CORREO 29 DE MAIO 2017

Bo día a todos e todas,

Informámosvos que o pasado 24 de maio as 13:00h tivemos unha reunión coa vosa Concelleira delegada en materia de Seguridade Cidadán Rocío Fraga a petición dela. 

Nesa reunión estivemos 3 delegados da CIG e a propia Concelleira.

O motivo da xuntanza foi  dunha toma de contacto para coñecer as reclamacións que existen nos colectivos de Policías e Bombeiros.

Aproveitamos para achegarlle as seguintes reivindicacións:

Bombeiros:
-paso ao C1
-Regulamento SEIS
-Promocións/Provisións

Policías:
-Regulamento  Policía 

Cuestións xenéricas
-aclaración FN
-Perigosidade
-CD 18 min para todos os C1 da RPT 

Tamén dixémoslle que para modificar estas cuestións, terán que ser tratadas en Mesa Xeral de Negociación(MXN)  coa Concelleira responsable de persoal. 

Esperamos que esta información fora do voso interese.

un saúdo

a Sección Sindical da CIG do Concello da Coruña