Mª Natividad García Teijeiro, responsable da área de Formación da sección sindical CIG deste Concello, para os efectos de notificacións Pazo de Mª Pita s/n
O pasado 1/10/2020 “.anunciouse a apertura do prazo de presentación de solicitudes de participación no Plan de e-formación continua 2020 das empregadas/os públicos do Concello da Coruña…” polo servizo de Persoal, achegando o arquivo onde consta o Plan de e-Formación continua 2020 deste Concello, formación en liña, coa relación de cursos ofertados, cronograma estimativo e os criterios de selección do persoal.
Facendo nosa a primeira liña do primeiro parágrafo do apartado “c) Criterios de selección” “ Co obxecto de garantir a transparencia do proceso…. “,
Sobre isto e outras cuestión en canto a execución deste plan de formación, esta sección sindical ten que formular as seguintes cuestións:
i)Prioridade coa que solicita a acción formativa:
- Primeira opción: 30 puntos
- Segunda opción: 25 puntos
- Terceira opción: 20 puntos
- Cuarta opción: 15 puntos
- Quinta opción: 10 puntos
- ii) Vinculación ao posto de traballo. Se xustifica vinculación mediante declaración
responsable ao posto de traballo a desempeñar outorgaranse 40 puntos adicionais.
iii) Non participación en accións formativas do Concello da Coruña (marcar unha soa
resposta)
o No último ano: 10 puntos.
o Nos dous últimos anos: 20 puntos
o Nos tres últimos anos: 30 puntos
Os criterios citado e que recolle a o Plan de e-formación, imos solicitar aclaracións e explicacións.
- Vinculación ao posto de traballo.- foi comprobada esta vinculación co traballo?
- A participación en acción formativas deste Concello cunha varemación : No último ano: 10 puntos; Nos dous últimos anos: 20 puntos; Nos tres últimos anos: 30 puntos
Foi comprobada esta participación? Polo que puidemos comprobar hai bastante persoal que participou no 2018 en accións formativas deste concello e que se lles concederon varios cursos dando lugar a un agravio comparativo entre o persoal, polo que nos preguntamos, houbo comprobación?
O desenvolvemento de TODOS os cursos son do 15/10/2020 ata o 6/11/2020, o persoal que ten máis dun curso e alguha/o ata 4 a unha media dunha 1 hora por curso estará ata 4 horas da xornada laboral facendo isto provocando unha sobrecarga de traballo para o resto do persoal, insistimos, quedaron fóra da selección. moitas compañeiras/os
Non houbo unha publicación detallada de puntos na listaxe provisional publicada, e nos preguntamos, en que se baseou o servizo de Persoal para conceder un curso a unha compañeira/o que ten os mesmos puntos ca outro, un entra e outro non, por que sucede isto?
Por que ao terceiro día da publicación das listaxes en Alfresco estas foron eliminadas? Lembro que estamos a falar de transparencia.
Detectamos que incluso non se aplicaron correctamente os criterios para puntuar cada un dos apartados e ademáis as listases “que se esfumaron sigilosamente”, deberían de ter a puntuación desagregada por conceptos e non só puntuación final.
Ante o exposto
Solicitamos aclaracións a todos estas cuestións o antes posible e se publiquen as listaxes detallando a “que e por que” se corresponde cada asignación de puntos segundo os criterios de selección establecidas polo servizo de Persoal, aplicando así a Lei de Transparecencia a todos os efectos.
A Coruña, 23 de outubro de 2020
Á ALCALDESA DO CONCELLO DA CORUÑA