José María Calatayud Sánchez co DI xxxxx e enderezo para os efectos de notificación no Pazo de María Pita, locais sindicais da CIG, na súa condición de secretario da sección sindical da CIG no concello da Coruña 

MANIFESTA:

Que o 3 de outubro o servizo de persoal mediante correo masivo, comunicou unha convocatoria de cobertura temporal de 20 postos de traballo a través de comisións de servizo, 17 para o persoal do Concello da Coruña e 3 abertos a outras administracións.

Que os 6 postos barrados cos códigos 20, 22, 34, 36, 37 e 48 no grupo C (subgrupo C2 e C1) teñen como forma de provisión a Libre Designación.

Que aínda está pendente a convocatoria da segunda fase de concurso que afecta aos subgrupos A2 e A1.

Que convocatoria C.E./19 quedou parada na publicación do 7 de xuño de 2019, sen mediar máis publicacións ou resolucións.

Polo anteriormente exposto:

SOLICITO:

Que os 6 postos cos códigos 20, 22, 34, 36, 37 e 48 sexan provistos con carácter definitivo polo sistema de provisión que consta na RPT, nomeadamente a LIBRE DESIGNACIÓN, xa que os trámites para unha cobertura provisional ou definitiva son os mesmos.

Que se convoque a segunda fase de concurso de provisión de postos de traballo C.E./19. que afecta as vacantes que inclúan algún dos subgrupos A2 e A1.

A Coruña a  4 de outubro de 2019

SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA