O Goberno municipal achegounos o 29 de marzo pola tarde (coincidindo ca asemblea da CIG) unha proposta ca implantación da carreira horizontal
A proposta do goberno municipal é a retribución progresiva en 6 anualidades (2023-2028), nas que propoñen comezar cun 20%, para a Sección Sindical da CIG tanto a porcentaxe como o número de anualidades (6) son inaceptables.
A horas da MXN enviaron unha proposta incompleta, quedaron pendentes cousas tan importantes como as contías e as porcentaxes a aplicar, a proposta final será na MXN, se ben existe consenso sindical en canto ás contías, non hai unidade sindical en canto as porcentaxes porque o resto de centrais sindicais ou ben non fixeron ningunha consideración, ou ben sinalaron que con que non se baixase dun 20% na primeira anualidade sería suficiente, algo xa plasmado neste no último borrador.
Para que poidades valorar mellor do que estamos a falar, na táboa seguinte podedes comprobar a insignificancia da proposta do 20% se temos en conta as cantidades que manexamos os sindicatos , a do GM a descoñecemos pero nas Mesas Técnicas as consideraban moi elevadas, polo que a proposta municipal incluso podería ser de cantidades menores ás seguintes.
PARA O GRAO 1
A1 118€ (1414€/12) : 24€
A2 111€ (1330€/12) : 22€
B 104€ (1246€/12) : 21€
C1 97€ (19€/12) : 19€
C2 90€ (1078€ /12) : 18€
AP 85€ (1022€/12) : 17€
Dende a CIG consideramos que un Concello como o da Coruña debería promover unha CARREIRA HORIZONTAL á altura e non entrar nun mercadeo como ao que estamos acostumados noutras xestións.
Asemade desta información podedes consultar o documento sobre a que debatimos o 29 de marzo na asemblea con máis datos como a proposta de contías por graos LIGAZÓN