Bo día,
 
Achegámosvos o noso resumo da última Mesa Xeral de Negociación (MXN) do pasado 14 de decembro con só un punto para tratar:
Previsión orzamentaria de gastos de persoal e cadro de persoal para o exercicio do 2017.
 
Na comunicación da convocatoria enviáronnos o cadro de persoal para o próximo ano no que pasamos de 1444 a 1437 traballadores, polo que nos explicaron e polo que puidemos comprobar comparando co do 2016, o colectivo máis afectado negativamente é o de auxiliar administrativo con 14 efectivos menos para o 2017 e ao mesmo tempo aumentan nos grupos superiores, coma neste correo vai o DOCUMENTO coas nosas notas, facede vos mesmos a valoración...
Nos informan que os salarios para o 2017 están orzamentados nas mesmas cantidades que para 2016, a única salvedade é o incremento da partida das axudas económicas nun 3,38%.
 
Volvemos a debater por enésima vez o agravio comparativo que existe nos descontos por baixa laboral entre a ED e a produtividade mensual, se ben foi algo resolto nunha pasada MXN fai anos, non se realizou por reparos do Interventor. Quedaron en darlle unha volta... Neste punto plantexáronnos cambiar os pagos da produtividade para que fora mensual debido aos problemas que tiñan administrativos, a isto contestamos que non temos inconveniente que se modifique.
 
Relacionado cos ORZAMENTOS, a CIG preguntou:
  • Sobre o incremento salarial para o 2017, recordando que o goberno do estado aprobou unha subida do 8 do salario mínimo interprofesional, a Concelleira de Persoal contestou que a falta dos orzamentos xerais do estado e do que se estaba falando era dun incremento do 1% para o 2017 no momento no estado publique os seus orzamentos e determinen o incremento retributivo nos empregados públicos,  non habería problema en dotar o orzamento co crédito necesario.
  • Sobre se habería achegas no plan de pensións municipal, contestaron que non, sen ningún tipo de argumento.
  • Sobre o acordado cos complementos salariais nos contratos de convenios con outras administracións, dixeron que tiñan unha partida para iso pero que aínda non estaban calculadas as cantidades por posto, solicitamos coñecelas e negocialas.
Sobre a Relación de Postos de Traballo(RPT), a CIG solicitou que se rematara dunha vez a negociación da RPT organizativa e abordar xa o anunciado concurso e de paso evitar a desorganización e descontento que están a xerar as comisións de servizo, novamente comezamos a debater coa Concelleira que se ben estabamos da cordo en que o procedemento para cubrir estas comisións de servizos eran adecuado,  non se poden convertir o que debería ser un sistema excepcional de provisión de postos, no sistema habitual.

 Sobre a RPT contestan que van a achegarnos a información en breve, coma esta promesa xa a escoitamos no pasado, para ir avanzando, solicitamos que deberíamos convocar unhas mesas técnicas para negociar as bases do Concurso de provisión de postos, algo que non pode levar moito tempo, pois partimos das bases do anterior que xa foron debatidas e aprobadas pola totalidade de sindicatos, ante esta petición da CIG, contestaron cunha convocatoria para o martes 20 de decembro.
 
Asemade desta información  vai o enlace da publicación da Oferta de Emprego Público 2016