Bo día,

Achegámosvos o noso resumo do acontecido na Mesa Xeral de Negociación do mércores 21 de setembro cun único punto na orde do día, a tramitación da RPT á nova estrutura municipal.

RPT

Trasládannos novos cambios organizativos en:

Contratación: á proposta xeral de  todos os sindicatos de que si é xefatura debería ter persoal dependente o Goberno local decide dotal dun asistente de adm nivel 18 e un aux administrativo nivel 16.

Xustiza Social: Cambian un posto de T.M.Prog y Eval A2 por outro de Aux Adm C2. A CIG solicitou que se motive a creación de distintos postos mesma titulación e que non se singularicen.

Igualdade: Volven a traer esta área por afectar a Xustiza Social, pois hai posto prodentes desta última.

Tesourería: modifican algunhas AP1 por AP2, nós recordamos que polo própio goberno municipal que as valoracións serían obxeto dunha negoaciacion posterior e polo tanto deberia facerse ao mesmo tempo cos que estén na mesma situación, o GM contesta tamén que vaise facer noutros sitios...

Intervención: crease un posto novo de T.M. de fiscalización e de plataformas electrónicas A2 22 AG FR9 con ESPECIAL DEDICACIÓN. Outra vez o argumento para dar este complemento volve a ser o de que outros postos similares en Subgrupo e complemento de destino e factor de responsabilidade o teñen, aínda que non todos. Manifestamos que non iamos a consentir a implantación de máis ED en postos novos sen non ían acompañados dunha total valoración do posto, cousa que non se está a facer na confección destes organigramas

Houbo un debate sobre a valoración específica de determinados cursos de formación complementaria para postos concretos, a nosas posición é que todos os curso sexan valorados da mesma maneira para evitar que o acceso aos mesmo poda determinar o resultado dos concursos de adscrición. En todo caso si se considera que esta formación específica é necesaria debería ser o obrigatoria para todos aqueles que ocupen estes postos, inda que se lles forme despois de acceder a eles.

En xeral recordamos que aparecen postos novos nas distintas áreas que precisan da obrigatoria valoración, a Concelleira contesta que xa o tiñan e informa que na fase da modificación da RPT en canto as valoracións entregaránnola  canto a teñan.

 

ROLDA DE INTERVENCIÓNS

Trasladamos a queixa sobre a falta do plus de transporte en postos que o precisan, algo que a CIG solicitara na anterior MXN do 16 de maio, a xefa de persoal contesta que o plus de locomoción está anticuado e que precisan revisar que postos realmente o necesitan pois actualmente algúns servizos dispoñen vehículos municipais. A CIG solicita en tanto non modifiquen o plus de transporte se lles dote ao persoal que se ten que trasladar, de tarxetas de transporte público.

Solicitamos que se trate as listas de agarda para cubrir postos por interinaxes, a Concelleira contestas que van están traballando nunhas normas de xestión das mesmas e que haberá unha comisión de seguimento na que estaremos os sindicatos.

Recordamos que fixemos unhas alegacións as bases das oposicións de Policías por non adecuarse á titulación necesaria para este posto, a xefa de Persoal contestou que as contestarían e que se ben se fixeron baseadas na normativa que decidiron procedente, están en principio dacordo na nosa petición. Cando contesten informarémosvos do resultado.

Recordamos que en febreiro deste ano solicitamos por rexistro a listaxe de adscritos non definitivamente, a xefa de Persoal contestou que xa a teñen actualizada e nola enviaría por correo electrónico en breve. Por fin e despois de moitos anos esperando parece que recibiremos  unha información blindada aos representantes sindicais. Sobre isto farémosvos chegar a nosa valoración.

Sobre a remunicipalización das bibliotecas, reprochamos a exclusión dos sindicatos na participación na  Comisión técnica, sobre esta cuestión iremos informándovos do que aconteza.

CCOO fala dos conserxes de colexio, para dicir que queren unha resposta sobre a súa proposta na organización deste colectivo. Temos que recordar que hai unhas semanas a CIG convocou unha asemblea deste colectivo coa participación de 2/3partes no que se acordou sen ningún voto encontra, a proposta aceptada por todos os sindicatos  agás CCOO

Sobre a aplicación da partición dos asuntos propios, a CISF comunica que no colectivo da Policía Local non se está aplicando. Dende persoal contestan que non teñen coñecemento e que esos temas non os levan eles, pero que preguntarán.

O GM pregunta polo regulamento de axudas económicas, comunicámoslle que no pleno da XP do próximo martes será tratada a aprobación definitiva do novo regulamento. E preguntados polas resolucións sobre as axudas por enfermidade, contestamos que estamos a espera de documentación por parte de persoal.

 
Esperamos que esta información fora do teu interese.
O secretario da Sección Sindical da CIG do Concello da Coruña
José María Calatayud Sánchez