José María Calatayud Sánchez co DI 18164080z e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, Locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña 

MANIFESTA:

Que o pasado 12 de abril foi publicada na plataforma ALFRESCO  as bases do procedemento xeral de cobertura temporal de postos de traballo do Concello da Coruña, en concreto trátase  do posto:

Personal PE1100 Admón. de Personal 171 J. Sección 1 A1/A2 24 AG/AE F FR11 ED


Que logo de estudialas facemos as seguintes consideracións:

 

  • Falta de motivación para cobertura, pois vólvese  facer un copia e pega “para dar cobertura á urxencia e inaprazabilidade que os motivan”, sen máis explicación. Solicitamos a devandita motivación para a cobertura por este sistema.
  • En canto aos requisitos dos/as aspirantes, estas bases limitan a libre concorrencia de aspirantes, pois premian a unha parte do persoal ao engadir que serán “preferentemente con persoal do propio servizo de Persoal”. Solicitamos que se elimine esta valoración na parte dos requisitos.
  • Que unha vez participado, os/as aspirantes teñen con estas bases a posibilidade de non aceptar, algo que non ten lóxica. Solicitamos que se elimine a posibilidade de non aceptación unha vez participado.
  • Que no apartado dos requisitos determinan que “acompañaranse dun informe favorable da persoa que ostente a xefatura de servizo ou departamento cando non exista ou estea vacante a anterior”, e absolutamente ilegal que o dereito a participar nun sistema de provisión de postos de traballo dependa da vontade dunha única persoa que exerza xefatura ou non, en todo caso, corresponde as comisións de valoración determinar si os méritos que se presentan unha vez puntuados, fan ou non acredor/a ao/á solicitante de ocupar o posto en cuestión. Solicitamos que se elimine calquera alusión a informes de calquera xefatura.
  • Que segundo estas bases, a comisión de valoración estará composta por 3 ou 5 membros, cando no decreto 93/1991 no seu artigo 12 especifica a composición dela. Solicitamos que o número de membros da devandita comisión se adecúe á lexislación vixente.

 

Tamén temos que denunciar que, a pesar de estar de acordo con no valorar o tempo en comisións de servizo, nestas bases existe unha contradición coa proposta achegada polo goberno municipal e o resto dos sindicatos, sobre bases para a provisión de postos de traballo por concurso ordinario no Concello da Coruña, nas que se  determina que “O tempo de servizo prestados en comisión de servizo valorarase durante un máximo de 2 anos no posto de traballo desempeñado en comisión” non obstante  nestas bases concretas si adoptan a nosa proposta para as bases de concurso ordinario: Non se valorará o feito de ocupar un posto en comisión de servizos”. Isto demostra que os responsables, técnicos ou políticos, da confección das bases non se basean en criterios obxectivos se non nos intereses que en cada momento conveña defender.

Todo este cúmulo de consideracións fan que este sistema de provisión non respecte nin a lexislación vixente en canto a xustificación do sistema de provisión nin os criterios básicos que deben rexer os principios fundamentais da función pública, igualdade, mérito e capacidade, convertido estas coberturas de vacantes nunha sorte de dereito hereditario.

 

A Coruña, 17 de abril de 2018