Bo día á afliación CIG,
No día de hoxe (29/out/2015) fomos convocados a unha MXN cun único punto da orde do día: RDL 10/2015
Non hai novidades co respeto ao que vos contamos no último correo salvo que non aceptaron a petición de todos os sindicatos de acortar os prazos para acadar os 4 días de máximo de vacacións por antigüidade, alegando a trasposición que fai a Xunta. A CIG recordoulle á concelleira que non tiveron o mesmo criterio cando se solicitou que se aplicara o mes natural que posibilitaba a lei de emprego público de Galiza.
Preguntados pola extra, reiteraron que a súa intención era pagar o 26% o antes posible e como moi tarde a principios de 2016, algo que terían que facer cos orzamentos de 2016.... Non entramos a discutir esta cuestión pois no momento que se publique o modificativo aprobado no pasado pleno actuaremos como en dereito proceda.
Na rolda de intervencións dixéronos que en breve seríamos convocados a máis reunións para tratar cuestións plantexadas fai meses polos sindicatos.
un saúdo
Cala