marcamos as vacantes cando hai unha destas situacións (CS ou AP) para que visualicedes a falta de criterio a hora de cubrir determinados postos.
NOTA: pasando co rato por riba dos marcados en cor amarelo, podedes acceder detalladamente á información dos 188 comentarios que no PDF aparecen.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: cs
- Visitas: 3155
José María Calatayud Sánchez con D.I. 18164080-z e enderezo, para os efectos de notificación, nos locais sindicais que a C.I.G. ten no Concello da Coruña, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG.
COMUNICA:
Que o Concello da Coruña leva moito tempo utilizando as Comisións de Servizo como sistema habitual na provisión de postos de traballo que teñen como obxecto a cobertura dos supostos de urxente e inaprazable necesidade.
Que logo de solicitalo en moitas ocasións, en setembro de 2016 o Concello da Coruña facilitounos unha relación de postos na que figuraban a situación administrativa deles, adscrición definitiva, adscrición provisional ou comisión de servizo. Tras unha revisión dela atopamos que a maioría dos que se atopan en comisión de servizo, superan en máis de 2 anos esta situación, o que vulnera o artigo 64 punto 3 do Real Decreto 364/1995.
Que acompañando a esta solicitude, achegamos a relación (PREME AQUÍ) de postos de traballo do Concello da Coruña na que sinalamos postos nomeados en comisión de servizos, no que alo menos algún efectivo atopase cunha duración superior aos 2 anos.
Polo anteriormente exposto:
SOLICITO:
Que se anule, por ser contrario a dereito, o mantemento das “COMISIONS DE SERVIZOS” por maís de dous anos, RELACIONADAS no documento adxunto, acordando o cese inmediato dos/as funcionarios/as que as ocupan nesa situación e a procedencia da cobertura destes postos en forma legal.
A Coruña, 4 de xaneiro de 2018
ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DA CORUÑA.
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: cs
- Visitas: 3894
Relación de Postos de Traballo 2017 que teñen Comisións de Servizo (sinalados en amarelo os que teñen polo menos un efectivo nesta situación)
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: cs
- Visitas: 2614
REXISTRADO 21 DE XULLO
José María Calatayud Sánchez con D.I. 18164080-z e enderezo, para os efectos de notificación, nos locais sindicais que a C.I.G. ten no Concello da Coruña, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG.
COMUNICA
Que o pasado 19 de febreiro de 2016 solicitamos:
“A listaxe dos empregados e empregadas municipais que non ocupen posto en adscrición definitiva e a de aqueles que a pesar de ter un posto en adscrición definitiva ocupan outro posto en comisión de servizos facendo mención en ambos casos do nome do empregado e empregada, do posto de orixe, do posto ocupado en adscrición provisional ou comisión de servizo e a data da resolución que deu orixe á mesma.”
Que despois de moitas desculpas, a única documentación entregada foi, unha RPT onde se especificaba a situación do posto (ocupada ou vacante) e a situación administrativa deses postos pero non o a listaxe solicitada.
Que dende persoal seguen a promoverse as situacións de adscricións non definitivas.
Que a pesar de que fai meses promóvemos unha negociación para creación das bases do esperado concurso e que xa hai unha RPT en vías de aprobación definitiva, non hai previsión dun proceso de pública concurrencia para a totalidade dos/as empregados/as deste Concello.
Polo anteriormente exposto
SOLICITO
- Que se nos facilite a listaxe dos empregados e empregadas municipais que non ocupen posto en adscrición definitiva e a de aqueles que a pesar de ter un posto en adscrición definitiva ocupan outro posto en comisión de servizos facendo mención en ambos casos do nome do empregado e empregada, do posto de orixe, do posto ocupado en adscrición provisional ou comisión de servizo e a data da resolución que deu orixe á mesma.
- Que non se produzan máis comisións de servizo, e que se aborde o demandado concurso de provisión de postos.
A Coruña 21 de xullo de 2017
- Detalles
- Escrito por CIG Concello A Coruña
- Categoría: cs
- Visitas: 3038
Páxina 4 de 4