José María Calatayud Sánchez co DI XXX e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña
EXPÓN:
Que o pasado 5 de decembro aprobouse na Xunta de Goberno Local unha modificación da RPT.
Que pola información á que tivemos acceso, o servizo de persoal preferiu desestimar unha alegación da CIG contra esta modificación de RPT e así crear unha disfunción nas normas de xestión da RPT en canto as incompatibilidades.
A maiores disto, a sección sindical da CIG, rexistrou as seguintes solicitudes sen ter ningún tipo de resposta ata o día de hoxe:
- O 27 de setembro en relación a fase de resultas que se adaptara a listaxe de postos ofertados.
- O 30 de setembro en relación á ocupación efectiva dos postos acadados no concurso.
- O 4 de outubro en relación a convocatoria da segunda fase de concurso subgrupos A2 e A1.
- O 18 de novembro sobre as rotacións nas quendas do persoal que traballa na Casa de Acollida, en canto a respectar as libranzas establecidas en anos anteriores.
Dende a CIG consideramos que existen demasiadas cuestións que deberían ser tratadas de maneira inmediata.
Polo anteriormente exposto:
SOLICITO:
A convocatoria dunha Mesa Xeral de Negociación de carácter URXENTE para tratar os asuntos anteriormente mencionados.
A Coruña a 12 de decembro de 2019
SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA