Bo día a todas e todos,

Logo que o Servizo de Persoal enviara de maneira XPRESS os acordos acadados na Mesa Xeral de Negociación o pasado venres 27 de abril (MXN) achegámosvos o noso resumo máis crítico e que difire bastante doutras versións similares á de persoal.

  • Respecto as Bases permanentes do Concurso de postos de traballo, a diferencia dos outros sindicatos, non as apoiamos e  mantivemos a nosa postura de non valorar nin o tempo ocupado nas comisións de servizo por ser sempre as que causaron un malestar xeral no Concello pola falta de oportunidade para a maioría do persoal e tampouco aceptamos que se tiveran en conta titulacións que nada teñen que ver co posto a concursar, neste apartado fixémoslle ver á concelleira de persoal que a día de hoxe, titulacións coma a de Adestrador superior en modalidades deportivas coma as de Futbol ou Baloncesto actualmente teñen a consideración de titulación superior(antigua FP2) polo que de aprobar as bases propostas, serían méritos nun futuro concurso...non houbo ningún tipo de resposta ante este argumento... Outro punto de desencontro foi ao de grao persoal consolidado por non gardar unha razón directa á proximidade do posto solicitado na súa valoración. No debate deste punto queixámonos da maneira de entender que ten o GM sobre o que son as negociacións, referímonos á publicación das últimas bases de cobertura temporal na que sen ter coñecemento delas, colocaron ...despois de consultados e oídos os representates de persoal... algo que é totalmente falso, pois o único que recibimos foi un documento a posteriori dunha MXN.
  • Informaronnos de que tiñan un informe económico positivo para a recuperación da semana de antigüidade, algo que aplaudimos todos os alí presentes. Quedaron en enviar unha instrución para o seu disfrute.
  • Logo de solicitar á Xefa de Persoal que se nos achegara a documentación relacionada coa MXN sen ter unha resposta favorable a esta petición, fomos informados nela dunha proposta dos sindicatos UGT, CCOO e CSIF, na que apoiándose “nun contexto socio-económico de loita” urxía ao Goberno Municipal á recuperación dunha serie de dereitos e os invitaban a negociar ni máis ni menos que 10 puntos (todos eles tratados con anterioridade sen resultado satisfactorio) nun só Acordo Marco que o GM non tardou en anunciar pouco tempo despois de rematada a MXN. A nosa valoración dos puntos aí expostos non pode ser máis dun intento de xustificar a parálise destes 3 anos sobre todo porque algún deles coma os referidos á RPT ou á carreira profesional terían que ser negociados ao marxe dun único acordo.

ROLDAS DE INTERVENCIÓN:

Chegado a este punto, a concelleira de persoal, coma ten costume, díxonos que debía atender outras cuestións, apremándonos e intentando evitar o debate en cuestións achegadas previamente por correo electrónico á xefa de persoal coma xa vos informamos no último correo.

Logo de dar paso as seccións sindicais da UGT e CCOO e xa sen tempo só fomos quen de expoñer os seguintes puntos:

  • Que se nos convocara de maneira urxente a un novo Comité de Saúde Laboral.
  • Sobre as alegacións da CIG a distintas bases tanto de selección de persoal ou de concursos específicos, así coma as pasadas á modificación da RPT(ista a temos recurrida no xulgado), denunciamos as contestacións da xefatura de persoal que sistematicamente operan para invisibilizar o traballo sindical da CIG, poñendo exemplos que non se atreveron a cuestionar, polo que solicitamos a quen ostenta a Xefatura de Persoal que “POR FAVOR”  non volvera a actuar desa maneira e coidara a forma de respostar á CIG no futuro, algo ao que contestou afirmativamente.
  • Sobre a falta de persoal na Banda de Música a xefa de persoal contestou que dende a dirección da BM se solicitaron os reforzos sen tempo para xestionalos.
  • Sobre a queixa sobre a falta de distintas notificacións (xulgaos ou quendas) que se están a dar aos/as policías locais,  solicitáronnos datos para poder recabar información.
  • Solicitamos novamente...xa van unhas cantas... unha mesa Técnica para o grupo B, anotaron a petición pero sen dar resposta coma na última ocasión.

Esperamos que esta información fora do teu interese e recordámosvos que estades convocadas/os a mobilización que a CIG fará o 1 de maio e que na cidade de Coruña sairá da Praza de Vigo as 12:00h. 

http://www.cig.gal/nova/a-cig-chama-a-mobilizacion-da-clase-traballadora-no-primeiro-de-maio-no-camino-da-folga-xeral.html

MOBILIZACIÓNS CONVOCADAS

  • Pontevedra. Praza da Ferrería 11:30h
  • Vilagarcía. Casa do Mar 12h
  • A Estrada. Praza do Mercado 12h
  • Lugo. Edificio Sindical (Ronda da Muralla) 12h
  • Ribadeo. Edificio Sindical (Avda. Da Galiza) 12h
  • A Coruña. Praza de Vigo 12h
  • Cee. Diante do Concello 12h
  • Ferrol. Local da CIG - Avda de Esteiro 12h
  • Compostela. Praza Roxa 12h
  • Ribeira. Praza do Peixe 12h
  • Vigo. Dobrada 12h
  • Cangas. Praza do Concello 18:30h
  • Ourense. Praza Maior 11:30h